Deportes

A Deputación de Ourense, na súa estratexia de apoio á cidadanía nos diferentes ámbitos sanitario, social, deportivo e de servizos fronte á pandemia do coronavirus ( Covid-19), lanza un programa de adestramento deportivo denominado "En forma", a través de Internet, que ten como obxectivo favorecer o mantemento activo de toda a familia nestes días de confinamento no domicilio.
A idea é manter unha rutina coas distintas actividades diarias e planificar os días intentando seguir un horario nun orden lóxico, facer unha série de exercícios físicos básicos para manter unha condición física axeitada e funcional.
A alerta sanitaria deixou en suspenso todas as competicións deportivas, e despóis a declaración do estado de alerta, motivou unha absoluta incertidume sobre o futuro de todas as competicións, e mesmo fálase xa como o máis probable que se dea por rematada a tempada.
No fútbol quen ten ocasións e non mata os partidos remata sufrindo e pedindo a hora, e esto foi o que lle pasou ao Arenteiro para conseguir a cuarta victoria do curso en Espiñedo ante o equipo de As Pontes, que no último suspiro do partido perdoou o empate.
O grupo de goberno socialista renuncia desta maneira ao proxecto que anunciara dias atrás para instalar céspede sintético no terreo de xogo do Estadio Municipal de Espiñedo, e a corporación decide aprobar a proposta do Partido Popular, que conservará a herba natural.
Non sabemos en qué posto acabará o Arenteiro a tempada, pero si aventuramos que conseguirá un record en canto a número de empates, con este da Estrada xa son 14 en 26 partidos, e aínda quedan 12 para que remate a competición.
Se houbese que xogar a un fixo na quiniela, sen dúbida que a maioria apostaría por un empate neste partido entre Arenteiro e UD Ourense e houbesen acertado, xa que os verdes sumaron o empate numero 13 do campionato, con algo de fortuna da súa parte.
O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.
O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que se atopa a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020.
Por primeira vez na súa historia de 62 anos o Arenteiro xogaba un partido de fútbol con inicio ás 13 horas, un horario que non lle sentou nada ben ao Arenteiro, que foi claramente superado polo filial do Lugo neste atípico horario futbolístico.

Páxinas