Deportes

O deste Arenteiro é "para mirarllo" como se dí popularmente, está empeñado partido a partido en encaixar gol nos primeiros minutos, é como se lle quixera comezar os partidos dándolle ventaxa ao rival, e asi volveu suceder esta tarde no campo da Senra de Ribadumia.
Unha mala primeira parte e a falta de pegada tras a reanudación motivaron a derrota dun Arenteiro que acabou con 9 xogadores polas expulsións de Rober e Fajardo. O equipo da Terra Cha, que gañou 0-1, levouse 3 valiosos puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada.
Quizás o resultado sexa algo abultado de máis, pero nada que obxetar á victoria dos coruñeses pola súa superioridade no transcurso do partido, sobre todo durante a segunda parte na que marcaron os 3 goles, xa que ao descanso chegouse co 0-0 inicial que facía albergar aos verdes esperanza de lograr algo positivo.
O Arenteiro desperdiciou ante o segundo clasificado da categoria, o Bergantiños CF, a oportunidade de seguir sumando puntos despois dun partido igualado e no que os erros defensivos dos verdes propiciaron que o equipo de Carballo se levase un triunfo do campo da Regueiriña de Barbantes, que rexistrou un gran ambiente.
Partido aberto ata o pitido final, un empate (1-1) que deixa satisfeitos aos dous equipos porque calquera dos dous pudo gañar, pero tamén pudo perder, xa que ocasións, para desnivelar o empate houbo ante ámbas porterias no transcurso da tarde.
Os verdes conseguiron un importante triunfo no campo do Boiro, ao que derrotaron por 1-3, tras adiantarse os locais cun gol de Changui, Hugo Sanmartín por dúas veces e Carlos de Dios, voltearon o marcador.
Un punto no campo do terceiro clasificado non é pouco, pero o premio pudo ser maior porque o Arenteiro púxose por diante no marcador e os valdeorreses non conseguiron igualar o partido ata 7 minutos do final cun golpe de fortuna nun tiro dende dende fora da área que pegou en Portela e foise envenenado ao interior da portería de Rúi.
Volvía á casa de Espiñedo o Arenteiro polo nadal, e tamén volvía gañar un partido deses nos que decimos que se xogan máis alá de 3 puntos, aínda que o Porriño Industrial non o puxo nada fácil e tan so xa preto do final do partido a afección verde pudo respirar tranquila cando o 2-0 subíu ao marcador.
Empate a dous goles -todos na segunda parte-  no Estadio do Couto entre UD Ourense e Arenteiro, nun partido no que os verdes tiveron ata dúas claras ocasións de gol para adiantarse no marcador antes de que o fixera  os vermellos por medio do ex-Arenteiro Rubén Arce, en dubidosa posición, pero o gol subíu ao marcador.
O Arenteiro caeu derrotado ante o Racing de Ferrol por 0-4 nun partido no que o equipo departamental aproveitouse dos erros locais e da súa efectividade para golear na súa visita ao Estadio de Espiñedo.

Páxinas