3, Maio 2009

Non sentou nada ben no Bng a hora fixada polo Alcalde do Carballiño para a reunión constitutiva da comisión de investigación sobre a canceira , ás nove da mañá deste lúns dia 4 de maio. E esto porque os dous representantes nacionalistas na comisión, Bernardo García e Maria Jorge, son funcionarios e o horario fixado polo Alcalde Carballiñés para a constitución desta comisión de investigación ocasionalles un contratempo. E pensan que non é unha casualidade, polo que lamentan esta actitude do Rexidor Municipal. A convocatoria chega con varias semanas de retraso, xa que o pleno da Corporación Municipal acordara que se constiuíse esta comisión ás 13 horas do dia seguinte ó da súa celebración, o pasado 26 de marzo,, ainda que xa na mesma sesión o Alcalde Carballiñés advertira que procedería a súa convotaria "cando llo permitise a axenda" e "sen ningún tipo de imposición".

E tiveron que pasar cinco semanas para que a "axenda" estivese libre, e tamén tiveron que pasar varios dias de protesta do voceiro do grupo "Matar por matar non" Xulio Fernández, que durante as dúas últimas semanas protagonizou unha simbólica e diaria protesta na praza maior, ás portas da Casa do Concello, demandando a convocatoria desta Comisión de Investigación, que fora acordada por unanimidade do Pleno Corporativo, e na que ademáis dos dous representantes do Bng, tamén figurarán os designados polo PP e PSOE, que xunto o Alcalde, sumarán sete membros.

O obxetivo desta comisión de investigación  será aclarar os sucesos ocurridos na canceira do Concello do Carballiño durante os dous primerios meses deste ano, despois de saberse dun informe do Seprona que certificou a desaparición de 76 cans destas instalación municipais, e puxo de manifesto diversas e graves irregularidades no funcionamento destas instalacións. Malia o informe oficial do Seprona e as denuncias de grupos ecoloxistas, os responsables municipais negaron  os feitos. Ademaís, nesta comisión, e por parte do BNG, tamén se pedirán explicacións sobre o investimento de trescentos mil euros, que son os que o Concello do Carballiño tería licitado nas obras de construcción destas instalacións, que atá fai unhas semanas carecían de suministro eléctrico e abastecemento de auga.

2, Maio 2009

O nomeamento de Rogelio Martinez como Delegado da Xunta de Galicia na Provincia de Ourense, fixo que o veterano político da Arnoia, ademáis de renunciar a Alcaldia do seu Concello, tivera que deixar vacante a súa acta de Deputado Provincial, asi como a Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro. E para cubrir ambas vacantes,todas as quinielas apostan por Franscisco José Fernández, o actúal alcalde de Leiro regresaría asi o Pazo Provincial como Deputado pola Comarca do Ribeiro, un cargo que xa ocupara durante unha lexislatura. Ademáis, todo parece indicar que Fernández terá que asumir a Presidencia da Entidade intermunicipal, responsabilidades que compatibilizará coa Alcaldia do Concello de Leiro.

De cumplirse estas previsións, como así parece que vai ser, Francsico José Fernández convertiráse no terceiro Deputado Provincial que representa o Partido Popular pola Comarca do Ribeiro nos dous anos de lexislatura. O primeiro elexido foi o Alcalde de Beade, Senén Pousa, que -asi o manifestara él mesmo- foino coa intención de ceder o posto a Rogelio Martínez, unha vez que se repetira  o proceso electoral no Concello da Arnoia, como asi resultou. Os poucos meses, Senén Pousa cumplíu a palabra e coa súa renuncia propiciara a elección do ex-alcalde da Arnoia como Deputado Provincial. Agora, tocalle o turno o rexidor municipal de Leiro, que se convertirá proximamente en novo Deputado Provincial.

30, Abril 2009

O Alcalde do Carballiño preguntouse hoxe onde están as irregularidades urbanísticas na rúa Avia, en contestación ás denuncias públicas que nos últimos dias veñen realizando veciños residentes nesta rúa. Montes asegurou que a edificación obxeto de polémica cumpre a normativa urbanística e o seu promotor incluso levou a cabo voluntariamente un retranqueo dun par de metros, polo que non entende as criticas veciñais. E tamén manifestou que a rúa terá un ancho de seis metros en todo o seu percorrido, tal como figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Eso sí, haberá que esperar a que soliciten liña de edificación no solar máis próximo o paseo fluvial, xa que na actualidade "alí hai unha horta que terá que ceder unhos dous metros".

En relación o muro que se levantou por parte da Confederación Hidrógráfica con motivo da obra do paseo fluvial,e que impide o paso, deixando esta rúa sen saída , o Rexidor Municipal volveu anunciar que será derrubado proximamente, tan pronto se conte coa autorización da Confederación hidrográfica para actúar nesta zona, unha actuación que levará a cabo O Concello do Carballiño con medios propios, construíndo un acceso peonil ó paseo fluvial do río Arenteiro.

29, Abril 2009

Desta vez tampouco pudo ser. Malia o consenso que presidiu a sesión da Entidade Local Menor, e cando  os integrantes da Xunta xa daban por aprobadas as bases, tras diversas correccións presentadas no desenvolvemento da sesión, o Secretario da Entidade advertíu que non podía adoptarse o acordo sen que se procedese a unha nova redacción e, polo tanto, á votación sobre "un novo documento cerrado". Ademáis, tamén manifestou o Secretario que se trataba "dunhas bases moi complexas", polo que recomendaba remitir as mesmas ós servizos xurídicos da Deputación, para que poidan certificar a súa legalidade. Desta maneira, procederáse a corrixir a redacción das bases, naqueles aspectos que foron aprobados na sesión, para enviar despois o documento ós servizos xurídicos da Entidade Provincial.

As correccións aprobadas nesta sesión a petición do vocal socialista, Tomás Lorenzo, son para que figure nas bases e como obriga contraída pola empresa concesionaria,  que os veciños da parrroquia de Berán teñan un rexíme especial de prezos, con tarifas reducidas, para disfurutar das novas instalacións balnearias. Tamén que revirta na  Entidade tanto calquera tipo de mellora e o equipamento que se faga no balneario, no caso de rescisión do contrato de concesión, que será por un periodo de 25 anos. Tamén garantias que poñan a salvo a posible responsabilidade civil subsidiaria por parte da Entidade Local de Berán.

O futuro concesiorario, deberá abonar á Entidade cen mil euros á sinatura do contrato, e un canón de dezaoito mil euors ó ano, pagadeiros en dous prazos. Nesta sesión, o vocal socialista tamén amosou a súa inquietude pola posible construcción dun hotel ó lado do balneario, que se escaparía ó control da Entidade, polo que suxeríu negociar a posible adquisición dos terreos do entorno. O Presidente, José Luis Rodríguez, recoñeceu a complexidade da proposta.

29, Abril 2009

A xoven, de 21 anos de idade, segundo caso que se investiga en  Galicia, como posible afectada pola nova gripe, nova denominación que a Organización Mundial da Saúde aconsella para referírse a partir de agora a gripe porcina, permanece ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense, e presenta  unha "moi boa evolución", según confirmaron portavoces hospitalarios. A xoven-como adiantou COPE O CARBALLIÑO- regresou despois dunha viaxe a México este pasado lúns, e acudiu este mércores o "CHOU" con síntomas de gripe , polo que se ordenou o seu ingreso hospitalario. Atópase aillada e recibe tratamento antiviral. A Consellería de Sanidade emitíu un comunicado no que asegura que a paciente, veciña de Ourense, non reviste gravidade.

No centro sanitario tomaron as mostras oportunas , que xa foron remitidas ó Instituto Carlos III de Madrid para a súa análise, un trámite que tardará entre 48 e 72 horas, e será entón cando se confirme ou descarte esta posiblidade. Ningún dos 10 casos atá agora positivos en España se deu en Galicia. As Autoridades Sanitarias non descartan a aparición de posibles novos casos en vindeiros dias na provincia de Ourense, tendo en conta o gran número de emigrantes residentes no país mexicano. No programa " A Mañá de Cope O Carballiño", O Alcalde de Boborás e médico no centro de saúde deste Concello, Cipriano Caamaño, asegurou que o sistemas sanitarios español e galego están suficientemente preparados para facer fronte a situacións como a que está a presentarse e de ningún modo " é necesario nin aconsellable caer no alarmismo".

28, Abril 2009

Veciños da rúa rio Avia e do seu entorno concentraronse este mediodia para instar públicamente ós responsables municipais do Carballiño, para que procedan a restablecer a legalidade urbanística neste camiño público que comunica a avenida do balneario co paseo fluvial do río Arenteiro. Primeiro, fai varios meses cando a confederación hidrográfica executou a apertura do paseo fluvial, e máis recentemente o promotor dun edificio en construcción, cerraron este camiño con dous muros, ún de bloques de cemento e valado metálico, e o outro a base de perpiaños de gran tamaño. Os veciños denunciaron reiteradamente a situación no Concello durante os últimos meses, sen que a dia de hoxe se procedese a restablecer a legalidade urbanística, malia o compromiso que -onte mesmo igual que dias atrás- xa fixera públicos o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes.

O Concelleiro do Bgn, Bernardo García, que acompañou ós veciños nesta protesta, culpou da situación ó Concelleiro de obras e urbanismo Edelmiro Mateo, xa que o "que denuncian os veciños é unha película maís a que nos tén acostumado Edelmiro Mateo o chapuzas de Ventosa", consecuencia -remarcou o concelleiro do Bng- da política para amigos que practíca o responsable de obras, con "numerosas irregularidades urbanísticas repartidas por todo O Carballiño".

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Intervención veciño rúa Río Avia a Cope O Carballiño

28, Abril 2009

Asi o anunciou esta mañá o Concelleiro de turismo Manolo Dacal. Esta celebración, que imita á feira de abril sevillana, trasladaráse cara a época de verán, precisamente, para evitar na medida do posible o mal tempo que acompañou á segunda edición celebrada no Carballiño esta pasada fin de semana, e que tivo unha irregular asistencia de público, moi condicionada pola fria climatoloxía dos últimos dias. Asi e todo, Dacal fixo un balance positivo desta segunda edición na que "chegou O Carballño xente de varias vilas e cidades" e anunciou, ademáis, que o Concello asumirá o gasto do aluguer da carpa, que ascende a mil quinientos euros.

O Concelleiro de Turismo tamén adiantou novas iniciativas do seu departamento nesta política de dinamización da hostelería local, coa organización de novas actividades festivas. A máis inmediativa, para o vindeiro mes de xuño, serán as foqueiras de San Xoán.

27, Abril 2009

Agora, unha vez adoptado o acordo por parte da Xunta Local de Goberno, e unha vez que se proceda a súa publiiación, haberá un prazo de vinte diás no que estará en periodo de exposición pública, ós efectos de presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra o mesmo. O acordo da Xunta de Goberno da desta maneira luz verde municipal a este proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, despois da polémica suscitada sobre a súa legalidade urbanística en relación do ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón coa rúa Evaristo Vaamonde, e que segundo as advertencias do Partido popular vulnera o PXOM do Carballiño, ó reducir a 11 metros de ancho unha rúa que debería ser de 16. Non entanto, informes do Director Xeral de Urbanísmo da extinta Consellería de Política Territorial e Obras públicas e do arquicteto municipal, precisamente os redactores do proxecto, avalaron a legalidade do mesmo. O Alcalde carballiñés subliñou que, unha vez superado o periodo de exposición pública, o proxecto será remitido á nova consellería do territorio e infraestructuras para que proceda de inmediato a licitación da obra.

A actuación prevista está orzamentada en millón e medio de euos, que deberá aportar a administración autonómica, e consistirá na construcción dunha praza no entorno do Templo deseñado por Palacios,  dunha superficie de trece mil metros cadrados. Será acondicionada a base dun pavimento de terra batida con pedras enrasadas, e a plantación de 83 especies de plantas arbóreas e ornamentais. Todo o recinto rodearáse dun muro de mampostería granítica. Completaráse coa instalación de bancos de pedra, madeira e fundición, asi como proxectores de luz empotrados na zona axardinada e orientados ás fachadas da igrexa. Finalmente, o proxecto contempla a apertura dunha rúa que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamononde, e que deu lugar a esta controversia entre socialistas e populares. Polo de agora, van alá dezaséis anos desde que comezou a xestarse esta obra, no ano 1993, e sendo alcalde do Carballiño José Luis García Rodríguez.

27, Abril 2009

Antonio Montero

O Alcalde de Avión, Antonio Montero confirmou na "Mañá de Cope O Carballiño" que son varios os veciños deste Concello que están pendientes de viaxar a México en datas próximas e que por motivos tanto personais como profesionais é moi complicado que poidan anular estas viaxes, malia as preocupantes informacións sobre a situación sanitaria no país Mexicano derivada do brote de gripe porcina. Os casos de persoas mortas naquél país xa se elevan ás cento cincuenta  e as persoas que están en observación xa ascenden a máis de dúas mil. Montero subliñou que tanto as informacións que chegan vía telefónica como a través dos medios de comunicación son altamente preocupantes, a unhas semanas vista do tradicional trasvase de emigrantes que cada ano chegan os Concellos de Avión, e a outros coma Beariz ou Boborás, aínda que confía o rexidor municipal que para esas datas esta problemática estea controlada. O Alcalde de Avión tamén fixo un chamamento á prucencia, evitando alarmismos innecesarios e aconsellou ós veciños que vaian a viaxar a México para que adopten as medidas de prevención e control recomendadas polas autoridades sanitarias.

No ámbito do Estado Español, son xa 26 os casos de pacientes que permanecen en observación, sospeitos de ter adquirida a enfirmidade, despois de recentes viaxes a México, ainda que atá o de agora só ún deses casos está confirmado como positivo. En Galicia apareceu xa un primeiro e posible caso de infección por este virus na localidade pontevedresa de Mos. A ministra de Sanidade e política social, Trinidad Jimenez, recomendou esta mañá  aplazar as viaxes a México ás persoas que tiñan previsto esta desplazamento, non sendo por unha causa de "forza maior".

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Intervención de Antonio Montero alcalde Avión a Cope O Carballiño

26, Abril 2009

Os concellos de Avión e Beariz esperan, a partir do vindeiro mes de maio e como acontece cada ano, a chegada de centos de emigrantes residentes no país mejicano, que en moitos casos prolongan a súa estadía atá  o mes de agosto. Non parece logo extraña a inquietude e preocupación polas informacións chegadas durante a fin de semana e que apuntan xa a oitenta casos de mortes confirmadas, e máis de mil pacientes en observación nos Estados Mejicanos, coma consecuencia da virulencia desta epidemia de gripe porcina. Unha preocupación tanto para as familias emigrantes residentes en méjico como os seus familiares e veciños residentes na nosa terra.

A ministra de sanidade española, Trinidad Jimenez, confirmaba este domingo a aparición de oito posibles casos en España, ningùn en Galicia, de persoas chegadas recentemente de Méjico. A Organización Mundial da Saúde recomendou ás autoridades sanitarias medidas de prevención e control exhaustivo daqueles casos anormais de neumonía ou gripe, sobre todo en persoas que non sexan nenos ou anciáns.  Dase a circustancia  que este brote afecta especialmente e con máis forza os adultos xóvenes e con boa saúde.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS