O Arenteiro, aínda imbatido nesta pretempada, recibirá en Espiñedo este venres dia 20 de Agosto ás 19:00 horas ao Deportivo da Coruña no que será o último partido que xogarán os verdes ante a súa afección en Espiñedo antes de que no próximo mes de Setembro se inicie a liga de Segunda RFEF, na que competirá o equipo carballiñés.
Deportes
A competición comezará na tarde do venres dia 20 coa disputa do tramo da Saleta, co percorrido habitual da proba en sentido ascendente. Xa para a gran xornada do sábado dia 21 correránse catro tramos a dobre pasada por estradas dos concellos de Cenlle, Piñor, Boborás e Amoeiro.
Esta fin de semana celebrouse no centro deportivo David Cal o campionato de España absoluto de paracanoe no que o carballiñés e deportista integrado no Club Fluvial Avión Francisco Manuel González conseguiu a décima primeira posición na categoría KS nas distancias de 500 m e 200 m.
O sorteo do calendario para o campionato de liga do grupo 1 da Segunda RFEF deparou unha cousa ben curiosa, o Arenteiro comezará a competición no mesmo escenario onde o fixo a tempada pasada, na Lomba de Vilagarcica ante o Arousa, será o domingo dia 5 de Setembro.
Os dous primeiros, os futbolístas vigueses IIago Dominguez e Vitra asinaron en Espiñedo o seu compromiso co Club Deportivo Arenteiro, para integrarse no equipo dirixido por Fran Justo e que desta maneira sigue completando o seu plantel para competir na Segunda RFEF.
O dianteiro Adri Castro chega dende o Deportivo, no que xogou na útlima tempada, mentres que o carrileiro José Carlos Márquez tamén conta con experiencia nas dúas últimas tempadas en segunda b, tralo seu paso por Getafe B e Villarrobledo.
"Agradecemos ó Comite de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe por apostar por sacar á periferia dos grandes feudos da patinaxe en Galicia", indicou no acto de presentación da Copa Galega de grupos show Uxío Álvarez, o presidente do Club Aehde O Carbaliño.
O centrocampista Adrián Cruz, procedente do Pontevedra, no que xogou o último ano, convértese na primeira fichaxe do CD Arenteiro para reforzar o seu plantel cara o súa histórica participación na 2ª División RFEF.
O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral.
O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »