29, Agosto 2023

O ALCALDE DO CARBALLIÑO, FRANCISCO FUMEGA, DENUNCIADO NO XULGADO POR UN DELITO DE PREVARICACIÓN

            Os veciños  afectados polo cerre que invadía o TERREO MUNICIPAL e o da súa propiedade, en Señorín, teñen presentado no xulgado DENUNCIA POR UN DELITO DE PREVARICACIÓN E DEIXAMENTO DE FUNCIÓNS extensible ao delito de TRÁFICO DE INFLUENCIAS contra o ALCALDE DO CARBALLIÑO, FRANCISCO FUMEGA, e calquera outros que aparezan como responsables ao longo das investigacións e actuacións a practicar respecto das súas arbitrarias resolucións ditadas a sabendas da súa ilegalidade que favorecían os intereses do seu entorno familiar a costa dos do Concello e dos privados, vulnerando sistematicamente a lexislación vixente na tramitación do expediente de reposición da legalidade urbanística causándolles con tal motivo indefensión xurídica e importantes danos e prexuízos.

            Así, entre outras resolucións adoptadas e para as que estaba inhabilitado, o Alcalde, a pesar de estar afectado por caso de abstención, que impón o Réxime Xurídico do Sector Público pola súa relación familiar co propietario infractor, sabendo que a obra xa estaba executada de antemán de forma ilegal vulnerando a legalidade urbanística e a comisión do delito de apropiación indebida, decidiu RESOLVER concederlle o título habilitante á comunicación previa presentada polo dito familiar e validar  os datos inexactos, falsidades e a omisión  do feito  de que as obras xa estaban executadas.

            Ao mesmo tempo, os servizos xurídicos e técnicos do Concello, contradicindo a resolución do Alcalde, a través de ambos informes declaraban a ilegalidade das obras e a obrigatoriedade da reposición da legalidade urbanística e o derribo do citado cerre.

            A pesar disto, os responsables municipais adoptaron unha actitude de entorpecemento e de incumprimentos continuados da normativa legal e das súas propias resolucións que levou a intervir por enésima vez á Valedora do Pobo.

            Así, caducado por segunda vez o prazo para a resolución expresa do expediente de reposición da ilegalidade urbanística, non teñen constancia do estado do procedemento, nin do expediente de sanción aos responsables da infracción que impón a normativa urbanística, nin da orde de  execución forzosa que os responsables municipais están obrigados a aplicar para os casos de desobediencia e incumprimento da orde de demolición dentro do prazo sinalado a través da execución subsidiaria ou da execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

            Os veciños levan reclamado explicacións públicas tanto do Alcalde, Francisco Fumega, como do responsable da tramitación deste expediente de reposición da legalidade urbanística, Manuel Dacal, sobre os motivos dos continuados incumprimentos das súas propias resolucións e a absoluta pasividade para defender os bens municipais fronte ao claro trato de favor dos intereses familiares e en prexuízo de terceiros

28, Agosto 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse a O Carballiño para supervisar o remate das obras de renovación da cuberta do CEIP Calvo Sotelo, nas que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu máis de 101.000 euros.

O delegado territorial explicou que as obras consistiron na substitución da anterior cuberta de fibrocemento por unha nova de paneis de metálicos tipo ‘sandwich’ con illamento, con reposición de canles e baixantes, así como de tendido de illamento sobre taboleiro de cuberta para unha maior eficiencia enerxética.

Así mesmo, levouse a cabo a renovación dos aseos, con colocación de divisións en taboleiro fenólico tipo ‘trespa’ e renovación de fontanería, saneamento e aparatos sanitarios. Tamén se procedeu á colocación de falso teito modular e luminarias ‘Led’ e á colocación de tarima flotante no chan das aulas. “Todas estas actuacións -sinalou o representante do Goberno galego- executáronse coa finalidade de adaptar o centro ao uso docente actual mellorando o seu estado de conservación”.

A maiores, o delegado territorial anunciou que se vai arranxar o chan do ximnasio do edificio Uceira do Calvo Sotelo e acondicionar o ximnasio do Edificio Principal, que suporán un investimento de máis de 28.000euros.

Gabriel Alén salientou que todas estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos nos que o alumnado poida estudar, socializar, xogar, facer deporte...”, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

O obxectivo final, subliñou o delegado territorial, é que Galicia “sexa pioneira nun novo modelo de escolas para o século XXI”, a través dun plan que dea valor engadido aos centros educativos, os espazos nos que os futuros cidadáns pasan “as etapas máis determinantes das súas vidas”. Para iso, subliñou, “é imprescindible poñer a arquitectura a disposición das necesidades do sistema educativo”.

28, Agosto 2023

Enhorabuena al concello de o carballiño por el programon de fiestas. 

Este años se han lucido gracias al concejal que corresponda.

28 de agosto del 23 

28, Agosto 2023

⚠️⚠️ ⚠️⚠️⚠️
COMUNICADO DOS MEMBROS 
DO SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS 
⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️

O pasado 26 de setembro un novo incendio nun edificio na vila do Carballiño alertaba aos servizos de emerxencia. Por sorte non se lamentaron danos persoais, tan só materiais, pero a situación dos servizos de extinción no concello empeza a supoñer un grave risco para a vida dos cidadáns.

Dende o Grupo municipal de emerxencias do Carballiño debemos aclarar e informar da realidade do acontecido, pois nin o propio Concello a través das súas canles oficiais, nin tampouco os medios de comunicación o fixeron.

En primeiro lugar, a vila do Carballiño conta cun servizo de emerxencias propio, dispoñible exclusivamente para o concello as 24 horas do día os 365 días do ano e composto por persoal profesional e remunerado que atende incidencias tales como incendios, accidentes de tráfico, rescates e outras emerxencias que se produzan no municipio. Este servizo, que existe dende fai décadas é mobilizado polo 112 en tódalas emerxencias, si ben normalmente os medios de comunicación non informan case nunca da súa presencia. O propio concello do Carballiño, en lugar de facelo valer, normalmente trátao de servizo de colaboración ou apoio, cando en realidade é un servizo totalmente operativo.

O último incendio acontecido na Vila revela a importancia de contar cun servizo propio e exclusivo, formado e con medios, para actuar ante calquera emerxencia, pois non falamos dun pequeño pobo, senón de algo máis de 15.000 habitantes. A Deputación provincial de Ourense, creou un consorcio provincial de incendios e salvamento e no 2017 abria no Polígono da Uceira o Parque de bombeiros comarcal Carballiño-Ribeiro. Este parque de bombeiros, pertencente á Deputación, atende nada menos que 23 concellos, en puntos tan distantes como A Peroxa ou Toén, de xeito que non están dispoñibles en exclusiva para o Carballiño, polo que, en caso dun incendio simultáneo en dous dos 23 concellos, un deles quedaría sen cubrir. Ademais, desde fai unhas semanas, os bombeiros de tódolos parques comarcais consorciados, atópanse nunha folga de servizos mínimos que implica que os parques conten con un, dous ou mesmo ningún bombeiro de garda, como aconteceu o pasado sábado.

A alerta de incendio o día 26 producíase nun edificio da rúa Brasil e ata alí desprazouse o único bombeiro de garda do Parque comarcal Carballiño-Ribeiro e dous bombeiros do Grupo municipal de emerxencias do Carballiño, sendo entre os tres, os que conseguiron apagar o lume e que non se lamenten máis danos. 

Os membros do Grupo Municipal de Emerxencias, queremos mostrar o noso descontento ante a ocultación da nosa presenza nas emerxencias que se producen no concello e, sobre todo, queremos denunciar a actitude do Concello do Carballiño, que nunha publicación nas súas redes sociais, a parte, de ningunear ao seu propio servizo, clama por melloras no Consorcio provincial e denuncia a situación precaria na que se atopa, cando o seu servizo propio ten as mesmas carencias.

Fai meses que vimos denunciando as deficiencias en material, equipos de protección individual, formación e persoal que temos e o Concello non fixo aínda unha aposta decidida por solventar estas deficiencias, namentres solicitan que se arranxen as dos demais.

Eu como cidadan do concello non me sentiría segura ante tal comunicado!

28, Agosto 2023

O PSdeG-PSOE de Punxín pídelle ao alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, que amose “respecto” polo concello de Punxín e o seu patrimonio. Os e as socialistas critican que o rexedor deste municipio ignore “por completo” que o castro de San Cibrao de Lás pertence tanto aos concellos de Punxín como o de San Amaro, e non só a este último como pretende vender nas súas publicacións en redes sociais e nos actos municipais organizados no castro.

Dende o grupo municipal socialista lémbranlle ao alcalde de San Amaro que o castro de San Cibrao de Lás está localizado nos municipios de San Amaro e Punxín, e polo tanto, “é un ben patrimonial de ambos concellos”. Os e as socialistas denuncian que nos últimos días “vimos de contemplar publicacións nas redes sociais do señor Redondo e do concello de San Amaro, nas que se oculta por completo que o castro é tamén un ben patrimonial de Punxín”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, explica que “ante o silencio e a calada do grupo de goberno de Punxín, formado polo PP e CxG, vémonos na obriga de saír a defender o noso patrimonio, ao noso municipio e a nosa veciñanza”. A edil socialista considera que “namentres o alcalde de San Amaro ningunea ao noso concello, sen mencionar a Punxín nun acto publicitado e no que participan a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, o alcalde e os seu equipo de goberno permanecen calados e sen saír a defender os intereses de Punxín”.

Peleteiro Vázquez subliña que os e as socialistas “vémonos na obriga de defender o noso patrimonio, para evitar así que nos ninguneen e nos esquezan, xa que tal e como todo o mundo sabe o castro de San Cibrao de Lás, tamén pertence a Punxín”.

Dende o PSdeG-PSOE de Punxín instan ao grupo de goberno municipal a “defender os intereses de Punxín e a súa veciñanza e a condenar publicamente o que consideran un menosprezo a Punxín por parte do concello de San Amaro, o seu alcalde, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia”.

27, Agosto 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, fixo hoxe un recoñecemento aos “impulsores do viño do Ribeiro”, pola súa contribución a difundir a calidade, a tradición e o carácter único desta produción agroalimentaria. O titular de Medio Rural exerceu como pregoeiro da XXXII Festa da Vendima de Leiro, onde enxalzou os viños do Ribeiro en particular e toda a riqueza vitivinícola de Galicia en xeral.

Así, José González, tras agradecer a “posibilidade, a honra e a oportunidade” de participar nesta celebración, lembrou os precursores da Denominación de Orixe Ribeiro, entre os que fixo unha referencia especial para o seu avó. Neste sentido, o conselleiro recordou tamén as súas vivencias persoais como neno criado na comarca do Ribeiro, con múltiples vencellos co mundo do viño.

Nesta liña, González puxo en valor esta festa, por reivindicar “un dos eventos máis importantes da bisbarra”, como é a vendima. Ademais, fixo referencia á historia do Ribeiro e a algúns dos seus momentos máis importantes, entre os que citou a capitalidade do Reino de Galicia que chegou a ostentar Ribadavia no século XI, a constitución do mosteiro de San Clodio no século XII ou a exportación dos seus viños a Inglaterra.

Na súa intervención, o conselleiro fixo tamén especial fincapé na importancia do cooperativismo para o desenvolvemento desta bisbarra, antes de remarcar a relevancia das variedades autóctonas como elementos que lle confiren personalidade propia a estes viños. Engadiu que a viticultura é unha actividade económica rendible e con futuro, incidindo na cultura do esforzo como clave para acadar o éxito tanto nesta como en calquera outra actividade. En parecidos termos, o conselleiro salientou que a Xunta comparte a aposta dos promotores do Ribeiro pola singularidade e a calidade destes viños e traballa para poñelos en valor.

"A aposta da Xunta polo viño galego en xeral e polo Ribeiro en particular concrétase con iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, posta en marcha polo Goberno galego para potenciar o cultivo de viñedo e mellorar a competitividade do sector", remarcou o conselleiro.

Ademais,destacan desde a Xunta que "dentro do propio concello de Leiro, trabállase no novo polígono agroforestal de Barzamedelle, moi vinculado á produción de viño e que permitirá mobilizar 145,6 hectáreas de superficie, divididas en 183 parcelas propiedade de 113 veciños. Segundo a súa guía produtiva, establécense como usos ou actividades principais os cultivos leñosos -como viñedo e froiteiras-, de ciclo curto e sistemas agroforestais, sistemas de aproveitamento mixto fundamentalmente gandeiro e forestal -frondosas caducifolias- e, nalgún caso, algún tipo de cultivo agrícola complementario para o aproveitamento gandeiro e compatible cos outros dous".

27, Agosto 2023

He leido la denuncia de la señora Helena Iglesias, con mucha atención, aunque segun la iba leyendo mi nivel de indignacion fue in crescendo hasta que al final de todo vi el nombre de la que escribio todo eso, por cierto ya hay que tener ganas y saber de leyes, porque de eso sabras Helena, que suerte teneis algunos, como los profesores que teneis tiempo de sobra para estudiar las leyes con artículos y todo, pero b ueno en fin...

Lo que me sorprende es que alguien que criticaba a Lito ahora lo defienda, con la excusa de los 100 días, cuando Lito lleva 4 años de alcalde de forma nefasta y 24 años como concejal gobernando, no se cuanto tiempo mas quiere el señor Lito para mantener Irixo en la penumbra absoluta, a alguna gente parece que le molesta el cambio, muy necesario y demandado por los vecinos, de ahí un descenso de un 23% del porcentaje de voto del PP del 66% al 43%, los nuevos harán lo que puedan como todo el mundo, pero si ya damos por sentado la discriminación institucional y la damos por buena y aceptada mal vamos señora Iglesias, por otra parte pienso que se equivoca con el reparto de sillones, ya que al ser una coalicion es lógico creo yo repartirse las areas de gobierno como se hizo siempre, o acaso defiende usted lo que hace el alcalde de Punxin que tiene el todas las competencias y no las delega en los concejales ? Acaso insinua que Susana y Iago viven de la política ?

Y a les gustaría a muchos tener el curriculum y la trayectoria del señor Iago, un destacado abogado y adminstrador concursal, cuyo perfil de linkedin todos podemos consultar, no como el del señor Lito que carece de el, porque no tendra mucho que mostrar aparte de sus 24 años como concejal popular a la sombra del señor Penedo, y que a día de hoy nadie supo decirme que estudio,ni a que mas se dedico aparte de la política claro esta, tampoco nos olvidemos de Susana, una trabajadora honrada, que trabajo durante décadas en la farmacia, ni del resto de concejales, todos honestos trabajadores, mucha suerte el nuevo gobierno y enhorabuena O Irixo

27, Agosto 2023

Video do gran desfile de carrozas da 32ª Festa da Vendima, celebrada o dia 27 de agosto de 2003.

Preme no enlace: https://www.facebook.com/ConcellodeLeiro/videos/1138219300485052/

26, Agosto 2023

Hoxe un novo lume puxo en risco a vida dos cidadáns do Carballiño (había menores na vivenda incendiada) e a xente debe saber a realidade do que ocorre neste municipio, o que se oculta e o que se minte.

O Concello do Carballiño conta dende fai moitos anos cun servizo profesional, remunerado e PROPIO que traballou en toda a comarca (Somos do Carballiño) apagando lumes, facendo rescates ou atendendo accidentes de tráfico. Hoxe, dende a creación do parque comarcal do Carballiño-Ribeiro, este servizo é menosprezado como esta publicación demostra e tratado coma simples axudantes. O servizo, que segue contando con persoal propio, remunerado e PROFESIONAL, é un parque de bombeiros exclusivo para o Carballiño, cando o parque comarcal pertence á Deputación de Ourense e atende nada menos que 23 concellos!!! (Coma A Peroxa ou Amoeiro).

Os bombeiros comarcais de toda Galicia están en folga e iso implica que moitas veces os parques, incluído o do Carballiño Ribeiro, estean con só un bombeir, ou dous ou pechados. Un problema para moitos concellos que quedan SEN servizo. A vila do Carballiño podería e debería estar tranquila, pois segue tendo bombeiros e bombeiras propias, que seguen atendendo as 24h os 365 días as emerxencias do concello.

Hoxe, había 1 bombeiro do parque comarcal, pero 2 BOMBEIROS do servizo municipal. Dúas persoas que La Región ningunea, pois nin as nomea, e que se xogaron a vida dentro desa vivenda. 2 bombeiros que o seu propio concello menospreza ao non nomealos no agradecemento principal e tratalos coma meros colaboradores "agradecendo tamén" os seus servizos. Sempre así, tanto a prensa coma o propio concello, tirando pedras aos seus propios traballadores/as.

Pero o máis grave non é isto. O máis grave é que este goberno inpeto e inoperante, ten a caradura de pedir melloras e solucións para un servizo que non lles é propio e, mentres, o seu Grupo de Emerxencias do Carballiño está sen persoal dende fai dous anos, sen un camión de primeira intervención avariado dende fai máis dun mes, sen traxes de incendios nin cascos adaptados á normativa e non caducados, cobrando coma mileuristas mentres se xogan a vida e en condicións completamente infrahumanas.

Non chega ter un servizo propio desleixado coma o teñen, senón que aínda por riba de que se xogan, nos xogamos a vida por este Concello, é tan miserable, que nos ningunean e nos seguen tratando de ineptos. 

Hoxe grazas a 1 bombeiro do parque comarcal do Carballiño-Ribeiro e a 2 bombeiros do Servizo municipal de emerxencias do Carballiño, non lamentamos danos persoais. O resto, falacias, mentiras, manipulacións e falta total e absoluta de vergoña.

Que se saiba, que os BOMBEIROS/AS DO CARBALLIÑO NON IMOS CALAR MÁIS.

26, Agosto 2023

Os verdes foron indo de menos a máis no seu debut na Primeira RFEF, encaixou o único gol do partido aos cinco minutos, pero foi medrando despois ante un Nastic de Tarragona que perdonou o segundo e acabou sufrindo e pedindo a hora, esto non fixo máis que comezar e ao Arenteiro quédalle por diante a tempada máis ilusionante da súa historia, tamén a máis esixente.

 Crónica do partido no "Diari de Tarragona"

https://www.diaridetarragona.com/deportes/despegue-exitoso-nastic-1-0-ar...

Vídeo resumen do partido na Televisión de Galicia:

https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-debuta-con-derrota-na-primeira-federacion

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS