Política
O Conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións no transcurso da visita institucional que realizou ao Concello de Beariz " a dia de hoxe non temos ningunha documentación a maiores, entendo que se a empresa propuxo o Concello do Irixo, presentará a documentación, pero insisto que a dia de hoxe non presentou nada".
Agustín Hernández aclarou que a intención da Xunta de Galicia é cumplir os prazos fixados no plan de residuos de Galicia "temos que cumplir o plan de residuos, existe unha empresa que é Estéla Eólica, e xa o dixemos o dia 5 de decembro, que propuxo á Xunta de Galicia unha ubicación nun concello, non unha ubicación concreta", salientou.
Preguntado por COPE O Carballiño sobre a postura institucional tanto do Concello do Carballiño como da Deputación de Ourense en contra desa ubicación anuncidada no municipio do Irixo para instalar esa planta de residuos, O Conselleiro suliñou "o que dixeron é que non consideran axeitada unha ubicación que tiña tratada a empresa cos veciños dunha parroquia do Irixo, nós, cando teñamos esa proposta concreta, analizarémola e avaliarémola có concello onde se atope ese proxecto, e se ese proxecto que presente -se é que o presenta- non cumplise as condicións, a obriga da Xunta de Galicia sería buscar unha ubicación e cumplir o plan de residuos", remarcou.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas concluirá no vindeiro mes de outubro as obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de Muradas e Lebozán, no Concello de Beariz.Segundo explicou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, tras reunirse co alcalde, Manuel Prado, o goberno galego, a través de Augas de Galicia, realiza unha achega económica de máis de 313.000 euros para levar a cabo estas melloras hidráulicas.
No núcleo de Muradas, tanto o abastecemento como o saneamento son moi antigos e sofren deficiencias importantes, polo cal cambiarase a actual rede unitaria por outra separativa. Así, actualmente estanse levando a cabo os traballos preliminares para instalar 1.172 metros de tubaxe ao longo da estrada OU-213 que cruza a poboación de norte a sur.
Parte da rede de pluviais verte á rede existente en Beariz e o resto vai a parar a unha valgada na entrada a Muradas. A rede de residuais tamén ten dúas vertentes, unha a rede de Beariz e a outra é a que vai polo centro de Muradas, desembocando na depuradora.
O proxecto inclúe, ademais, 1.176 metros de tubaxe en previsión de alimentación de 25 futuras luminarias, instalación das súas bases, arquetas da liña e a reposición do pavimento da beiravía.
En Lebozán proxectouse unha rede nova de 554 metros de tubaxe que verte na depuradora existente, aproveitando as obras para instalar tamén un novo abastecemento en tubaxe, xa que o actual tiña diámetros moi reducidos. Deste xeito, as obras atópanse ao 50% da súa execución.
NOVAS ACTUACIÓNS EN BEARIZ
O conselleiro analizou co alcalde as novas actuacións prioritarias para o concello de Beariz en materia de infraestruturas tanto hidráulicas como viarias. En concreto, sobre o acondicionamento da estrada que une a capitalidade do concello co alto da Ermida, que facilitará o acceso do municipio á estrada O Carballño-Pontevedra. Tamén analizaron a necesidade de mellorar a captación para garantir un mellor abastecemento neste concello ourensán.
VISITA AS EXPLOTACIÓNS DO PORCO CELTA
Por outra banda, Agustín Hernández realizou unha visita á Sociedade Agraria de Transformación Oural, dedicada á ceba extensiva de porco celta. Grazas á súa actividade, esta explotación fai rendible a cría de porco celta e asegura a permanencia da raza. O cebadeiro dá saída á produción de crías das explotacións familiares xa existentes, que ven comprometida a súa viabilidade pola falla de saída comercial.
Segundo explicou o conselleiro, coa posta en valor desta raza autóctona, con características moi particulares, e a súa comercialización promoverase a recuperación da mesma, e crearase emprego.
As características que lle dan valor a esta raza autóctona son: a graxa infiltrada no músculo, similar á de produtos porcinos coma o ibérico; o sistema de crianza tradicional compaxinado cun modelo de aproveitamento mellorado para incrementar o rendemento; ademais, responde á demanda existente no ramo da restauración de produtos novos e propios.
O Deputado do PP Daniel Varela alegou que "a ubicación non está decidida" e que podería ser a inicialmente prevista pero tamén "outra dentro do Irixo, fora do Irixo ou en calquer lugar de Galicia". En consecuencia, o Partido Popular votou en contra no parlamento de Galicia dunha moción presentada polo BNG para que a Xunta rexeitase "calquera proxecto de instalación dunha planta incineradora no Irixo"
Ante a moción dos nacionalistas, o deputado popular asegurou que "non hai tomada ningunha decisión sobre a ubicación da incineradora" e que polo tanto analizaránse todas "as posibles propostas que cheguen, debe quedar meridianamente claro que a ubicación non está decidida e haberá que estudiala", aseverou.
A Deputada do BNG Tareixa Paz recriminou aos populares porque "xa vai sendo hora de que aclaren cal é a súa intención" e instou ao PP a "rexeitar a hipotéca que supón a instalación dunha incineradora na Comarca do Carballiño". Desde o PSdG, a súa Deputada Carmen Gallego congratulouse que "Baltar`s power" fixera, ao seu xuizo, "recuar" nesta decisión ao Presidente Galego Núñez Feijóo.
De forma simultánea ao debate parlamentar, arredor de medio cento de persoas -a maioria pertecentes á Plataforma Incineradora no Deza Non- protestaron no exterior do pazo do Hórreo "en contra da instalación desta planta no Irixo e en favor de modelos de tratamento de residuos que favorezan a redución, reciclaxe e reutilización". Entre as concentradas, atopábase a concelleira carballiñesa do BNG Áurea Francisco.
Os responsables da comparsa "As Monarcas do Irixo" aseguran que contaban cun permiso de transporte especial para os dias nos que tiñan previsto desplazarse nas pasadas celebracións do antroido.
Non obstante, a Garda Civil interceptou no Carballiño á comitiva cando regresaban o pasado sábado de piñata da vila de Celanova, na rotonda da Fontela atoparonse cunha patrulla da Garda Civil, que os seguiron e á altura da rotonda da Casa Azul pedironlle a documentación dos vehículos, impoñendolle unha multa de 1.500 euros "por transitar pola via pública con vehículos non autorizados", 500 euros polo vehículo tráctor e outras duas multas cada unha por importe de 500 euros por cada unha das carrozas.
Pese a explicarlle aos axentes que se trataba dun desplazamento programado que formaba parte da festa do antroido, a Garda Civil "non atendeu razóns e calcounos 1.500 euros, asi sacanlle as ganas a calquera, con este tipo de actitudes acaban có antroido, se lle fan falta cartos que os saquen de outra maneira pero non así", manifestaron a esta emisora de radio os comparsitas, moi disgustados coa actuación da Garda Civil.

O Alcalde do Carballiño lamenta a decisión dos socialistas e pregúntase ónde está Paco Fumega "temos un problema no Carballiño, un problema de liderazgo na oposición", dixo.
Marnotes non entende como é a mesma persoa a que exerce como portavoz da Plataforma Incineradora Non e a súa vez tamén é o portavoz do grupo municipal do PSOE neste asunto, referíndose ao concelleiro Adolfo Nogueira "éste home fai de todo, é xa sabemos que a plataforma non quere a incineración en ningunha parte, pero no concello do Carballiño temos un acordo unánime para opoñernos a unha ubicación concreta", suliñou.
"Hai unhos dias pediase a miña demisión como deputado, porque non se trataba na deputación este punto que se acordara no Carballiño, pois non só eso, non só se tratou senón que se aprobou por unanimidade e agora resulta que se van do acordo, esto é un sin sentido, non entendo aos socialistas, o que era imprescindible fai unhos dias que se aprobase na Deputación, apróbase e resulta que agora ese acordo non dí a verdade", por eso -pregúntase Marnotes- "a qué están xogando os socialistas".
Preguntado de forma explícita sobre a súa posición en relación a ubicación da incineradora noutro posible emplazamento que non sexa o anunciado, o Alcalde do Carballiño manifestou "no Carballiño temos claro que a actúal ubicación é perxudicial para o noso concello e non nos vale, e nesa loita estamos, non teño nin idea onde pode ser outra ubicación, no momento que haxa esa proposta xa farémos un posicionamento, valerános ou non, e qué postura deberíamos tomar se a planta se vai a Cortegada e xa non se fai no Irixo, non sei entón se O Carballiño tería moito que opinar, igual que cando se plantexou instalar a incineradora en Xinzo ou no Deza".
Argimiro Marnotes chegou a ironizar sobre a postura dos socialistas " ao mellor o que queren é manexar eles os postos de traballo da planta, non vaia a ser que pretendan que a Sogama-2 vaia tamén para Cerceda onde goberna un Alcalde do PSOE, ou igual un destes dias piden a demisión do Alcalde de Cerceda, que é do PSOE, por querer levar esta planta do Irixo para Cerceda", para rematar concluíndo "en realidade o que lle molesta aos socialistas de todo esto é que o Alcalde do Carballiño e o Partido Popular se posicionase como o fixo, defendendo O Carballiño"
O grupo municipal socialista presentará este lúns un escrito no Concello do Carballiño no que comunicarán que "renuncian" ao acordo institucional da Corporación contra a instalación da incineradora, e en consecuencia, tamén se retiran da comisión municipal de seguimento dese acordo adoptado por unanimidade do pleno no pasado mes de xaneiro.
"O Partido Socialista do Carballiño renuncia ao acordo que se tomou, non vamos a formar máis parte desta titiridada, desta pantomima, deste teatrillo de mal gusto que culminou na Deputación de Ourense porque non compartimos o tratamento que o Sr. Marnotes lle está dando ao acordo, non o compartimos nin o toleramos", manifestou o concelleiro Adolfo Nogueira no transcurso dunha comparecencia ante os medios na que tamén asegurou que "os socialistas non vamos a consentir que se burle do acordo tomado e do que todos os veciños do Carballiño estaban orgullosos".
Nogueira tamén adiantou que solicitarán a retirada da pancarta que co texto "acordo unánime, O Carballiño contra a incineradora" foi colocada no balcón da casa do concello porque "non dí a verdade, Marnotes non está contra a incineradora, está contra a incineradora nun punto kilómétrico concreto pero 30 centímetros maís alá él xa non está en contra da incineradora, esto foi o que dixo no pleno da Deputación".
O concelleiro socialista pedíu publicamente ao Alcalde do Carballiño "que non diga máis que está contra a incineradora porque non é certo, e quedou claro no pleno da Deputación cando non pudo mentir máis, que lle diga a verdade ós veciñós, que lle diga que non lle importa que estea no Concello do Irixo, pola nosa parte acabaronse os miramentos, nos estámos decididamente en contra deste proxecto", aseverou.
O Partido Socialista protagonizou un acto político celebrado no comedor do Restaurante Abanico do Irixo e no que manifestou a súa total oposición á instalación dunha planta incineradora de lixo no Irixo, postura que levarán ao pleno municipal que previsiblemente se celebrará a vindeira semana.
O portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, celebra que por fin o Pleno municipal debata unha moción sobre o principal de tema de actualidade no Irixo dende hai moitos anos. Así, o edil socialista recolleu esta tarde preguntas dos veciños que trasladará ao alcalde no Pleno, tarefa á que se adica dende hai días e continuará no día de mañá.
No acto, os socialistas explicaron que non é necesaria unha segunda Sogama, senón que hai que apostar pola reutilización e a reciclaxe dos residuos, polo que se oporán á instalación desta planta en calquera ubicación da provincia, como veñen facendo nos últimos meses.
A moción presentada polo grupo socialista deu lugar a un intenso debate, ainda que finalmente o grupo maioritario do Partido Popular apoiou as teses defendidas no pleno da Deputación polo Alcalde do Carballño, Argimiro Marnotes. Desta maneira, a Deputación aprobou por unanimide opoñerse ao emplazamento previsto para ubicar a incineradora nos montes comunais de Menáz, O Cardedo, Filgueira, Casares e Orosa, no municipio do Irixo.
O Partido Popular matizou que non se opón a instalación do proxecto industrial para o tratamento do lixo, pero sempre que se faga noutra ubicación distinta á anunciada pola empresa promotora e a Xunta de Galicia no pasado mes de decembro. Non obstante, para o grupo socialista entendiase que debería rexeitarse a instalación da incineradora en calquera lugar, independientemente do seu emplazamento. Idéntico posicionamento defendeu o Portavoz do BNG, que pediu mirar cara Europa e apostar pola reducción, reciclaxe e reutiliazción no tratamento do lixo.
Finalmente, tras un tira e afloxa entre os grupos políticos, a moción aprobada polo pleno da Deputación de Ourense recolle o acordo adoptado, tamén por unanimidade pola Corporación Muncipal do Carballiño no pasado mes de xaneiro. De forma explícita o acordo manifesta opoñerse "á nova planta de residuos do sur de Galicia na actúal ubicación que fixou a empresa Estéla Eólica no municipio do Irixo", tamén se declara que "a Deputación aposta pola implantación da compostaxe e a reciclaxe como base do tratamento de residuos e aminorización da incineración atá conseguir a súa desaparición". O Acordo da entidade provincial será comunicado ao Concello do Irixo e á Xunta de Galicia, asi como á empresa Estéla Eólica e a Xunta Rectora dos montes veciñais nos que se pretende instalar a incineradora. A Deputación Provincial, como antes tamèn acordou o Concello do Carballiño, constituirá unha comisión de seguimento deste proxecto industrial, e do cumplimento do propio acordo adoptado por unanimidade dos 3 grupos políticos representados na Corporación Provincial.
Nun comunicado posterior á celebración do pleno na Deputación,o portavoz socialista entidade Provincial, José Ignacio Gómez, lamenta “a indecencia do Partido Popular, que o único que demostrou hoxe é que está a favor de que se instale na provincia de Ourense unha incineradora de lixo, e que o alcalde do Carballiño quixo lavarse a cara diante dos cidadáns cando viu a contestación social que tiña esta planta entre os seus veciños”.
O sinistro ocorreu minutos antes da 9 da noite, os veciños da Almuzara conseguiron en pouco tempo extinguir o incendio. De feito, cando chegaron os Servizos de Emerxencias do GRUMIR e Protección Civil do Carballiño a situación estaba xa controlada.
O lume afectou so ao cuarto de baño da vivenda familiar propiedade do Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño. Na casa, de aínda recente construcción, atopábase a esa hora a esposa do Rexedor Municipal, Mª del Carmen Cives, que escoitou un estoupido pero -según contou- pensou que fora producido por un pau da lareira e non lle deu máis importancia. Non obstante, cando advertíu o fume ela mesma intentou apagalo pero xa non o conseguíu, polo que optou por pedir axuda aos veciños e dar aviso aos bombeiros.
A rápida intervención dos veciños foi decisiva, evitando que o lume se propagase ao teito de madeira "se non fose asi, xa non habería forma de parálo", recoñeceu Caamaño, que tivo palabras de agradecemento tanto para os veciños como para os bombeiros pola celeridade na actuación.
"O mellor é que non hai que lamentar danos personais e que todo se quedase nun susto", dixo Cipriano Caamaño, que no momento do sinistro atopábase no centro de saúde. A madeira dos espellos e mobles do cuarto de baño, e "as toallas, polo menos unhas 12 e os albornoces, fixeron unha masa que orixinou unha gran fumeira", explicou Caamaño.
A deputada e secretaria de Organización Provincial, María Quintas, compareceu co portavoz socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e o vocal na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, para esixir á Xunta de Galicia solucións para o balneario de Berán. As instalacións están pechadas pese a estar rematadas dende hai anos, ademáis os socialistas falan de presunta prevaricación do alcalde na expropiación dos terreos do acceso ao balneario.
Quintas explicou que o balneario de Berán constitúe unha oportunidade socio-económica e de emprego para a comarca do Ribeiro e da provincia de Ourense, e que hai que facer rendible unha infraestrutura xa construída na que se fixo unha inversión pública de máis de 3 millóns de euros.
“Preguntámonos se a Xunta e o alcalde de Leiro serán capaces de buscar unha solución”, dixo, e denunciou que no procedemento do balneario hai actuacións que poden ser constitutivas dun presunto delicto de prevaricación por parte do alcalde de Leiro.
En dúas ocasións o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara nulas, en sendas sentenzas firmes, as expropiacións dos terreos de acceso a este balneario feitas polo Concello. A primeira destas sentenzas foi obviada polo alcalde que levou ao pleno unha nova expropiación, o que constitúe un presunto delicto de prevaricación, afirman os socialistas.
Neste sentido, dixo que estas actuacións contan co coñecemento e connivencia da Xunta, xa que ao mesmo tempo (o 20 de outubro de 2009) concedeu o obradoiro de emprego “Terras do Avia” neste mesmo terreo, no que dada a sentenza do TSXG non se podía facer.
Así, o Grupo Parlamentario Socialista presentou unha batería de preguntas sobre a situación do balneario, as trabas administrativas que impiden que este balneario estea aberto e cales van a ser as actuacións da Xunta para legalizar e abrir o balneario de Berán.
Quintas lembrou que o propio Rueda respostou a Baltar no Parlamento en xuño de 2009 que “estaban a punto de abrir” o balneario de Berán e que “non se fixera por uns trámites administrativos, tentando culpar da situación ao goberno bipartito”.
O vocal na Entidade Menor, Tomás Lorenzo, explicou en que “a parroquia de Berán, os veciños de Leiro, da comarca de Ribadavia e da provincia antes tiñan unhas instalacións que mantiñan a ocupación hostaleira da zona durante o verán, e agora non teñen ningunhas, porque o novo balneario, que sería unha oportunidade de negocio durante todo o ano, nunca se abriu”.
Os socialistas consideran que o balneario de Berán dinamizaría o sector servizos do concello e da comarca e contribuiría a crear riqueza nunha zona á que “Feijóo parece ter manía, xa que a única actuación importante que quixo facer é a incineradora de lixo”, dixo Quintas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- …
- seguinte ›
- última »