21, Abril 2009

O proxecto de urbanización do entorno da Veracruz axustase o plaeamento urbanístico vixente no Concello do Carballiño, alomenos esto é o que se recolle nunha contestación remitida  ó Concello Carballiñés polo Director Xeral de ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia. O escrito de contestación tén data de emisión o pasado 17 deste mes de abril, o derradeiro día en funcións da Xunta do bipartito. O punto discrepante entre o Goberno Municipal e o Partido popular refírese o ancho do vial de nova apertura que deberá comunicar a praza de San Ramón e a rúa Evairsto Vaamonde. No proxecto deseñado polo Concello este vial reducese a once metros de ancho, mentres que para o partido popular debería ser de 16 metros de ancho, tal como se recolle no Plan xeral de Ordenación Municipal. Sen embargo, entende o redactor deste informe da administración autonómica que unha modificación puntual do ano 2002 acordada para regular a contorna da Veracruz, recolle esa posibilidade, polo que se deduce que o proxecto presentado polo Concello do Carballiño axústase a legalidade urbanística vixente. O Alcalde, Carlos Montes, que deu a coñecer este infome, manifestou que atrás queda desta maneira "unha historia máis para non dormir do voceiro do partido popular", e adiantou que proximamente a Xunta de Goberno procederá a aprobación definitiva do proxecto.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións alcalde de O Carballiño, Carlos Montes

21, Abril 2009

A un total de cinco mil euros ascende o valor da maquinaria e diverso material roubado no matadoiro comarcal do Carballiñ, sito nas inmediacións da localidade de Seoane, na estrada de Cea, segundo a denucia presentada ante a garda civil pola representante da empresa que se ocupa da xestión destas instalacións. Ó paerecer, os feitos sucederonse cando persoas descoñecidas romperon a alambrada do cerre exterior, a continuación forzaron o candado e dúas portas da oficina, levandose diversa documentación. Tamén sustraeron mil precintos sanitarios e unha máquina de hidrolavado.

20, Abril 2009

O obxetivo deste obradoiro -segundo unha nota informativa difundida polo Concello de Boborás- é reflexionar sobre os modelos de educación afectivo-sexual, e a súa incidencia na sexualidade femenina, favorecer o coñecemento das características propias da sexualidade feminina e impulsar a creatividade e a imaxinación como elementos potenciadores do pracer. As sesións de traballo plantexaránse dende unha perspectiva dinámica, fomentando o diálogo para converter as sesións en "espazos de expresión e sensacións"

As destinatarias deste obradoiro son as mulleres residentes no Concello de Boborás maiores de 18 anos. Será impartido na Casa do Concello de Boborás e a cargo de persoal especializado do centro "Quérote" de Ourense, dependente da Dirección Xeral de Xuventude. A iniciativa partíu da Concellería de Cultura do Concello de Boborás, que dirixe a concelleira Eva Pardo.

20, Abril 2009

O Concello do Carballiño deberá adaptar os pasos de peóns elevados existentes tanto na rúa Martínez Avellanosa como na Avda. de Julio Rodríguez Soto á normativa reguladora deste tipo de elementos, xa que incumplen a lexislación vixente, e podería darse o caso dalgún automovilista que denunciase o Concello Carballiñés como titular destas vias. En idéntica situación estarían os pasos elevados construídos na Avda. de Compostela, aínda que neste caso a titularidade da vía é autonómica. Atá o mes de octubro do ano pasado non existía unha normativa reguladora, pero desde entón, o regulamento xeral de circulación converte en obstáculos prohibídos os resaltos e pasos de peóns que non cumplan coa normativa básica do Ministerio de Fomento.

Os pasos de peóns elevados, adaptados á normativa legal, deberán consistir nunha plataforma trapezoidal de 10 cms de alto como máximo. Todos os pasos de peóns contruídos polo Concello do Carballiño rebasan amplamente esa medida. Ademáis,  tamén fixa a normativa que os pasos de peóns elevados, deberán contar cunhas rampas de subida e baixada, que estarán en  relación cos límites de velocidade existentes. Serán dun metro para vias con velocidade máxima permitida de 30 kms hora,  de 1,5 para velocidades de 40 kms. hora e, finalmente de 2,5 para vías con velociddes de 50 kms. hora.

20, Abril 2009

A concelleira de Servizos sociais, a socialista Asunción Rivero, apelou "á responsabilidade dos grupos da oposición municpal" no Concello do Carballiño -bng e pp- para que estudien e apoien o proxecto de orzamentos elaborado polo Grupo de Goberno para este ano 2009, aínda a dia de hoxe pendientes de aprobación. De feito, trátase do maior retraso neste proceso, o da súa aprobación, no contexto da última década na vida municipal carballiñesa. No mellor dos casos, non entrarán en vigor atá o segundo trimestre do ano. Rivero dixo -ademáis- que a non aprobación dos orzamentos sería unha moi mala noticia para o seu departamento, xa que sufrrirían un recorte as políticas sociais que se estaban levando a cabo, e que dependen directamente da aprobación ou non dos orzamentos para este ano.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Decalaracións Asunción Rivero

A concelleira tamén espera continuar recibindo o apoio da Administración Autonómica, para poder darlle continuidade a moitas das actividades que ven desenvolvendo o seu departamento, xa que en gran parte son financiadas a través de axudas e subvencións da Xunta de Galicia. Entre estas actividades, atópase o programa de "Familias Madrugadoras",que terá continuidade o vindeiro curso escolar 2009/2010, para nenos de educación infantil e primaria, que poderán acudir a este servizo en horario de sete e media a dez e cuarto da mañá, e para o que xa se pode reservar praza, no departamento municipal de servizos sociais, na rúa Faustino Santalices. Para as persoas maiores, están organizadas outras dúas actividades que se desenvolverán proximamente: un curso de autoestima e unha excursión de lecer e cultural de tres días de duración, os vindeiros 1,2 3 de xuño, a terras de Cantabria. Os excursionistas deberán abonar 120 euros.

 

19, Abril 2009

O horario de atención ó publico será de 10 a 13,30 horas e de 15 a 18 horas, de lúns a venres nos locais do baixo da antiga casa sindical de Maside, na rúa Rodríguez Soto. Todas as persoas interesadas poderán consultar a exposición dos traballos de renovación do Catastro de Rústica, que estivo levandose a cabo en todo o territorio municipal. A partir desta consulta,  quenes non estean dacordo coas avaliacións ou os datos das súas propiedades, poderán presentar as correspondentes reclamacións. Esta Exposición Pública da Renovación do Catastro de rústica no Concello de Maside estará a disposición da veciñanza atá o día 11 de maio.

17, Abril 2009

O Concello do Carballiño prevé este ano un descenso de atá o corenta por cento no imposto do ICIO, o imposto de construccións, intalacións e obras, o que unido ás taxas municipais de licencias urbanísticas, traduciráse nunha reducción dos ingresos entorno ós catrocentos mil euros, en relación a recadación acadada por este mesmo concepto, nos orzamentos do ano pasado, segundo deu a coñecer o Alcalde Carlos Montes, ó presentar os orzamentos para este ano 2009. Desta maneira, os once millóns seiscentos mil euros do ano pasado, quedanse reducidos ós dez millós seiscentos mil euros que contemplan os orzamentos para este exercicio. Montes xustificou ademáis esta rebaixa, no descenso das transferencias do Estado ós Concellos, previsto tamén para este ano.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Carlos Montes

No apartado de gastos, o capítulo máis elevado é o relativo a persoal, con tres millóns seiscentos mil euros, o que representa o 34 por cento do total. O de gastos correntes e servizos terá unha consignación de tres millóns trescentos sesenta mil euros, e para investimentos reservase algo maís de dous millóns de euros. Montes calficou este proxecto de orzamentos como de "apretados" e en sintonía con este tempo de crise que vivimos.

16, Abril 2009

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións de Bernardo García e Jose Antonio Barge

As afirmacións dos Sindicalistas da Ciga foron contestadas polo Concelleiro de Persoal. Barge negou que na proposta de RPT para este ano se recollan discriminacións salariais entre os traballadores e ´"en ningún caso se produciron aumentos nos soldos nas porcentaxes apuntadas polos sindicalistas da ciga, senón que os aumentos son nos complementos, informados favorablemente pola Intervención Municipal". Barge tamén se preguntou onde estaba a "dictadura" da que falaban os representantes sindicais xa que "´na reunión, de 13 votos, 12 foron favorables á proposta de RPT, e só ún voto en contra". A reunión non acudíu Comisiós Obreiras.  Finalmente, José Antonio Barge adiantou que se comprometeu a trasladar ó Pleno da Corporación esta RPT, sen modificacións posibles, e sen posibilidade, polo tanto, de que a Oposición Municipal poida participar neste proceso.

Foi, precisamente, este último aspecto o máis duramente criticado polo Concelleiro e portavoz do Bng en materia de persoal, Bernardo García, porque novamente "están saltandose á toreira o acordo do Pleno da Corporación  do 26 de marzo do pasado 2008, xa que non se convocou os grupos da oposición á mesa xeral de negociación". O Concelleiro do Bng tamén se preguntou qué democracia é a que pretende deixar á marxe deste Acordo os dous grupos que suman a maioria social representativa dos veciños do Carballiño. E recodou, ademáis, que será en última instancia o Pleno da Corporación quen terá que ratificar ou non esta RPT, igual que os Orzamentos, polo que non hai outra vía posibel que non sexa a do diálogo e o consenso.

15, Abril 2009

Celso Fernández, alcalde de Maside

O Alcalde de Maside anunciou na "NA MAÑÄ DE COPE" a instalación dunhos contedores de capacidade moi superior ós convencionais, para a recollida do lixo na zona da Fontela. Neste mesmo lugar procedeuse meses atrás a retirada de toneladas de chatarra, e a recuperación deste espazo, a través dunha actuación que levou a cabo a Consellería de Medio-Ambiente en colaboración co Concello Masidao. Coa intalación agora destes contedores completase  esta actuación "que tén caracter preventivo" -dixo Celso Fernández- para "evitar que volva aparecer outro vertedoiro incontrolado".

 

 

 

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Celso Fernández

O Rexidor Municipal Masidao confia, ademáis, que siga adiante o proxecto de erradicación do chabolismo emprendido polo Goberno da Xunta saínte, xa que o mesmo é  "un proxecto de Goberno máis que de partido". Neste senso, confia en que siga o seu curso esta actuación, que agora mesmo atópase pendiente dos trámites adiminstrativo-urbanísticos para a legalización dos terreos que foron adquiridos, nas inmediacións do actúal poboado xitano, para a construcción de casas ás que poidan trasladarse estas familias. Trátase dun proxecto no que ademáis do Concello de Maside, están involucradas as Consellerías de Vivenda e Solo, Política Territorial e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

 

14, Abril 2009

Carlos Montes

Unha denuncia pública do portavoz municipal do BNG, Manuel Amil, no programa "A MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO", motivou unha rápida actuación dos responsables municipais en relación o cerramento da rúa Rio Avia, que foi tapiada cun muro de perpiaño  polos promotores dunha obra en construcción. Antes, a emprresa que executou a construcción do novo paseo fluvial do río Arenteiro cerrrara o paso coa instalación dun valado metálico apoiado nun cerramento de bloques de cemento, no proxecto que estivo financiado pola Confederación Hidrográfica.

A rúa Río Avia comunica a avenida do balneario co río arenteiro, bordeando o balneario, e convertiráse agora no acceso máis directo desde o centro urbano para acceder o novo paseo fluvial.

Declaracións Carlo Montes

Trátase dunha via pública que como salientou o concelleiro nacionalista "os veciños teñen coñecemento dela desde tempos inmemoriais, e que moitos carballiñeses utilizabamos noutros tempos cando era habitual bañarse no verán na presa do balneario". O BNG, alertado da situación polos veciños do entorno, presentou ademáis un escrito no rexistro municipal no que se poñía os resposables municipais en antecedentes. Desta vez, a actuación foi inmediata.O Alcalde Carlos Montes, acompañado do Concelleiro de obras, Edelmiro Mateo, e o arquitecto municipal, achegaronse ata esta rúa, onde poideron comprobar a veracidade dos feitos denunciados. O rexidor municipal asegurou, preguntado sobre o asunto por COPE O CARBALLIÑO, que xa se ordenara por parte do Concello o restablecemento da legalidade urbanística. Tanto o muro de perpiaño como o valado do paseo fluvial deberán ser derrubados na zona onde invadiron espazo público.

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS