Deportes

O Arenteiro caeu derrotado ante o Racing de Ferrol por 0-4 nun partido no que o equipo departamental aproveitouse dos erros locais e da súa efectividade para golear na súa visita ao Estadio de Espiñedo.
Un dos equipos históricos do futbol galego e español, O Racing Club de Ferrol que cumple esta tempada o seu centenario, será o visitante de luxo que recibirá o Arenteiro este domingo 9 de Decembro, na 16ª xornada do campionato de liga do grupo 1º da terceira división.
Dous goles do goleador senegalés do Arousa, Sylla, derrotaron ao Arenteiro na súa visita ao Estadio da Lomba de Vilagarcia, nun partido no que curiosamente o gol do Arenteiro foi obra dun vilagarcián, Fajardo, que empataba o encontro no minuto 54 cun gran zurdazo.
Antes de comezar o partido gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de Alfonso "Tupino", o incondicional seareiro do Arenteiro falecido esta fin de semana, nunha tarde na que debutaba o novo adestrador verde Rogelio Gómez "Gelucho".
Manel Vázquez xa ten sustituto no banquiño de Espiñedo, tras a renuncia presentada polo adestrador ourensano chega ao Arenteiro un técnico que veu desenvolvedo toda a súa traxectoria como adestrador na comarcas de Santiago e o Barbanza.
O Arenteiro caeu derrotado por 1-0 na súa vista ao campo da Porta Santa de Paiosaco, nun partido moi igualado e no que o mái xusto polo visto sobre o terreo de xogo houbese sido un empate.
Club Club Deportivo Arenteiro comunica que a partir deste mércores 14 de Novembro, Manel Vázquez deixa de ser adestrador do equipo de terceira división, con él tamén abandonan o club todos os seus colaboradores no cadro técnico.
Aos 12 minutos o marcador de Espiñedo xa sinalaba o 0-3 favorable aos coruñeses, un resultado que xa non se movería no resto do partido nunha tarde para esquecer por parte do Arenteiro.
Alondras e Arenteiro empataron a un gol no partido correspondente á 11ª xornada do campiontao de liga na terceira división xogado no campo do Morrazo de Cangas, nunha tarde de forte choiva, con tal cantidade de auga que na segunda parte deixou o terreo de xogo impracticable para o futbol.

Páxinas