Política

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na presentación da guía fotográfica "Carballiño - O Ribeiro. Baixo outra mirada" no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación ourensá. Esta guía, promovida pola Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro (GDR9), está composta por fotografías feitas polos membros da Asociación fotográfica carballinesa “O Potiños”.
O GDR9, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), xestiona o plan Leader para os 19 concellos pertencentes ás comarcas do Carballiño e O Ribeiro. A través deste programa investiuse nestes municipios 2.050.000 euros destinados a máis dun centenar de solicitudes que supuxeron un investimento global de case 5.300.000 euros. A boa xestión do plan Leader por parte deste grupo de desenvolvemento rural fai posible que o GDR9 sexa considerado o mellor grupo e o máis activo da provincia ourensá e o sétimo dos 31 que existen en toda Galicia.
Na súa intervención, Rogelio Martínez fixo especial fincapé no valor turístico que presentan dous grandes recursos diferenciadores cos que contan as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, como son o sector termal e o sector do viño. Por este motivo, gran parte das subvencións promovidas polo plan Leader no territorio do GDR9 teñen como obxectivos a potenciación e posicionamento do sector termal cara a súa optimización turística, a valorización do sector vitivinícola como base da xeración de riqueza e o apoio ao enoturismo.
A nivel provincial, o programa Leader permitiu desenvolver nesta provincia a través dos GDRs máis de 300 proxectos que supuxeron a consolidación de 669 postos de traballo e a creación de 190, cun investimento global de case 30 millóns de euros. O obxectivo é frear a despoboación rural aportando fondos cos que ofrecer alternativas económicas e creando novas zonas de desenvolvemento nesas rexións.
O enfoque Léader persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.
Ao acto de presentación da guía fotográfica asistiron o subdirector de Agader, Javier Blanco; o presidente do GDR9 Carballiño-O Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e o presidente da Asociación Fotográfica “O Potiños”, Manuel Blanco.
Os membros de “O Potiños” cederon unhas mil fotografías para que dende o GDR9 escolleran as que máis se axustaban aos seus parámetros no intento de ofrecer unha nova visión do entorno paisaxístico das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Durante máis de dúas horas os edis de Ocio, Promoción económica e Cultura, estiveron reunidos cos hostaleiros que acudiorn á chamada do novo goberno municipal. O obxetivo desta reunión fo "dinamizar o verán carballiñés se, sobre todo, o mes de Xullo, recuperar O Carballiño como o destino principal da provincia e das localidades limítrofes, durante esas datas", apuntan desde o concello carballiñés.
A proposta do edil de Ocio Manolo Dacal de celebrar un Entroido de Verán "foi ben acollida polos hostaleiros. As datas para a celebración sería as fines de semana do mes de xullo. A idea é que participen o maior número de locais, e serán eles os que decidan que fórmula elexiran para esta actividade, xa que unha das ideas que se plantexou foi a de fines de semana temáticos en cada local", subliñan.
Os novos responsables municipais estiveron escoitando as suxerencias e queixas dos profesionais da hostelería local "e tomando nota das cousas que se deben cambiar e das que deben quedar como ata agora".
Entre outras cuestions falouse da ubicación das Festas de Setembro, e "da posibilidade de recuperar a tradición de grandes concertos na vila durante esas datas, que eran un dos maiores atractivos das patronais carballiñesas".

O exalcalde de Piñor accede á corporación provincial, en representación do PSdeG.
Os socialistas obtiveron 27 concelleiros e 2 alcaldías nas pasadas eleccións municipais, correspondendolle 1 deputado provincial pola demarcación electoral da comarca do Carballiño. Francisco Fraga toma o relevo do concelleiro en San Cristovo de Cea, Guillermo Dopazo.

A concelleira carballiñesa foi a elexida por Manuel Baltar para representar ao Partido Popular na demarcación electoral do Carballiño, en sustitución de Argimiro Marnotes.
O Partido Popular, que acadou 50 concelleiros e 7 alcaldías na comarca carballiñesa, obtivo 1 deputado provincial. Os concellais do PP dos concellos da comarca, agás Boborás, que acudiron ao acto de elección de deputado no Pazo de Xustiza do Carballiño refrendaron cos seus votos a elección do presidente provincial.

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega deu a coñecer as funcións que desenvolverán cada un dos concelleiros do grupo de goberno. O propio alcalde ademáis será o edil responsable da área de Urbanismo e de Servicios Públicos.
Manolo Dacal asumirá as área de Deportes, Ocio e Dinamización Turística. A concelleira Érika Paz, será a edil de Medio Ambiente e Participacion Cidadá, mentres que Adolfo Nogueira dirixirá as concellerías de Personal, Tráfico, Seguridade e Promoción de Emprego, área esta na que se engloba comercio, hostelería, Industria, turismo, termalismo e emprego.
Marina Ortega foi a edil elexida para dirixir as áreas de Servicios Sociais, Igualdade, benestar e Sanidade; mentres que Rosario González ocuparase da área de Medio Rural. Por último Diego Fernández será o responsable de Educación, Cultura, Xuventude e Normalización Lingüística, e Rita Soto a de Facenda, Economía, Administración e Transparencia.
O alcalde Francisco Fumega afirmaba que "ante todo, cada un dos edis asumirá as responsabilidades das áreas que lle corresponden, aunque o idea é a de traballar en conxunto e como grupo, para faclitar así que as cousas poidan sair adiante, co esforzo de todos, guiados pon un obxetivo común: O mellor para o futuro dos veciños e veciñas do Carballiño".

O Partido Popular retén a alcaldía do concello de Punxín, Manuel Vázquez Casalta contínúa como alcalde.
As negociacións entre socialistas e a candidatura do Cambio Intelixente de Punxín non fructificaron. Na sesión de investidura cada grupo votou ao seu propio candidato, en consecuencia, Manuel Vázquez "Casalta" tivo 3 votos, a socialista Rosa Outerelo 2 votos, e o candidato de Cambio Intelixente Joaquín Moldes outros 2 votos.
O alcalde popular inicia o mandato en minoria, nunha corporación de 7 concelleiros.

O socialista Francisco Fumega Piñeiro é o novo alcalde do Carballiño, elexido cos 8 votos do seu grupo, na sesión de investidura celebrada no salón de actos da casa do concello, ante numeroso público.
Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, e Alternativa Veciñal, non presentaron candidato á alcaldia e optaron pola abstención. A oposición -con 9 concelleiros- suma maioria na nova corporación municipal do Carballiño.
A decisión tómase por unha ampla maioria entre os afiliados e os membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas. Os nacionalistas exercerán a oposición ao goberno que presidirá Francisco Fumega.
Esta negativa do BNG a integrarse nun cogoberno cos socialistas fará que Fumega deba afrontar o goberno municipal en minoria con 8 concelleiros, toda vez que os grupos da oposición -PP, BNG, e AV- terán 9 concelleiros na corporación muncipal carballiñesa.
A toma de posesión da nova corporación e sesión de investidura de Francisco Fumega como alcalde do Carballiño están previstas para este sábado dia 13 de Xuño ás 10 da mañá.

O candidato do Partido Popular sumará aos seus tres votos os dous que lle outorgarán Veciños de Piñor, que asi fará posible que este concello teña un novo alcalde este sábado dia 13 de Xuño. Tras doce anos, perderá a alcaldia o socialista Francisco Fraga.
Aínda que Veciños de Piñor dará o seu apoio ao candidato popular na sesión de investidura, quédase ao marxe do goberno municipal, non hai pacto de goberno, que deberá afrontar en minoria o novo alcalde. Os intentos de chegar a un acordo de gobernanza resulturon infructuosos entre ambas formacións políticas.
Asi e todo, Veciños de Piñor vai votar a favor do candidato popular porque "a cidadanía de Piñor votou a favor dun cámbeo político no concello, vistos os resultados, está claro que recibimos un gran número dos nosos votos de xente do PP, e por eso imos facilitarlle ese cámbeo, pero esto non é un cheque en branco, agora deberán demostrar a súa cintura política e se queren o noso apoio terán que gañalo", dixo nesta emisora de radio Uxío Rodríguez, en representación da candidatura Veciños de Piñor.

Son dúas as reunións previstas para esta semana nas que se abordará esta posibilidade, a integración no goberno que presidirá o socialista Paco Fumega dos dous concelleiros que os nacionalistas terán na futura corporación municipal.
Aínda que a opinión maioritaria entre as bases do BNG carballiñés parece que se decanta en contra desa posiblidade de entrar no goberno, a situación podería dar un xiro trala celebración destas dúas reunións, a primeira xuntará a asemblea de afiliados e a segunda faráse coa candidatura que encabezou Chema Ferreiro, e na que unha gran parte dos integrantes formaban parte da mesma como independentes.
Esta segunda reunión terá lugar este xoves pola noitiña, e será despois de escoitar todas as opinións cando se adoptará unha decisión final ao respecto.
Fumega mantén a súa oferta aos nacionalistas, que no caso de entrar a formar parte do goberno no concello carballiñés, terían ao seu cargo a xestión de dúas áreas municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »