29, Xuño 2025

Francisco José Fernández Pérez (Cortegada, 1959) revalidou a presidencia do Partido Popular de Leiro no congreso celebrado por esta agrupación local e que contou na clausura co presidente provincial, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas. Un conclave no que Luis Menor puxo ao tamén alcalde e senador popular como exemplo de estabilidade municipal e política, característica que pediulle “exportar” para recuperar en 2027 máis alcaldías e a maioría absoluta na Deputación.

O presidente provincial explicou que con este congreso Francisco José Fernández non só revalida a presidencia da agrupación local, senón que “dálle un novo pulo á unidade e solidez do PP de Leiro”.

O partido, engadiu Luis Menor, é un instrumento para alcanzar o Goberno e así mellorar a calidade de vida da cidadanía, cun programa de actuacións e un equipo de persoas “que leve a cabo o noso modelo de territorio”.

Con todo, dixo Menor, Leiro tamén pode servir de exemplo coa súa estabilidade para sumar máis apoio en calquera convocatoria electoral, “por iso é absolutamente necesario que o partido estea perfectamente organizado”.

Francisco José Fernández, con trinta anos á fronte da alcaldía, agradeceu o apoio dos populares de Leiro e da dirección do partido por seguir confiando na súa persoa para esta nova etapa da agrupación local.

A vida local “é a maior escola da política”, dixo, comprometéndose a continuar traballando polo partido, “o que tamén significa seguir procurando o progreso do concello”.

A recuperación do río Avia o seu paso polo municipio e cuxa presenza marca a paisaxe e a cultura de Leiro é un dos logros dos que máis orgullo sinte o presidente da agrupación local, en tanto significa “apostar polas fortalezas do concello, como tamén polo termalismo ou o sector do viño”. É dicir, engadiu Francisco José Fernández , “ter un programa de obxectivos ben definido, ser rigorosos na xestión, e tender sempre pontes á colaboración con outras administración para o ben da nosa veciñanza”.

29, Xuño 2025

Cómo ben di o refrán, as mentiras teñen as patas cortas e neste caso non pode ser mais certo, non hai citas ata o xoves,( por moito que alguns se empeñen en intentar ocultar a realidade, con capturas de pantallas de a saber onde ! Ou citas de enfermería, que adoitan ter maior disponibilidade ) como ben se pode observar na segunda imaxen, onde ben se pode apreciar que e en Boboras.

As cousas non son perfectas, nin en Boboras nin na maioría dos sitios.

29, Xuño 2025

E digo Eu se as raias amarelas  neste pobo non significan o mesmo ca nos otros pocos, por q cando as poñen será por algún motivo, digo Eu, pero non se respetan  coma en otros pocos.

Os coches aparcan igual, e claro, como no os multan fano cada día e volvo decir Eu q están pintadas por algún motivo...

A verdade è q chama monto a atención ver un coche o varios en raia amarela ... en fin así anda todo neste pobo..

 

28, Xuño 2025

O servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño realiza unha intensa labor de asesoramento e formación da poboación desempregada. No primeiro semestre deste ano, os profesionais da unidade atenderon a preto de 800 persoas en busca activa de traballo, entre as derivadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e aquelas que se achegaron voluntariamente en busca de información e asesoramento.

Diana González, concelleira de Comercio, destaca a importante función realizada polo equipo do servizo, que xestionou no que vai de ano 21 ofertas de emprego e axudou á inserción laboral de 75 persoas. As ofertas están vinculadas co eido da hostalaría, atención sociosanitaria, limpeza, atención ao cliente, forestal e fabricación-produción.

O servizo tamén se encarga de poñer en marcha distintos programas de formación e emprego público que facilitan a inserción laboral dos participantes. No último ano e medio, 130 persoas formaron parte da oferta formativa: 92 en cursos e 36 en obradoiros de emprego público de duración de 9 meses ou 1 ano. No eido dos obradoiros atópanse o Programa de Emprego de Persoas Mozas (menores de 30 anos), que se leva a cabo no Carballiño por primeira vez, e por outro, o obradoiro dual.

A programación deseñada inclúe cursos dixitais, prevención de riscos laborais para o sector da construción, madeira e metal, competencias clave para ter acceso aos certificados de profesionalidade e obradoiros de xardinaría, carpintería ou albanelaría.

Diana González destaca os bos datos de participación nos cursos e obradoiros,
“hoxe en día, a oferta pública de emprego é moi alta”, apunta.

Actualmente, hai dous programas en fase de selección e contratación: o Aprol Rural (inclúe tres contratos de nove meses) e as Brigadas Forestais (inclúe seis contratos de tres meses de duración).

Por outra banda, o servizo de orientación laboral do Concello do Carballiño tamén coopera con iniciativas públicas doutras institucións. Nesa liña, colabora co programa “Yo Emprego Galicia”, dirixido a persoas desempregadas interesadas en poñer en marcha o seu propio negocio, e participa no programa integrado de emprego xunto con outros concellos adxacentes.

27, Xuño 2025

Acabo de mirar por si acaso e resulta que en Boborás hoxe e venres e pido cita e xa ma dan para o día 30, é decir o luns. 
 

A ver se esa captura túa non é decir Boborás…porque igual que a miña non pon o sitio…en Boborás estamos moi ben…vese que vos pica ver o cartel co anuncio da nova construcción do Centro de Saúde…e as profesionais que nos atenden son do mellorciño, que marabillosas son. 

 

27, Xuño 2025

O PSdeG-PSOE de Leiro lembra que o servizo municipal de conciliación foi unha proposta socialista rexeitada polo PP en 2022.

O grupo municipal socialista de Leiro lembra que a posta en marcha do servizo de conciliación familiar, que actualmente está en funcionamento e recibe valoracións positivas, foi unha proposta presentada polo PSdeG-PSOE en xuño de 2022, e que naquela ocasión foi rexeitada co voto en contra do grupo de goberno do PP.

A proposta socialista foi defendida no Pleno do 24 de xuño de 2022 como unha medida necesaria para facilitar a vida das familias traballadoras, promover a igualdade e ofrecer unha alternativa útil de apoio á crianza dende o ámbito municipal. Sen embargo, o alcalde e os concelleiros do Partido Popular opuxéronse sen argumentos sólidos, bloqueando a súa aprobación.

Tres anos despois, o Concello de Leiro conta cun servizo de conciliación que funciona con normalidade e que mesmo está a ser promovido polo goberno local como unha iniciativa propia. Para o PSdeG-PSOE resulta incoherente e oportunista que agora se saque peito dunha proposta que foi desprezada cando partía da oposición.

“Celebramos que o servizo estea en marcha e funcione, porque é bo para as familias e para a veciñanza. Pero tamén esiximos respecto e recoñecemento: esta foi unha idea que naceu do noso traballo e da nosa visión de futuro para Leiro”, sinalan os concelleiros socialistas Manuel e Pedro José, voceiro e voceiro adxunto do grupo municipal socialista.

Desde o PSdeG-PSOE reiteran o seu compromiso cunha oposición propositiva, baseada en melloras reais para a veciñanza, e denuncian a estratexia sistemática do PP de bloquear as boas propostas da oposición para apropiarse delas anos despois, cando ven que teñen utilidade social.

27, Xuño 2025

E que vai pasar en Boborás: o mismo que en outras vilas:enchese de xente que ven de afora con dereito de asistencia médica e os facultativos son o mesmo número. 

E ben facil, asi funciona galicia os que estamos todo o ano a sufrir. 

27, Xuño 2025

Os 40 equipos participantes na Primeira RFEF votaron a distribución dos dous grupos da categoria para a próxima tempada entre as dúás propostas consensuadas pola Federación coas territoriais.

Por unha axustada votación de 21 e 19 votos, respectivamente, resultou gañadara a opción B, que deixa ao Arenteiro e o resto de galegos (Lugo, Celta Fortuna, Ourense, Racing Ferrol e Pontevedra) xunto aos 3 equipos castelán- leoneses (Ponferradina, Zamora e Unionistas de Salamanca), os 3 vascos (Barakaldo, Arenas de Getxo e Bilbao Atletic), ademáis do asturiano Avilés, os machego Guadalajara e Talavera, os extremeños Mérida e Cacereño) Osasuna B, Real Madrid-Castilla e Terenife.

26, Xuño 2025

O Concello do Carballiño aprobou hoxe en pleno a habilitación de preto de 1 millón de euros para destinar no que resta de ano á redacción e financiamento de novos proxectos, actuacións en todos os ámbitos de competencia municipal e actividades varias, especialmente culturais, educativas, deportivas, lúdicas e festivas, así como axudas sociais ou ao tecido empresarial.

As partidas máis importantes irán destinadas a proxectos e obras (450.000 euros), Medio Ambiente, en particular a actuacións no Parque Municipal (133.000 euros), inversións no rural (70.000 euros), deportes (70.000 euros) e Cultura (57.000 euros).

En total, serán 970.213 euros, que saen do remanente das arcas municipais, que era de 1,6 millóns de euros antes da aprobación desta modificación e do que agora aínda quedan 600.00 euros.

Alegacións á liña de alta tensión

O pleno da corporación municipal aprobou tamén unha declaración institucional, apoiada polo tanto por todos os grupos políticos, na que manifesta a súa “total oposición ao proxecto das infraestruturas de evacuación de alta tensión ao seu paso polo concello do Carballiño”.

Arguméntao en que “a veciñanza rexeita frontalmente o anteproxecto presentado por consideralo nocivo no ámbito da saúde, do patrimonio natural e arqueolóxico” ou en que ten “un impacto visual enorme” e anuncia que “o Concello do Carballiño presentará alegacións” e “asesorará á veciñanza para que defenda os seus intereses”.

Este manifesto será remitido agora á empresa promotora, á Deputación Provincial de Ourense, á Xunta de Galicia e á Subdelegación do Goberno.

26, Xuño 2025

Actualmente repitese a situación que se daba en Boboras semanas atrás, non hai citas medicas ata dentro de 6 días, ata o próximo mercores 2 de xullo, algo nada positivo e perxudicial para a xente. Aquelo das 48H e papel mollado.

E moi bonito o letreiro do novo centro de saude pero se non te atenden cando o precisas de pouco vai servir o novo edificio por increíble que sexa.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS