Deportes

O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".
Semana de moita actividade nas oficinas do Estadio de Espiñedo polas que pasaron a maioría dos futbolístas que a pasada tempada defenderon a camisola verde, a xeito de entrevista cos novos dirixintes do club recibiron de primeira man a información das principais claves do novo proxecto deportivo para a vindeira tempada.
Punto e final á etapa de Gelucho como técnico de Club Deportivo Arenteiro, a nova xunta directiva presidida por Argimiro Marnotes toma a súa primeira decisión relevante e decide comezar este novo proxecto cun novo adestrador, que responderá ao perfil dun técnico que teña dedicación profesional plena a CD Arenteiro.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, reuníronse hoxe no concello co novo presidente de C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, e o directivo Manuel Cid, como unha primeira toma de contacto coa nova directiva da entidade.
O exalcalde do Carballiño asume a presidencia de Club Deportivo Arenteiro mes e medio despóis desde que se convocasen eleccións debido á dimisión de Francisco Fernández "Cachorro", que estivo tan so un ano ao fronte do club.
O Club ve, momentáneamente, comprometido o seu futuro, xa que nin durante o periodo de presentación de candidatos á presidencia do club nin tampouco na asemblea celebrada no Estadio de Espiñedo ningún socio presentou as súas credenciais.
O Campo do Outeiro Grande de Maside acollerá o Depor Campus de fútbol base no próximo mes de Agosto, coa organización do RC Deportivo da Coruña. No acto de presentación participaron o director das escolas do Depor, Pablo Barros, o Director Técnico da Escola Deportiva Terras de Maside, o alcalde e presidente e secretaria da ED Terras de Maside.
Dende o club apuntan "motivos de forza maior" tras anunciar que as dúas asembleas de socios convocadas para este venres dia 12 quedan aprazadas para unha nova data, que será a do xoves dia 18 de Xuño.
Francisco Fernández "Paco Cachorro" decide poñer punto e final como presidente de Club Deportivo Arenteiro "cuestións personais, non poder dedicarlle o tempo que esixe a presidencia do club" é o motivo que manifesta para deixar o club, tras exercer un ano como máximo responsable da xunta directiva.
A área de Deportes do concello do Carballiño abrirá a partir da primeira semana de xuño as pistas polideportivas para a práctica do pádel e do tenis, anexas ao pavillón Paco Chao. Por este motivo, a partir do luns, 1 de xuño, poderanse solicitar quendas para o uso destas pistas.

Páxinas