Luz verde para o regreso do Arenteiro a Espiñedo tras verse obrigado a xogar co Ourense CF en Barbantes, debido ás restricións no Carballiño por culpa do coronavirus, este domingo (16.30 horas) poderá facélo en Espiñedo, e con público, pero con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que a Xunta podería autorizar unha ampliación a 150.
Deportes
Un partido intenso e vivo ata o pitido final, foi o que ofreceron no municipal de Santa Mariña de Redondela o CD Choco e CD Arenteiro, no que o marcador non se moveu, un punto a domicilio que da ao equipo do Carballiño o liderato, agora en solitario, da terceira división neste arranque de competición.
Dous goles, un en cada parte, deron o triunfo ao Arenteiro ante o Ourense CF no partido xogado no campo da Regueiriña en Barbantes ao non podelo facer en Espiñedo debido ás restricións no Carballiño por culpa da pandemia, Marquitos e Javi Pazos marcaron os goles e Diego García volveu deixar a portería a cero.
O partido correspondente á segunda xornada da liga en terceira división non pode xogarse en Espiñedo polas restricións que afectan a O Carballiño, e desta maneira Xunta e RFFG autorizaron a súa celebración no campo da Regueiriña de Barbantes, dende as 16:30 horas deste domingo 25 de Outubro.
Os verdes fixeron un gran partido no seu debút no campionato de liga de terceira división derrotando ao Arousa no estadio da Lomba de Vilagarcía por 0-1,un marcador curto para os méritos do Arenteiro. Porque o equipo do Carballiño foi o único que dispuxo de varias ocasións claras para lograr un resultado favorable máis amplo ao final dos 98 minutos que durou o partido.
A liga 2020-2021 na terceira división alza o seu telón cun atractivo Arousa-Arenteiro dende as 18:30 horas deste domingo 18 de Outubro na Lomba de Vilagarcia, un partido que poderá verse en directo a través de Facebook e o canal de YouTube "Onda Arlequinada".
Final no partido xogado este sábado en horario matinal no campo do Vao de Vigo, os carballiñeses, que chegaron a adiantarse cun 0-2 ao equipo da segunda b, rematan gañando 2-3, o Arenteiro non so acabou mandando no marcador senón que tamén o fixo no xogo en moitas das fases do partido, sobre todo nunha primeira parte soberbia de fútbol.
Os verdes xogaron ante o Arzúa en Espiñedo a porta pechada, debido o empeoramento da situación epidemiolóxica dos últimos dias no Carballiño, o cuarto partido de preparación que se saldou con empate a dous goles, e unha parte para cada equipo.
O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.
Sensacional imaxe a dada por este novo Arenteiro no municipal de Barreiro en Vigo, ante o Celta B, en partido en horario matinal xogado este mércores no histórico estadio do barrio de Lavadores, por dúas veces os verdes estiveron por diante no marcador con dous goles de Joni, ao final empate a dous tantos.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »