8, Xullo 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia un novo capítulo de “recortes”, “precarización” e “desmantelamento” sanitario levado a cabo polo Partido Popular na provincia de Ourense. Desta vez, tocoulle a Punxín que veu reducido o horario de atención do centro de saúde, onde se presta servizo unicamente dende as 12:00 horas. Unha situación que os e as socialistas denuncian que chegou “sen previo aviso”, máis aló dun cartel colocado no centro de saúde e que provoca que os usuarios e usuarias se atopen coas portas totalmente pechadas.

Para o PSdeG-PSOE este é un “novo episodio” do capítulo de “desleixo” e “abandono” co que o Partido Popular de Galicia e Alfonso Rueda tratan á provincia de Ourense. Os e as socialistas esixen “solucións inmediatas” a esta problemática, xa que segundo apuntan “están rematando coa sanidade do rural e obrigando á veciñanza a marchar a outros municipios para poder ter uns servizos dignos”. Neste senso, tamén destacan que “de pouco vale traer un autobús polos municipios prestando servizos sanitarios se a veciñanza non dispón dunha atención sanitaria digna no seu día a día”.

A voceira do PSdeG-PSOE de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, reivindica unha atención sanitaria de “calidade” para a veciñanza, xa que segundo explica “reducíronse os servizos sanitarios e en moitas ocasións, tan só se prestan os mesmos durante dúas ou tres horas”. Neste senso, a edil socialista manifesta que dende o PSOE “imos a loitar para que esta situación non continúe, para que se cubra a praza da médica xubilada fai uns meses coas mesmas condicións e para que a veciñanza sexa atendida dignamente”.

Peleteiro Vázquez critica a postura do PP e afirma que “falan de defender o rural, pero a realidade é que os servizos no rural están cada vez máis esquecidos”. No vindeiro pleno municipal, as concelleiras socialistas presentarán unha moción neste senso, na que agardan contar co respaldo do resto de forzas para a “defensa da sanidade pública en Punxín”, xa que tal e como apuntan “a nosa veciñanza así o merecen”.

Pola súa banda, a deputada autonómica do PSdeG-PSOE de Ourense, Marina Ortega Otero, afirma que os e as socialistas “reclamamos unha sanidade pública de calidade e proximidade para a veciñanza”. A parlamentaria socialista puxo o foco en que dende o PSOE “reivindicamos que en Valdeorras, Verín, no CHUO e nos centros de saúde das aldeas, que están a sufrir a falta de previsión por parte da Xunta, xa que non ten contempladas as xubilacións, se aposte por reforzar os servizos”. Neste senso, fixo fincapé en que Punxín “é o reflexo desta premisa e o que está a suceder é que dende que a médica se xubilou existe unha deficiencia na atención, non só de horario, senón que ademais comparten facultativo con outro concello, algo que non podemos permitir”.

Ortega Otero acusa ao goberno galego do Partido Popular de “vender a lei de demografía a bombo e platillo e con moito marketing, que non serve para nada se realmente non se blindan servizos básicos no rural como a sanidade, a educación e os servizos sociais”. Neste senso, apunta a que “seguiremos cos mesmos problemas demográficos e cos peores datos vexetativos do conxunto de Galicia e do Estado, namentres non se aposte de xeito decidido por políticas positivas e que non discriminen o rural”. Por último, afirma que “non podemos permitir que Ourense siga á cola e que o goberno galego siga a discriminar a provincia e por iso levaremos ao Parlamento de Galicia esta reivindicación”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, fixo fincapé en que o que está a ocorrer en Punxín “é un caso máis do que está a pasar nunha provincia que padece a desatención da veciñanza e das persoas maiores”. O voceiro dos socialistas ourensáns na Deputación de Ourense tamén se pregunta “que destino lle queda á xente que desexa establecerse e vivir nos pequenos concellos?” e sinala que “parece que para o PP ningún, posto que levan a cabo un recorte constante e masivo de recursos sanitarios, e iso leva a unha situación case sen saída”.

Villarino aféalle ao PP que “bote as culpas a Madrid dunhas competencias que son autonómicas, en lugar de poñer máis prazas de médico a dispor da cidadanía”. O líder dos socialistas ourensáns destaca que “queremos que o rural sexa un lugar digno para vivir e non imos permitir que a Xunta se esqueza de Punxín, nin de Ourense, polo que vimos de solicitar esa sensibilidade que precisamos con recursos e con feitos”. Por último, sinala que “no caso de non mellorar a situación, a xente rematará por marchar de todos os pequenos núcleos rurais que nutren esta provincia, algo que será letal para Ourense”.

7, Xullo 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca o “importante” pulo levado a cabo polo Concello de O Carballiño e a Secretaría de Turismo do Goberno de España para que a Festa do Polbo pase a ser de Interese Turístico Internacional. Os e as socialistas salientan que con esta declaración “potenciarase” unha das festas de maior relevancia da provincia, “atraendo” un maior número de visitantes e dando “maior visibilidade” ao traballo dos carballiñeses e carballiñesas por potenciar esta cita cultural, festiva e gastronómica.

A Festa do Polbo que chegará neste ano a súa 60ª edición, vense celebrando o segundo domingo de agosto dende 1962 e atrae cada ano a máis e máis persoas a vila do Carballiño. Cabe lembrar que en 2012, xa foi declarada como Festa de Interese Turístico Nacional, por parte do Ministerio de Industria e coa declaración Internacional “potenciase aínda máis unha festa de gran relevancia no municipio, na comarca e na provincia”. Foi este mes de abril, cando o goberno municipal encabezado polo socialista, Paco Fumega, presentou a solicitude ao Goberno central, que finalmente apostou por concederlla. O deputado no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Adolfo Pérez Abellás, salienta que con esta declaración “potenciamos non só a vila do Carballiño, senón a provincia de Ourense, dándolle maior visibilidade a nivel internacional e promocionando a nosa cultura e gastronomía, que son únicas, por todo o mundo”.

O parlamentario ourensán, que exerce como voceiro da Comisión de Industria, Comercio e Turismo dende febreiro de 2020, tamén pon de manifesto que esta declaración “é unha oportunidade única para atraer un maior número de visitantes a nosa provincia, potenciar o turismo de interior e pór en valor o rural ourensán e o interior de Galicia”. Pérez Abellás destaca que para esta concesión “tívose en conta non só o interese real dende o punto de vista do turismo, senón tamén a antigüidade da celebración, a súa continuidade ao longo do tempo, na que se celebrou de forma interrompida, ou o arraigo da Festa do Polbo entre a sociedade, e que se pode comprobar ano tras ano cos milleiros de persoas que se desprazan ata O Carballiño para desfrutar desta cita marcada en vermello no calendario de festas e celebracións da provincia”.

Un feito que para o parlamentario socialista “é histórico e amosa o compromiso que o Goberno central, encabezado polo PSOE ten coa nosa provincia”. A Festa do Polbo convértese na segunda de recoñecemento internacional, tralo Entroido de Xinzo e os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE de Ourense seguirán traballando para acadar novos recoñecementos para a provincia no futuro. “Temos que seguir remando por impulsar Ourense e as súas citas gastronómicas, culturais e festivas como un reclamo para potenciar o turismo na nosa terra”, destacan os parlamentarios Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón e Miguel Bautista.

6, Xullo 2022

A Secretaría de Turismo do goberno de España ven de comunicarlle oficialmente ao alcalde do Carballiño que a Festa do Pulpo xa foi declarada como "Festa de Interese Turístico Internacional".

"Un verdadeiro orgullo para O Carballiño", proclamou o rexedor municipal nunha interveción en COPE O Carballiño, na que tivo un recoñecemento "para todos os alcaldes que durante estes 60 anos contribuiron a que cheguemos a este dia, para toda a xente do Carballiño e tamén moi especialmente para os pulpeiros e pulpeiras de Arcos-O Carballiño", como grandes artífices da tradición do pulpo á feira.

Fumega destacou o gran paso que con esta declaración da a Festa do Pulpo, que a partir de agora contará con maior promoción e maiores subvencións, e avanzou que coincidindo coa estrea da internacionalidade para o próximo dia 14 de agosto agarda poder inaugurar o gran monumento ás pulpeiras que se ubicará na rotonda do cruce da N-541 coa avenida do Balneario e a rúa Martínez Avellanosa.

5, Xullo 2022

Para eso é útil a política local, pra loitar polos servizos públicos no rural cada vez máis desatendidos e degradados. E non pra traer tal ou cal orquesta e encher unha festa de xente que non consume, e de lixo que hai que recoller.

Todo o pobo de Punxín debería estar coas concelleiras nesta causa. Elas protestan por algo que chama ao ceo. Pero os que tamén deben protestar son os veciños, porque neste caso concreto pouco se pode esperar dos representantes do goberno local sometidos aos caprichosos e propagandísticos designios ou ben do nunca ben ponderado presidente da Deputación, ou ben do presidente da Xunta, corresponsable da máxima degradación da atención primaria.

E no resto dos municipios debemos estar ollo avizor porque a paulatina degradación da atención primaria irá a máis se non protestamos.

5, Xullo 2022

ABANCA e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto veñen de asinar un novo convenio financeiro de colaboración que busca dar apoio ao comercio de proximidade a través do acceso ao crédito de alternativas creadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais.

O documento foi asinado  polo director de zona de ABANCA en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campos, e polo presidente da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, Julián Garriga Crespo. Tras a rúbrica, ambos representantes compartiron impresións sobre a situación actual á que se enfrontan os negocios de proximidade. A través deste acordo, os comerciantes adheridos terán acceso a vantaxes, como un plan de financiamento creado polo banco e a agrupación de comerciantes para dar resposta ás necesidades do colectivo.

No documento detállanse produtos e servizos creados para realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios. Así, terán acceso a préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. Para adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio, o documento recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming .

O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións eficientes ante a crise. Os asociados poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais . Estes últimos aumentaron notablemente o seu uso nos últimos tempos debido ao incremento do comercio por internet. Os adheridos tamén terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

4, Xullo 2022

As Concelleiras Socialistas de Punxín califican de vergoñento o que está a suceder no Centro de Saúde de Punxín, que esta mañá se atopaba totalmente pechado e sen ningún tipo de información ao respecto.

Dende o Grupo Municipal Socialista en Punxín, esixen a solución inmediata desta problemática, para Peleteiro “esta non é a forma de defender o rural nin a sanidade pública”, indica ademais, “de pouco vale traer un autobús polos municipios prestando “servicios sanitarios” si a veciñanza non dispón da atención sanitaria no día a día”.

Dende o PSdeG de Punxín indican que xa en datas pasadas se reduciu o horario de atención no Centro de Saúde, prestando servicio unicamente dende as 12 horas, e sen aviso previo máis que un cartel no propio Centro de Saúde, pero esta vez, os usuarios e usuarias atopáronse coa porta pechada e sin ningún tipo de aviso.

A voceira socialista en Punxín, Lorena Peleteiro comunica que, “levaremos esta situación ao próximo pleno da corporación municipal, defender a sanidade pública e unha atención de calidade no Centro de Saúde de Punxín debe ser unha prioridade de todos e todas, e condeamos que unha vez máis o grupo de goberno mire para outro lado e non sexa quen de defender á veciñanza de Punxín”.

3, Xullo 2022

O concello do Irixo, en relación as queixas manifestadas publicamente dende a Asociación da Banda de Gaitas desta localidade, ven de publicar un comunicado informativo, que reproducimos na súa integridade:

"A banda de gaitas e danzas do Irixo leva anos levando o nome do noso concello por diversos lugares do mundo ( Argentina, Francia, Suiza, Pais Vasco,…), asi como sendo formadora da nosa cultura e folclore galego en moitas xeracións de nenos e nenas do Irixo e a súa contorna, que o longo de estos anos levan pasando por ela.

Era habitual que país, avos destes nenos estiveran desexando que chegasen as festas patronais das distintas parroquias do noso concello para ir ver tocar e bailar os seus rapaces. Pero dun tempo a esta parte esto foi desaparecendo.

Desde fai uns anos decidiuse que a xestión da banda fose levada por unha asociación, que é a mesma que a esta a xestionar nas datas actuáis.

A pesar de que a xestión da banda era a través de dita asociación, segue sendo o concello quen se fai cargo de todos os gastos ocasionados pola banda :
•Por un lado concedeselle a dita asociación unha subvención anual de 7.200 €, sóamente para os gastos de impartición das clases presenciais que se lle dan os alumnos os sábados pola maña. Nas anualidades 2020 e 2021 esta cantidade reduciuse debido o covid, que impideu que estas clases presenciais se pudesen realizar. Habendonos comprometido dende o concello que na anualidade 2.022 esta cantidade volvería a ser a inicial de 7.200 € no momento no cal se aprobasen os presupostos e eles nos xustificasen dito gasto ( mesmos requisitos que se lle esixen a todas as asociación as cales se lle conceden subvencións nominativas)
•Aparte de esta subvención nominativa o concello faise cargo do mantemento e gastos do local de ensaio ( compra de armarios, compra e estufa de pellets,…).
•Asimismo cando participan en diversos destivais facemonos cargo de traslados ( por ejemplo recentemente a Xunqueira de Ambia )
•Somos os encargados de organizar e sufragar os gastos ocasionados polo festival musical que se celebra no mes de Xullo do concello no que participan varias bandas.

A cambio de todo esto, dende o concello sóamente lle pedimos a asociación que seguirán impartindo e espallando a nosa cultura galega entre os nosos cativos.
Asicomo que seguirán participando de xeito gratuito e como viña facendo a banda dende tempos pasados nos actos municipais, o unas mismas patronais das nosas parroquias.

Visto que estas actuacións se deixaron de facer e sóamente asisitían as misas patronais se a súa actuación era remunerada, asicomo o descenso de nenos na banda, ou as queixas que empezamos a recibir dos país dos nenos, foi cando empezaron os problemas coa a asociación que a esta a xetionar.
Queremos deixar claro desde este momento que en canto se aproben os presupostos municipais a asociación si se lle van abonar estos 6 meses que impartiron clases.

E sobretodo queremos transmitir a todos os país e demais vecinos do Irixo, que en ningún momento se pensou en desfacer a banda nin en cerrar a escola de música, A BANDA DE GAITAS DO IRIXO VAI SEGUIR FUNCIONANDO, sóamente que vamos a cambiar a xestión da mesma. Un cambio que esperemos que redunde nun mellor funcionamento en un mellor aproveitamento dos recursos".

3, Xullo 2022

A Banda de Gaitas O Irixo, reclama ao Concello do Irixo o pago das clases impartidas polo profesorado nos últimos dous cursos. Indican, a través dun comunicado feito público, que "devanditos pagos e contías foran acordados mediante a firma dun convenio de colaboración entre ambas as entidades en 2020 asinado polo alcalde do Irixo e a secretaria do Concello, incumprido posteriormente, asi como acordos verbais ao comezo dos cursos 2021 e 2022.

O profesorado da Banda de Gaitas do Irixo, en virtude dos devanditos acordos, impartiu as clases establecidas durante todo este período, sen recibir a cambio os pagos". O pasado sábado día 18 de xuño de 2022, a agrupación musical facía público nas súas redes sociais, a paralización das actividades educativas na Banda de Gaitas do Irixo, debido á falta de pagamento ao profesorado por parte do Concello do Irixo. A Asociación de Gaiteiros do Irixo (asociación sen ánimo de lucro vinculada á Banda de Gaitas O Irixo), que no ano 2020 asinou un acordo de colaboración co Concello, no que a corporación municipal comprometíase-aseguran- a destinar unha contía de 7200 Euros anuais á Asociación para o pago de profesorado, leva desde ese mesmo momento sen recibir a contía total acordada e destinada a tal fin. Dita contía, permite sufragar os custos de profesorado para Gaita e Percusión unicamente, manifestan.

Dende a directiva da asociación, subliñan que en varias ocasións tratou de buscar medios alternativos para recuperar o diñeiro e seguir mantendo a escola, acordara co rexedor Manuel Cerdeira (en xaneiro de leste mesmo ano 2022), cobrar as tres actuacións máis importantes do municipio por medio dunha subvención da Deputación de Ourense. Así mesmo, na devandita reunión, o rexedor garantiu que se destinaría a contía de 7200 Euros para o pago de profesorado durante o curso 2022. Por unha banda, aclaran dende este colectivo, para a solicitude desas tres actuacións, o Concello actuaría de promotor das actuacións e desta maneira devolvería o diñeiro debido á agrupación. As tres actuacións subvencionadas acordadas serían: a romaría da “Pena dá Sela” na parroquia de Dadín, o Festival Músico - Cultural que ten lugar cada verán desde o ano 2019 no concello, e a festa de Santa María, na parroquia de Ou Campo o 15 de agosto. Manifestan a súa sorpresa, tanto da directiva como do alumnado da agrupación musical, porque "a corporación municipal só solicitou a Banda de Gaitas para a actuación da festa do 15 de agosto. Desta maneira, a actuación da romaría da “Pena dá Sela”, na que a Banda de Gaitas O Irixo participaba tradicionalmente, queda sen subvención e sen actuación da agrupación".

Os compoñentes da Banda de Gaitas O Irixo lamentan "non poder participar neste evento e non entenden a actitude conflitiva, chantajista e pouco profesional da corporación municipal". Quéixanse da falta de compromiso, seriedade e respecto cara a un grupo de case 30 músicos de diferentes idades e localidades, que levan o nome do Concello por toda a provincia e tamén fóra dela". Por outra banda, da contía orzamentaria de 7200 euros correspondente ao 2022, a día de hoxe, aseguran que a asociación non percibiu ningún ingreso, de forma similar ao sucedido en anteriores cursos.

Isto, "xunto coa non solicitude das actuacións acordadas, imposibilita tanto a execución do pago ao profesorado durante o curso corrente, como o pago de contías debidas en cursos anteriores". Desde a directiva da Asociación de Gaiteiros do Irixo, reclaman ao Concello do Irixo "o reintegro das contías acordadas, para así poder executar os pagos pendentes, recuperar as actividades didácticas e continuar co labor cultural e social da Banda de Gaitas do Irixo".

2, Xullo 2022

Mira que non hai locais de hosteleria agonizando, como para poñer neste evento barras e comida , incluso xa montando fora do recinto mesas por as aceras dacpraza mayor. 

Que pasa, que non interesa mandalos para ondecteñen as grandes orquestras e actuaccions ou non interesa. 

Non habera cousas que facer sen ter que competir con postos que veñen doutros sitios, pero esta vila vai asi. 

Con pasearvparaxarriba e para abaixo o concelleiro de turno ahora que hai algo feito buscando o pataben de algun xa esta. 

Podrian poñerlle de pe de foto da presentacion do programa cultural "os dous de sempre" ou "heroes" porque a cara e o sorriso destes concelleiros e de salvar a vila ouno mundo. 

Por certo esa oposicion dunha cor ou de outra, que se preocupa por postos de traballo, asilo, e todo o wue de votos, podian botar un ollo o seu arredor e ver comercio e hosteleria que estamos todo o ano, e somos ben mais....ou non intersamos? 

1, Xullo 2022

Armando (Armando Montero Vidal) é un alumno do IES Chamoso Lamas que ven de rematar os seus estudos de Bacharelato no bacharelato para adultos que se imparte no centro. Armando naceu en Veracruz (México), aínda que viviu parte da súa vida na Baixa California. Un accidente truncou os seus estudos ao deixalo en silla de rodas e con outras problemáticas de saude asociadas.

Fai xa uns anos que chegou ao Carballiño, acollido por un familia do noso pobo. Despois de realizar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, matriculouse en Informática na UNED, pero diuse conta de que despois de tantos anos sen estudar faltábanlle por coñecer moitas cousas básicas. Pero lonxe de rendirse, decidiu empezar dende abaixo e matriculouse no IES Chamoso Lamas para sacar o título de ESO por adultos, a coñecida como ESA.

Unha vez que rematou, decidiuse por facer o Bacharelato Tecnolóxico no noso centro, que pandemia polo medio e uns cantos avatares máis, ven de rematar neste pasado curso con éxito. Un éxito que foi a base de esforzo e como di el mesmo, "de ganas, con ganas o resto non importa".

No IES Chamoso Lamas veñen de facerlle un pequeno agasallo, a el que tanto lle gusta a lectura, porque alumnos como Armando son un espello no que ás veces mirarnos. Sorte nos próximos estudos que inciará xa en setembro, aínda que estamos seguros de que lle irá ben.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS