Política

Revolcón electoral no concello do Carballiño, fundamentalmente debido á debacle do Partido Popular, que non so perde a maioria absoluta - Marnotes tiña 9 concelleiros- senón que retrocede ata os 6 concelleiros (2.517 votos)
O gran gañador da xornada electoral é o socialista Paco Fumega, que será o próximo alcalde do Carballiño. Os socialistas pasan de 7 a 8 concelleiros (3641 votos), e quedanse ao borde da maioria absoluta.
O BNG logra, con Chema Ferreiro, doblar a súa representación na próxima corporación, obtendo 2 concelleiros (1023 votos).
E finalmente, tamén logra colarse na futura corporación municipal carballiñesa a Alternativa Veciñal de Bernardo García, cun concelleiro (471 votos)
No concello de Avión o alcalde do Partido Popular, Antonio Montero, conserva 10 concelleiros, sobre o total de 11 que ten a corporación municipal. O restante é para o PSdG, e perde o que tiña o BNG.
En Beariz tamén todo sigue igual, o alcalde Manuel Prado repite con 8 concelleiros, mentres que Alternativa por Beariz obtén 1 concelleiro.
Repitense os resutlados de fai catro anos en San Amaro, o alcalde Ernesto Pérez conserva con 6 concelleiros a maioria absoluta en San Amaro, onde os socialistas tamén repiten resultados con 3 concelleiros.
No Irixo, Manuel Penedo experimenta un importante retroceso -perde case 300 votos- e 2 concelleiros, aínda que con 6 conserva a maioria absoluta. Obteñen representación -1 concelleiro- Polos Veciños, Fai O Irixo e PSdeG.
En San Cristovo de Cea, José Luis Valladares perde dous concelleiros -tiña 9 e quedase con 7-, mentres que o BNG (2) e o PSdG (2) sumarán catro concelleiros na oposición neste concello.
En Punxín perde a alcaldia Manuel Vázquez, do Partido Popular, quedase con 3 concelleiros por catro que suman PSdeG (2) e Cambio Intelixente (2). Todo fai indicar que haberá relevo na alcadía
O alcalde socialista de Maside Celso Fernández amplia a súa maioria absoluta, ata os 7 concelleiros. O Partido Popular, que perde 1, quedase con 4.
Mentres, o no concello de Piñor o PSdG podería perder a alcaldia ao ceder a maioria absoluta, os socialistas obteñen 4 actas, fronte ás 3 do Partido Popular e ás 2 de Veciños de Piñor, que entra con forza na corporación.
En Boborás Cipriano Caamaño reforza a súa maioria absoluta, pasa de 6 a 7 concelleiros. Neste concello MoveBoborás obtén 3 concelleiros, e a candidatura Xuntos por Boborás 1 concelleiro. Quedase fora da corporación o PSdG por vez primeira na historia da democracia.
En Leiro, o alcalde Francisco Fernández tamén amplia a súa maioria absoluta para o Partido Popular, faino a costa do PSdeG, que tiña dous concelleiros e queda so cun representante na futura corporación. Conservan as actas de concelleiro Independentes de Leiro e Bloque Nacionalista Galego.



Un total de 31 candidaturas son as que se presentan a estas elecccións municipais no conxunto dos 9 concellos nos que COPE O Carballiño organizou debates electorais.
Pois ben, tres foron as ausencias a estas convocatorias, que están sendo a gran novidade da campaña electoral na comarca, xa que -agás O Carballiño- no resto dos concellos é a primeira vez que se organizan este tipo de debates. Todos estaban formalmente invitados, pero tres deles declinaron a invitación.
O candidato popular en Punxín Manuel Vázquez "Casalta" comunicou previamente a esta emisora de radio que non asistiría "eu non ando nesas cousas", foi o seu único argumento.
Máis rocambolesca foi a desculpa do candidato do Partido Popular en Piñor "non vou poder acudir porque o alcalde convocou unha comisión informativa a esa hora e nin él nin eu podemos ir", asegurou. Curiosamente, neste debate -ao que corresponde a foto- sí participou o alcalde e candidato socialista Francisco Fraga, xunto a Xabier Saco do BNG e Uxío Rodríguez, da Agrupación "Veciños de Piñor".
Tampouco parece que sexa de interese este exercio de democracia para o alcalde do Irixo e candidato do Partido Popular, Manuel Penedo, que nin acudíu ao debate nin disculpou a súa ausencia.
Unha vez rematado o prazo para a presentación de ofertas, finalmente foron cinco as empresas que optan a facerse co contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio, o concurso deberá agora resolverse nos próximos dias.
No prego de contratación, o concello aumentou a aportación económica ata os 407.576 euros. No último ano a aportación municipal foi de 230.000 euros.
Desde a Área de Servizos Sociais manifestan que "entre as condicións postas polo concello á empresa que queira facerse co contrato primaráse máis o servizo e atención e cobertura que ofrezanm máis que o prezo".
No último trimestre o concello carballiñés aumentou o número de persoas benficiarias, "e tamén en consecuencia o número de horas que fan as traballadoras, que pasaron das 19.000 horas de meses atrás ás 29.000 actuais, cubrindo asi as necesidades do municipio".

Están sendo a gran aportación destas eleccións municipais 2015 no ámbito local: os debates electorais de COPE O Carballiño.
Por vez primeira na historia política local, nos concellos da comarca, están celebrandose este tipo de debates, que están acadando un gran seguimento entre a veciñanza.
Na foto podemos ver aos catro candidatos que concurren a estas eleccións do dia 24 no concello de Leiro, momentos antes de iniciar un tenso e intenso debate electoral nos estudos de COPE O Carballiño: de esquerda a dereita, Manuel Rodriguez do PSdeG, Luis Pérez "Ficol" do BNG, Pedro Rios da Agrupación Independentes de Leiro, e Francisco J. Fernández do Partido Popular.
A precursora iniciativa desta emisora de radio continúa ata o vindeiro venres cos debates dedicados aos concellos de Piñor, Maside, Boborás e O Carballiño
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »