Tarde soleada pero moi fria no campo de Miramar de Luanco para un partido que tivo a súa xogada polémica no tempo de desconto cando Joseca que avanzaba como un obús sobre a portería do Marino foi pisoteado por un defensor local dentro da área, o árbitro non quixo pitar a pena máxima.
Deportes
O Arenteiro conseguíu sumar un punto ao empatar a un gol co Palencia CA na Nova Balastera, un estadio moderno cunhas magníficas instalacións pero cun deficiente terreo de xogo, en moi mal estado para a práctica do fútbol.
O Arenteiro sumou outros 3 puntos de ouro e volve ser, pendiente dos partidos dominicais, o equipo que suma máis puntos da categoria no que vai de ano 2022, en total son total 21 puntos, tras colleitar 6 triunfos, 3 empates e unha única derrota.
Con esta victoria na tarde deste sábado na cidade deportiva de Butarque o Arenteiro, á espera dos resultados dominicais, o Arenteiro convertese no mellor equipo da categoria no que vai de 2021, ao sumar cos 3 de hoxe en Leganés un total de 18 puntos no que levamos de 2022.
O Arenteiro foi de menos a máis e tras unha primeira parte igualada fíxolle co mando do partido nunha completa segunda parte no que os verdes fixeron méritos suficientes para conseguir un triunfo que sabe a gloria a unha entregada afección carballiñesa que despedíu ao equipo cunha gran ovación.
Nin as numerosas baixas por sancións e lesionados nin a rigurosa expulsión de Ger que deixouu ao equipo en inferioridade no terreo de xogo impediron que un serio e combativo Arenteiro lograse un meritorio punto na súa visita a Santiago de Compostela.
Todo saíu ao revés para o Arenteiro no partido ante o Pontevedra, con dúas enormes afeccións que non se merecían que un árbitro chegado dende Asturias se cargase antes de tempo un partido exquisito de deportividade por ambos bandos sobre o terreo de xogo, pero deslucido pola actuación arbitral.
O Arenteiro conseguíu unha histórica vitoria histórica no estadio Helmántico de Salamanca, xa que era a primeira vez nos 63 anos de historia do club carballiñés que visitaba o templo futbolístico salmantino, fixoo acompañado por máis dun cento de seguidores verdes que gozaron que non cesaron de animar durante os 90 minutos e ao final festexaron co equipo 3 puntos de ouro.
No fútbol os goles deciden, e por eso houbo empate final no marcador, porque se por ocasións malogradas fose, o Arenteiro gañaría este partido por goleada e non pequena, ata en catro ocasións o balón foi os postes da portería arousana, e ata por dúas ocasións víu como se lle anulaban dous goles por fora de xogo,nun partido no que o árbitro estivo desacertado e perxudicou gravemente aos verdes.<
O Arenteiro venceu como moita solvencia ao equipo xixonés, ao que dominou de principio a fin en todas as fases do partido, cunha primorosa primeira parte de fútbol na que as fichaxes do mercado invernal, Pibe e Uxío, marcaron os goles e deixaron o partido visto para sentencia en apenas media hora.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »