Política

O Partido Popular e a agrupación electoral de Veciños de Piñor, despois de reunirse en tres ocasións coa vontade por parte dos populares de acadar un pacto de goberno conxunto para os vindeiros catro anos no Concello de Piñor, non chegan a un acordo que permitiría a gobernabilidade do concello.
"O Partido Popular fixo unha proposta por escrito o pasado venres día 5, un acordo base negociable no que plantexaba a Alcaldía para o Partido Popular e a delegación de competencias das áreas de Urbanismo, Medio Ambiente, Facenda, Persoal, Recursos Humanos e Transparencia na agrupación electoral veciños de Piñor", manifestan dende o PP.
Aseguran que non recibiron "ningunha contraproposta por parte da agrupación que representa Uxío Rodríguez Blanco máis que a solicitude verbal de ostentar a Alcaldía sen ningunha outra distribución de áreas de goberno o que para a nosa formación demostra que non existía vontade de acadar un acordo pola súa parte".
A Xunta Local do Partido Popular de Piñor "avala a decisión dos concelleiros electos de considerar lexítima a decisión que o Partido Popular ostentase a Alcadía do municipio, fundamentada na decisión do electorado entre ambas formacións e por ter unha estrutura capaz de acadar os recursos necesarios para os proxectos do concello de Piñor, o desenvolvemento e a dinamización do municipio", remarcan.
O grupo municipal do Partido Popular tilda de "propagandístico" o recurso de reposición presentado polo PSdeG contra o acordo plenario da Corporación Municipal do Carballiño polo que se aprobou a proposta da alcaldia para a operación de compra da casa da antiga ferraxería Soto.
Prema no arquivo adxunto para ver o comunicado do Partido Popular:

A Asemblea de Alternativa Veciñal decidíu por "maioría cualificada, rexeitar a oferta de entrar nun goberno co grupo que máis votos obtivo no concello do Carballiño", en referencia ao PSdeG.
Bernardo García exercerá, asi pois, a oposición ao goberno que presidirá Paco Fumega. Concluíu a asemblea de Alternativa Veciñal que "as experiencias doutras formacións minoritarias que compartiron goberno co PSOE sempre resultaron negativas".
Engaden que "o capital político que representa Alternativa Veciñal correría o risco de que se confundise a súa labor no goberno municipal coas prácticas corruptas e coas decisións contra a maioria social dun partido con múltiples implicados en procedementos xudiciais como consecuencia da súa actividade en institucións públicas".
Tras esta negativa de Alternativa Veciñal de integrarse no futuro goberno municipal, aos socialistas tan so lles queda como posilbe socio de goberno o BNG, aínda que no seo da formación nacionalista tampouco entusiasma a idea compartir goberno co PSdeG.

Representantes de ambas formacións políticas, encabezadas polos seus respectivos candidatos á alcaldia, Uxío Rodríguez por Veciños de Piñor, e José Luis González polo Partido Popular reuníronse nunha primeira toma de contacto que busca un posible acordo no concello de Piñor.
Tras os resultados do pasado dia 24 de Maio, ningún grupo acadou maioría absoluta, xa que o PSdeG obtivo 4 concelleiros, o Partido Popular 3 concelleiros e Veciños de Piñor 2 concelleiros.
O gran damnificado dun posible acordo entre PP e VP sería o candidato Socialista Francisco Fraga, que tras 12 anos perdería a alcaldia do concello de Piñor.
De todas as maneiras, calquera posiblidade permanece de momento intacta, e mesmo un goberno en minoria dos socialistas, xa que desde Veciños de Piñor apuntan a "posibles acordos entre partidos alleos ao noso concello, que poderían utilizar a Piñor como moeda de cámbeo".

A asemblea local do BNG considera "máis que aceptables os resultados electorais do pasado dia 24 de Maio no concello do Carballiño, xa que conseguimos doblar a nosa representación, aínda que persoalmente considero que tiñamos a mellor candidatura e que os resultados aínda poderían ser mellores", manifestou Chema Ferreiro.
O candidato nacionalista dixo en COPE O Carballiño "que por responsabilidade e coherencia cos resultados electorais imos facilitar a investidura de Fumega como alcalde, pero eso non siñifica un acordo para compartir goberno co PSOE, creo sinceramente que os electores situraron ao BNG na oposición", subliñou.
En todo caso, Ferreiro anunciou que "por cortesía" vaise reunir esta semana con Paco Fumega, a petición do candidato socialista "e escoitarémos como non pode ser doutra maneira calquera proposta que nos faga".
O concelleiro de cultura Rodrígo González despídese como tal, e faino presentando a programación de espectáculos teatrais que xa están contratados polo concello carballiñés para o segundo semestre do ano, dentro dos circuítos teatrais da Xunta de Galicia. A maiores, inclúese na programación as actividades fin de curso das escolas municipais de teatro e danza.
Para consultar a programación prema no arquivo adxunto:

A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Aurora Gómez, entidad que convoca a festa, xunto ca vicepresidenta da asociación de veciños de Santa Uxía de Lobás e o alcalde do Carballiño, presentaron a programación da edición 2015 da Festa das Parroquias do Concello do Carballiño.
O acontecemento festivo do movemento veciñal carballiñés cumplirá XXIII anos, e celebrararáse este ano na parroquias de Santa Uxía de Lobás.
O programa comenzará o sábado 6 de xuño, cunha conferencia a cargo Octavio Daparte, membro do colectivo Coas mans na Terra, de Lalin. A conferencia terá lugar no local da asociación de Santa Uxíade Lobás, no lugar de Costoia, as 20:00 horas, e trala charla a directiva da asociación ofrecerá unhos pinchos os asistentes.
Ao día seguinte, o domingo 7 de xuño, as 12:45 terá lugar a recepción de autoridades, e posteriormente concerto da banda de música do Carballiño. . O xantar dará comenzo as 14:00 horas co menú habitual de carne ao caldeiro, empanada, polbo á feira, sobremesa, pan , viño e café. Os interesados en asistir a este xantar xa poden mercar as tarxetas, ao prezo de 15 euros persoa, nas distintas asociacións de veciños do Carballiño.
A festa continuará co campionato de brisca, truco, e subastado, rematando a festa coa entrega do ramo a asociación que organizará a festa do 2016, e a actuación musical.

O "bibliotecario de Oseira", como se coñecia ao monxe Damián Yañez, faleceu aos 98 anos de idade.
Este zamorano de nacemento foi o gran artífice da reconstrucción e recuperación da biblicoteca do Mosteiro de Santa María A Real de Oseira, onde pasou a maior parte da súa vida monástica tras ingresar na órde do cister aos 17 anos de idade.
Damián Yañez era, ademáis, socio de honra do Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño.
Foi impulsor dos congresos sobre o cister celebrados tanto en España como en portugal, esciritor, e autor de artículos e colaboracións en numerosas publicacións.

O Grupo Municipal do PSdeG "cumprirá o compromiso avanzado durante a campaña electoral, e presentará nesta semana o escrito de impugnación do derradeiro Pleno da Corporación Municipal, no que o PP aprobou o acordo de compra do edificio da antiga ferraxería Soto".
Paco Fumega e o PSdeG reafírmanse así na decisión xa avanzada durante a campaña, de impugnar o acordo plenario aprobado polo PP "debido ás deficiencias constatadas en dita operación, ao carecer de informes municipais e taxación previa, da que xa advertiu a propia secretaria do Concello", manifestan.
O PSdeG mantén que antes de facer ningún tipo de operación respecto ao edificio Soto "é imprescindible contar cunha taxación, a fin de axustar o prezo ao mercado actual, e en ningún caso está disposto a pagar o que pretendía o PP (1.725.000 euros) ao considerar que ese non é o valor real do inmoble a día de hoxe".
Os socialistas salientan "que non consentirán que a artimaña de Marnotes para deixar hipotecado ao Carballiño nos vindeiros anos siga adiante, e que tras impugnar o acordo plenario o seguinte paso será saber en qué punto están as negociacións realizadas polo PP cos propietarios e tamén coñecer a opinión dos demais grupos da que será a nova Corporación Municipal".
Paco Fumega e o Grupo Municipal do PSdeG afirman rotundamente que "a operación de compra, tal e como pretendía levala a cabo Marnotes, sen consenso, sen informes, sen taxación e a un prezo desorbitado, non se levará a cabo".
O PSdeG, que foi a lista máis votada nas eleccións do pasado domingo e a que terá o maior número de concelleiros na vindeira Corporación, "mantén que cumprirá todos e cada un dos seus compromisos electorais, avanzados durante a campaña nun programa de 115 propostas, e por suposto manterá tamén o seu compromiso respecto á antiga ferraxería Soto".

A casa levaba anos deshabitada e descoñecese cál pudo ser a causa que orixinou o lume, na tardiña deste martes 26 de Maio.
O Servizo de Emerxencias do Concello do Carballiño trasladou a varios efectivos e o camión de bombeiros, que traballaron na extinción do incendio.
A casa, sita na rúa posterior á Estación de Autobuses do Carballiño, resultou calcinada e so quedan en pe as paredes de pedra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »