Política

A Asociación para a Prevención da Exclusión Social e as concellerías de Sanidade e Igualdade e Benestar Social presentaron unha campaña de sensibilización sobre os riscos de consumir alcohol e conducir, que contará tamén coa colaboración das autoescolas locais.
"Conducindo cos cinco sentidos" programará distintas actividades, como a que se desenvolverá o dia 23 de Xullo dende as 19 horas na Praza Maior do Carballiño.
Tanto a presidenta da asociación Raquel Crespo, como o concelleiro de sanidade Martín Nogueira, convidaron "a tos a participar nesta campaña porque é necesario concienciar á sociedade sobre os riscos que conleva a combinación coche-alcohol".
Nogueira salientou a colaboración que o concello carballiñés mantén con esta asociación dende o ano 2013, tanto coa propia institución municipal como a través doutros colectivos, como a asociación de comerciantes do Carballiño para favorecer a incorporación ao mundo laboral de persoas en situación de risco social.
O PSdeG criticou a “nefasta política económica do Goberno de Marnotes” que se demostra nos 129 informes negativos do servizo de intervención dos gastos que se fan dende o Concello.
Os socialistas sinalan que estes informes técnicos negativos “poñen en cuestión que o gasto que está a facer o goberno local do diñeiro público sexa axeitado”. Por elo, reclaman ao Concello transparencia “e que poñan as contas sobre a mesa, porque a oposición non conta con ningunha documentación que xustifique a onde van a parar eses cartos”.
Lembran que o goberno de Marnotes ten prorrogados os orzamentos do pasado ano, cunha partida de 10 millóns de euros; unha cifra que non se reflicte en investimentos que melloren a calidade de vida dos cidadáns. “Non se entende a suba brutal de impostos aos cidadáns para logo deixalos cada vez con menos servizos”, afirman.
"O rural está abandonado, a maleza invade as rúas e áreas recreativas, o casco urbano cheo de baches, non hai unha soa iniciativa para crear o emprego, reactivar a economía e potenciar o turismo, non contamos con efectivos de seguridade para atender emerxencias, e un curso máis os pais e nais quedarán sen praza en garderías mentres segue sen construírse a segunda Galiña Azul”, lembran.
Consideran que isto é unha proba dunha política económica desastrosa, na que o goberno do PP gasta sen dar explicacións mentres os cidadáns non ven que ese gasto repercuta no seu benestar. “Moito nos tememos que todo o diñeiro se vai en resolver as súas cuestións, pagar avogados e en contratar a afíns, mentres as necesidades dos cidadáns quedan nun segundo plano”.
“Co diñeiro que o Concello leva gastado en avogados seguro que tiñamos toda a maleza do rural limpa”, apuntan.
Sinalan que a falla de transparencia do goberno do PP tamén se demostra na política de contratación xa que “fan e desfan ao seu antollo, para ao final acabar contratando a persoas afíns”.
Lembran que unha das últimas contratacións realizadas, para cubrir o posto de auxiliar da biblioteca, “foi tan evidente que incluso rexistramos ante notario o nome da persoa que obtería a praza antes de que se levase a cabo o proceso”.
Non é normal que un Concello conte con 129 informes técnicos negativos dos gastos realizados, é unha cifra sen precedentes e que demostra que o gasto non se está a facer axeitadamente, que a política económica de Marnotes e o seu goberno é un desastre e que deben explicar aos cidadáns en qué se está a gastar o diñeiro pùblico”, rematan.
O Salón de Plenos do concello de O Carballiño acolleu a reunión da Xunta Local de Seguridade de O Carballiño, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de O Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.
Na Xunta Local de O Carballiño analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2013 – Xaneiro – Maio de 2014, e que expresan unha tendencia á baixa no cómputo de delitos; os índices das faltas manteñen taxas moi reducidas, pero detéctase un leve incremento das infraccións administrativas. As porcentaxes de esclarecemento, tanto en delitos como faltas, experimentan resultados á alza, así como tamén soben o número de detencións efectuadas.
Así mesmo, asinouse o Protocolo – Acordo de Coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de O Carballiño para a protección de vítimas de violencia de xénero.
Na reunión tamén se avaliaron as previsións en materia de seguridade para o segundo semestre do ano, prestándolle atención á chegada do período estival. Deuse conta, así mesmo, dos traballos previos que xa se están a desenvolver, para concretar o dispositivo de seguridade a establecer na Festa do Pulpo.
DECLARACIÓNS
O subdelegado do Goberno agradeceulle ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e á Policía Local “o magnífico traballo diario desenvolvido a prol do benestar da cidadanía reflectido nas estatísticas que hoxe acabamos de coñecer”, e animounos a seguir incidindo na mesma tarefa “de compromiso tanto no campo da investigación de casos pendentes como no eido preventivo de cara ao futuro”.
Trala chegada do verán, e coa previsión da Festa do Pulpo, Roberto Castro sinalou, “a necesidade de incrementar tódalas atencións, e delimitar con exactitude o dispositivo para que a celebración da Festa do Pulpo sexa un referente de normalidade e a seguridade do gran número de visitantes que se acheguen á capital do Arenteiro, estea garantida”.

Rómpese asi unha tradición familiar na autoría do cartel, xa que Felipe Senén López Gómez continuara dende o ano 1997 co traballo que antes facía o seu pai, Felipe López.
O tamén artista carballiñés, Jesús Carballido, aceptou a invitación feita dende o concello "por tres motivos, porque Felipe López foi o meu mestre de debuxo, pola amistade que teño con Felipe Senén e a súa irmá Gracia, e porque tamén son do Carballiño".

Este xoves dia 10 de Xullo, Podemos celebra unha nova asamblea aberta, ás 20:30 horas na Praza Maior do Carballiño.
Nesta nova convocatoria -que será a cuarta- dende que comezou a xestarse este proxecto político, a cidadanía poderá facer suxerencias e preguntas sobre o ideario desta nova formación política.
Eduardo Ordoñez, un dos promotores de Podemos O Carballiño, fixo un chamamento á veciñanza a participar nesta nova reunión aberta "xa que vimos non so para facer asambleas na rúa, senón para chegar os órganos de poder político e cambear a situación actúal".
"A nosa meta é algo utópica, pero a utopía é un pouco o horizonte que nos fai andar e nos impulsa" dixo Ordoñez, que tamén manifestou en relación a presentación dunha candidatura nas eleccións municipais de 2015 que "será algo que se decidirá na asamblea, pero dende logo teño claro que si nos presentamos a esas eleccións será para gañalas".
O alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de turismo Pilar Caride representaron ao concello carballiñés nestes actos que serviron para promocionar a convocatoria gastronómica carballiñesa.
Autoridades catalanas e galegas asistiron á cea organizada pola asociación de empresarios galegos en Cataluña, no que se citou o "lobby galego" e na que os asistentes degustaron o polbo á feira do Carballiño.
No centro galego "Rosalía de Castro" de Cornellá o alcalde carballiñés recordou "como os emigrantes tiveron moito que ver co nacemento e a evolución da festa do pulpo". O acto estivo solemnizado coa banda de gaitas do colectivo Xuntanza, que aglutina ás asociacións galegas de Cornellá, Badalona e Hospitalet, que se desplazará ata O Carballiño na segunda semana de agosto para participar na festa.
Finalmente, a representación carballiñesa presentou a festa do polbo na festa anual dos galegos que se celebrou en Hospitalet, e a que asistiron preto das 10.000 persoas.

O Campo da Saleta acollerá este domingo 6 de xullo unha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea, que chega xa á 23ª edición chea de novidades. O programa presentado esta mañá conta con cociña en vivo e degustacións en fornos e locais colaboradores, ademais da animación musical e do clásico Maratón de Fútbol 7, que non faltará á súa cita. A programación foi presentada polo presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea”, Carlos Rodríguez; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario da IXP “Pan de Cea”, Ricardo Losada; e o tenente de alcalde de San Cristobo de Cea, Celso Garriga.
Segundo explicou Carlos Rodríguez nesta edición agardan seguir superando o número de persoas que ano a ano danse cita en Cea o primeiro domingo do mes de xullo. Para iso a Festa de Exaltación conta cun completo programa de actividades no que no faltará a gastronomía galega de calidade, a música e, como non, as pezas de Pan de Cea que os fornos de Cea producirán para a ocasión, probablemente máis de 2.500 pezas que acompañán aos produtos que se poderán degustar durante toda a xornada.
Así, durante o sábado haberá un show cooking a cargo da chef Enma Pinal na Praza da Panadeira na que se ofrecerán catro degustacións con produtos con denominación de orixe galegas: Pan de Cea en torrada de cocido con Lacón e IXP Grelo de Galicia; tosta de Pan de Cea, con IXP Tenreira de Galicia, queixo da DOP Cebreiro e pementos da DOP Pementos de Herbón; blinis de Pan de Cea con Mexilón de Amegrove e Pan de Cea con mousse de DOP Arzúa-Ulloa e salsa de IXP Mel de Galicia.
Ademais, os visitantes poderán facer un percorrido gastronómico polos antigos fornos de Pan de Cea: Forno de Lodairo, Forno de Parapeta, Forno do Santo e Forno da Cruz en cada un dos cales tamén se ofrecerá un pincho de degustación a base de empanada, polbo, mexilón e queixo. Sen esquecer que nos locais que colaboran con esta iniciativa, O Vaticano, Bar Pérez e Kanela Drink, tamén se ofrecerán estes pinchos elaborados todos eles con produtos con indicativo de orixe e calidade galegas.
Xornada dominical
Xa para a xornada grande, o domingo 6 de xullo, arrancará o día cos tradicionais pasarrúas e charangas que darán paso á lectura do pregón, a cargo da actriz ourensana Gloria Ferreiro, moi coñecida polo público pola súa persoaxe de Dona Hermitas. Non faltará a tradicional homenaxe aos panadeiros xubilados, a degustación de diferentes productos con denominación de orixe e, como ven sendo habitual, ás 14:30 terá lugar un xantar organizado a base destes productos acollidos a denominación de orixe. Xa pola tarde, ás 17 horas volverá a música da man da charanga Castro Bello.
A actuación contempla a reforma das rotondas e faráse coa achega económica da consellería de industria.
Desta maneira pretendese solventar os problemas existentes nas rotondas "para adaptalas ao paso de vehículos de transporte especial, que presenta moitas dificultades na actualidade, coa mellora facilitaráse o xiro completo dos camións", manifestou a concelleira de traballo do concello do Carballiño, Teresa Cerdeira.
Neste mesmo proxecto tamén se incluirá o acondicionamento de viais, fundamentalmente o acceso norte, que enlaza esta zona empresarial coa OU-204. Acometeráse unha nova pavimentación e a canalización de pluviais.
"Todas estas melloras, entre as que cabe destacar a instalación de cámaras de vixilancia conectadas coa Policia Local ou as melloras dotacionais das novas tecnoloxias, están facilitando a chegda de novas empresas, como o caso de DIZMAR, cun importante volume de traballo", dixo a concelleira carballiñesa.

O PSdeG denunciou o total abandono do rural por parte do Concello, xa que a práctica totalidade dos núcleos están invadidos pola maleza e coas estradas cheas de baches.
Os concelleiros Francisco Fumega, Adolfo Nogueira e Manolo Dacal achegáronse á parroquia de Señorín, facéndose eco das denuncias veciñais, para amosar a situación da área recreativa da zona, á que os cativos non poden acceder debido á maleza.
Fumega destacou que esta área recreativa “é un exemplo da situación na que está a práctica totalidade do rural, totalmente abandonado polo goberno municipal, con zonas de recreo que os veciños non poden utilizar, beirarrúas polas que non se pode camiñar e con estradas que semellan ás da posguerra”.
O portavoz socialista considerou “intolerable” que sexan os veciños os que teñan que limpar a maleza para poder utilizar as áreas recreativas ou as estradas, ante o abandono do goberno municipal. Por elo esixiu a Marnotes que poña en marcha de xeito inmediato un plan de choque para a limpeza dos núcleos do rural “xa que é un servizo que ten que prestar o Concello”.
“Os cidadáns cada vez pagan máis taxas municipais e teñen menos servizos”, lembrou Fumega, á vez que lamentou que “a única limpeza que fai o goberno do PP é a dos petos dos cidadáns, que teñen que pagar máis polo IBI, o lixo, os vados, o conservatorio ou as escolas deportivas”.
Advertiu tamén do perigo que supón a invasión de maleza nalgunhas estradas, e puxo tamén como exemplo a de Señorín, xa que preto da área recreativa hai un cruce “no que os conductores non teñen visibilidade xa que a maleza invade a calzada, mentres o Concello fai oídos xordos ás queixas dos veciños”.
Sinalou que “é unha cuestión de vontade, xa que a limpeza dunha área recreativa destas características pode facerse cunha hora de traballo” e lembrou que esta falla de actuacións no rural é un exemplo máis da desidia do goberno municipal.

A asociación "A Casa Aberta" nace en Maside por iniciativa dun grupo veciñal. Terá o seu centro de actividades no antigo Grupo Escolar, cedido polo concello de Maside.
Preséntase a nova asocíación cunha doble finalidade, traballar tanto no campo social e asistencial como no da dinamización sociocultural.
A primeira das actividades públicas que vai desenvolver terá lugar os vindeiros dias 12 e 13 de Xullo, con motivo da organización dunhas Xornadas de Naturopatía. Celebraránse varias sesión informativas con tratamentos específicos de cada terapia, acompuntura, quiromasaxe, reflexologia, dietética e nutrición ou esteopatía, contando para para elo coa colaboración de varios especialistas do colectivo "Naturópas en Acción".
Tamén se van organizar sesións de Ioga, Taichi, Pilates e Aquagym. O prazo de inscrición está aberto ata o dia 10 de Xullo no teléfono 608 242 210, debendo abonar 5 euros por sesión na que se participe.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »