Política

A concelleira de Benestar Social Marina Ortega entregou os diplomas aos 24 integrantes de ASPADISI que, durante os últimos 3 meses, viñeron participando nun variado programa de activiades deportivas promovidas dende este departamento municipal. Este programa completouse cunha andaina celebrada esta mañá.
Aprobeitando a visita da concelleira ás instalacións de ASPADISI, mostraronlle a decoración de nadal, asi como os traballos realizados polos membros desta asociación "que poden ser un bo agasallo de Nadal, xa que son xoguetes e adornos feitos en madeira e de xeito totalmente artesanal, subliñou a concelleira de Benestar Social co concello carballiñés.

O salón de actos do Aparthotel Arenteiro, que completou o seu aforo cunha numerosa representación da vida social, cultural, deportiva e política, acolleu o acto de entrega dos galardóns da Arenteira, instituidos por este establecemento hoteleiro para recoñecer as persoas que se distinguen polo seu traballo e traxectoria no ámbito do deporte, a cultura e a ciencia nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Nesta edición de 2015, o galardón da Arenteira do deporte correspondeu ao carballiñés de adopción José María Martínez Magdaleno "pola súa dilatada traxectoria deportiva dentro do mundo do automobilismo na súa etapa como piloto, loitador incansable, que gañou o aprecio popular e dos seus compañeiros", recolle a acta do xurado.
No ámbito da cultura e a ciencia o galardón da Arenteira foi para o carballiñés Felipe-Senén López Gómez pola "súa longa dedicación e sólida formación no mundo das humanidades, a súa traxectoria profesional na museoloxía, arqueoloxía e antropoloxía, xunto coa súa aportación e implicación personal coa cultura galega e carballiñesa". Tamén premia o xurado "a súa condición de embaixador do Carballiño alá onde vai".
Finalmente, o xurado outorgoulle a Arenteira a título póstumo ao tamén carballiñés Faustino José Pérez Sanmartín "Fusi" -falecido anos atrás nun accidente de tráfico- do que valora moi especialmente "unha vida curta pero intensa dedicada ao fútbol e a súa ensinanza, deixando pegada imborrable nos moitos rapaces que foron alumnos seus nas escola municipal de fútbol". Recolleu o premio o seu pai.
Patrocinio para o deportista paralímpico José Manuel Prado
O deportista carballiñés de Boccia, José Manuel Prado, que recibira fai dous anos o galardón da Arenteira, contará a partir de agora co patrocinio do grupo CER&BER, de tal maneira que poderá desplazarse a Pekín e Rio de Janeiro, asi como a outros eventos internacionais nos que competirá nos próximos anos. O compromiso foi feito público neste acto por Uriel Bernárdez, no nome do grupo empresarial carballiñés, propietario do Aparthotel Arenteiro, e organizador dos premios da Arenteira.

A masidá Mª Jesús Rodríguez Gulías, ex-alumna do IES Nº1 do Carballiño obtivo o Premio á Mellor Tese Doutoral sobre emprendemento e creación de empresas dirixidos a teses en todas as Universidades españolas. O título do seu traballo é: El origen universitario como determinante del resultado empresarial de las spin-offs española: Análisis de la supervivencia, crecimiento e innovación.
O galardón insírese no premios “CEUSAL 2015” outorgados pola Cátedra de Emprendedores da Universidade de Salamanca (CEUSAL) cos que se recoñecen os mellores traballos de fin de grao, mellores traballos de fin de máster e a mellor tese doutoral sobre emprendemento. A dotación económica do premio é de 2.500 euros.
Os resultados da investigación de Rodríguez Gulías, baixo a dirección da profesora Sara Fernández e do profesor David Rodeiro do grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada da USC, recomendaban apoiar a creación e desenvolvemento das spin-off universitarias xa que “ contribúen ao desenvolvemento económico e social da súa contorna mediante a creación de riqueza e de emprego e dinamizando a innovación”. Segundo este traballo de investigación, estas fórmulas empresariais atopan maiores dificultades que outras empresas para sobrevivir.
A tese obtivo a comezos de 2014 a máxima cualificación, sobresaliente cum laude, outorgada por un tribunal que presidiu Arturo Rodríguez Castellanos (Universidade do País Vasco) e que integraban Alfonso Rodríguez Sandiás (USC), Loreto Fernández (USC), Nuria Begoña Calvo Babío (Universidade da Coruña) e Alberto Vaquero García (Universidade de Vigo).
Actividades contra a violencia de xénero no IES nº 1
O IES Nº1 do Carballiño está a levar a cabo unha serie de iniciativas con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara as mulleres. A primeira actividade foi a publicación dos datos das vítimas por violencia de xénero deste ano. O obxectivo é sacalas do anonimato, da fría estatística numérica e visibilizar a todas e cada unha delas, para que se teña en conta que cada cifra agocha un nome, unha vida, unha familia, un agresor. Para iso colocáronse os datos tomados da Plataforma cordobesa contra la violencia a las mujeres na entrada do centro, para que os números non impidan ver a realidade.
Convocouse ademais un Concurso de tuits contra a violencia de xénero, coa finalidade de que o alumnado participe activamente en xerar mensaxes que sirvan para previr ou denunciar eses comportamentos, utilizando a rede social Twitter. Por último propuxéronse unha serie de ferramentas para traballar o tema nas titorías ou nalgunha outra materia: documentais sobre o tema, cancións e outras actividades moi diversas que inclúen tamén aplicacións para smarphone nas que se pode comprobar se as relacións amorosas son saudables.
Os populares responden ás críticas do PSdeG e emplazan ao goberno municipal para que proceda á contratación dunha auditoria externa tal como acordou o pleno da corporación "pois non entendemos cál é o motivo para o seu retraso", manifestan.
O PP defende a súa xestión económica e afirma que foron os socialistas os que fixaron as condicións contratuais con Viaqua, empresa que reclamaba ao concello 1,4 millóns de euros, pero a xestión do PP conseguíu que a xustiza so lle recoñecera 590.000 euros "un asunto que lle supuxo unha factura de letrados dunhos 120.000 euros que antes de ser aprobada foi exhaustivametne comprobada para cumprimento das tarifas fixadas polo colexio oficial de avogados", subliñan os populares.
Para acceder ao comunicado íntegro do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

O concelleiro socialista critica que o grupo de goberno solicite un crédito de 50.000 euros "para liberar tensións de tesoureiría cando en realidade vaise destinar a pagar tres dedicacións parciais dun grupo de goberno que costará a este concello 4.059,43 euros ao mes", asgurou Iago Fariñas no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio.
Para acceder ao comunicado de prensa do PSdeG prema no arquivo adxunto:
Os socialistas, por medio dun comunicado asinado pola Agrupación Local do Carballiño, cargan contra o exalcalde Marnotes, ao que fan responsable de levar ao concello a "unha situación económica lamentable". Aseguran que se encontraron con 1 millón de euros en facturas "gardadas no caixón".
Para acceder ao comunicado de prensa da Agrupación Local Socialista do Carballiño prema no arquivo adxunto:

Tras permanecer de baixa durante unhos meses para recuperarse dunha doenza, o rexedor municipal ven de asumir novamente as responsabilidades na alcaldía do Irixo.
Manuel Penedo avanzou -no transcurso dunha interveción nesta emisora de radio- que para o primeiro semestre de 2016 o concello do Irixo contará con planeamento urbanístico coa entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Muncipal -PXOM- que "vai posibilitar aos veciños que poidan acometer a construcción de novas vivendas e tamén a ampliación de varios cemiterios parroquiais, que hai tempo que están agardando pola aprobación do PXOM para acometer eses proxectos para os que hai demanda en varias parroquias".
Outra das actuacións que se anuncian como próximas por parte do concello é a relativa a continuidade dos traballos de acondicionamento da chamada "Ruta dos Castros", que partindo do Muiño do Río, en Irixe, percorre polas antigas minas, o castro de Orros, o castro da Cidá, Valdesoiro, Santiso e Souteliño "será unha ruta dunhos 15 Km. e totalmente homologada", subliñaba Penedo.
Tamén anunciaba o alcalde do Irixo que o concello vai acometer obras de acondicionamento no centro social do Campo, para adaptalo á normativa como velorio "esto farémolo xa, e no transcurso dos próximos anos a intención é acondicionar o resto dos locais que están nesta mesma situación, que deben 8 no conxunto do Irixo, precisamente no pleno que celebrarémos o próximo mércores tomarémos un acordo para pedirlle á Xunta unha moratoria de dous anos para adaptar este locais sociais á normativa", dixo.

Asi o confirmou nesta emisora de radio o alcalde da localidade, Antonio Montero. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avión pasará dos 6 efectivos cos que conta na actualidade aos 9 que terá a partir de 2016 e durante os próximos 3 anos.
O rexedor municipal tamén avanzou que os 6 traballadores que dende agosto de 2013 veñen desenvolvendo esta actividade verán prorrogados os seus contratos atá o 31 de Decembro de 2018, mentres que para cubrir as 3 prazas de nova creación o concello de Avión procederá próximamente á convocatoria do correspondente concurso público para a selección do novo personal.
Desta maneira, o alcalde de Avión verá atendida unha demanda na que viña insistindo nos últimos anos, que se incrementase o número de efectivos neste GES que ademáis do municipio de Avión cubre as emerxencias noutros concellos limítrofes das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
A falta de información -afirman dende Plataforma Masidá- sobre o proxecto de instalación "dunha planta de incineración pirolítica de neumáticos nun monte comunal a 200 metros dun núcleo de vivendas e dun colexio público" levan a este colectivo a promover unha Iniciativa Popular Local no concello masidao.
Para elo deben reunir as sinaturas de apoio das persoas con dereito a sufraxio no municipio, que no caso de Maside ao ser menor de 5.000 habitantes, debe representar o 20% do censo electoral. Trátase dunha figura de participación cidadán que recolle a Lei Reguladora de Bases de Rexime Local.
Antonio Iglesias, un dos promotores desta Iniciativa Popular, calcula que serán necesarias unhas 500 ou 600 sinaturas "en todo caso cantas máis mellor", subliñou nesta emisora de radio. A recollida de sinaturas está xa en marcha e esperan nunhas cantas semanas reunir as sinaturas necesarias.
No caso de prosperar, motivará a convocatoria do pleno extraordinario da corporación municipal de Maside, que deberá logo debatir e votar a Iniciativa Popular, neste caso relativa a posible instalación no municipio dunha planta para o tratamento de neumáticos usados.

O concello do Carballiño sumouse ao mediodia deste domingo ao minuto de silencio convocado pola FEGAMP en sinal de condena polos atentados terroristas de Paris e de solidaridade coas víctimas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »