Esto xa é un sin vivir, é necasario é urxente un horario de xogo na pista roxa, as luces están prendidas toda a noite e madrugada, e poñense a xogar cando lle cadra, sen ningún tipo de control, e os vecños da praza sufrimos as consecuencias. Parece que nesta zona caennos todas e padecemos esta falta de control todos os dias da semana. E nos tamén temos dereito ao descanso.

A Deputación de Ourense financiará un proxecto que vai solucionar dunha vez por todas a problemática que desde fai xa polo menos 15 anos atrás ven afectando ao Bañiño de Arcos, xa que conforme avanza o verán e baixa o caudal do río Arenteiro, o cano do Bañiño queda sen a famosa auga minero-medicinal.
Esta auga, que tantos usuarios ten tanto veciños da comarca como incluso de fora, está indicada para enfermidades de fígado, ril, vesícula e pel, clasificadas polos especialistas como frías, cunha temperatura de 18 graos. Recoméndase o seu consumo durante sete días consecutivos en xaxún ou en baños para a pel, polo que a moitos usuarios esta problemática represéntalle un gran perxuízo.
En COPE O Carballiño, a petición da nosa audiencia, interesámonos hoxe por esta problemática, e o alcalde Francisco Fumega avanzou nesta emisora de radio a execución inminente dun proxecto para solucionar este problema, que ademáis mellorará a salubridade da propia auga, ao sustituír o depósito de cemento por outro con planchas de alumiño, ademáis de instalar un novo sistema de bombeo manual. Escóitao no audio adxunto.
Las terrazas de los soportales un abuso, sin limite ni control.
El concello que pasa no hace nada?

Beariz despide un intenso mes de agosto que tivo o seu punto álxido nas festas do Quince e, antes e despois desas datas festivas e xenuinamente bearicenses, diversas actividades no agosto cultural do concello de Beariz, como foi o fallo dos concursos literario e fotográfico de Beariz 2023.
No apartado do concurso literario, no que volveu conseguirse un alto nivel nas obras presentadas a concurso, os premiados foron os seguintes:
1º. Vítimas, verdugos e perdón. 500,00€
Autora: Beatriz Pérez González,
O conto consigue nunhas poucas páxinas, usando o funeral que serve de marco ao relato, mostrar a morte non como unha simple traxedia e un final senón coma unha consecuencia mais dunha vida tráxica de por si que da e quita sentido as vidas dos achegados, xerando unha rede de acontecementos, e moldeando as personalidades dos protagonistas.
2º. Tango. 300,00€
Autor: Pablo Nogueira Campo,
Unha boa narración con alto valor literario que consigue retratar a aspiración contemporánea a un éxito gris na pel dunha muller refuxiada nunha vida asentada no que se ven chamando agora a zona de confort ata que é arrincada da mesma de súpeto, revelando deste xeito a verdadeira natureza moral da protagonista.
3º. No me voy sin despedirme. 200,00€
Autor: Andrés de la Vega Rivas.
Relato fortemente alegórico no que podemos ver unha acumulación de ideas-obxecto, todas elas imperfectas, xa sexa por inacabadas, desaproveitadas ou descoidadas. Maila iso, a impresión de que a vida é unha colección de imperfeccións que se amorean e cobran un sentido arcano queda perfectamente transmitida. Quizais a pega que se lle pode poñer ao conto é a o exceso de abstracción e alegoría.
CONCURSO FOTOGRÁFICO BEARIZ 2023
1º Clasificado: “Moendo recordos”
Autor: Iago Manuel Souto Lorenzo
2º Clasificado: “Felicidad infantil”
Autora: Alejandra Ruíz Álvarez
3º Clasificado: “No Túnel do tempo”
Autor: Alfredo Javier Ramos Varela
Acto seguido tivo lugar no salón de actos do concello a presentación da revista cultural “O Quince” que chega á súa 33 edición.
Na portada figura unha reprodución publicada no seu día na revista eclesíastica Resurrexit, sore a teoría do complexo humano, encarnada co “homiño”, teoría elaborada polo Dr. Marcos (D. Manuel Vázquez Ogando). A editorial escrita por Tomás Sancho Candedo incide nos diversos contidos da revista.
Seguen os traballos premiados no concurso literario do 2022: “O síndrome de Sthendal”, “Lo que unen las aguas” e “Sopas de burro canso”.
Dous artigos de Xestús Antonio Gulías que constitúen auténticos traballos de investigación que nos permiten afondar un pouco máis na nosa historia.
O apartado xa tradicional “Contos da Lareira” inclúe tres que constitúen unha recreación literaria a base de anécdotas, feitos reais que ocorreron no noso concello, todo contado con humor e retranca.
“Nas fragas do amencer”, de Xulio Prado é un fermoso e extenso poema cargado da sensibilidade. A súa poesía invítanos a afondar na nosa mente coa súa lírica e a visitar espazos incógnitos dos sentimentos.
Non podía faltar o apartado fotográfico denominado “Beariz hai anos” onde a través de 44 fotos nesta ocasión se refresca e recupera a nosa historia viva: procesións, festexos retratos, a vida cotiá… “A Botica de Beariz: aromas para unha viaxe no tempo” inclúe artigos de Tomás Sancho, Miguel Álvarez, Nicanor Floro, Luis Serantes e Vitoria Figueira.
Prensa histórica de Beariz presenta novas de sucesos doutro tempo en Beariz e que mereceron a súa publicación nos xornais da época: a) El Pueblo Gallego (1960), b) Diario La Noche, c) La Región (1947 e 1968).
Segue un traballo de recreación literaria escrita polo Presidente do Consello Regulador do Ribeiro e que leva como título “Vida e fé, amén”.
A partir da páxina 83 está incluído o apartado fotográfico “Imaxes de Beariz”. Son 29 fotos que fan referencia á nosa actualidade ao tempo que reproducen de maneira fidedigna a nosa riqueza cultural, etnográfica e paisaxística.
Ese mesmo día ás 20:15 horas na antiga reitoral de Beariz proxectouse a curtametraxe “En el Valle de la Perseverancia”, curtametraxe rodada en diversos lugares do Concello de Beariz e dirixida polo bearicense Isaac Gulías. A estrea contou co local abarrotado dun público encantado do evento.
O día 16 nas Barbeiras , ás 22:00h, dentro do programa Rede cinema, subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística proxectouse a película “Jacinto” película dirixida por Javo Camino.
Dentro do programa cultural desenrolado nestes días convén sinalar tamén que o día 11 inaugurouse a exposición pictórica de Mayi Somoza e a exposición escultórica de Juan Manuel Paz Gulías, na foto que ilustra esta información.
Dentro desta mesma programación cultural de agosto no concello de Beariz, presentouse o libro “Postres del Camino” escrito por María Luisa Candedo Remis.

Nova entrega dos especiais dos venres de verán en COPE O Carballiño, desta vez presentado por Lolo Carril desde a casa do concello de Maside, e no inicio dun amplo ciclo festivo e xenuinamente masidao, que abre a Festa do Cabalo no Puzo do Lago esta fin de semana do 19 e 20 de agosto, continuará cos festas de San Vitorio e completaráse o 3 de setembro coa Romaría da Rañoa.
O alcalde José Manuel Iglesias repasa algunhos dos proxectos importantes para este novo mandato municipal, como son o parque empresarial intermunicipal Maside-O Carballiño, a reforma da rúa principal da vila de Maside, ou as actuacións previstas no antigo colexio da Alameda para convertilo nun gran centro cultural e multifuncional.
No programa tamén podemos escoitar a Maria Luisa Rodríguez e Belén Fernández, promotoras das CASAS DO MAIOR de Maside e Dacón, respectivamente, que xunto a usuarias Lina e Fina fálannos do día a día nestas dáus casas do maior que están abertas no municipio.
Tamén coñecemos a Alberto Taboada e o seu proxecto singular como emprendedor turístico no lugar de Manzós, na parroquia de Louredo. Mentres, co arqueólogo Andrés Rodríguez achegámonos á intervención que o concello masidao está promovendo na zona arqueolóxica de Santa Mariña.
O presidente da Coral "A Torre" de Maside, José Manuel Pascual, detállanos o programa do clásico Festival de Corais que cada verán celébrase en Maside, o deste ano será este sábado dia 19 de agosto a partir das 20:00 horas na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.
E finalmente, Lalo Botana e Enríque López, achegan á audiencia de COPE O Carballiño toda a programación de actividades para esta fin de semana no Puzo do Lago, sábado 19 e domingo 20, con motivo da celebración da 35 edición da Festa do Cabalo de Maside.
Escóitao no audio adxunto:

A paraxe natural do Puzo do Lago volve ser o escenario para a celebración dunha nova edición da Festa do Cabalo de Maside, a gran festa do cabalo da nosa comarca, con diversas actividades que están programadas para esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20.
O sábado, desde as catro a tarde terá lugar unha ruta técnica con premios para os mellores, e as 20:30 horas unha exhibición de de trote enganchado, xa finalmente ás 22:00 horas unha cea con animación musical. No dia grande da festa, o domingo, o programa iníciase coa medición dos cabalos ás 9:30 horas.
Seguidamente, comezará o concurso de andadura chapeada e serrada, trote e exhibición de cabalos de arrastre. Ao mediodia, xantar popular, e pola tarde unha xinkana, concursos de dandadura serrada e galope, e finalmente a partir das 19:00 horas a tradicional carreira de burros e a entrega de premios.
No programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado neste 18 de agosto ao concello de Maside podes escoitar a entrevista con Lano Botana e Enríque López, responsables de organización da 35 edición desta Festa do Cabalo de Maside.

O próximo dia 29 ás 12:00 horas celebraráse o pleno extraordinario da corporación municipal do Irixo para votar a moción de censura presentadada contra o alcalde do Partido Popular Manuel Cerdeira, asinada polos cinco concelleiros que suman Xuntos Polo Irixo (3) e PSOE (2).
No audio adxunto podes escoitar a entrevista a Iago Fariñas, o concelleiro socialista e futuro portavoz do goberno bipartito, na que defende a necesidade desta moción de censura que levará ao Partido Popular a perder a unha das súas alcaldías históricas na comarca, unha alcaldía que o PP obstentaba desde o ano 1995.
A nosa tradicional festa do pulpo chegou o seu fin, do parque marcha a xente cando se atopa semellante escaparate de botellón e borracheiras incontroladas, volumen de música insoportable, escasas pulpeiras polo parque, a maioría están no casco urbano. O volumen de lixo que queda no parque dos 2 bares que se poñen é un auténtico escándalo, en fin, inseguridade , suciedade, mala imaxen, solo rapaces e rapazas totalmente borrachos, destrozos.
O Carballiño está cheo de merda por culpa dos ciudadanos , a falta de educación, civismo, hixiene, etc, fai que haxa merda por todos lados; de que vale que o concello limpe se o dia siguinte vai estar igual.
As papeleiras que o concello ten posta polo pobo non son obxetos de decoración , son pa usalas tirando a basura nelas e non no chao.
Despolis de oír o globo sónda do Dirixente de ESCO,deixando caer a grandísima festa o pulpo do vindeiro ano presuntamente contanto coa sua participación na organización do evento,esto foi tema de cantos de taberna, perdón de tertulias de bares.
Nunha destas tertulias alguen comentou,é precisamente foi quen pagou a volta ou ronda coa que estábamos. Que a coasa estaba clara,desde que o dirixente de ESCO é ó manda mais do PP en Ourense foram a aquel famoso viaxe a París ver cabalos a relación ( en privado ) sempre foi moi boa,que ten que ver esto co anunció que se fixo o día da festa do pulpo? pois que chegou a hora de que se xunten para vengarse,(por aquello de ... ou conmigo ou contra min de ambos.
O PSdG apoia a xuntos por O Irixo en que o PP perda unha alcaldía en Ourense,enton O PP APOIA A ESCO NO CARBALLIÑO,PARA QUE O PSdG PERDA A ALCALDÍA DO CARBALLIÑO.
Sabedes que? No bar por levar a contraria é ter motivos para a discusión non lle dei a razón,pero despois da siesta chamei o colega é lle dixen que estaba dacordo co que comentara,que si era unha REVANCHA/VENGANZA.
O tempo (non moi lexano)nos dirà se estamos errados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- …
- seguinte ›
- última »