Sobrepasado xa o primeiro tercio do campionato o Arenteiro destácase como o "Rei" do empate, co deste domingo ante o Arousa xa van oito, que sumados ás tres derrotas e tan so dúas victorias, impiden aos verdes poder despegar na clasificación.
Deportes
A tarde chuviosa deste sábado no Carballiño non impedíu a notable afluencia de afeccionados ao recinto municipal da Uceira, que presentaba un bo ambiente para ver o partido entre veciños que se levaron os de Maside por 0-3.
Todo parecía poñérselle de cara a o Arenteiro na Porta Santa de Paiosaco cando aos 10 minuto Wadir aproveitaba un regalo da defensa local para adiantarse no marcador, e máis aínda cando no minuto 43 o Paiosaco quedábase con 10 xogadores no campo ao ver cartón vermello directo un dos seus fútbolistas.
Conforme avanzaba o partido ía escurecendo en Espiñedo e facéndose noite, e en sentido figurado esto mesmo é o que lle acontecía no fútbolistco ao Arenteiro, deixando que un moi efectivo Arzúa levase os tres puntos marcando un gol en cada tempo.
O próximo martes, 5 de novembro, dará comezo a primeira liga de padel do Carballiño, e o venres 8 de novembro o fará unha escola desta modalidade deportiva.
Trátase dunha inciativa da asociación Pídechas o Corpo en colaboración co concello, que foi presentada esta mañá pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o presidente da asociación, Pablo Abraldes.
Volve o Arenteiro a flaquear en defensa, a que parecía a principios de tempada a liña máis fiable do equipo volveu hoxe a ser a máis flouxa, e elo motiva que os verdes regresen a O Carballiño sen tan xiquera un punto e despóis de marcar tres goles.
Os mellores pilotos de enduro de España e Portugal daranse cita esta próxima fin de semana no Carballiño para participar na VII Xtremo Mesego Enduro Training.
Os verdes derrotaron aos coruñeses con dous goles logrados nun intervalo de apenas sete minutos ao inicio da segunda parte do partido correspondente á novena xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado no municipal de Espiñedo.
O Arenteiro sumou un punto na súa visita ao campo do Poboado de As Pontes, nun partido xogado na tarde deste sábado ante apenas 150 afeccionados, que viron como o seu equipo -As Pontes- conseguía o primeiro punto da tempada no seu campo, mentres os verdes confirmanse como o rei do empate neste inicio de liga.
Por fin, o sétimo partido do curso foi o da vencida para o Arenteiro, derrotando por 2-1 ao Estradense en Espiñedo nunha tarde na que o mellor foi o resultado e o tempo, practicamente veraniego que trouxo ata O Carballiño a un numeroso grupo de seguidores do equipo da Estrada.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »