Política

15, Agosto 2015

Os socialistas aseguran que "o Concello do Carballiño atópase nunha situación de inestabilidade económica, coas arcas municipais practicamente baleiras, o que deixa ao actual goberno cunha limitada marxe de manobra, xa que conta cun límite de gasto de 8.500.000 euros para 2015 do cal o 85% xa foi comprometido polo anterior goberno do PP".

Así o evidenciaron en rolda de prensa a concelleira de Facenda, Economía, Administración e Transparencia, Rita Soto, e o portavoz e concelleiro de Persoal, Tráfico e Promoción de Emprego, Adolfo Nogueira.

A concelleira sinalou así que dos 8,5 millóns establecidos como límite de gasto para este ano, o goberno do PP xa comprometera antes das eleccións 6.800.000 euros, é dicir, o 85% do total.A esta cifra hai que engadir os 2,9 millóns estimados ao longo do ano para gastos habituais como son os do servizo de auga, luz ou recollida do lixo, o que levaría a exceder ese límite de gasto en 1.200.000 euros no segundo trimestre de 2015.

Rita Soto explicou que si se realizan todos os gastos comprometidos polo anterior goberno do PP “chegariamos a final de ano cunha cantidade estimada de gasto de 1.800.000 euros por enriba do límite, e necesidade de financiamento”.

Sinalaron ademais que mentres a xuño de 2014 o gasto comprometido polo goberno do PP era dun 53% do límite de gasto (4,1 millóns de euros), en xuño de 2015 o goberno socialista atopouse co 85% do total gastado. Nogueira explicou que “todo indica que o PP aplicou a política de terra queimada e sabendo que non ían seguir no goberno comezaron a gastar desaforadamente para deixar arcas baleiras. Tamén é, por outro lado, un caso claro de electoralismo, co que o PP quixo facer investimentos que non se fixeron en catro anos”.

Puxo como exemplo do gasto electoralista do PP o pleno ao que se levou a compra da Casa Soto e unha serie de subvencións para colectivos, e no que o goberno do PP aprobou un gasto de 5 millóns de euros utilizando remanente da tesorería e a poucos días das eleccións.

Nogueira apuntou que “non se trata de mentir sobre a débeda e falar de fregonas inexistentes, senón das contas reais. O goberno do PP só elaborou uns orzamentos en catro anos, o que explica que agora atopemos gastos que non se entende. Por exemplo, o gasto en avogados que roldaba os 18.000 euros, nestes catro anos de goberno do PP foi por riba dos 300.000 euros”.

“Tamén hai que explicarlle aos cidadáns que esa xestión económica marabillosa que nos vendía o anterior alcalde era fume, que durante catro anos o PP tivo o pobo abandonado e paralizado mentres os cartos se gastaban noutras cousas, porque a débeda financeira é prácticamente a mesma”.

O concelleiro afirmou que “non queremos queixarnos nin lamentarnos senón que queremos que  a veciñanza coñeza a situación do Concello, queremos facer da transparencia a nosa bandeira e deixar claro que imos traballar para tentar suplir con aproveitamento máximo de recursos esa falla de liquidez que nos deixaron”.

 

 

12, Agosto 2015

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño, o festival decano de todos os que se celebran en Galicia, desenvolve unha nova edición do 12 ao 16 de agosto arredor dun intenso programa de 27 sesións cinematográficas, así como de actividades paralelas como exposicións, concertos e a primeira edición do seu concurso fotográfico.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con este encontro que, organizado polo Concello do Carballiño xunto ao Cine Clube da localidade, é un dos seis festivais audiovisuais subvencionados este ano a través da convocatoria de axudas da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para este tipo de eventos.

No apartado estritamente cinematográfico, o programa deste ano xirará arredor de filmes galegos e internacionais, ademais de presentar traballos realizados no marco de iniciativas formativas como Cine en Curso, promovida polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura e Educación, as escolas galegas de Imaxe e Son e o festival audiovisual Olloboi.

Seccións infantil e documental
A produción galega será a protagonista das seccións Cine Infantil e Xociviga Documental. Así, dentro da primeira delas proxectaranse 'El club de los incomprendidos' de Carlos Sedes, 'Maimiño e o espello máxico' de Ernesto Padrón e 'Holy ninght!' de Juan Galiñanes. Na segunda, ofreceranse os traballos dos realizadores Marcos Nine ('A última viaxe de Leslie'), María e Marcos Hervera ('Avión, o pobo ausente'), Alfonso Zarauza ('A viaxe dos Chévere') e Pablo Ces ('O eslabón perdido'). Todos eles desprazaranse ata O Carballiño para presentarlle estas fitas ao público das xornadas.

Tamén se contará coa participación dos directores de 'Unary' (Luís Avilés) e 'O demais' (Manuel Iglesias Nanín e Marta F. Alberte), as dúas fitas que se exhibirán xunto a 'Ser e voltar', de Xacio Baño, na sesión dedicada ás curtametraxes galegas.

En canto ao cinema internacional, poderán verse os filmes 'Retratos de familia', 'La mirada del silencio', 'El capital humano', 'Birdman', 'Los caballos de Dios', 'Nuestro último verano en Escocia' e 'Pride'.

A sede principal das Xociviga no Auditorio Municipal será o escenario da gala inaugural de entrada libre que terá lugar o mércores 12 ás 22.30 horas, ademais de acoller parte da programación paralela. É o caso da exposición das imaxes tomadas polos alumnos dos IES Chamoso Lamas do Carballiño e Francisco Aguiar de Betanzos dentro do programa Fotografía en Curso que, como no caso de Cine en Curso, forma parte do labor formativo desenvolvido polo CGAI.

A actividade das xornadas estenderase a través dos concertos dos grupos Mornings no café Sete Flores (venres 14) e Alfonso Medela Trío na Tapería Don Paco (sábado 15).

Primeira edición do concurso fotográfico
Así mesmo, o mesmo mércores abrirase o prazo de presentación de traballos para o I Concurso Fotográfico Xociviga, dirixido tanto a profesionais como afeccionados da fotografía sen límite de idade. Cada participante pode remitir ata un total de tres fotografías en formato dixital, realizadas no marco da celebración das xornadas e cunha temática relacionada co seu desenvolvemento no Carballiño.

Nesta ampla programación tamén haberá lugar para os recoñecementos profesionais a través da entrega da Xociviga de Honra á actriz Rosa Álvarez polo súa longa carreira como intérprete en producións galegas como 'Esperanza', de Chano Piñeiro, e 'Divinas palabras', de José Luis García Sánchez, ou as máis recentes 'Heroína', de Gerardo Herrero, 'De bares', de Mario Iglesias, e 'Os mortos van á présa', de Ángel de la Cruz, entre moitas outras. Ademais, a organización outorgoulle a súa insignia de ouro a Xosé Enrique Acuña, fotógrafo, xornalista, historiador, comisario artístico, editor e escritor, pola súa contribución durante anos á celebración das xornadas como responsable de moitas das exposicións levadas a cabo como parte da programación.

 

10, Agosto 2015

O Carballiño terá unha estación propia da Inspección Técnica de Vehículos -ITV-  que entrará en funcionamento a partir de 2017, según ven de avanzar a Xunta de Galicia dentro do plan de investimentos da ITV para os vindeiros anos.

A empresa "Supervisión y Control", que é a concesionaria da ITV na comunidade autónoma, abrirá no Carbaliño unha unidade que incorporará os últimos avances tecnolóxicos neste tipo de instalacións.

A estación carballiñesa da ITV prevese que atenda a unhos 5.000 vehículos anuais, e creará 4 postos de traballo.

Desta maneira, e a partir do ano 2017, os automovilistas das comarcas do Ribeiro e O Carballiño terán unha ITV de proximidade, e xa non se verán obrigados a acudir as ITV de Ourense ou Lalín, como acontece na actualidade.

9, Agosto 2015

Como cada segundo domingo do mes de agosto O Carballiño volveu reunir a decenas de miles de persoas convocados pola gran pulpada galega elaborada no parque municipal por 21 pulpeiras e pulpeiros de Arcos, e outros tantos repartidos polo casco urbano.

Dende primeiras horas da mañá a chegada de visitantes foi masiva, e aínda que o epicentro da festa sigue estando no parque municipal co xantar campestre como o gran protagonista, a afluencia de público foi tamén multitudinaria nas rúas máis céntricas do Carballiño, onde a maior parte da hostelería local fixo o seu gran agosto.

Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, apúntase a cifra dos 70.000 participantes nesta 53 edición da convocatoria festiva e gastronómica carballiñesa.

O alcalde Carballiñés Francisco Fumega salientou que "as expectativas de asistencia cumplironse con creces este ano, esto é mérito de todos os que durante 53 anos traballaron para que a festa chegase con esta vitalidade ata o presente, a festa é mérito de todos os que nos precederon e agora a nosa obriga e seguir traballando para que siga sendo a gran referencia das festas gastronómicas galegas". No recinto do concello, onde unhos 1.500 comensais degustaron o menú da festa, coincidiron co actúal rexedor outros catro exalcaldes carballiñeses, que  que poden verse na foto de COPE O Carballiño.

A xornada festiva, que culminou unha semana repleta de actividades e ambiente no Carballiño, desenvolveuse sen incidencias reseñables e con normalidade. O operativo de seguridade, no que participaron 120 persoas, incluídas as forzas e corpos de seguridade, e persoal sanitario, non rexistraron intervencións de relevancia.

 

 

 

 

9, Agosto 2015

As previsións maís optimistas de asistencia de públíco a esta XI Festa Mexicana de Avión quedaronse curtas, xa que a gran afluencia rexistrada desbordou todas as expectativas, e tamén a capacidade dos 3 restaurantes participantes para poder atender a demanda.

A Praza da Igrexa de Avión encheuse de visitantes con gañas e apetito de gozar da comida tradicional mexicana, aínda que moitos quedaronse coas gañas ante a gran avalancha de público.

Dende a organización piden disculpas e aseguran que tomarán boa nota do acontecido para mellorar os distintos aspectos organizativos da festa, na que non faltou a animación e a música dos mariachis e as tradicionais piñatas das que gozaron os máis pequenos.

7, Agosto 2015

Según as previsións municipais O Carballiño podería recibir este próximo domingo ata os 90.000 visitantes, con motivo da 53 edición da festa do pulpo.

No recinto do concello xantarán arredor das 1.500 persoas desde as 14:30 horas, antes e despois desa hora tanto no Carballiño como no parque municipal miles de persoas gozarán da maior pulpada do mundo.

A ocupación hoteleira no Carballiño será plena durante a fin de semana, a practica totalidade dos hoteis e pensións -O Carballiño ronda as 500 prazas hoteleiras- estarán ocupadas, xa reservadas con moita antelación.

Máis de cen peñas inscribironse no concurso de camisetas, que suman máis de 2.000 peñistas, novo record de participación nesta actividade festiva.

O concelleiro responsable da organización da festa, Manolo Dacal, e as integrantes do grupo musical Andasoa, Alicia González e Sonia González, presentaron o festival folclórico "unha volta polo medio e outra polo arredor", que incluirá como novidade na festa deste ano unha alborada que partirá ás 10:30 horas de forma simultánea dende diversos barrios do Carballiño para confluir na Praza Maior, para iniciar desde aquí o gran desfile con todos os grupos participantes ata o parque municipal, onde actuarán a partir das 12 do mediodia. Pola tarde reanudaráse o festival dende as 17 horas.

Participarán os grupo Orcellón do Carballiño, Lembranzas de Bergantiños de Carballo, Donas e Galáns de Ferrol, O Torreiro de Priegue de Nigrán, Zurrumalla de Vigo e Coanhadeira de Ourense.

6, Agosto 2015

En total, repartiránse 2.100 euros en vales de compra, sorteo que se corresponde coa campaña de verán do Centro Comercial Aberto do Carballiño.

O sorteo faráse a partir das 9 da noite deste venres, 7 de agosto na Praza da Veracruz, onde se intalará con antelación -dende as 6 da tarde- unha urna para recoller as papeletas que os establecementos asociados repartiron entre a súa clientela durante as últimas semanas.

Os concursantes deberán estar presentes para levarse ún dos 20 premios, o primeiro de 500 euros en vales de compra, 2 de 250 euros, 5 de 100 euros e 12 de 50 euros.

O Carballiño CCA completará a campaña de dinamización comercial deste verán poñendo en circulación 10.000 bolsas coa mensaxe "merca local" e un novo rueiro do Carballiño, que sairá nas vindeiras semanas.

6, Agosto 2015
4, Agosto 2015
3, Agosto 2015

O salón de plenos da casa do concello acolleu este emotivo acto de homenaxe e recoñecemento á "Peña Nove", da que o alcalde Paco Fumega destacou "o seu carballiñesismo"

A Peña Nove estaba formada por un grupo de carballiñeses, con inquietudes culturais e deportivas, e que tiñan sempre a intención de aopiar cantas actividades se desenvolvian na vila. Así, cando tres membros desta peña foraron parte do goberno municipal, decidiron darlle forma oficial a festa do pulpo. En concreto foi a mediados dos 60 cando o concello faise cargo desta festa, a través da comisión de festas, para un ano despois pasar a ser una comisión aparte, tal e como decidiu  quen era alcalde nesas datas, Javier Perea.

Os integrantes desa Pena Nove foron Fontaiñas, Milucho do Estate Quieto, os dous irnamns Terceiro, Ledo, Pachó, Gonzalo, Juan Victor e Benigno, e posteriormente se incorporó, como o convidado de excepción, xa que sempre participou nas actividades da Pena, Alfonso Cerviño. Así mesmo foron nomeados menbros de honra desta Pena o profesor Don Juan Corral, e o alcalde da época, Javier Perea.

Ademáis de ser os impulsores desta festa gastronómica nos haberes e logros da Pena Nove están el ser os primeiros que celebraron una misa en Galego no día da Letras Galegas, a primeira misa que se oficiaba na ligua galega na provincia nesa década dos 60.

Así mesmo foron os impulsores tamen da proba automovilística do Ralli do Lacón , e impulsaron a celebración do entroido por medio da formación da charanga Os Liborianos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política