Política

Asi se acordou no transcurso dunha reunión celebrada no Casino do Carballiño que fora convocada pola CIG. A Plataforma nace, fundamentalmente, co obxetivo de reivindicar a xestión pública da Residencia de Maiores do Carballiño, e ao máximo da súa capacidade, prevista para 118 prazas.
A Xunta mantén, a dia de hoxe, pendiente a resolución da licitación da xestión deste servizo asistencial, que contempla a creación de 20 prazas para persoas dependentes durante o ano 2015, unha oferta sensiblemente inferior á capacidade das instalacións.
Nesta reunión tamén se acordou a solicitude dunha entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asi como a convocatoria dunha nova reunión aberta a toda a cidadanía e o movemento social carballiñés, que terá lugar o vindeiro dia 18 de Decembro ás 8 da tarde na Casa da Cultura.

O PSdeG critica que a mensaxe de felicitación das festas do Nadal visible na fachada do Concello do Carballiño estea escrita só en castelán e non en galego, "xa que isto fai un fraco favor á nosa lingua nun momento no que as estatísticas apuntan a un descenso do uso do galego na poboación".
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), a porcentaxe de nenos que nunca falan galego en Galicia incrementouse en 18 puntos nos últimos cinco anos, aumentando tamén o número de adultos que só falan en castelán, xa que hai un 26% de persoas que viven totalmente de costas ao galego fronte ao 20% de 2008.
"É unha obriga por tanto que as institucións públicas fomenten o uso do galego empregando esta lingua nas súas comunicacións, e máis se é e en algo tan visible como a mensaxe luminosa do Nadal na fachada do Concello", manifestan dende o grupo municipal socialista.
Finalmente, esixen "ao goberno de Marnotes que amose sensibilidade coa lingua galega, e á responsable de Política Lingüística que traballe para a súa promoción, algo que non están a facer, xa que nin a propia concelleira usa normalmente o galego, nin as notas de prensa do Concello se escriben en galego".
Tamén A Mesa Pola Normalización Lingüística remitíu aos medios un comunicado crítico por este feito, aínda que posteriormente afirman que "de sabios é rectificar" ao confirmarse que o luminoso da polémica foi retirado do balcón da casa do concello.

Ambos xa superaron a barreira dos 100 anos. Carmen González Filgueira, nacida en Agro de Quinta en 1914 cumpliunos hoxe, e o seu marido Manuel González Crespo, nacido en 1912 en Bouzas de Garabás, xa cumplíu os 102 anos de vida.
A festa de cumpleanos celebrouse na Casa de Maiores de Dacón, onde residen na actualidade, gozando de moi boa saúde para a súa avanzada idade. Probablemente, forman un dos matrimonios máis lonxevos de toda España, entre os dous, suman 202 anos.
Carmen e Manuel contaron no programa "A mañá de Cope O Carballiño" como se coñeceron nunhas festas da Saleta de Cea e cómo se desenvoleu a súa vida, sempre traballando no campo como agricultores, tamén como tiveron tres fillos -un deles falecido aos 13 meses- e un neto. O segredo para tantos anos de vida en común "levarse ben e perdonarse nos fallos".

Tres proxectos de innovación educativa presentados polos docentes do IES Chamoso Lamas foron seleccionados pola Consellería de Educación para este curso 2014-2015 (Plan Proxecta). Un ano máis os alumnos do centro poderán mellorar a súa condición física e realizar prácticas deportivas saudables a través do programa Xogade, desenvolvido polo Departamento de Educación Física coa colaboración de varios profesores do centro.
Outro grupo de alumnos, neste caso de 3º de ESO participarán no programa Fotografía en Curso, co título “Dándolle vida aos instantes” coa finalidade de achegarse á técnica e linguaxe fotográfica a través de prácticas cos docentes e un taller cun fotógrafo profesional, en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe. O traballo que realizaron os alumnos que cursaban 4º de ESO o ano pasado “Na procura da nosa memoria: fotos no tempo” foi premiado como modelo de innovación pola Consellería de Educación e neste momento está exposto na Casa da Cultura de Pontedeume, e poderá ser visto en decembro na Casa do Concello de Piñor, xa que foi escollido para participar no Outono fotográfico. Ao mesmo tempo forma parte dunha exposición colectiva en Barcelona, “Retratos de mayores”, con outros dous centros galegos e cataláns. Ao igual que no curso pasado o IES M. Chamoso Lamas foi o único centro da provincia de Ourense escollido pola Consellería para participar neste programa, no cal foron seleccionados sete proxectos en toda Galicia.
Como novidade con respecto ao curso pasado o centro tamén foi seleccionado para participar no programa Meteoescolas, dirixido a promover o coñecemento do clima no entorno no que se atopa o instituto. Os componentes deste proxecto pretenden manter o espírito co que a estación meteorológica do noso centro foi creada fai 30 anos: a recollida de datos e a utilización dos mesmos e dos conceptos meteorolóxicos como material interdisciplinar. O título deste proxecto e “A estación meteorológica do IES M. Chamoso Lamas: algo máis que un xerador de datos. Un laboratorio para o coñecemento do medio”

O alumnado do IES Nº1 do Carballiño acadou uns resultados por riba da media europea no estudo PISA (Programa para a Avaliación Internacional dos Estudantes). O estudo, que se realiza cada tres anos desde 2000, examina en que medida os estudantes de 15 anos, que están a piques de rematar a etapa de educación obrigatoria, teñen adquiridos os coñecementos e destrezas esenciais en matemáticas, lectura, ciencias e resolución de problemas.
O número de alumnos/as de 4º da ESO do IES Nº1 avaliados/as no estudo foi de 32, incluídos nun total de 1542 alumnos/as avaliados/as na Comunidade Autónoma de Galicia, 25.313 en España e 295.416 nos países da OCDE.
En competencia matemática a puntuación obtida polo alumnado do IES Nº1 sitúase en 518 puntos, en valores similares a Finlandia (518,8 puntos) e Canadá (518,1 puntos), sendo unha puntuación superior á media de Galicia (488,6 puntos) e á media española (484,3 puntos). Os resultados son superiores tamén ao promedio obtido polo alumnado dos países da UE (489,0 puntos) e da OCDE (494,0 puntos).
En competencia lectora a puntuación acadada supera tamén a media europea. O alumnado do IES Nº1 do Carballiño acadou 501 puntos fronte á media autonómica (498 puntos ) e a estatal (487,9 puntos). Esta puntuación sobrepasa os promedios dos países da UE (489,4 puntos) e a dos países da OCDE (496,5 puntos).
Na avaliación dos coñecementos científicos os resultados son igualmente superiores ao promedio europeo. A puntuación do IES Nº1 é de 520 puntos, superando á puntuación media galega (511,5 puntos) e á española (496,4 puntos), por enriba do promedio da UE (497,2 puntos) e da OCDE (501,2 puntos).
Estes bos resultados repítense nas probas AVALDIA (Avaliación de Diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia) do curso 2013-2014, que avalía os coñecementos do alumnado de 2º da ESO, tamén nas tres competencias básicas.
En matemáticas, onde se miden aspectos como álxebra, estatística ou xeometría, a puntuación do alumnado do centro (541 puntos) excede a puntuación media galega (500 puntos ); así mesmo a puntuación en competencia lingüística do IES Nº1 (535 puntos) supera os valores medios do alumnado galego (500 puntos) e a competencia sobre o coñecemento do medio e a interacción co mundo físico do alumnado do IES Nº1 (531 puntos) colócase tamén por riba do promedio autonómico (500 puntos).
Estes datos veñen a confirmar que o nivel dos centros de ensino público da comarca do Carballiño ben pode equipararse ao nivel educativo de calquera outro centro público ou privado.

Francisco Javier Obenza, Eduardo Ordoñez e Pepe Zúñiga, aínda que este último estaba pendiente de completar a documentación requerida, presentaron a súa candidatura ante a asamble cidadán para optar ao cargo de Secretario Xeral do Círculo de Podemos O Carballiño.
Unha vez que a dirección de Madrid, ractifique aos candidatos, os mesmos terán entre o 6 ao 26 deste mes de Decembro para realizar a campaña electoral. As votacións, por medio de Internet, serán do 26 ao 30 de Decembro, e finalmente a dirección de Podemos en Madrid publicará os resultados e proclamará ao que será o primeiro Secrretario Xeral de Podemos O Carballiño.
Mentres, continúan as convocatorias da Asemblea Cidadán, a prevista para este martes dia 2 de Decembro, dende as 20,15 horas na casa da cultura do Carballiño, tratará sobre a creación dunha comisión que traballará na presentación dunha candidatura veciñal no concello do Carballiño carra as eleccións municipais de 2015.
Tratase de tres persoas de nacionalidade romanesa e un home de orixe africana, que foron detidos esta pasada madrugada e aos que a Garda Civil sinala como presuntos autores de varios roubos cometidos durante as últimas semanas en establecementos comerciais do Carballiño, e tamén na vila de Allariz.
No Carballiño, entre os establecementos comerciais afectados polo roubos da útlimas semanas encontrase unha tenda de roupa da rúa Ribeiro, que baleiraron de existencias, provocando o peche do comercio. En Allariz, unha tenda outlet de roupa infantil foi roubada en dúas ocasións nun curto intervalo de tempo.

O bar Centro de Beariz acolleu esta tarde o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a liderada por Manuel Prado, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección.
O presidente local electo, tamén alcalde da localidade, despois de agradecer a confianza depositada na súa candidatura e de facer un balance da súa xestión en Beariz, recalcou que “o noso obxectivo irrenunciable para os vindeiros catro anos é o de fixar poboación no municipio. Para elo, centrarémonos en catro piares fundamentais: potenciar a residencia da terceira idade e o emprego feminino a través da dependencia; impulsar o parque empresarial; mellorar e diversificar a productividade agraria de Beariz; e, por último, crear unha brigada municipal de obras dando así saída aos ingresos acadados pola explotación do parque eólico”, explicou Manuel Prado.
O encargado de clausurar o Congreso Local de Beariz foi o presidente provincial, Manuel Baltar, quen aplaudiu as propostas de futuro expostas polo presidente local e abogou “polo compromiso constante das administracións locais de velar polos intereses e necesidades dos veciños. E aquí entra en xogo o factor clave da cooperación para loitar entre todos por este obxectivo”.

O PSdeG reclama ao Goberno de Marnotes que tome medidas ante "os numerosos roubos que se están a producir en establecementos comerciais e empresas da vila e que supoñen un gran problema a engadir aos que xa de por sí padece este sector na nosa vila".
Subliñan que "os veciños e veciñas do Carballiño, aínda teñen fresco na memoria cando o señor alcalde se apuntaba en roldas de prensa o tanto dunha suposta reducción da delincuencia e se preguntan agora se non sería o normal que, por unha vez, este señor asumira a súa responsabilidade e se deixara de tentar enganarnos a todos con patrañas de todo punto incribles".
Engaden dende o PSDG que "os comerciantes deste pobo aínda agardan por unha resposta ás súas demandas, todas elas moi razoables, para axudar a loitar contra a lacra que supón esta xeira de roubos que están a sufrir".
Consideran que, a primeira e imprescindible solución, ante a inseguridade que están a xerar os roubos sería necesario dotar á Policía Local de mais axentes, e afirman que " a plantilla actual da Policía Local é escasa, e a pesar do seu esforzo,o certo é que non hai suficientes axentes para realizar máis horas de vixilancia. Por iso, consideramos que a solución pasaría por incrementar o número de axentes".
Na mesma liña, o Concello debería adoptar outras medidas que beneficien a seguridade dos cidadáns, "como mellorar o alumeado nas rúas, que é moi deficiente en boa parte delas, por culpa de medidas de suposto aforro por parte dun goberno que non repara en gastar 50.000 euros nunha pista de padel ou 70.000 euros nun só ano en avogados".
Por elo, os socialistas esixen a Marnotes "que adopte medidas para evitar a inseguridade que actualmente sofren os cidadáns da vila, xa que este problema non se pode deixar pasar, como tenta facer o rexedor, e require dunha solución urxente".

O Carballiño volverá estar representado nas "Marchas da Dignidade" que se convocan para este sábado dia 29 de Novembro. Se no pasado mes de Marzo a convocatoria foi unitaria, en Madrid, as organizadas para este sábado que ven teñen carácter autonómico, a galega será en Santiago de Compostela.
A Plataforma carballiñesa organiza o desplazamento en autocares que sairán ás 9,30 horas dende a Veracruz a un prezo de 6,50 euros ida e volta para quenes reserven praza con antelación.
"Nos Somos a Dignidade, pedimos pan, teito e traballo para todos, ningúen quere vivir da caridade, hai recursos suficientes si se reparten con xustiza para que toda persoa dispoña deses tres mínimos, se os sindicatos e partidos maioritarios non se moven ou están cos poderosos, os cidadáns de a pe defenderémos os nosos dereitos", proclaman.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »