O Sorteo celebraráse este mércores dia 16 de novembro na sede da Real Federación Española de Fútbol, ás cinco da tarde, será cando o Arenteiro coñeza o rival para a segunda ronda da Copa do Rei, que deberá saír entre un dos 14 equipos da primeira división que estarán no bombo.
Deportes
O árbitro grancanario Juan Luis Pulido Santana, colexiado da primeira división, será o encargado de dirixir o Arenteiro-Almería da Copa do Rei, que se xogará no estadio de Espiñedo este domingo 13 de novembro a partir das 21 horas, o partido será ofrecido en directo por Movistar + Liga de Campeones BAR.
Este Arenteiro continúa a dar alegría tras alegría aos seus afeccionados, que cada vez son máis, desta vez e tras unha semana intensa na que se proclamou campión de España da Copa Federación, os verdes non acusaron o cansancio no seu desprazamento desta fin de semana a Asturias e regresan a O Carballiño con outros 3 puntos tras derrotar ao Marino de Luanco cun gol de Curro Rivelott no minuto 67
O Arenteiro sigue pulverizando os seus rexistros en categoria nacional e acumula xa 16 partidos consecutivos como equipo invicto tras derrotar aos santanderinos do Raio Cantabria en Espiñedo, apenas 24 horas antes de emprender viaxe cara terras valencianas onde o mercores xogará ante o Alzira a final da Copa Federación.
Segunda visita da tempada a Cantabria e segunda victoria dos verdes, se antes foi en Torrelavega desta vez foi en Laredo onde o Arenteiro volveu facer un partido completo e regresando a O Carballiño con outros 3 puntos que o sitúan como líder provisional do grupo 1 da Segunda Federación, á espera do que fagan este domingo Valladolid Promesas e Guijuelo.
Espiñedo vive en estado de felicidade, tras outra noite máxica, e nun partido no que o Arenteiro brindou a súa afección un fútbol primoroso, logrou o pase para a final da Copa Federación, polo tanto o Arenteiro optará por vez primeira na súa historia a un título nacional, que desputará ante o Alzira valenciano no seu estadio o próximo dia 2 de novembro.
Este Arenteiro dirixido por Fran Justo non parece ter límite, pouco importa que acumulen xa 7 partidos en apenas 3 semansas, a un ritmo frenético de partido cada 3 dias dias, nin a acumulación de lesionados, nin que a Espiñedo veña o que era o lider da competeción, da igual, este Arenteiro é moito Arenteiro.
Festa en Espiñedo, no medio dun gran ambiente, para celebrar o triunfo ante os canarios da Panadería Pulido San Mateo, que clasifica ao Arenteiro para a Copa do Rei, e tamén ás semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único, o próximo mércores dia 19 no Carballiño ante o histórico Real Unión de Irún, equipo da Primeira Federación.
A este Arenteiro dalle igual que tivese que xogar 5 partidos en apenas 15 dias, e que as lesións deixen ao equipo mermado, da igual, este Arenteiro acumula xa 11 partidos oficiais entre liga e copa e aínda non coñece a derrota.
O Arenteiro está a tan so 90 minutos de volver facer historia e por segundo ano consecutivo recibir no Carballiño a un equipo da primeira división, para elo será necesario gañar o próximo mércores dia 12 en Espiñedo ao equipo canario Panadería Pulido San Mateo.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »