Política

11, Novembro 2014

Además de costes que califican de “exagerados” e “incomprensibles”, los socialistas de Leiro creen que con los 166.476 euros que el Ayto paga a la concesionaria del  Servicio de Aguas se podría hacer más gestionando el servicio desde el propio Ayto. De ahí que el portavoz socialista anuncie el rescate de esta concesión como de la Limpieza de locales municipales

 Los socialistas de Leiro no pueden entender "como un recurso básico, aparte de un derecho humano como el agua puede estar en manos de una concesionaria que lo único que busca es la rentabilidad para la empresa, ya que estos señores cobran de forma regular a los vecinos/as, pero ellos pueden pagar a sus proveedores con más plazo. Ya solo con este manejo de tesorería, ya obtienen beneficios, aparte de la recaudación".

Los socialistas manifiestan que "a pesar de la evidencia de que la gestión pública es más eficaz y barata, el Gobierno del Partido Popular siga pensando en la privatización, ya que los números que nos presenta el Gobierno Municipal en las actas de comisión de gobierno y que ellos aprueban en las mismas, nos parecen exagerados y inconcebibles ya que pagamos los vecinos/as tanto por el costo del agua y sumidoiros al año 166.476,79€ y en pesetas para que nos entiendan los vecinos 27.699.407 ptas. A cambio que recibe el Ayuntamiento por la concesión , pues 1000€ y un obrero de la plantilla de la concesionaria para hacer unas horas por las tardes en labores de jardinería del Ayuntamiento, esto es todo, pero dentro de la concesión el Ayuntamiento también le cede un local para la Oficinas sin pagar un duro y que los grupos de la oposición no tengamos un local para recibir a los vecinos que nos venga a consultar cualquier duda  como también la infraestructura en la cual no tuvieron que hacer ningún tipo de inversión, ya que algunas las hicieron los vecinos con su propio trabajo y otras con dinero público".

Finalmente, desde el Grupo Municipal Socialista en Leiro concluyen que no van a permitir "que se expolie un bien común como es el agua, aparte de que el dinero de todos los vecinos se tiene que reinvertir en el Ayto y no como hasta ahora que se marcha para fuera , por eso los socialistas si llegamos a Gobernar, rebajaremos el costo del recibo del agua, aparte de otro tipo de medidas que redundarán en beneficio de todos los vecinos/as de Leiro".

 

 

 

10, Novembro 2014

Anova-AGE propón "a paralización total do plan de remodelación que está en curso". No seu lugar, esta organización política, que non conta con representación municipal, demanda do goberno municipal que "nun tema tan sensible que afecta á totalidade dos carballiñeses e carballiñesas debe procurarse un amplo consenso".

Chus Alvarez, a portavoz local, considera que "a proposta feita polos técnicos contratados polo concello do Carballiño ten un carácter fondamente regresivo, xa que permite a edificabilidade vertical en detrimento da horizontal, impide o desenrolo da área periférica e incrementa os problemas de tráfico e aparcamentos".

Para esta organización política sería necesario "non incrementar as alturas que o plan actual contempla na zona urbana, respetar a edificabilidade de vivendas unifamiliares nas áreas do rural que dispoñen de acdeso, auga, luz e alcantarillado e terreo según ordenanza, 400 e 600 m2, e en definitiva, primar as propostas que favorezan a creación de espazos de uso común, zonas verdes, dotacionais e aparcamentos públicos".

5, Novembro 2014

O portavoz do Grupo Municipal dos Socialistas de Carballiño, Paco Fumega, mantivo un encontro con representantes dos colectivos culturais, a fin de coñecer de primeira man as súas principais necesidades "e trasladarlles o apoio do PSdeG".

Na xuntanza participaron representantes de Tiruleque, Plataforma de afectados polas taxas do Conservatorio, Potiños, Avantar, 8Notas, Cineclube Carballiño, Donorte e Chamoso Lamas.

Entre as preocupacións xerais destes colectivos atópanse a necesidade de contara con locais axeitados así como a tardanza da convocatoria das subvencións do Concello.

Paco Fumega destacou a importancia de manter e consolidar o tecido cultural no Carballiño e recoñeceu o inmenso traballo que estas asociacións están a facer por ofrecer a esta vila unha oferta cultural en diversos ámbitos.

Por elo, expresoulles "o respaldo do PSdeG nas súas reivindicacións e comprometeuse a ter en conta as súas necesidades para elaborar unha estratexia de fomento e apoio das actividades culturais no Carballiño". 

Ésta, foi a segunda reunión en poucos dias do portavoz socialista con colectivos locais, tras a celebrada cos responsables do Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes e Empresarios.

3, Novembro 2014

Veñen de acadar un éxito de crítica e público na madrileña Sala Honky Tonk, onde a banda carballiñesa de indierock acudiu á gala dos premios Mombasa Gin&Music 2014, da cal foron finalistas na categoría "Mellor Canción Orixinal" coa súa composición "Isla Hotel"

Así, desta maneira, Cervan celebra o seu primeiro aniversario de vida. O nacemento deste produto bruto musical, produciuse en outubro de 2013 no Carballiño, onde se empezaron a forxar as súas primeiras cancións. Nun tempo curto, pero intenso, saltaron ao panorama musical.

Durante este ano, encheron en dúas ocasións a sala Sete Flores do Carballiño, lugar do que din "sentirse como na casa", e actuaron en diferentes salas da provincia de Ourense, Pontevedra e Madrid. Na súa viaxe harmonizaron con grandes músicos, e é que estes mozos carballiñeses, compartiron escenario con grupos do talle de Los Septiembre, Presumido ou La Musicalité.

Tras os seus pequenos éxitos, a banda evoluciona e dará un paso á fronte coa gravación do seu primeiro EP, nos estudos de Abrigueiro, co enxeñeiro de son Emiliano Caballero, que na actualidade traballa para os estudos Galaxy Records de Bélxica. Por iso, baixarán do escenario durante dous meses, nos que continuarán traballando para a súa próxima aparición, na que a bo seguro non defraudarán aos seus seguidores.

31, Outubro 2014

A mostra “Descubre a nosa realidade” xa pode verse nas rúas do Carballiño . O acto de inauguración na Praza Maior do Carballiño contou coaparticipación da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Purificación Alberte Iglesias e a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo.

Tras a inauguración realizouse unha visita pola  exposición para explicar o contido desas imaxes que se atopan diseminadas por distintas rúas do Carballiño. A mostra reflicte a través dunha serie de fotografías situacións específicas de violencia exercida contra mulleres con discapacidade e que en moitas ocasións permanecen invisibilizadas para a sociedade. Con estas imaxes preténdese contribuír ao seu empoderamento e facer públicas as súas experiencias e logros. “Descubre a nosa realidade!” está organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo.

A exposición, que comezou o seu percorrido polas catro provincias galegas este 27 de setembro en Boiro e continuou en Bueu ata este de 25 de outubro, permanecerá ata o 15 de novembro no concello do Carballiño, na que será a súa única parada na provincia de Ourense. As persoas que se acheguen a visitala poderán coñecer as historias de mulleres reais que foron retratadas co obxectivo de contribuír a dispor de modelos de referencia de mulleres con discapacidade empoderadas.

Todo o material fotográfico é inédito e pioneiro en Galicia, con autoría de Anxo Resúa Calo (Boiro, 1987) e Martín Pérez Fernández (Teo, 1991) e os versos que acompañan as imaxes son obra de Hadriana Ordóñez Otero (Rianxo, 1985).

Obradoiro e performance no Carballiño

O 15 de novembro entre as 10:00h e as 13:00h, celebrarase no baixo nº34 da Rúa Calvo Sotelo (no Centro ‘Bo día Familia’), un Obradoiro de Acción Poética, coincidindo co día de peche deste programa itinerante. Será impartido pola actriz e directora Sther F. Carrodeguas e ten a intención de concienciar e sensibilizar arredor das distintas formas de violencia específica contra as mulleres con discapacidade, ao tempo que buscan normalizar as capacidades das mesmas.

Este obradoiro é unha actividade aberta ao público e gratuíta, cun total de 20 prazas dispoñibles. Consta de 3 horas de traballo grupal, nas que se aborda unha reflexión sobre distintas formas de violencia a través da expresión corporal recollidas en performances. Ao final da xuntanza, as performances creadas polas persoas participantes preséntase ao público a carón da exposición fotográfica. As persoas que desexen inscribirse deben facelo no teléfono 674 073 092 ou no correo info@acadar.org.

A instalación fotográfica “Descubre a nosa realidade!” forma parte dunha iniciativa homónima desenvolvida por ACADAR e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo. O programa, que este ano celebra a súa cuarta edición, fai percorrido por un concello de cada unha das catro provincias galegas, desde o 27 de setembro ata o 29 de novembro.

Esta edición, ademais da pioneira exposición de imaxes, complétase con vídeos e diverso material gráfico que se pode atopar na páxina web www.descubreanosarealidade.org.

 Máis información: www.descubreanosarealidade.org

31, Outubro 2014

O Concello de Boborás aprobou hoxe por maioría absoluta, cos votos do Partido Popular, a baixada do Imposto de Bens e Inmobles do 0,6 o 0,55. Con esta medida preténdese que os veciños e as veciñas de Boborás non teñan que pagar máis polos seus recibos e logo de que se suprimira o Plan de Axuste no que se contemplaba dita suba. Segundo precisou o alcalde, no seu día “tivemos que subilo ao 0,6 pero a nosa intención e en vindeiros anos baixalo a mínimo que marca a lei que é o 0,4”.

Segundo precisou o alcalde, “Boborás está entre os 10 concellos da provincia de Ourense con menor carga impositiva”.  E neste punto tamén indicou que os veciños e veciñas de Boborás pagan 50 euros anuais polo servizo de recollida de lixo, cando o recibo debería de ser o dobre para poder costear o mesmo, gasto que o concello asume con recursos propios.

Ademais neste pleno tamén se acordou a rescisión do contrato para a construción e explotación do parque eólico singular a petición da empresa, ao non poder  levar a cabo a execución  o mesmo.

Outro dos puntos relevantes dentro da orde do día foi a prorrogación do contrato para a xestión do abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento a empresa Geseco por un ano máis.

30, Outubro 2014

O Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que actúa como instructor citou ao exalcalde carballiñés a declarar o vindeiro dia 5 de Novembro, mediante un auto con data do pasado dia 17 de Outubro no que incoa o sumario e encarga a práctica de distintas dilixencias, no proceso xudicial que investiga as irregularidades detectadas na contratación de 60 traballadores municipais no concello do Carballiño durante os mandatos dos alcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes.

Contra este auto, e tamén contra o do dia 6 de Outubro, polo que se admitía a trámite a querela da Fiscalía contra Pachi Vázquez por un presunto delito continuado de prevaricación pola contratación irregular de persoal no concello do Carballiño, interpuxo sendos recursos a defensa do exalcalde, que conta coa condición de aforado como deputado do Parlamento Galego. O propio Pachi Vázquez manifestou por medio dun comunicado que "non fará ningún tipo de valoración ata que se resolvan eses recursos". 

30, Outubro 2014

Asi o anunciaba o portavoz do grupo municipal do PSdG e candidato á alcaldia do Carballiño nas vindeiras eleccións municipais "se son alcalde no mes de Maio, unhas das primeiras medidas que adoptaréi será a retirada deste plan, e despóis xa verémos que facemos".

Paco Fumega volveu insistir, nunha nova comparencia ante os medios de comunicación na petición que veñen demandando durante as últimas semanas, "instamos ao alcalde do Carballiño a que proceda a retirada deste proxecto urbanístico para que a xente recupere a tranquilidade".

Asegurou, ademáis, que "o PSOE nada ten que ver con este plan, o PSOE tramitou no seu dia unha subvención para a reforma do PXOM, pero nos non temos nada que ver con este plan, co que discrepamos totalmente".

O portavoz socialista afirmou que "é un clamor entre a cidadanía a oposición a este plan, como o demostran as miles de sinaturas que piden a a súa retirada". 

29, Outubro 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a difusión da figura e da obra de Francisco Luis Bernárdez para dar a coñecer a súa contribución á cultura galega. Con este obxectivo, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad colaborará coa Deputación Provincial de Ourense na publicación, en 2015, dunha monografía sobre o xornalista, que incluirá unha selección de textos en galego e sobre Galicia da súa autoría.

Así o anunciou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no marco da conferencia ‘Francisco Luis Bernárdez: gran poeta arxentino, ourensán e galeguista’, que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

“Un galego de corazón e de elección”
Nun acto no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o titular de Cultura afirmou que Bernárdez “precisa dun redescubrimento desde a Galicia actual, porque foi un galego de corazón e de elección, e porque coñeceu a situación de Galicia e foi un galeguista convencido, que defendeu a lingua e a cultura de Galicia como parte referencial da nosa identidade como pobo”.

Tamén incidiu na necesidade de afondar na súa figura porque “forma parte da historia cultural de Galicia do século XX”, ao fío do que destacou a súa vinculación con autores como Cabanillas, Valle-Inclán ou Pimentel, así como a súa participación en tertulias con Rafael Dieste, Maside, Amado Carballo e Roberto Blanco Torres, entre outros.

Pola súa banda, García Gómez destacou "a figura e o labor de Francisco Luís Bernárdez a prol da proxección exterior da lingua galega, como expoñente da potencialidade que supoñen as comunidades emigrantes no exterior canto á defensa e á visibilidade do idioma propio de Galicia fóra das nosas fronteiras". O reponsable de Política Lingüística recordou que o “Discurso encol do idioma galego de Bernárdez tivo grande repercusión, tanto na colectividade galega coma na intelectualidade arxentina, e supuxo todo un fito como alegato en defensa do idioma e exaltación da cultura galega, por poñer de manifesto a contribución do pobo galego á cultura hispánica".

A conferencia, promovida pola Deputación de Ourense, a Fundación Insua dos Poetas e o Foro a Torre de Maside, correu a cargo do numerario da Academia Argentina de Letras Antonio Requeni, “escritor e xornalista cunha estreita relación coa colectividade galega de Arxentina”, explicou Anxo Lorenzo. “Requeni –engadiu– é un gran coñecedor da literatura galega e podemos consideralo como un embaixador da nosa cultura en Bos Aires”.

Francisco Luis Bernárdez
Con 20 anos, o xornalista, escritor e diplomático arxentino (Bos Aires, 1900-1978) viaxou a Ourense para se establecer no concello de Maside, de onde eran orixinarios os seus avós paternos. Durante os catros anos nos que vive de xeito ininterrompido en Galicia, Bernárdez traballa como xornalista en ‘El Pueblo Gallego’ de Vigo, ademais de colaborar en varias revistas e xornais galgos, e de publicar poemas e artigos e lingua galega.

Vinculación con destacados galeguistas
Neste período relaciónase con destacados intelectuais galeguistas, como Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao etc., ao tempo que se integra no ideario galeguista. Xa de regreso en Arxentina, destaca como xornalista en ‘La Nación’ de Bos Aires, onde coincide con Eduardo Blanco Amor.

No ano 1944, Bernárdez é nomeado director xeral de Cultura do Goberno da Nación. Académico en 1950, foi incorporado en 1955 ao Servicio Diplomático. O seu primeiro destino foi como Embaixador en Madrid ata 1960 e alí volverá entrar en contacto con intelectuais galeguistas como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Fernández de la Vega, entre outros, impulsores de Galaxia, empresa na que o escritor arxentino colaborará decididamente.

A súa defensa da lingua galega quedou reflectida en escritos como o seu "Discurso encol do idioma galego", publicado en Bos Aires, en galego, en 1965. En 2010, o Concello de Maside declarouno Fillo Adoptivo. Conta cunha rúa que leva o seu nome na vila do Carballiño.
 

27, Outubro 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o circuíto Cinemas de Galicia, unha nova rede municipal de espazos de exhibición cinematográfica que, segundo anunciou hoxe o conselleiro Xesús Vázquez Abad, nace coa dobre finalidade de achegar o cine a aquelas localidades que non dispoñen de salas comerciais e de incrementar as posibilidades de distribución dos filmes galegos.

O proxecto arranca cunha fase inicial de implantación en catro concellos, un por cada provincia. As Pontes de García Rodríguez, Foz, O Carballiño e Sanxenxo son os titulares dos cinco espazos que acollerán a programación inaugural da rede e a través dos que se achegan 1.232 novas butacas para o audiovisual galego: Casa do Peso e Cine Alovi nas Pontes, Salón de Actos do Cenima de Foz, Auditorio Municipal do Carballiño e Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo. A entrada para as proxeccións de Cinemas de Galicia terán un prezo único de 3 euros.

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes Fernández; o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; a concelleira de Cultura das Pontes, Sara Ramos, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, interviñeron tamén na presentación desta iniciativa, que –como subliñou Vázquez Abad– xorde a partir dun proceso consensual cos principais representantes do sector en Galicia, así como da colaboración entre a Xunta de Galicia, as administracións locais, as produtoras e as empresas distribuidoras.

 Elaboración do programa novembro-decembro

En canto ao desenvolvemento práctico do programa, que Cultura e Educación xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o conselleiro explicou que esta primeira programación bimestral de Cinemas de Galicia incluirá a proxección en cada un dos catro concellos dun mínimo de oito películas, das que cando menos cinco serán galegas.

Os programadores están a traballar xa na configuración das súas carteleiras, para o que na web www.agadic.info/cinemasdegaliciateñen á súa disposición un catálogo de 18 longametraxes de moi diferentes estilos e xéneros, entre os que se atopan 11 destacados títulos galegos en fase de explotación comercial: ‘Inevitable’, de Jorge Algora; ‘La tropa de trapo en la selva del Arco Iris’, de Álex Colls; ‘El árbol magnético’, de Isabel Ayguavives; ‘Arraianos’, de Eloy Enciso; ‘O ouro do tempo’, de Xavier Bermúdez; ‘Costa da Morte’, de Lois Patiño; ‘9 ondas’, de Simone Saibene; ‘A cicatriz blanca’, de Margarita Ledo Andión; ‘Meñique’, de Ernesto Padrón; ‘Los increíbles’, de David Valero, e ‘Encallados’, de Alfonso Zarauza.

Esta oferta galega, conformada polas propostas recibidas nunha convocatoria aberta a filmes rexistrados no ICAA (Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales) con data de estrea posterior ao 30 de xuño de 2013, compleméntase con sete fitas europeas, seleccionadas en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) e avaladas por festivais e premios internacionais: ’10.000 KM’, de Carlos Marqués; ‘Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!, de Guillaume Galiene; ‘Ida’, de Pawel Pawlikowski; ‘La gran belleza’ de Paolo Sorrentino; ‘Le week-end’, de Roger Michell; ‘Madre e hijo’, de Calin Peter Netzer; e ‘Stockholm’, de Rodrigo Sorogoyen.

Financiamento
Ademais de promover o hábito de ver cinema en pantalla grande, outra das finalidades desta rede é servir de complemento á actual oferta dos circuítos comerciais. Neste sentido, segundo explicou Vázquez Abad, as películas proxéctanse baixo condicións económicas de contratación estandarizadas, cun custo regulado de 300 euros por pase, de xeito que a produtora ou distribuidora que posúe os dereitos de explotación do filme percibirá a mesma contía que se a exhibición se realizase nunha sala convencional.

Respecto ao financiamento, a Consellería –a través da Agadic– asume a metade deste custo regulado para os oito pases obrigatorios que ofrecerá cada concellos. Pola súa banda, os catro concellos participantes nesta fase inicial asumirán o 50% restante deses pases, así como o 100 por cento no caso das proxeccións que decidan facer a maiores no marco deste programa. A recadación da billeteira será integramente para os concellos.
 

 

  •  

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política