26, Novembro 2023

Na exposición de motivos desta moción, maniféstase que "xa hai tempo abondo que son moi habituais as queixas de pais e nais do noso concello usuarios dos parques infantís". E mesmo fan referencia aos incidentes acontecidos no recén inaugurado de Toscaña por deficiencias no tobogán "que tiñan que ter sido subsanadas antes da súa apertura, non fixeron máis que aumentar o malestar xeral a este respecto".

Desde Espazo Común consideran que "todos deberíamos ser conscientes do sensible que hai que ser con estes espazos no tocante á seguridade e polo tanto de que a obriga desta administración é vixiar co máximo coidado cada detalle, os nenos máis pequenos non entenden de precaución e se non se observan tódalas medidas posibles, os riscos de ter que lamentar algún día unha desgraza elevanse considerablemente".

Tamén sinalan deficiencias no parque da Alameda "onde conviven nunha perigosa combinación nenos de tódalas idades cun excesivo número de vehículos que transita polo entorno non sempre ás velocidades axeitadas. Algunhas das estruturas desta instalación tamén presentan serias dúbidas sobre se garanten a seguridade dos pequenos".

Para Espazo Común tampouco aproban nas súas prestacións "o do Parque Municipal ou os do rural que están direitamente en estado de abandono absoluto ou o dos Catro Camiños que se queda bastante escaso para a demanda existente na principal zona de expansión do noso pobo".

Finalmente e despóis de concluir que é preciso tomar medidas urxentes "para garantir a tranquilidade das moitas familias que empregan estes lugares para o seu lecer e para o crecemento social, intelectual e físico dos seus fillos", a moción que Espazo Común defenderá no pleno municipal desta semana pide o acordo da corporación para que o concello do Carballiño leve a cabo unha auditoria de seguridade nos parques infantís do municipio.

24, Novembro 2023

MAGOSTO DOS NENOS E NENAS, na Insua dos Poetas, festa tradicional para toda a familia e con especial protagonismo para os cativos e rapaces, que poderán gozar dunha tarde de xogos, música, sorteos de lotes de libros, castañas asadas, bolos preñados e outras larpeiradas, e todo elo nun entorno único na comarca como é o parque cultural e natural ubicado na inmediacións da Esgueva-Madarnás. Domingo 26 a partir das 16:30 horas. Gratuíto.

DAR TRELA .  A agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectáculo "Cabaret Dar Trela", unha creación colectiva dirixida por Fernando González. No auditorio do Carballiño, sábado 25 ás 20:30 e domingo 26 ás 19:00 horas. Entrada 5 euros.

CINE. O Novocine de Leiro estrea "Napoleón", do vernes 24 ao domingo 26 en pases diarios ás 17:00 e as 20:00 horas.

MUSICA. A Banda de Música de Boborás celebra a festividade da patrona da música Sta Cecía, cun concerto este sábado 25 ás 20:30 horas. Igrexa parroquial de Moldes.

TEATRO MUSICAL "A fada que non sabía ser fada" con Trémola Teatro, o sábado 25 ás 17:00 horas no Centro Social da Albarona, organizado polo concello de Piñor.

VIDEA FEST 2013. Un festival cultural que marida gastronomía, cultura, arte música e sendeirismo, e tendo como protagonista ao pintor Xosé Vilamoure. Sábado 25 en Vilamoure (Punxín) Toda a información en podes encontrala en http://www.videafest.com/

TROFEO VILA DO CARBALLIÑO DE PATINAXE. O Club Aehde reúne no Paco Chao a 154 patinadoras da modalidade libre de toda Galicia. Sábado 25, de 9:00 a 21:00 horas.

24, Novembro 2023

Na tertulia de COPE O Carballiño do venres dia 24 de novembro confrontaron as súas opinións José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Sebastián Lamazares e Fátima Gómez, exercendo como moderador Xan PInal. Podes escoitála no audio adxunto:

24, Novembro 2023

Cesareo tizon, burato enorme no adoquin, corte a altura ddo supermercado. 

Carmen, burato o pasar igrexa, desfeita na arqueta estanco. 

Arquetas etapas sen nivelar etc . 

Rotulas de cochesdesfeitas, incomodidade conducindo, charcos de auga etc .

Protestar....non serve de nada .

24, Novembro 2023

  Veciños do barrio de Flores mandamos un escrito o concello pedindo que se cambie esa señal pola de tráfico restringido a residentes, polo perigo o que estamos expostos dada a cantidade de coches, furgonetas e motos que pasan por ela e nenos xogando no barrio sen beirarruas (e xa tivemos varios sustos) 

 Pero e inutil porque incluso infrinxen a señal  de prohibido circular polas outras dúas baixadas  a Flores diante das súas narices ... Acordaranse desto cando haxa un atropelo?? 

23, Novembro 2023

A rua que vai de Flores o centro de saude. 

Da pena vela. Se se ve. Porque luz hai pouca.

Maleza e basura hai moita.

Xa falamos varias veces co señor alcalde pero da igual falar que non falar.

23, Novembro 2023

Rúa viñao, unha rúa q da aceso o paseo fluvial do río Arenteiro , atópase talmente abandoada por parte do concello do Carballiño. A maleza invade as veirasruas, as plaquetas están totalmente cubertas de silvas. Unha vergonza qu veñan visitantes e vexan o estado q se atopan estas rúa Vergonzoso como teñen todo abandonado istes gobernantes todo abandonado e agora q contan co apoio de Lino e o PP non se nota nada de milloria, a cousa vai a pior.

 

 

 

 

 

 

 

23, Novembro 2023

      COMO VEXO QUE FUNCIONA MANDAR A COPE O CARBALLIÑO DENUNCIAS SOBRE O ESTADO CALAMITOSO DAS RÚAS DO POBO, VOU AÑADIR UNHA MÁIS.

     A RÚA COLOMBIA EXISTE NO CARBALLIÑO. ESTÁ DE SEGUIDO DA PORTO RICO BAIXANDO A MAN ESQUERDA.( DIGO ESTO PORQUE O ALCALDE DIXO UN DÍA NA RADIO QUE NON SABÍA ONDE ESTABA)

     POLO QUE SE VE, NO CARBALLIÑO PÓNSELLE O NOME A RÚA SEGUNDO O SEU ESTADO. ESTA RÚA CHAMÁBASE GOMEZ ROMÁN, PASOU A DENOMINARSE COLOMBIA E ATOPASE COMA UNHA RUA DE MEDELLÍN OU DE CALI. FOI UNHA PENA NON LLE TER CHAMADO RUA SUECIA OU RÚA NORUEGA... EN FIN.

     DIXERON NO CONCELLO QUE A IAN ARRANXAR CANDO BOTARAN O CEMENTO DA RÚA MARGARITA TABOADA PARA AFORRAR CUSTES. PARA CANDO SERÁ? PORQUE ESTÁ NUN ESTADO LAMENTABLE, CHEA DE BURATOS, DE TERRA, CON SOCALCOS.

    O TRAMO DO LADO DEREITO ESTÁ SEN BEIRARRÚAS, CON MALEZA, UNHA NOCEIRA INVADINDO A ESTRADA.

     FAI UNS TRES OU CATRO MESES FIXERON A INSTALACIÓN ELÉCTRICA PARA POÑER ALUMEADO, E ASÍ QUEDOU E ASÍ ESTÁ.

     SE HAI QUE ESPERAR UN MES POR UNHAS BOMBILLAS, POR UNHAS FAROLAS QUE CHE DIREI.

     ESTA RÚA COMO ESTÁ A MONTE PRÉSTASE MOITO PARA PASEAR OS CANS, POIS BEN, TANTO COLOMBIA COMO PORTO RICO ESTAN SEMPRE CHEAS DE EXCREMENTOS QUE HAI QUE IR MIRANDO ONDE PISAS COMA SE FORA UN CAMPO DE MINAS. POR ALÍ NUNCA PASOU UN BARRENDEIRO. BUENO SI UNHA VEZ VIN UN. MENUDO SUSTO, PENSEI QUE SE DESORIENTARA.

    PODERÍA SEGUIR CONTANDO "MARAVILLAS" DA MIÑA RUA PERO COIDO QUE POR HOXE XA MENOS MAL. SÓ CONVIDAR A QUEN QUEIRA VIR DE VISITA MERECE A PENA. VISITAS COLOMBIA ENXEBRE A CINCO MINUTOS DO CENTRO DO POBO.

    

 

 

23, Novembro 2023

Bo día, quería que quedara claro que NON teño nada que ver co Concello do Carballiño, desculpade se non me explique correctamente, donde logo non era a miña intención, solo quería explicar o que sucede nesa rua, que e ben grave, niso coincidimos todos, e que a xente sepa os problemas que diu ADIF, e que padecen os vecinos, e agardemos que se repare pronto polo ben de todos e que quede o mellor posible, e se se arregla claro que se ten que arreglan de éxito integral de arriba a abaixo, pero o dos retranqueos más fincas ata que se edifique pensó que non están obligados a facelo pero sería algo bo.

Saludos e desculpade se non me expliquei ben ou se o contido non foi o mais axeitado o meu maior interés que se que arranxe canto antes

23, Novembro 2023

E podería dicirme que fixeron de novo? Polo de agora todo o que se fai no Irixo é herdado do goberno anterior, e non vexo que fai o PSOE máis que buscar o seu beneficio.
Por favor que alguén me conteste.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS