14, Marzo 2023

O concello de Avión implantou o servizo Liña Verde no ano 2021, e nestes case dos anos de funcionamento o servizo tivo unha máis que aceptable acollida por parte da veciñanza, comunicando e axundando a resolver un total de 932 incidencias comunicadas durante este periodo de tempo.

O tipo de incidencias máis frecuente son aquelas que fan referencia a “Iluminación” (56%), seguido de “Recollida de Aveños e Voluminosos” (17%) “Incidencia Estradas” (10%), “Limpeza Espazos Públicos” (8%), “Avespa Velutina” (5%) e “Avaría Auga Municipal” (2%). Para poder utilizar este servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia.

O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. o usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O/a cidadán/a á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. A través de Liña Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Fai túa consulta”.

Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta. Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.linaverdeavion.gal. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental ( guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc…).

Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas.

A través do servizo Liña Verde o usuario recibe tamén comunicacións informativas emitidas polo propio Concello para desta forma, estar informado en tempo real. Ademais pode consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información propia do mesmo.

O Concello de Avión considérase satisfeito dos resultados obtidos ata a data e agradece a importante participación cidadá que demostra a implicación e interese da veciñnza polo seu municipio.

13, Marzo 2023

A Fundación Insua dos Poetas celebrará o vindeiro martes, día 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía a través dun programa de actividades no que terán especial protagonismo os escolares da comarcas do Carballiño.

A xornada cultural, que terá lugar a partir das 10,30 horas no parque temático cultural situado na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), conta co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello do Carballiño.

O alumnado participante recitará poemas de Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, figuras centrais da poesía galega que quedarán inmortalizadas en catro novos murais que se irán estreando durante o transcurso da actividade. Estas pezas, expostas na Galería da Literatura Galega, son obra dos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC.

As distintas actividades contarán este ano coa participación dos centros de ensino públicos e privados da comarca. Todos eles recibirán lotes de libros como agasallo.

Iniciativa da Unesco celebrada na Insua dos Poetas dende 2012

O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada en 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas celebra na Insua dos Poetas cada 21 de marzo esta data, sempre co protagonismo do alumnado da comarca.

11, Marzo 2023

A vila termal da Arnoia acolle esta fin de semana o "XVI Encontro de Vilas Termais", na xornada inaugural participaron o alcalde de Leiro Francisco Fernández e o concelleiro carballiñés de promoción económica, industria e turismo Manolo Dacal.

Na asemblea desta segunda xornada participaron, entre outros, o alcalde de Cuntis e presidente desta sección da FEMP, Manuel Campos; o alcalde de Arnoia e vicepresidente primeiro da mencionada sección, Rodrigo Aparicio; a alcaldesa de Alange e vicepresidenta segunda de Vilas Termais, Julia Gutiérrez; a alcaldesa de Boborás e deputada, Patricia Torres; o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo; ou o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.

O programa da xornada de hoxe inclúe a presentación dun proxecto da FEMP que se enmarca no plan "Experiencias Turismo España", dentro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia; unha presentación sobre a historia da EHTTA; o 150 aniversario da vila termal de Mondariz; ou a presentación de Termatalia 2023, ademais das visitas a Arnoia e Ribadavia.

11, Marzo 2023

Pachi Vázquez presentouse ante os seus incondicionais,e non so do Carballiño senón tamén chegados doutros concellos da comarca e mesmo doutras localidades galegas, cun "cheo ata a bandeira" destacan desde Espazo Común, no que foi o acto organizado para iniciar a súa campaña preelectoral coas vistas postas no 28 de Maio e coa idea de ser de novo alcalde do Carballiño, cargo que xa obstentou durante 10 anos, entre 1995 e 2005.

Na previa á intervención do candidato á alcaldia, tomou a palabra Adolfo Nogueira, para expresar a súa convicción de que "Espazo Común é xa a referencia da política no Carballiño, despois de catro anos de intenso traballo. Estando en cada recuncho onde foron requeridos pola veciñanza, presentando propostas en tódolos plenos e fiscalizando o desastre do actual goberno para denunciar os moitos erros que foron deixando, cal regueiro, polo camiño".

Pachi Vázquez abríu a súa intervención manifestando “estar con gañas e ilusión para devolverlle a O Carballiño todo o que lle debo traballando para construirlle un futuro”.

Asemade esbozou certas accións que serán as primeiras "no caso de ter, despois do 28 de maio, a responsabilidade de gobernar Medidas para resolver o conflito do Asilo, sobre o Centro de Saúde, sobre o pendello intermodal, melloras ambiciosas no sistema de conciliación e algunhas máis que irá desgranando nas vindeiras semanas".

Vázquez puxo en valor o equipo humano de Espazo Común "o mellor equipo de homes e mulleres e temos gañas. Cando quixeron pechar un colexio, alí estabamos nós. Cando comezou o conflito no Asilo, alí estabamos nós. E así en tódolos temas importantes deste pobo. A xente xa sabe quen traballa e quen só fai fotos”.

Asegurou que "xa falan de pactos e de acordos, o noso único acordo é cos veciños e veciñas deste pobo. Nós imos a gañar e, pese a quen pese, imos estar no vindeiro goberno municipal” dixo Vázquez que foi ovacionado en varias ocasións polos asistentes.

10, Marzo 2023

Nunha desas campañas rimbombantes de engañabobos o concello agasállanos cunha "institución pública" dependente do Goberno de España, que dende 1947 (gobernos de Franco)  traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico. Outro chiringuito.

Din que teñen un patrimonio de 25 millóns de euros, que participan en moitas empresas, a través da súa sociedade de capital-risco Vigo-Activo.

Pero non aclaran nada sobre as ferramentas que poden aportar para o Carballiño. Nin as liñas de financiamento nin nada de nada. E chamándose a sociedade de capital risco, Vigo activo, dubido moito que empreguen os recursos no Carballiño activo.

Benvidos sean os recursos para O Carballiño veñan de onde veñan, como se veñen  do Tito Berni. Pero se non aclaran que tipo de prestancións pode achegar esta institución soa todo a bombo electoralista.

 

10, Marzo 2023

os empresarios do Carballiño coñeceron hoxe de primeira man as posibilidades que ofrece o Consorcio da Zona Franca de Vigo para as súas empresas, en apoio á identificación de chan empresarial, proxectos, financiamento ou programas de aceleración e internacionalización. O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, mantivo un encontro con empresarios do municipio, na casa do concello do Carballiño, acompañado polo alcalde, Francisco Fumega.

David Regades destacou que “os instrumentos da Zona Franca están ao servizo das empresas para crear emprego” ademais de subliñar que “esta reunión é un exemplo de que poden pedirnos este tipo de encontros para coñecer que ferramentas pode ofrecer o Consorcio. Ferramentas que van desde a identificación de chan empresarial, o apoio do capital risco, coa sociedade Vigo Activo, ata os programas de aceleración de proxectos empresariais e internacionalización”, destacou.

O alcalde, Francisco Fumega, asegurou que “se trata dunha iniciativa que permite reforzar o tecido empresarial do concello e afianzar as posibilidades de afianzamento e expansión do mesmo, a través duns mecanismos que xa están a dar os seus froitos noutros municipios galegos”.

No Carballiño reuníronse representantes de empresas de diferentes sectores do municipio, que se interesaron especialmente polas ferramentas de financiamento do Consorcio, o acceso a apoios para a internacionalización ou as características do chan franco.

Asistiron tamén, ademais do alcalde, outros membros do goberno municipal como o concelleiro de promoción económica e técnicos deste departamento.

Previamente, David Regades mantivo un encontro co goberno local no que coñeceu os seus plans para a ampliación de chan empresarial e acordouse avanzar nun acordo para que Zona Franca poida dar apoio técnico ao Concello ourensán.

Na actualidade o chan empresarial do concello atópase practicamente esgotado, estando en espera da posta en marcha dunha nova fase de ampliación do parque empresarial existente, incluído nas novas áreas empresariais de Galicia e cunha superficie de 1.500.000 metros cadrados que se estenderán polos concellos do Carballiño e Maside

Zona Franca de Vigo é unha institución pública dependente do Goberno de España, que desde 1947 traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico. Administra unha zona franca con todas as vantaxes para Import/Export, é o principal promotor de infraestruturas empresariais, promove a innovación e o emprendemento e xestiona un volume de activos 520 millóns de euros. Os seus seis parques empresariais (Balaídos, Bouzas e PTL en Vigo, A Granxa en Porriño, Porto do Molle en Nigrán e Plisan en Salvaterra-As Neves) contan con 8 millóns de metros cadrados. Alí están asentadas 705 empresas que empregan a máis de 20.000 persoas.

Vigo Activo é unha sociedade de capital risco e brazo investidor de Zona Franca de Vigo. Conta cun patrimonio de 25 millóns de euros e participa en máis de 70 compañías.

9, Marzo 2023

Todo a punto, incluidas as condicións meteoroóxicaas que melloran a paritr deste venres, para a celebración da XX edición da Feira do Stock de Carballiño CCA, que se levará a cabo esta fin de semana , 10, 11 e 12 de marzo na Praza Maior.

O comercio local sae a rúa para incentivar as ventas e animar a todos os veciños da comarca e visitantes a mercar artigos de tempada con grandes descontos e a prezos de liquidación.

A apertura de portas levarase a cabo o venres 10 ás 17:00h e pechará ás 21:00h. Continuará sábado 11 e domingo 12 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:30 a 21:00.

Para animar tamén aos máis pequechos da casa, haberá animación infantil a cargo da empresa da vila, Tempo Libre Máxico, na que se realizarán diferentes talleres, o sábado e domingo pola tarde.

O Carballiño CCA organiza o evento coa cofinanciación da Xunta de Galicia - Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. e a colaboración do Concello de O Carballiño.

8, Marzo 2023

Os concellos da comarca celebraron actos institucionais con motivo do Dia da Muller, en algunhos casos as actividades conmemorativas aínda continuarán no resto da semana, como será o caso do Carballiño, Piñor ou Avión, que organizan diversos actos para a fin de semana.

8, Marzo 2023

Asi  o anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso da súa intervención no acto institucional organizado polo concello este 8 de Marzo con motivo do Dia Internacional da Muller.

Asi, desta maneira, Fumega anunciou que o rueiro carballiñés engadirá máis nomes de muller ás que xa presenta na actualidade, como Rosalía de Castro, Margarita Taboada, Ana Maria Mogas, Aldara ou Amalia Fernández Mosquera.

Neste mesmo acto institucional celebrado este mediodia no concello do Carballiño, a concelleira de igualdade Guadalupe Sobrado procedeu á lectura dun manifesto, un acto ao que asistíu unha representación do alumnado dos centros educativos carballiñeses, asi como de diversos colectivos e asociacións de mulleres.

8, Marzo 2023

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e os concelleiros de Medio Ambiente e Seguridade, Rita Soto e Manuel Sotelo respectivamente, visitaron o primeiro emprazamento do punto limpo móbil xunto ca representante da Asociación de Veciños de Arcos, Alsira Fernández. A intención é facilitar, in situ, o depósito dos residuos ós veciños e fomentar ó mesmo tempo a reciclaxe. Desta maneira as poboacións máis afastadas do centro poderán contar cun método de recollida selectiva, evitarase o risco medioambiental ó eliminar os vertedeiros incontrolados de residuos domésticos perigosos e permitirá un maior coñecemento da reciclaxe por parte de usuarios e administración.

O punto limpo móbil conta con oito compartimentos para a recollida selectiva dos seguintes residuos: pequenos electrodomésticos; papel e cartón; aceites usados ( aceite doméstico usado e embotellado); lámpadas e fluorescentes; envases de vidro; pilas e baterías; roupa e calzado; envases de plástico, latas e bricks.

O camión grúa levará cada luns o depósito a un novo espazo do concello. Na actualidade o goberno local xa ten planificados os lugares para os próximos 3 meses. Logo de Arcos, o punto limpo móbil estará, por esta orde, en Pol, Costoia,Trigás, Catro Camiños, Veiga, Esgueva, Mudelos, Longoseiros, Mesego, Miomás, Partovia e Señorín.

Esta iniciatitiva do Concello do Carballiño en colaboración ca Xunta de Galicia está enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado a través da Unión europea- Next Generation EU.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS