
Serán en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas deste venres dia 19 de Novembro no Auditorio do Carballiño, e os destinatarios desta xornada son nais, pais, membros das ANPAS, asi como profesionais tanto da educación como da prevención e a saúde, e tamén poñer en valor o traballo que se está a facer en materia de prevención na comarca do Carballiño.
A iniciativa está promovida polo servizo de prevención de conductas adictivas da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e o Concello do Carballiño, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela,
Están programadas dúas conferencias, a primeira de prevención integral e comunitaria, qué podemos aprender do modelo inslandés? que terá como ponente a Patricia Ros García, representante para España do modelo islandés de prevención.
A segunda conferencia leva por título "adolescentes e adiccións con e sen substancia: qué pasa en España e qué pasa na comarca do Carballiño", o ponente será o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta.
Escribin fai uns meses e volvolle escribir polo mesmo. Saliu a noticia de que van arreglar varias rúas do Carballiño, e a rúa Pico Seco, falta un tramo e vai facer un ano que quedou plantada, e nin siquiera teñen previsto arreglan. Está perdida. Fixenlle un escrito ó Concello pero nada, esto é unha vergonza. Si vai o Alcalde por aí pregúntelle que pasa , porque nn se acaba de arreglar. Teñen muy mala gestión, nn é sólo cobrar impuestos. Os veciños estamos indignados.Gracias por dar voz a este asunto.
Según diversos medios el crecimiento del pádel en nuestro país es cercano al 30 % en apenas cuatro años. Se calcula que entre 3 y 4 millones de personas practican este deporte en las más de 20.000 pistas repartidas por todo el territorio español. No obstante, a pesar del incipiente crecimiento que también se puede apreciar en O Carballiño, las instalaciones y los servicios de los que se disponen dejan mucho que desear.
Los usuarios que quieren practicar pádel en O Carballiño tienen unos servicios de muy baja calidad: no disponen de vestuarios para cambiarse, ni antes ni después de la práctica del deporte; tampoco pueden hacer uso de las duchas, algo que es más que reprochable dado el elevado precio de la reserva de la pista (11,45 euros) en la que tampoco hacen descuentos para empadronados (como en el Concello de Maside, por ejemplo).
Sin embargo el uso de vestuarios y duchas si posible en la práctica de otros deportes locales, como el fútbol sala, siendo esto un trato discriminatorio hacia el pádel.
Tampoco se puede hacer uso de las instalaciones deportivas los domingos y festivos, por lo que deben que trasladarse a otras localidades ( Ourense, Silleda , Lalín.....), que sí disponen de esos horarios, con el consiguiente perjuicio económico que supone hacer uso del vehículo para trasladarse a dichas localidades.
Cabe destacar que en los últimos años no se han mejorado las instalaciones y cuando las condiciones climatológicas son adversas la lluvia entra en las pistas deteriorando las mismas y haciendo imposible la práctica del pádel.
Otro inconveniente más es que en el Concello de O Carballiño no se facilita la reserva de las pistas a través de medios telemáticos, algo que da lugar a malos entendidos y errores en las reservas, en perjuicio una vez más de los usuarios de este deporte que no pueden tener un justificante de la reserva.
Todo esto pone de manifiesto el poco interés e implicación de las Autoridades Locales por mejorar dicha situación.
SOLICITO:
Que se pueda hacer uso de los vestuarios y duchas ya que en la actualidad no nos permiten utilizarlas lo que supone un perjuicio para disfrutar de este deporte. Que se pueda hacer uso de las instalaciones los domingos y festivos,para no tener que acudir a otras localidades que sí ofrecen dicho servicio.
Que se mejore la inversión en el mantenimiento de las instalaciones de las pistas de padel, puesto que es un deporte de práctica mayoritaria en la localidad de O Carballiño.
Que los empadronados en la localidad de O Carballiño, puedan disfrutar de un descuento cuando se haga uso de las pistas.
Que, teniendo en cuenta que hoy en día deben facilitarse los medios telemáticos, especialmente en las administraciones publicas (Ley 39/2015 de 1 de octubre del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Publicas) la reserva de dichas pistas pueda realizarse por dichos medios, o al menos recibir la confirmación de la misma.
A opción que propón Podemos paréceme idónea dende o punto de vista técnico, así e todo é paradóxico que Podemos propoña esta iniciativa que traería consigo o desahucio das familias que viven Alí. Supoño que en Podemos non se percataron desta situación. Deben rectificar.
Saúdos

O Círculo carballiñés de Podemos propón ao alcalde do Carballiño un solar de titularidade privada, á que se sumaría unha parcela de propiedade municipal que reúnen entre ambas unha extensión de 7.393 m2, como ubicación para o Centro Integral de Saúde do Carballiño. Trátase da parcela das antigas casas dos ferroviarios da estación do Carballiño, con fachada á Avenida 25 e Xullo e a Praza da Estación de ferrocarril. Esta mesma opción tamén foi suxerida por Pachi Vázquez entre as preferencias apuntadas dende o grupo municipal de Espazo Común.
Podemos razon que "cando se busca a ubicación de un centro de saúde hai varios factores que se deberían ter en conta xa non só de cara a situación do ou dos solares onde o mesmo se vai ubicar, senón tamén outros que non son tal vez tan evidentes á hora de facer esta elección.
O tecido urbán e social de cada barrio da nosa vila sería un de eses factores. Cada rúa, cada barrio é distinto en función da tipoloxía edificada e na estructura dos espazos libres que o compoñen. Outro factor a ter en conta é o transporte público e privado de cara achegarse ao centro. A conectividade é algo que cobra especial importancia xa que permitirá o acceso ao noso centro de saúde a todos os colectivos, independientemente de que o transporte se faga en vehículos privados ou se utilice o transporte público".
Asemade, manifestan que "o factor máis determinante e que non debemos descoidar é a morfoloxía propia do terreo onde se vai construir o centro de saúde. As dimensións, a topografía, a orientación, etc son cuestións a ter en conta".
Polo exposto, dende o Círculo de Podemos no Carballiño fan esta achega de proposta ao Alcalde da Corporación Municipal de o Carballiño para a ubicación do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño, atendendo á proposta feita pola Consellería de Sanidade e as especificacións da mesma: zona edificada de 4.500 metros cadrados, 22 consultas, área de infecciosos, toma de mostras, PAC con 6 consultas e 3 consultas no COF, entre outras.
Podemos entende que "os terreos ubicados próximos a estación de tren reunen os requisitos necesarios para ubicar o novo Centro Integral de Saúde. Concretamente estamos a falar de duas parcelas, unha de 1.590 metros cadrados, actualmente de titularidade municipal con referencia catastral 6883003NG7968S e outra de 5.803 metros cadrados con referencia catastral 6883002NG7968S, de titularidade privada".
Desta maneira, unindo ambas parcelas sumaríanse 7.393 metros cuadrados "espazo suficiente para a creación do Centro Integral de Saúde e de entre unhas 70-100 prazas de aparcamento (incluindo zona para ambulancias e prazas para persoas con movilidade reducida) e que entraría dentro das especificacións marcadas pola Consellería de Sanidade", subliñan dende Podemos O Carballiño

Un ano máis o Servizo Provincial de Emerxencias pon en marcha a xa tradicional campaña de recollida de alimentos no Nadal. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea e o Concello de San Cristovo de Cea súmanse a esta iniciativa, como é habitual nos últimos anos.
Tanto o Concello como o Centro de Saúde serán punto de recollida de alimentos, así como todos aqueles supermercados, carnicerías, panaderías, etc que asi o demanden. Como é habitual tamén, dúas entregas, unha a principio e outro ao remate do nadal no Banco de Alimentos.

O Concello do Carballiño destinará unha partida de 359.743 euros ao proxecto de reforma e mellora de varias rúas dos casco urbano. Concretamente trátase das rúas Daniel Castelao, Piñor, Cea, Paraño, San Trocado, Buenos Aires e Serra Martiñá. A intervención nestas rúas forma parte dun plan integral de acondicionamento e mellora que se desenvolverá na vila e que se promove directamente dende o Concello do Carballiño.
Os proxectos para acometer estas actuacións foron redactados polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras. A actuación nestes viais está dividida en cinco capítulos, sendo os investimentos máis destacados os referidos ás pavimentacións (cun custe de 141.046 euros) e aos traballos de alcantarillado (46.293 euros).
Para preparar os espazos públicos nos que se vai a intervir desenvolveranse traballos previos que inclúen accións como o corte do pavimento, previo á demolición ou fresado; demolición de pavimentos, asfalto, baldosas e soleiras de formigón; excavacións e apertura de zanxas en terreos compactos ou en terra e outro tipo de actuacións, coa correspondente retirada e transporte de residuos a un vertedeiro autorizado.
O capítulo referido ao abastecemento de agua contará cunha partida de 19.590 euros e incluirá tubería de abastecemento de agua de PVC, de 90 e 75 mm, conexión á rede xeral, bocas de rego e acometidas para edificios e locais.
As canalizacións para o alcantarillado, pozos de rexistro e sumidoiros suporá un investimento de 46.293 euros. O apartado de pavimentación está dotado con máis de 141.000 euros e contempla a dotación de pavimento continuo de formigón, bordes prefabricados de formigón, bacheo de firme asfáltico, rega de adherencia e firme a base de aglomerado en quente. Tamén se procederá á creación de pasos de peóns sobreelevados.

A Fundación Insua do Poetas, en colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos do Carballiño, O Irixo, Boborás e Maside celebrará este domingo, 14 de novembro, un magosto infantil e familiar no espazo natural e cultural da Esgueva,na carballiñesa parroquia de Madarnás, con acceso dende a estrada O Carballiño-O Irixo, que tamén servirá para achegar aos máis novos á lingua propia e, sobre todo, a conmemoración do 101 aniversario da publicación do primeiro número da revista Nós.
A tradicional festa do San Martiño comezará ás 16.30 da tarde e incluirá actuacións musicais a cargo do grupo Chuches Amil,o cantautor Antonio Luz e o o grupo ToKaide, así como tamén coa animación de DjTibu e atraccións infantís. No capítulo gastronómico non faltarán as típicas viandas do masgosto: castañas, chourizos ou bica. Os cativos serán agasallados con libros.
A entrada é libre e de balde, e dende a Fundacíón Insua dos Poetas convidan ás familias, sobre todo con cativos, a vivir unha tarde de domingo gozando dunha festa ancestral como é o magosto, nun entorno natural e cultural como é a Insua dos Poetas. O tempo acompañará a celebración, según os pronósticos de Meteogalicia gozarémos este domingo dun dia con sol e temperaturas outonais bastante agradables.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a reactivación de dous programas no ámbito social, Xuntos polo Nadal e Montaña en familia, que foran suspendidos en 2020 a causa da pandemia. Un destes programas, Xuntos polo Nadal desenvolveráse na Residencia de Tempo libre do Carballiño e ofertará un total de 246 prazas, do 21 de Decembro de 2021 ao 7 de Xaneiro de 2022.
Nese sentido, sinalou que para levalos a cabo os centros turísticos da Comunidade poñeranse á disposición dos colectivos que máis o necesitan, as familias de especial consideración e as persoas maiores que viven soas. No caso do programa Xuntos polo Nadal, que permite que as persoas que viven soas teñan con quen compartir esas datas tan especiais, ofrecerá este ano dúas quendas de 8 días cada unha, o que permitirá duplicar as prazas.
Outra das novidades serán a gratuidade do programa para as persoas beneficiarias e a obrigatoriedade de estar vacinados contra a covid-19. Ademais, para reforzar a seguridade realizarase un test de antíxenos á chegada ás instalacións. Sobre este punto, ademais de lembrar que esta iniciativa inclúe a manutención completa, desprazamentos ata a residencia e un amplo programa de actividades de animación e tempo libre, Feijóo tamén explicou que de superarse o número total de prazas, darase prioridade ás persoas de máis idade, ás que perdesen recentemente aos seus cónxuxes ou a persoa coa que convivisen e ás que non participasen antes no Xuntos polo Nadal. E por último, en relación ao prazo de solicitude, salientou que estará aberto ata finais de mes e se poderá realizar tanto a través da web como presencialmente.
O OUTRO DÍA POIDEN VER COMO UNHA PERSOA MAIOR , QUE SON OS MÁIS PERXUDICADOS, CASE É ARROIADA NO PASO DE PEÓNS QUE HAI A ALTURA DA RÚA PARAÑO, NA AVDA, DE COMPOSTELA. OS COCHES PASAN NESA ZONA A ALTÍSIMA VELOCIDADE, E NON FAN CASO DOS SINAIS. XA QUE TEÑEN PENSADO ARRANXAR ESAS RÚAS PRÓXIMAS, PODERÍAN APROBEITAR E POR UNS PASOS DE PEÓNS SOBREELEVADOS COMO OS QUE HAI MÁIS ARRIBA....COMO TAMÈN NO QUE HAI A ALTURA DA RÚA DO PICO SECO QUE TAMÉN E BASTANTE PERIGOSO. NON ESPEREN A QUE PASE UNHA DESGRACIA.ESPERO QUE SOLUCIONEN ESTE TEMA......COMO TAMÉN SOLUCIONARON O TEMA DAS INUNDACIÓNS CON AUGAS FECAIS QUE SE PRODUCE A ALTURA DA RÚA PIÑOR CANDO CAEN TRES GOTAS.....DENDE O ANO 2008. MIRA QUE XA OUBO COLORINES NO CONCELLO ...PERO NADA DE NADA. HAI CARALLIÑO...CARALLIÑO!!!!!!!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- …
- seguinte ›
- última »