27, Novembro 2023

Hoxe contei polo menos 7 farolas arranxadas o fin en pouca distancia, 4 na Rúa Alberto Vilanova e 3 na Alexandre Bóveda, que levaban xa algún tempo fundidas, parece que  Ainda que algo lentos se comezan a areanxar as cousas que moi necesario é

27, Novembro 2023

La calle es nueva y ya se está hundiendo en la unión con el parque.

Sin mencionar la maleza que invade el carril bici y los excrementos que más que de perro parecen de oso.

27, Novembro 2023

Esta sinal de paso de peóns á altura do Fuchela alumbraba nas esquinas cando a puxeron. Non sei se vai a pilas ou non...pero agora ilumina moi pouco, de noite non se ve e de día menos. Estas luces intermitentes vense moito, por eso penso que non debe de estar conectado a ningunha fonte de alimentación... Supoño que será cousa de fomento, pero É UN PERIGO.

27, Novembro 2023

Non miran para ela, toda chea follas, resvalas ca xiada. Sumideiros atascados. Luces fundias ou tapadas polos arboles, de noite da medo. Farolas que faltan inteiras. As aceras blancas están negras. Baldosas levantadas para esnafrarse. Terra de cando desborda nos aparcamientos dos coches acumulada desde hai meses. Aceras cheas de cagadas de cas. Os arboles con herbas aredor. Todo a monte.

E para colo a calle estase fundindo por 15 vez e o alcalde dinos que xa a arranxaran para cando saque o contrato da auga. Calquera día funde a calle con un coche ou unha persona e hai unha desgracia.

Ainda nos han de fundir as casas despois.

Alcalde cando pensa mirar para a avenida do Balneario cando pase unha desgracia?

Moito centro de salu e moita construcción, deixese de poñer ladrillo e asfalto que xa sabemos que é o que lle interesa e arregle o que hai, que non é capaz de mantelo.

26, Novembro 2023

Na exposición de motivos desta moción, maniféstase que "xa hai tempo abondo que son moi habituais as queixas de pais e nais do noso concello usuarios dos parques infantís". E mesmo fan referencia aos incidentes acontecidos no recén inaugurado de Toscaña por deficiencias no tobogán "que tiñan que ter sido subsanadas antes da súa apertura, non fixeron máis que aumentar o malestar xeral a este respecto".

Desde Espazo Común consideran que "todos deberíamos ser conscientes do sensible que hai que ser con estes espazos no tocante á seguridade e polo tanto de que a obriga desta administración é vixiar co máximo coidado cada detalle, os nenos máis pequenos non entenden de precaución e se non se observan tódalas medidas posibles, os riscos de ter que lamentar algún día unha desgraza elevanse considerablemente".

Tamén sinalan deficiencias no parque da Alameda "onde conviven nunha perigosa combinación nenos de tódalas idades cun excesivo número de vehículos que transita polo entorno non sempre ás velocidades axeitadas. Algunhas das estruturas desta instalación tamén presentan serias dúbidas sobre se garanten a seguridade dos pequenos".

Para Espazo Común tampouco aproban nas súas prestacións "o do Parque Municipal ou os do rural que están direitamente en estado de abandono absoluto ou o dos Catro Camiños que se queda bastante escaso para a demanda existente na principal zona de expansión do noso pobo".

Finalmente e despóis de concluir que é preciso tomar medidas urxentes "para garantir a tranquilidade das moitas familias que empregan estes lugares para o seu lecer e para o crecemento social, intelectual e físico dos seus fillos", a moción que Espazo Común defenderá no pleno municipal desta semana pide o acordo da corporación para que o concello do Carballiño leve a cabo unha auditoria de seguridade nos parques infantís do municipio.

24, Novembro 2023

MAGOSTO DOS NENOS E NENAS, na Insua dos Poetas, festa tradicional para toda a familia e con especial protagonismo para os cativos e rapaces, que poderán gozar dunha tarde de xogos, música, sorteos de lotes de libros, castañas asadas, bolos preñados e outras larpeiradas, e todo elo nun entorno único na comarca como é o parque cultural e natural ubicado na inmediacións da Esgueva-Madarnás. Domingo 26 a partir das 16:30 horas. Gratuíto.

DAR TRELA .  A agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectáculo "Cabaret Dar Trela", unha creación colectiva dirixida por Fernando González. No auditorio do Carballiño, sábado 25 ás 20:30 e domingo 26 ás 19:00 horas. Entrada 5 euros.

CINE. O Novocine de Leiro estrea "Napoleón", do vernes 24 ao domingo 26 en pases diarios ás 17:00 e as 20:00 horas.

MUSICA. A Banda de Música de Boborás celebra a festividade da patrona da música Sta Cecía, cun concerto este sábado 25 ás 20:30 horas. Igrexa parroquial de Moldes.

TEATRO MUSICAL "A fada que non sabía ser fada" con Trémola Teatro, o sábado 25 ás 17:00 horas no Centro Social da Albarona, organizado polo concello de Piñor.

VIDEA FEST 2013. Un festival cultural que marida gastronomía, cultura, arte música e sendeirismo, e tendo como protagonista ao pintor Xosé Vilamoure. Sábado 25 en Vilamoure (Punxín) Toda a información en podes encontrala en http://www.videafest.com/

TROFEO VILA DO CARBALLIÑO DE PATINAXE. O Club Aehde reúne no Paco Chao a 154 patinadoras da modalidade libre de toda Galicia. Sábado 25, de 9:00 a 21:00 horas.

24, Novembro 2023

Na tertulia de COPE O Carballiño do venres dia 24 de novembro confrontaron as súas opinións José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Sebastián Lamazares e Fátima Gómez, exercendo como moderador Xan PInal. Podes escoitála no audio adxunto:

24, Novembro 2023

Cesareo tizon, burato enorme no adoquin, corte a altura ddo supermercado. 

Carmen, burato o pasar igrexa, desfeita na arqueta estanco. 

Arquetas etapas sen nivelar etc . 

Rotulas de cochesdesfeitas, incomodidade conducindo, charcos de auga etc .

Protestar....non serve de nada .

24, Novembro 2023

  Veciños do barrio de Flores mandamos un escrito o concello pedindo que se cambie esa señal pola de tráfico restringido a residentes, polo perigo o que estamos expostos dada a cantidade de coches, furgonetas e motos que pasan por ela e nenos xogando no barrio sen beirarruas (e xa tivemos varios sustos) 

 Pero e inutil porque incluso infrinxen a señal  de prohibido circular polas outras dúas baixadas  a Flores diante das súas narices ... Acordaranse desto cando haxa un atropelo?? 

23, Novembro 2023

A rua que vai de Flores o centro de saude. 

Da pena vela. Se se ve. Porque luz hai pouca.

Maleza e basura hai moita.

Xa falamos varias veces co señor alcalde pero da igual falar que non falar.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS