Política

Consulte aquí toda a programación festiva que se desenvolve no Carballiño, do 13 ao 19 de Setembro de 2014.

A conselleira de Benestar de la Xunta de Galicia, Beatriz Mato, confirmou ao alcalde do Carballiño, no transcurso dunha entrevista celebrada na sede da Consellería, que en breve, e sempre antes de fin de ano, sacará a concurso a externalización da xestión desta residencia, a cal únicamene poderá ser utilizada por persoas procedentes do sistema público de reserva, deixando pechada a porta á posible utilización de forma privada das súas prazas.
En definitiva, a residencia será de uso público ainda a súa xestión se externalizará, asegurou o alcalde Argimiro Marnotes.
"En Xullo deste ano, aprobábase o último de varios acordos tomados neste sentido, a instancia de alcaldía, onde se lle esixía á Xuntaque de forma inmediata, se puxera en servizo a Residencia de Maiores do Cornuval, fose cual fose a súa forma de xestión, pública ou exernalizada, dando como límite para este aspecto o 31 de decembro", apuntan dende o concello do Carballiño.
A nova residencia de maiores do Cornuval tamén podería acoller nun futuro un centro de dia "tal como manifestou a conselleira ao alcalde".
Marnotes manifestou, ao termo da súa reunión coaconselleira, a súa "satisfacción por contar xa cunha data para a posta en marcha deste centro para a terceira idade, asegurando que en todo momento confiou en que dende a Xunta de Galicia se realizarían os esforzos necesarios para dotar a vila deste servizo".

O Grupo Municipal do PSdeG do Carballiño solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar "temas de gran importancia para a cidadanía e que o goberno do PP ten paralizados e sen darlles solución". Así o anunciou hoxe o portavoz do PSdeG, Paco Fumega, acompañado dos concelleiros Adolfo Nogueira e Manolo Dacal.
Unha das cuestións que require unha solución urxente "é a reapertura do matadoiro, xa que os traballadores levan dous anos agardando a que o alcalde cumpra o seu compromiso de poñer en funcionamento estas instalacións".
Os socialistas manifestan que "o concurso público para adxudicar a xestión foi a primeira proposta dos socialistas, rexeitada no seu día polo PP, que propuxo outras opcións que finalmente se descartaron e que retrasaron a reapertura. Finalmente volveuse ao punto de partida de convocar o concurso público, despois de dous anos de promesas incumpridas e dun alongamento innecesario no tempo que evidencia a ineptitude dun alcalde que neste caso xoga co pan dos traballadores".
O PSdeG tamén propón debater no pleno unha solución para as traballadoras do servizo de axuda no fogar, servizo que foi privatizado polo Concello que deu á concesión a unha empresa, “polo que o grupo de goberno tiña a responsabilidade de mediar e de defender o cumprimento do convenio laboral”.
“O alcalde cometeu un erro ao manterse ao marxe cando comezaron as denuncias, e logo a súa cabezonería e o non ser capaz de rectificar levounos á situación actual, na que as traballadoras están dispostas incluso á chegar á folga para defender os seus dereitos”, explicou Fumega.
Os socialistas reclaman tamén a implicación do goberno do PP para buscar unha solución ao futuro do Conservatorio e das escolas deportivas, xa que a suba das taxas impide a moitos pais e nais poder manter aos seus fillos.
Fumega lembrou que os socialistas propuxeron a rebaixa do IPREM, aceptada polo goberno do PP, pero “non é suficiente, porque a situación é moi complicada para moitas familias e faise necesario artellar outros mecanismos a través de axudas ou becas”.
O alcalde decidiu subir taxas e impostos para asumir a débeda, pero os cidadáns están a pagar cada vez máis e a recibir menos servizos, polo que o PSdeG considera necesario priorizar o gasto.
“En lugar de realizar gastos superfluos hai que investir no que é máis necesario, e nos cremos que apostar pola formación dos cativos o é”, afirmou Fumega, quen sinalou que “o futuro das escolas e o conservatorio depende da vontade política”.
Por elo, o PSdeG propón a creación dunha mesa de negociación para buscar alternativas que fagan posible a continuidade destes servizos de xeito asequible para as familias.
Considerou que “se pensamos no futuro do Carballiño temos que prestar atención aos cativos, que teñan a posibilidade de formarse na nosa vila” e lembrou que o goberno de Marnotes “non ten isto como unha prioridade” como xa demostrou tamén co proxecto da segunda Galiña Azul, que segue pendente pola falla de previsión e acción do goberno municipal.
O PSdeG quere debater tamén en pleno o avance do PXOM, “que realmente preocupa moito aos cidadáns como estamos a comprobar na nosa campaña de información no rural”.
Fumega incidiu en que este PXOM debe ser retirado por que “é un desastre, como recoñece o propio goberno, xa que non ten unha lóxica nin ten criterios entendibles, e ademais condena ao rural á súa desaparición, algo co que non estamos dacordo”.
Defendeu a redacción dun proxecto urbanístico “máis xusto, onde se perdemos o 20 por cento de urbanismo o repartamos entre todos e non que só sexa no rural”. Criticou ademais a falla de claridade dos criterios técnicos, xa que o proxecto segue “criterios políticos que non están definidos e que leva á xente a cuestionar por qué unhas zonas quedan como edificables e outras non sen que ata o de agora teñamos explicación”.
A actividade máis tradicional das festas carballiñesas do Setembro está programada para o vindeiro lúns dia 15 e, ademáis, estrea escenario para a súa celebración.
No ano en que se cumpre a 70 edición do concurso comarcal de gando, o concello do Carballiño "decidiu achegar este certame gandeiro ao propio pobo, xa que ata a pasada edición se celebraba no recinto municipal da Uceira, e situalo no Parque carballiñés".
Así, este ano a "70 edición do concurso comarcal de gando terá a súa sede no marco incomparable do parque municipal, en concreto na zona próxima á avenida do Arenteiro, baixo unha carballeira, que garante un lugar san e seguro para as reses, e ao mesmo tempo unha zona de máis cómodo acceso para todos os que queiran achegarse a ver os exemplares que este ano se presentan ao concurso", apuntan dende o concello.
Ademais das reses que participan nas distintas modalidades, poderanse contemplar os sementais que achega a A.C.R.U.G.A, que sempre espertan un grande interese, ao ser pouco habitual velos en vivo e en directo.
Por outro lado, e como en anos anteriores, se abrirán catro categorías, vacas reprodutoras, xuvencas, becerras, e vacas con cría.
Os responsables municipais afirmaron que se optara por este cambio de situación, "co principal obxectivo de dinamizar esta actividade tradicional das festas, xa que nos últimos anos eran moi poucas as persoas que se achegaban a ver estes exemplares ao recinto da Uceira. Ademais destacan a comodidade tanto para os gandeiros coma para as reses e os propios visitantes, á hora de acceder ao recinto provisional acomodado na zona do parque".
Como cada ano contarase cunha zona onde todos os que queiran poderán quedar a comer, ou aproveitar a visita para tomar o aperitivo, co protagonismo no menú do polbo a feira, como non podía ser doutra forma.
"A piques de iniciarse o novo curso escolar, moitas familias carballiñesas quedarán un ano máis sen praza na escola infantil debido á incapacidade do goberno municipal para levar adiante o proxecto da segunda Galiña Azul", remarcan dende o PSG.
Tamén consideran que a "inutilidade de Marnotes e o seu goberno provocou continuos retrasos neste proxecto, que foi anunciado hai máis dun ano e que a día de hoxe aínda non ten data de inicio. Así, mentres máis de 40 familias agardan por unha praza na rede de escolas infantís, Marnotes só lles ofrece cambios de ubicación e retrasos en lugar de solucións"
O grupo municipal socialista apunta a "enfrontamentos co Consello Escolar do Campo da Feira, e de manter a súa teima de ubicar a escola infantil nestas instalacións, o pasado mes de xuño Marnotes anunciou un cambio no proxecto, que pasaría a ubicarse na Uceira, seguramente por decisión da Xunta. Este cambio de situación provocou un novo retraso no proxecto, e supuxo unha mostra máis do caso omiso que lle fai a Xunta ao alcalde do Carballiño e da súa incapacidade e inutilidade para gobernar".
Finalmente, critican os socialistas que "o máis grave e que as familias do Carballiño afrontan un novo curso sen prazas nas escolas infantís públicas debido a que o goberno do PP está máis preocupado por resolver outros asuntos que por cubrir as necesidades dos cidadáns. Unha vila como O Carballiño debería ofrecer un nivel óptimo de calidade de vida aos seus cidadáns, e iso pasa por facilitar a conciliación da vida familiar e laboral".

O Carballiño contará, dende o próximo mes de outubro, con dúas novas pistas de pádel, que se están a construír nas inmediacións do pavillón Paco Chao.
Foron moitos os veciños e colectivos que demandaron este tipo de instalacións deportivas, polo que o concello decidiu solicitar unha subvención para construílas.
Nas pasadas semanas recibiron o visto e prace para esta subvención, que vén da Xunta de Galicia a través dos fondos europeos de desenvolvemento rexional, achegando esta o 75% do custo da obra, sendo a achega do concello de 12.500 euros.
As obras comezaron esta mesma semana, e estarán rematadas na primeira semana de outubro, e dende ese momento xa poderán ser utilizadas pola veciñanza do Carballiño.
A recollida de sinaturas ten por obxecto "esixir a Marnotes que retire o proxecto do PXOM tras constatar que prexudica á meirande parte dos cidadáns, especialmente aos veciños do rural". Esta iniciativa levaráse a cabo dende este primeiro sábado de Setembro nun stand que se instalará na Praza Maior.
Os socialistas puideron comprobar "o malestar existente entre a cidadanía con este proxecto nas reunións informativas" que están a desenvolver dende o mes de agosto en colaboración tamén coa Federación Veciñal.
Nestas xuntanzas evidenciouse -apuntan dende o PSdG- a necesidade de información que teñen os cidadáns e o descontento existente cun plan de ordenación que será a morte do rural.
Por elo lamentan que o alcalde fixese ouvidos xordos durante tres meses ás peticións de máis información por parte dos veciños, e que decida agora organizar xuntanzas informativas "cando a xente xa leva meses queixándose do prexudicial que é esta nova ordenación".
Os socialistas agardan que "nestas xuntanzas os técnicos sexan alomenos capaces de aclarar cales son os criterios que se seguiron para marcar os límites entre zona edificable e non edificable e atopar así algunha explicación a por qué a casa dun concelleiro se mantén en terreo urbanizable e todos os terreos anexos non".
En todo caso "o tempo de informar xa pasou e que agora é o tempo da acción e de recoñecer que este plan é un desastre, anulalo e de poñerse a traballar nun novo plan máis axeitado e menos prexudicial para a cidadanía" remarcan os socialistas.

O matadoiro leva dous anos pechado despois de que abandonase as instalacións a antiga concesionaria, Carnes do Carballiño. Daquéla, a precariedade das instalacións e a caducidade da concesión adminstrativa deixaron sen traballo aos profesionais que, dende entón veñen demandando a reapertura do matadoiro, de titularidade municipal.
Os matachíns, que contaron co apoio dos grupos da oposición, concentraronse ante a casa do concello para facer visible ante a cidadanía a súa protesta por unha situación que se prolonga despóis do fallido intento do concello carballiñés de reabrir estas instalacións por medio dun convenio co Clúster da carne de Galicia.
O alcalde do Carballiño manifestou que xa comunicou aos traballadores "que a Xunta emitirá o vindeiro dia 8 un informe que determinará o futuro do matadoiro, xa que nos indicará se podemos ou non facer un concurso para adxudicar a concesión administrativa das instalacións".

O Festival de Teatro Galego -do 2 ao 5 de Setembro- contará este ano con funcións en horario de de mañá, tarde e noite. As representacións e actividades da mañá e tarde son gratuítas e dirixidas fundamentalmente ao público infantil, incluido teatro para bebés.
Diariamente celebraránse talleres de malabares e instrumentos raros na Praza Maior, de 11 a 13 e de 17 a 19 horas. A casa da cultura acollerá os espectáculos de maxia e para bebés ás 12,30 horas, e finalmente, tamén a diario, o anfiteatro da Veracruz acollerá representacións de teatro infantil.
Nas sesións nocturnas no auditorio do Carballiño as entradas terán un custe de 8 euros e os asistentes poderán gozar de montaxes de gran categoría como Bye, bye, honey, da compañía "Obras Públicas", galardoada con dous premios "María Casares".
Tamén actuará a compañía "Lagarta, lagarta" co seu espectáculo O país do Pato Donald, unha reflexión dirixida por Xulio Lago sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura (Ernesto Chao) que vive os seus últimos días entre a realidade e as lembranzas.
Finalmente, Misterio Cómico de "Teatro do Morcego", será outro dos espectáculos que integran a 25ª edición de Fetega, precisamente no ano no que esta compañía cumpre tamén as súas vodas de prata nos escenarios.
A organización corresponde a asociación FETEGA, que asumíu na útlima década esta responsabilidade que viñeron exercendo dende fai 25 anos a Agrupación Cultural Avantar, a Asociación Cultural Orballo e a propia comisión de festas do Setembro. Coa organización colaboran entidades privadas e públicas, entre éstas, están o Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e AGADIC-Xunta de Galicia.

O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño denunciará á empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar por coaccións a cargo público no exercicio das súas funcións. Ademais, esixen a Marnotes a anulación da concesión do servizo a esta empresa que non só incumpre as condicións acordadas coas traballadoras senón que tenta silenciar e amedrentar a quen protesta.
Así o anunciaron hoxe a concelleira Iolanda Otero e o portavoz do PSdeG, Francisco Fumega, nunha rolda de prensa na que explicaron estes feitos.
A denuncia ven motivada pola carta enviada dende a empresa ao Grupo Socialista na que se lles insta a non continuar coas reclamacións pola situación laboral na que se atopan as traballadoras dende que o servizo de axuda no fogar foi privatizado polo concello mediante concesión á empresa Galaurea.
Nesta carta, a empresa ameaza con denunciar á concelleira por revelación de datos e violación da intimidade dos usuarios, facendo referencia ao debate sobre esta cuestión no pleno do pasado 17 de xullo.
Os socialistas sinalan que esta acusación é totalmente falsa, que en ningún momento houbo revelación de datos dos usuarios do servizo de axuda no fogar, senón unha defensa da situación que levan meses sufrindo as traballadoras, con reiterados incumprimentos do seu convenio laboral, reducción de horas de traballo e empeoramento das súas condicións.
A concelleira Iolanda Otero afirmou hoxe que “non imos deixar que unha empresa privada nos intimide, e moito menos imos deixar de exercer o noso traballo de fiscalización. Non nos van amedrentar nin a silenciar”.
Na mesma liña, Francisco Fumega sinalou que “unha empresa privada non pode determinar como fai o seu traballo a oposición, que está precisamente para defender os intereses dos cidadáns”.
Fumega tamén criticou a postura mantida polo alcalde xa que “o representante dos cidadáns non pode poñerse de lado dunha empresa. Ten que defender ás traballadoras e non o fai. E neste caso, ten que defender á concelleira socialista como membro da corporación municipal ante este tento de intimidación que está a sufrir”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »