Denuncias

Aquí na Lúa temos a luz do Sol, e a luz é rigor e misericordia. Na Lúa podes ver reflectida a luz do Sol. Non, non cambio de tornas, recoñezo que a miña percepción de que o alcalde de Piñor debería andar na Lúa era errónea. Recoñecer erros non é cambiar de tornas. Ainos que apluden coas orellas ao Partido Podre, faga o que faga, e chámano coherencia.
que pronto cambiaches as tornas cando te enteraches que mocion de censura saliu dos Veciños de Piñor!!!
Son o do da denuncia da moción de Piñor e unha vez escoitado ao líder de Veciños de Piñor, teño claro que a moción vai pra diante. Non sei, penso que estase a cometer un novo erro porque será difícil explicar que fas alcalde a quen che impediu o empadroamento. Será difícil explicar tantos bandazos. O pobo de Piñor votou polo cambio, sería mellor escoitalo de novo nas urnas.
Este Francisco Fraga debe andar desesperado por voltar a ter nas súas máns o Concello. Debeu ser inspirado por un dos dous astronautas do Consello de Ministros, non polo de  prestixio Pedro Duque, senon polo outro astronauta que explora cada día a Lúa.
No cruce ca N-541 onde comeza a rua que vai para Corzos rompeu a tapa rexistro de fundicion dun pozo. A verdade e que non tardaron moito en sinalizar a rotura cun cono e tampouco a reparación. O que é bastante lamentable e ver como traballan. En primeiro lugar deixan tirados no chan os escombros de asfalto e da tapa rota xunto os contenedores.
Referindome a rúa de abaixo de todo, una recta de 500 metros ou mais ata chegar ao ximnasio. Sendo urbanización residencial  o limite deberia estar marcado en 50 km/h como máximo ou incluso menos, pero a xente pensa que e una pista de carreiras, sobrepasando ampliamente tal limite, incluso duplicandoo. Con adiantamentos perigosos incluidos.
No tramo entre Alberto Vilanova e a rúa Ourense. Ao lado do Recar e de Fisaúde hai continuamente coches aparcados. Non sei se é que está permitido ou estando prohibido a xente fai caso omiso, pero en calquera caso non debería permitirse xa que non sobre espazo para os cruces cos vehículos de sentido contrario.
Xa fai case 3 semanas produciuse a terrible explosión de Tui que todo o mundo coñece. Son veciño de Corzos e o que o mellor non todo o mundo sabe e que hai un almacen de productos pirotecnicos en Fonteboa. Un lugar demasiado preto das casas para ese tipo de productos, dende o meu punto de vista.
¿Non hai outra forma de que estes autobuses accedan ao instituto por outro lado? Non sei, por señorín, partovia ou pola zona de montes por detrás do instituto adecentando unha das pistas que van dar a zona da fontela á entrada do pobo, etc.
No entiendo como en Carballino teniendo policia local no sean capaces de prestar el servicio con seriedad.

Deportes

Arenteiro e Ponferradina empataron sen goles no partido que era o primeiro test da pretempada para o equipo dirixido xa por Jesús Arribas, os verdes tan so cederon (3-4) na tanda de penaltis que decidíu o campión do trofeo "La Galiciana", que se foi para o Bierzo.
O xoven adestrador madrileño, de 28 anos, chega procedente do Rayo Majadahonda, coa ambición de dar continuidade á exitosa etapa do Arenteiro na categoria de bronce do fútbol español. Na seguinte ligazón podes acceder ao acto de presentación de Jesús Arribas no salón de prensa de Espiñedo, no que participou o presidente do club, Argimiro Marnotes.

Páxinas