Política

28, Outubro 2015

Polo menos, 16 vehículos -según o balance aínda provisional- resultaron con danos en lunas e cristais esta pasada noite, todos eles estacionadas na vía pública, en distintas rúas do casco urbano do Carballiño.

Aínda que inicialmente barallabase a idea de que se trataba dun caso de gamberrismo, conforme os seus propietarios foron dando parte á Policia Local e Garda Civil, son varios os obxetos de valor que foron roubados.

O turno de noite da  Policia Local non advertíu ningunha incidencia sospeitosa durante a noite-madrugada deste mércores, cando aconteceron os feitos.

Os ladrós tamén conseguiron entrar no establecemento comercial "Golosos" na rúa Julio Rodríguez Soto, e no garaxe do edificio onde se ubica o supermercado Mercadona, neste garaxe tamén resultaron con danos varios vehículos.

28, Outubro 2015

O Grupo Municipal do PSdeG cuestiona " a oposición destructiva e carroñera que está a desenvolver o PP, baseada na denuncia e o alarmismo que os leva incluso a ir en contra dos intereses dos veciños", manifestan.

Para acceder ao comunicado de prensa do PSdeG, asi como á contestación do PP, prema nos arquivos adxuntos:

27, Outubro 2015

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, acompañada dos responsables locais do BNG, deu conta das dúas enmendas parciais que promoveu ao proxecto de lei dos orzamentos xerais do Estado para 2016, ambas relacionadas coas operacións de compra da antiga fábrica de papel e a casa da antiga ferraxería Soto, ambas operacións promovidas polo concello carballiñés nas últimas semanas do anterior mandato municipal de goberno do Partido Popular.

A nova corporación, agás o Partido Popular- decidía anular o acordo de compra da casa da antiga ferrexaría Soto, mentres -co voto en contra do BNG-daba continuidade a operación de compra por parte do concello da propiedade da antiga fábrica de papel da Lavandeira, onde o concello pretende ubicar un museo do papel.

Nas dúas enmendas presentadas polo BNG aos orzamentos xerais do Estado pedíase financiación económica por parte do Ministerio de Cultura para que o concello do Carballiño levase a cabo estas dúas operacións de compra "nun momento no que o Estado recortou siñificativamente as aportacións aos concellos, parecianos oportuno que se colaborase na adquisición destas dúas infraestructuras nas que está interesado o concello do Carballiño", subliñou a deputada nacionalista.

Olaia Fernández, e tamén o concelleiro carballiñés do BNG, coincidiron en salientar que ambas enmendas foron rexeitadas polo Partido Popular "cos votos tanto dos deputados de Ourense como o resto do deputados galegos".

25, Outubro 2015

A Banda de Gaitas de Fornelos de Montes ( Pontevedra ) foi a gañadora da fase final da liga galega de bandas de gaitas celebrada este domingo na Praza da Veracruz, celebrada ante numeroso público.

No terceiro grao logrou un meritorio segundo posto a banda de gaitas do concello de Boborás, única banda das comarcas do do Ribeiro- O Carballiño participante nesta liga 2014-2015, unha competición na que partiicparon un total de 19 agrupacións.

Clasificación:

3º Grado:     1-Tremiñado

                      2-Boborás

                      3-Agarimo de Catabois B

 2º Grado:    1-Concello de Vilariño de Conso

                      2-Escola de gaitas Provincial Pontevedra-Sede Pontevedra

                      3-Escola Municipal de Gaitas e Percusión Xinzo de Lima 2

 1ª Grado:    1-Ledicia Fornelos de Montes

                      2-Nova Fronteira  de Cartelle

                      3-Xuntanza de Cataluña

21, Outubro 2015

O portavoz do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou que o concello do Carballiño vai perder a subvención da Xunta para a cuberta das pistas de padel do Polideportivo Paco Chao ao incumplir os prazos de remate, certificación e pagamento da obra subvencionada, neste caso por importe de 40.000 euros.

O prazo, xa prorrogado, remataba o 20 de Outubro e según Marnotes a obra "non está executada nin ao 50%, é lamentable que o goberno socialista non saiba xestionar os moitos recursos que lles deixou o Partido Popular, que foi quen tramitou ante a xunta esta subvención".

O portavoz popular recordou que "no último pleno que foi o 30 de Setembro fixémoslle unha pregunta ao señor alcalde  sobre si esta obra de cubrición xa estaba contratada e empezada e díxo que si, xa daquela eramos sabedores que a data do 30 de Setembro non estaba feito nin o contrato de obra, nin o plan de seguridade, nin a apertura do centro de traballo nin a acta de inicio da obra".

Marnotes pediulle ao alcalde que deixe a súa actividade docente "na universidade e aterrice na realidade do concello"

Nos micrófonos de COPE O Carballiño, o portavoz do goberno municipal, Adolfo Nogueira, comentou que Marnotes "tiña moita presa en facerse a foto, habería que preguntarlle que persigue con esto, debería valorar se o que quere é que os veciños do Carballiño perdan 40.000 euros dunha subvención".

Nogueira engadíu que "non se vai perder ningunha subvención porque a obra está certificada dende o dia de onte, fai dous dias que xa estaba alí o material que faltaba por instalar, as planchas da cuberta, como fixo aire non se poideron instalar pero o compromiso da empresa era rematar hoxe".

20, Outubro 2015

O domingo 25 de octubro daranse cita no carballiño máis de 1.000 gaiteiros, que participarán na XXV edición da final da liga de bandas de gaitas de Galicia. O Acto comenzará as 10:00 horas ca chegada das formacións musicais a praza da Veracruz, en total 20 bandas de gaitas de toda Galicia e Cataluña. As 10:30 comenzará a fase final desta liga galega de bandas de gaitas, que está dividida en tres categorías, según o nivel de cada agrupación.

Na presentación desta final o edil de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, agradecía os organizadores o feito de escoller a vila caballiñesa como sede para esta final “no concello, en concreto na nosa área de Cultura, estamos traballando para ofrecer os veciños una ampla e completa programación cultura, por elo é de rigor agradecer que este tipo de actividades pensen no Carballiño para desenrolarlas, xa que sempre estaremos dispostos a facer os esforzos necesarios para acollelos”.

O presidente da Federación de Bandas de Gaitas de Galicia, Hipolito Cabezas organizadores desta liga, sinalaba que, dende que eles colleron a dirección deste colectivo, remodelaron a dinámica da liga, facendo solo dúas fases, e non tres como antes, sendo unha delas nun esceario pechado “na que a banda de gaitas pode estar acompañadio doutros instrumnentos, o que permite ofrecer un repertorio distinto o das actuacións na rúa, e ofrece un mallor mercado para a contratación destas formacións”.

Ca celebración da segunda fase da liga no carballiño, este vindeiro domingo, se recupera a provincia de Ourense como sede da mesma, xa que dende hai cinco anos esta final no se celebraba nesta provincia. Sobre as formacións participantes Hipolito Cabezas destacaba “as bandas de primeira división como son as de Mos, Cartelle, Xinzo, Manzaneda ou Esgos, sen esquecer a banda Xuntanza, que chega dende Cataluña e é dun gran nivel”.

Entre as novidades desta XXV edición o presidente da Federación destacaba a entrega da medalla de prata a Deputación de Ourense “polo gran apoio que nos brindou dende o inicio desta actividade musical, e que agardamos siga facendo”.

Tralas actuacións, sobre as 14:00 horas, terá lugar a clausura desta edición, na que interbirán as autoridades e presidente da Federación, se fará entrega da citada medalla de prata, así como a entrega dos trofeso os gañadores deste ano.

 

19, Outubro 2015

As concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega e do Rural, Charo González, organizaron unha reunión cos presidentes e representantes do movemento asociativo veciñal carballiñés, aos que pediron colaboración para favorecer a participación en distintas actividades.

Concretamente, as concelleiras presentaron aos dirixentes veciñais a celebración dunhas xornadas de envellecemento saúdable orientadas a persoas de todas as idades.

Estas xornadas, promovidas dende AFAOR, consistirán fundamentalmente en diversos talleres divididos en función da temática, hábitos alimenticios, mellora das capacidades cognitivas ou saúde mental.

As actividades desenvolveránse en función das demandas tanto nas parroquias do rural como no Carballiño, as inscricións e horarios de celebración daránse a coñecer nos próximos dias.

15, Outubro 2015

A Lei De Saúde de Galicia (DOG 24 de Xullo de 2008), aproba a creación de Consellos de Saúde de Área Sanitaria consistente en “ órganos colexiados de natureza consultiva, a través dos que se articula a participación comunitaria  no terreo das áreas sanitarias”. No punto 2 diseñase a composición destas áreas “integradas por entidades locais, agrupacións ouf ederacións de asociación de veciños, organizacións empresarias, sindicais , representantes da área de saúde, asociaciónde de pacientes, e outras..

Entre as funcións dos Consellos están as de propoñer medidas de carácter sanitario que eleven o nivel de saúde da poboación, emitir informes sobre o Plan de Saúde da Área, coñecer a memoria anual, coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións, propoñer medidas de melloras de xestión, entre outras

Alternativa Veciñal do Carballiño manifesta que "con independencia dos cometidos dos Consellos de Saúde de Área e á busca dunhafuncionalidade adaptada aonoso  entorno municipal, Alternativa Veciñal do Carballiño levaba no seu programa a recuperación do Consello Municipal de Saúde que estivo activo fai anos e que tan positivo foi para garantir a calidade sanitaria dos nosos vecinos e veciñas".

Qué é un Consello de Saúde?

É un órgano de participación  que materializa o dereito da cidadanía á saude formulando e implementando políticas sanitarias públicas.Mediante reunións periódicas discutense as accións e servizos de saúde do municipio. Controla que as instalacións sanitarias sexan suficientes , estén en bon estado e conten coa ratio necesaria de personal. Coordina os servizos sociais e a atención primaria de saúde. Apoia e colabora coas asociacións de enfermos e familiares.  Promove programas de hábitos saudables.Recolle e trata de resolver as reclamacións dos usuarios.

Quenes integran o ConselloMunicipla de Saúde?

TodOS usuarios da sanidade pública, ben a título individual ou a través de asociacións veciñais, depacientes, culturais, ecoloxístas e empresariais, cuxo ámbito de actuación esté no concello do Carballiño. Un representante por cada grupo político con presenza na corporación municipal. Un representante do personal médico e outro do personal de enfermaría do Centro de Saúde do Carballiño. Un representante do SERGAS  que pode ser a persona responsable do Centro ou outra que designe a administración sanitaria.

 A fin de acadar os obxectivos sanitarios aos que se aluden no apartado expositivo desta moción, ALTERNATIVA VECIÑAL somete á aprobación  da corporación municipal do Carballiño os seguintes acordos :

1º O Concello do Carballiñoa corda a creación do Consello Municipal de Saúde coa finalidade de velar pola calidade da prestación sanitaria pública deste municipio..

2º Delega no Sr.Alcalde  para que no prazo dun mes convoque a todolos posibles integrantes do futuro Consello Municipal de Saúde para que constituán ese organismo  e elaboren un regulamento de funcionamento.

 

13, Outubro 2015

Tras o episodios recentes de caida de árbores e o anuncio do goberno municipal de encargar un estudo para facer un diagnóstico da situación medioambiental deste espazo, o BNG quere que o parque do futuro se planifique dende o consenso da sociedade carballiñesa.

"Non podemos deixar a evolución do parque á improvisación e a ocurrencia do alcalde ou do concelleiro de turno, para levar a cabo este proxecto non se pode facer doutro xeito sen darlle participación á cidadanía e a todos os axentes sociais do Carballiño", proclaman os nacionalistas.

O concelleiro Marco Antonio Reboredo anunciou que o BNG presentará ante o pleno da corporación municipal unha moción na que detallarán as distintas propostas que aportan, entre elas, pedir a colaboración do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e co Centro Superior de Investigacións Científicas "para tratar os graves problemas de erosión e degradación do solo nalgunhas partes emblemáticas do parque municipal".

O BNG tamén propón dotar ao parque dunha dotación orzamentaria anual, asi como conseguir a declaración do parque municipal como Espazo Natural de Intererse Local e inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras da zona onde existe esa gran cantidade de espécies botánicas diferentes.

8, Outubro 2015

En plena campaña preelectoral o agora tenente alcalde solicitara a incrición no padrón municipal de habitantes do concello de Piñor, pero o concello, daquéla gobernado polo alcalde socialista Francisco Fraga denegáralle a petición por entender que non cumplía os requisítos.

Uxío Rodríguez acudíu a vía do contencioso, e agora o xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Ourense ven de darlle a razón, recoñecendolle o seu dereito a figurar no padrón municipal como veciño do lugar de Albarona.

A sentencia estima o recurso que promoveu contra a resolución do concello de Piñor e acorda a súa alta no padrón municipal do concello de Piñor.

A sentencia, que ordena o pagamento das costas á administracción denunciada, observa "desviación de poder e ilícito penal" na conducta do concello e mesmo manifesta que "lamentablemente en el caso que nos ocupa cuestiones políticas han provocado esta situación y la reticencia de la adminstracción de proceder a su incripción".

Pola súa parte, o grupo  socialista fixo público un comunicado no que afirma que o exacalde non ten coñecemento da sentencia e  reafirmanse nos motivos polos que no seu momento o concello de Piñor denegou a solicitude de inscrición, nin residía antes nin reside agora no concello de Piñor,  sentencian os socialistas.

O

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política