Deportes

O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel,  e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.
Superada a cuarentena pola que pasou a totalidade do plantel debido ao foco de coronvarirus detectado o dia 7 de Xaneiro, unha parte do equipo regresou aos adestramentos diarios no campo da Uceira, de momento tan so o fixeron 12 futbolistas, á espera de que no transcurso da semana poidan incorporarse o resto. 
Son xa dous os partidos adiados por este motivo tras o parón do nadal, os dous primeiros da segunda volta da fase regular no campionato de liga de terceira división ante Arousa e Ourense CF, a pesar do que o Arenteiro continúa líder, tampouco o colider Arousa pudo aínda xogar, polo que o colchón de puntos que tiñan ao final da primeira volta permítenlle a ambos siguer ao fronte da clasificación
O Club confirmou este lúns 11 de Xaneiro que se eleva a 9 o número de positivos no plantel do equipo de terceira división, tras o brote de coronavirus detectado o pasado xoves dia 7 e que nun principio afectou a tres futbolistas. Todos, asi como os resto do grupo que deron negativo, encóntranse ben e nos seus domicilios, e gardando cuarentena.
O club comunica que nos test que cada semana realiza ao plantel de xogadores, corpo técnico, auxiliares e persoal de CD Arenteiro, 3 futbolistas deron esta mañá resultado positivo. De inmediato, suspendéronse os adestramentos e activouse o protocolo Covid, dando conta tanto ao Sergas como a Real Federación Española de Futbol.
O calamitoso estado do terreo de xogo do Estadio de Espiñedo, agravado polas condicións meteorolóxicas, fai que o partido correspondente á liga de terceira división este domingo dia 10 de Xaneiro que o Arenteiro xogará ante o Arousa, teña que trasladarse ao campo da Regueiriña de Barbantes.
Os verdes completan a primeira volta da fase regular no Subgrupo-B da terceira división líderando a clasificación con 23 puntos en 11 partidos, sendo ademáis o único equipo que aínda non perdeu ningún partido.Fran Justo suma xa 16 partidos consecutivos invicto como adestrador do Arenteiro, se aos 11 de liga sumamos os 5 de pretempada.
O partido xógase dende as 16:30 horas do domingo no campo da Senra de Ribadumia e será retransmitido en directo na WEB da TVG-2, e de forma simultánea no "Carrusel de Terceira" na TDT alternando con outros dous encontros, Bergantiños-Somozas e Alondras-Arousa.
Último partido do ano en Espiñedo na terceira división, no que os verdes non souberon superar o muro co que o equipo vigués defendeu a portería do exarenteirista Rui, o mellor do seu equipo con par de boas intervencións no regreso do portugués a Espiñedo, agora como gardameta do Rápido de Bouzas.
Decíase que podía ser un "partido trampa" por aquelo de que o Pontellas era o colista da categoria e podería levar a un exceso de confianza aos verdes, finalmente o Arenteiro solventouno sen grandes problemas, aínda que a punto estivo de complicalo nun balón regalado aos visitantes que aproveitaron para empatar momentaneamente, aínda que o gol fose en claro fora de xogo.

Páxinas