4, Xaneiro 2022

O Carballiño alcanza hoxe os 367 casos activos de covid, polo que descontadas as altas médicas dadas no último dia, son 54 os novos positivos diagnosticados no municipio carballiñés nas últimas 24 horas, o que representa un novo record de incremento diario no concello do Carballiño.

No resto de municipios, as novas cifras actualizadas de contaxios é a seguinte: Maside 59, Boborás 27, Cea 25, Punxín 23 (+ 8 no último dia) San Amaro 19, Leiro (17) O Irixo 13, Avión 12, Piñor 6 e Beariz 5.

4, Xaneiro 2022

José Fariña Jamardo (Caldas de Reis, 1919 – Madrid, 2008) é unha figura vencellada á historia do Carballiño e protagonista, cando non promotor, de proxectos que forman parte do legado social e cultural da vila. Secretario municipal do Carballiño durante un tempo, tamén realizou esa mesma función noutros concellos de Galicia e do resto do Estado, foi Oficial Maior do Parlamento de Galicia e mesmo se desenvolveu na empresa privada como directivo nas firmas Barreiros Diésel e Chrysler España.

Á súa faceta de perfecto coñecedor da administración local e autor de estudos sobre a mesma, que entre outros lle valeron o premio Losada Diéguez por un dos seus traballos, sumou a de novelista e poeta.
Ademais de ser o autor da pioneira , editada en 1961, entre as súas obras figuran varios títulos vencellados á vila. O libro de poemas (1957) ou as novelas (1971), (1980) e (1981) son títulos do creador de iniciativas como os encontros Tasca e Literatura ou do Boletín Municipal do Carballiño.

Coincidindo coa celebración dos 40 anos da publicación da obra o Concello quixo lembrar o traballo de Fariña Jamardo e promover, a xeito de homenaxe e lembranza do que fora secretario municipal da vila, a publicación dun volume que recolle a edición fascímile de dúas obras vencelladas no tempo e na temática, como son e . Unha realidade, a da feira, que constitúe o sinal de identidade do pobo e que Fariña Jamardo recreou con beleza e mestría na súa novela.
A publicación fascímile das dúas novelas de Fariña Jamardo, que se promoven en edición non venal como se fixo no seu día con de Emilia Pardo Bazán, inclúe un estudo introdutorio do historiador Xosé Luis Sobrado Pérez.

Na presentación da obra, actividade que se desenvolveu esta mañá no Concello do Carballiño, participaron o alcalde, Francisco Fumega, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e Xosé Luis Sobrado, do Centro de Estudos Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño. O Concello editou 1.000 exemplares da publicación e a mesma será de distribución gratuita.

3, Xaneiro 2022

Hai un ano o Concello do carballiño foi o primeiro en anunciar que a recepción das "Súas Maxestades de Oriente" se realizaría por medios telemáticos, resultando un éxito tanto a participación como a súa execución. Este ano, dende a concellería de cultura, adiantan que xa estaban a traballar nun modelo de cabalgata similar ao dos anos anteriores ata que a comezos do mes de decembro os casos de contaxios comezaron a multiplicarse e se decidiu realizar o evento de forma estática con aforo controlado.

Unha nova variable , a inestabilidade metereolóxica que se prevé para este mércores, fixo que dende o concello se decidira manter o evento ó exterior, para poder levar a cabo a actividade con total garantía sanitaria, facendo uso dunha carpa e adaptando a animación ó novo espazo, a Pista Vermella, situada na céntrica Praza do Emigrante do Carballiño.

Así, o mércores, 5 de xaneiro, as cativas e cativos do Carballiño, poderán visitar ós Reis Magos dende as 18 ata as 20 horas. O evento tamén contará con animación musical e diversas figuras que contribuirán a ter un ambiente máxico nunha data sinalada para as familias. Ó final do percorrido as familias poderán depositar as súas cartas cos desexos nun buzón real.

Dende o Concello do Carballiño recordan que os usuarios e usuarias deberán respectar as medidas vixentes en materia sanitaria. Así, o espazo contará con persoal que vixiará que se cumpran os aforos e as medidas, facendo uso da mascarilla e se manteña a distancia interpersoal.

3, Xaneiro 2022

De dia a dia, e de record en record de contaxios, asi continúa desenvolvendose esta sexta onda da pandemia no Carballiño, hoxe xa son 328 contaxios activos, dels 217 son positivos diagnosticados durante a última semana.

Maside ten 54 contaxios activos, deles 31 diagnosticados a última semana. Boborás rexistra 25 casos activos, Cea 23, San Amaro 17, Leiro 16, Punxín 15, O Irixo 11, Avión 10, e Piñor e Beariz, 5.

2, Xaneiro 2022

A "Finca Jona" de Loeda, no concello de Piñor, é polo tempo do nadal unha visita de "culto" para cada ano máis familias da comarca, e máis alá, sobre todo dende a cidade de Ourense e a veciña comarca do Deza.

Tamén é unha homenaxe de Pepe e Isabel para o seu fillo "Jonathan", aquel mozo que tanto gozaba co nadal.

Situado a carón da estrada N-525 abre a diario, aínda ata pasar a festividade de reis. 

2, Xaneiro 2022

A comcarca carballiñesa ven de entrar no ano novo cun novo record de contaxios de toda a pandemia, superando xa os 400 casos activos, coa capitalidade comarcal á cabeza, O Carballiño estrea ano con 288 contaxios, seguido de Maside con 52.

Boborás con 25, San Cristovo de Cea con 19, San Amaro e Punxín con 18, son os concellos con máis casos no mapa comarcal do coronavirus. Logo, séguenlle O Irixo con 12, e Beariz e Piñor con 5.

Leiro comeza o 2022 sumando 16 contaxios e Avión 10.

1, Xaneiro 2022

O Novocine de Leiro ofrece ata o xoves dia 6 de Xaneiro 4 películas, cos seguintes horarios.

-Canta 2: sábado, domingo, mércores e xoves ás catro da tarde.

-Encanto: lúns e martes ás catro da tarde.

-West Side Story: lúns e martes ás seis e cuarto da tarde.

-SPIDER-MAN: sábado, domingo, mércores e xoves ás seis e cuarto da tarde.

A entrada para cada película ten un prezo de 5 euros. O Novocine de Leiro está adherido ao Bono-Cultura da Xunta de Galicia. Reserva de entradas: Teléfono: 988 488 189

31, Decembro 2021

O Carballiño notifica hoxe un novo record de contaxios activos, 244 casos, que sumados o resto dos concellos da comarca dannos unha cifra total de 384 persoas con infección activa de covid neste dia de fin de ano. Delas, 4 precisaron ingreso hospitalario e unha permanece na UCI.

En Maside despídese o ano con 48 contaxios activos. Boborás chega aos 25 contaxios activos, San Cristovo de Cea ao 19, San Amaro aos 18, Leiro aos 16, e Punxín aos 12. O Irixo rexistra 9 contaxios activos e Piñor 5. Avión e Beariz están con 4 contaxios.

30, Decembro 2021

Os socialistas afirman que "despois de varios meses de mentiras e manipulacions por parte do Alcalde de Leiro, no tema das axudas os autónomos do noso Concello quédanse sin subvención neste ano 2021, por non utilizar dita partida o Grupo de Goberno, por eso queremos sair ao paso dunhas manifestaciónn que fixo o rexedor nos medios, xa que son totalmente falsas, o alcalde xustificaba a perda da subvencion nesta ano 2021 pola saturación de traballo do personal do Concello, pero a realidade e outra, xa que a un funcionario do Concello, o teñen nun despacho apartado, sin realizar ningún tipo de traballo", aseguran dende o PSdeG-PSOE.

O Portavoz socialista Manuel Rodríguez manifesta que "dende que se aprobou en Pleno alo polo mes de Febreiro a asignación para a axuda os autónomos afectados pola pandemia no noso Concello, o rexidor deu todo tipo de evasivas as preguntas por min formuladas, tamén asegurara que falara cos servizos da mancomunidade para establecer unhas bases e que lle constaba que están traballando nelas, nos respostou no Pleno celebrado 28 de Xuño de 2021, en outro dos Plenos neste caso do 25 de Octubre do 2021, chegou a decir que con relación as axudas a autónomos estábase coas bases, que se estivo esperando a ver como quedaba a pandemia, e xa neste ultimo Pleno do mes diciembre, volveu coa mesma cantinela",remarca.

O Grupo Socialista de Leiro "exiselle o Rexidor, de que dea explicacions os veciñ@s, en particular os autónomos por non haber repartido, a día de hoxe, como estaba previsto, axudas por 15.000€ como consecuencia dos perxuicios ocasionados pola pandemia Covid-19 os autónomos".

Os socialistas de Leiro aféanlle ao alcalde que durante o ano 2021 "executou catro modificacions de crédito con cargo o Remanente de Tesoureria por un importe de máis de 198.000,00€. As razons oficiais de estás modificacions de crédito son por non existir crédito suficiente nos presupostos da corporación municipal e por ser gastos que non se poden demorar a exercicios posteriores".

Inciden en que dentro de esas modificacions de crédito "figuraba un importe de 16.000€ para Mancomunidades e que a novembro do 2021 non supo xustificar no Pleno nin canto nin a que Mancomunidade correspondía o reparto de dito importe, por parte do Alcalde, unha provision de fondos, consideración que resulta para o Grupo Socialista en esos termos, difícil de encaixar en unha modificación de crédito con cargo o Remanente de Tesoureria".

Os socialistas de Leiro repròchanlle ao alcalde de Leiro que "un rexedor que presume de defender os cartos dos nosos veciños non pode preocuparse en aprobar un crédito, agora en decembro de 150.000€ por falta de liquidez no Concello para anticipar o pago a contratistas por no chegar a tempo as subvencions e olvidarse durante todo o ano de atender as necesidades da nosa xente, como son os autónoms de Leiro, que tamen habería que preguntarsee que entende por autónomos.

E por ultimo, recórdanlle que "tamén se comprometeu en Pleno a través dunha moción socialista, de estudar a posta en marcha do servizo de bono-taxi no Concello de Leiro, e que foi aprobada en Pleno celebrado o 26 de Abril de este ano e a día de hoxe tamen non sabemos nada de nada, este e o compriso que ten este Alcalde de Leiro, que minte máis que fala", enfatizan os socialistas.

30, Decembro 2021

Procederase á renovación de canalizacións das redes de saneamento, de pluviais e de abastecemento, ademais, executarase o acondicionamento de 550 metros na rúa Ourense do Carballiño.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, rubricaron hoxe o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das distintas actuacións de renovación de canalizacións e acondicionamento da rúa Ourense no municipio do Carballiño.

As obras consistirán, basicamente, na execución de novas redes de saneamento e pluviais así como na renovación das redes de abastecemento e iluminación incluíndo ademais, as reposicións necesarias. Actuarase, ademais, nun tramo da rúa Ourense duns 550 m de lonxitude entre a intersección desta coas rúas Celso Emilio Ferreiro e 25 de Xullo. O investimento total estímase en 920.000 €.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS