Política
Fai meses que os sanitarios veñen denunciando a deixadez municipal en canto ao estado de conservación das instalacións, agora incluso apuntan á suciedade que está provocando situacións de insalubridade.
Os profesionais que exercen o seu traballo no centro de saúde de Piñor levan presentados varios escritos dirixidos ao alcalde da localidade Francisco Fraga, xa que é o concello o responsable do mantemento do edificio. Non obstante, as deficiencias non foron emendadas.
Ao deficiente estado de conservación engaden problemas de insalubridade, debido á falta de limpeza "unha situación inaceptable nun edificio sanitario, cheo de formigas e suciedade como consecuencia da deixadez por parte do concello", manifestan.
As actuacións son financiadas con fondos municipais ou ben por medio de convenios coas consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
A partir deste martes 6 de Maio comezan as obras na praza da Alameda do Carballiño, que consistirán na reposición da empedrada en toda a rúa Alameda, así como o lousado da zona peonil. Para iso, dende o luns, cortouse o tráfico na citada rúa. Corte que permanecerá mentres duren as obras.
Inclúese neste proxecto municipal a conversión das fontes piramidais da praza en bancos, con xardineira na súa parte traseira, onde nun inicio había auga. Así mesmo limparase o monumento do Munten, situado na praza do Emigrante, e repoñerase o recubrimento do estanque que o rodea.
Tamén comezaron as obras incluídas no plan marco asinado da consellería de medio Rural para mellora de camiños de titularidade municipal, e no que se van investir no municipio do Carballiño máis de 50.000 euros. Os proxectos incluídos neste plan marco son o afirmado dos accesos a Mosteiro- Paradela, Mesego-Corrredoira, Mesego- Corval, Sagra-Fraga, Gouxiña e Señorín.
Por outro lado o edil de Obras Magin Daparte mantivo unha reunión co responsable de servizo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, para iniciar a formulación da obra de mellora da avenida de Julio Rodríguez Soto, Rotonda da Alameda, Conde Vallellano e Martínez Avellanosa.
Finalmente, o concello do Carballiño anuncia para os próximos dias a licitación da obra de mellora na rúa Alberto Vilanova, que inclúe a construcción da beirarrúa da marxe dereita no tramo entra a rúa Carreira e o centro de saúde, cun investimento de 50.000 euros.

Este lúns dia 5 de Maio cumplense cincuenta anos dende a fundación do Casino do Carballiño, foi alá polo ano 1964 cando un grupo de carballiñeses -podemos velos na fotografía- asinaban a acta fundacional da entidade.
Prema aquí para ver o programa de actividades da Festa da Mimosa e conmemorativo do 50 aniversario do Casino do Carballiño.

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu a unha representación de veciños de Punxín, co fin de comunicarlles que a Xunta de Galicia está a poñer todos os medios ao seu alcance para arranxar o problema de abastecemento de auga deste municipio debido á presenza de arsénico. Esta xuntanza é a terceira logo dunha co delegado territorial e outra con responsables do organismo autonómico para expoñer o proxecto que se está a tramitar.
A poboación en 2013 dos tres concellos sumaba 3.256 habitantes, polo que o investimento a fondo perdido que fará a Xunta de Galicia ascende a uns 1.000 € por habitante, para un total de máis de 3 millóns de euros, o que significa un gran esforzo que se fai dende o Goberno galego para mellorar a situación actual. Tamén, explicou que ten dotación nos orzamentos para que sexa posible iniciar as obras neste mesmo ano 2014
Menéndez transmitiulle aos veciños que a obra de abastecemento licitarase, previa autorización do Consello da Xunta de Galicia, cando estean dispoñibles todos dos terreos necesarios para executar as obras. En concreto, é precisa a conformidade da Comunidade de Montes de Ourantes para permitir a achega de terreos por parte do Concello de Punxín. Cabe indicar que Ourantes é un dos lugares con maior problemática histórica no seu abastecemento, polo que non deberían existir trabas para esta actuación. Os veciños transmitiron a necesidade de estender a nova rede a outros núcleos do concello, o cal será valorado por Augas de Galicia nas próximas semanas, pero descartando a modificación do actual proxecto xa que suporía un importante retraso na súa tramitación.
Así mesmo, Francisco Menéndez indicoulles que a Xunta de Galicia estudará os documentos ao respecto do custe do servizo e asesorará ao Concello de cara á revisión das tarifas de cara ao ano 2015, no caso de que proceda.
Os traballos que se van a levar a cabo teñen como obxectivo principal rematar co problema de déficit de auga de Punxín e dos concellos limítrofes de Cenlle e San Amaro a través dun proxecto de mellora do abastecemento que xa está redactado e foi sometido a información pública, e que será levado en nas vindeiras semanas a Consello da Xunta.
Obras a realizar
Na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Razamonde mantense o actual sistema de potabilización e o bombeo ao depósito dun caudal de 20 l/s (con posibilidade de ampliación a 40 l/s). Vaise construír un edificio, próximo ao depósito de Razamonde, para bombear auga potabilizada ata o Alto de San Trocado (20 l/s), onde se fará un depósito regulador cunha capacidade de 500 m3.
Dende aí executarase unha rede de abastecemento en alta para o Concello de Punxín, que chega ata Barbantes, enlazando coa rede xeral do citado municipio e, en Barbantes, construirase un depósito de 75 m3. Esta instalación suministrará auga aos depósitos de Ourantes, Ventosela e Rubiás, e outra rede de distribución en alta conectará o novo depósito regulador cos depósitos de cabeceira de San Amaro e de Cenlle, este último de nova execución con 200 m3 de capacidade.

Responsables da multinacional e autoridades locais e provinciais asistiron ao acto de inaugación das novas instalacións, na antiga estación de Renfe na Touza.
O proxecto industrial, no que CEPSA invstiu 4,5 millóns de euros, está ideado para abastecer a zona noroeste de España, cunha previsión de producción de 1.400 toneladas de almacenaxe de butano e propano, para a súa comercialización en botellas e a granel.
A posta en marcha da planta xa siñificou a creación de 15 postos de traballo, aínda que cara o futuro o proxecto pode chegar a dar traballo a 25 persoas.
No acto de inauguración, o alcalde masidao, Celso Fernández, congratulouse que "por fin despois de 5 anos esta planta sexa xa unha realidade, que confirma unha aposta polo interior de Galicia e pola nosa comarca".
Asi o aprobou o pleno da corporación municipal co voto en contra do concelleiro socialista que califica o acordo como "unha vergonza e un escándalo".
Javier Rodríguez responsabiliza ao alcalde Manuel Penedo "permitindo este desprezo aos veciños en tempos tan complicados como os que estamos a vivir". Para o concelleiro socialista non é de recibo que o tenente alcalde Manuel Cerdeira "vaia cobrar o mesmo soldo cando se produce un cámbeo de dedicación exclusiva a media xornada, se despois de once anos cobrando por dedicación exlcusiva sen facer nada por este concello, menos aínda fará agora".
O pleno municipal tamén aprobou os orzamentos municipais para este ano 2014, que ascenden a 1,1 millón de euros. E tamén a Relación de Postos de Traballo, que contempla a creación de dúas novas prazas, un encargado de biblioteca e un tractorista.

Asi o anunciou o alcalde do Carballiño. A partir de Maio, tres traballadores destinaránse específicamente aos traballos de mantemento desta gran área natural e recreativa os sete dias da semana.
Ocuparánse, inicialmente, das labores de desbroce no parque e no paseo fluvial do río Arenteiro, dende a Ponte de Toscaña ata a zona dos muíños. Unha vez rematado o desbrozamento, os traballadores estarán ao cuidado do parque municipal carballiñés, realizando labores diarias de mantemento propias de cada época do ano.
A nova brigada tera a súa sede na casa do Peón Caminero, dando asi utilidade a esta propiedade municipal, onde poderán gardar ferramentas e maquinaria necesaria para desenvolver o seu traballo. Ademáis, contarán coa dotación dun vehículo eléctrico con remolque, co que poderán moverse polo parque.
O PSdeG entende que o alcalde está a incorrer nunha ilegalidade, e que o fai “nun exercicio de escapismo, para evitar enfrontarse aos problemas da cidadanía e debater sobre eles”.
Os socialistas consideran que o alcalde tenta así evitar as preguntas incómodas da oposición e as protestas da cidadanía por temas que causaron moita polémica nos últimos meses. “É capaz incluso de chegar a cometer unha ilegalidade pola súa covardía para enfrontar a situación”, afirma o PSdeG.
Sinalan que o alcalde convoca pleno extraordinario, como o que terá lugar mañá, no que non teñen cabida nin os rogos e preguntas nin as mocións presentadas pola oposición. Ademais lembran que celebrar un pleno extraordinario non o exime de ter que convocar un ordinario como máximo cada dous meses, segundo marca a lei.
Afirman que Marnotes tenta así evitar debater sobre temas como a reapertura do matadoiro, o futuro dos xulgados, a falta de servizos de emerxencias, ou a situación das traballadoras de axuda a domicilio, entre outras; que forman parte das mocións presentadas pola oposición.
“O alcalde quítalle así aos cidadáns a posibilidade de expresar as súas queixas e debater sobre cuestións que lles preocupan, eludindo a súa responsabilidade”, sinalan os socialistas
O Equipo Redactor xa entregou aos responsables municipais as modificacións que adaptan o PXOM a Lei do Solo de Galicia.
Para acceder aos documentos prema no enlace: http://www.carballino.org/contenido.asp?idseccion=179

Entregaron un escrito no rexistro municipal con 41 sinaturas dos profesionais do sector no Carballiño e comarca no que piden a reapertura das instalacións.
O matadoiro permanece sen actividade dende finais de 2012, daquela xestionado aínda pola empresa "Carnes de Carballiño" por medio dunha concesión administrativa que xa non estaba en vigor. Unha avería na caldeira foi o detonante que motivou o cerre das instalacións.
Os extraballadores do matadoiro recordan que "fai catro meses que se presentaba o proxecto co Clúster da Carne de Galicia, era o enésimo proxecto que se nos presentaba e asegurandonos que o 15 de Xaneiro estaríamos traballando, pero a realidade é que o próximo dia 3 de Maio cumpliranse 20 meses co matadoiro pechado, queremos unha solución xa".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »