19, Outubro 2021

Segunda edición desta campaña de promoción do comercio e hostalería do Carballiño que financia cunha aportación de 60.000 euros o concello carballiñés en colaboración co Centro Comercial Aberto. Como queira que os clientes aportan idéntica cantidade, o diñeiro mobilizado ascenderá a total de 120.000 euros.

Son en total 2.000 as tarxetas que se poñen a venda dende este mércores dia 20 de Outubro na oficina de turismo da Alameda, cada tarxeta ten un prezo de 25 euros e vai cargada con 50 euros. Cada persoa poderá retirar un máximo de 3 tarxetas, as que se retiren en nome de outras persoas necesitarán unha autorización e fotocopia do DNI. O horario de despacho das tarxetas, ata que se agoten, será de 10 a 14 horas, e polas tardes de 17 a 21 horas.

Haberá de prazo ata o próximo dia 21 de novembro para poder gastar os 50 euros da tarxeta en calquera dos establecementos comerciais e de hostalaría que participen na campaña, ainda dispoñen de prazo ata este dia 20 de Outubro para adherirse. Na primeira edición desta campaña "O Carballiño Contigo" no pasado nadal participaran daquela 145 establecementos.

 

18, Outubro 2021

Coincido con las críticas de los dos copenautas que me preceden. Me gustaría hacer un sucinto análisis de una problemática que nos ha acompañado durante cuatro décadas y que seguirá siendo una constante en el futuro. Esta problemática es fiel reflejo de la radical inpecia de la política carballiñesa y masidá. Pero además pone en evidencia el fracaso en bloque del resto de las instituciones locales, regionales y estatales.

Tradicionalmente los polítcos locales han utilizado a este colectivo (efectivamente desfavorecido) como moneda de cambio. Algún día, y en alguna elección han sido relevantes, de tal forma que el trasvase a una u otra fuerza garantizaba el triunfo de la favorecida.

Podíamos y podemos asistir en cada cita electoral local a un dantesco espectáculo en el que cada fuerza puja por este voto. Tal es así que han aparecido pintadas denunciando a algún concejal: "Fulanito no paga". E incluso hemos sido testigos de reclamaciones de ciertos indivíduos de ese colectivo apercibiendo públicamente a ese concejal el pago de sus compromisos.

Al margen de ser actos constitutivos de delito, y protagonizados por las fuerzas políticas que hoy ocupan el Ayuntamiento, son fiel reflejo de la ignorancia tanto del gobierno local, como de la oposición.

Y es que la ceguera intelectual de ambos les impide ver que es un colectivo irrelevante en el resultado electoral toda vez que en las dos últimas citas electorales la primera fuerza le ha sacado a la segunda más de 600 votos de diferencia. Yo de ser ese concejal al que miembros del colectivo le reclaman el cumplimiento de su palabra, me lo pensaría más en el futuro, porque el altísimo riesgo al que se expone no merece la pena. Y de ser la oposición, no tiraría el dinero como lo tira en conseguir 20 o 30 votos cuando está a 600 de la primera fuerza.

Pero olvidémonos de la política y vayamos a la problemática. Es un colectivo desfavorecido, por supuesto. Requiere un especial esfuerzo, por ellos, y por los problemas de salubridad que se generan en la zona. Por la imagen tercermundista, y por simple humanidad. Y la inacción de todas las instituciones: Medio Rural, Consellería de Sanidad, Consellería de Medio Ambiente, Fiscalía, Diputación, resto de administraciones locales, etc... Han sido suplidos con la condescendencia y la permisividad de ciertos comportamientos.

En definitiva esta problemática es uno de los mayores fracasos de la política y de la sociedad. Y lamentablemente perdurará por muchos años habida cuenta de la inepcia política,  la indolencia y la escasa educación a la hora de elegir representantes.

 

18, Outubro 2021

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, reunida esta mañá por via telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión dunha achega económica por importe de 200.000 euros para as actuacións que se precisan nas instalacións e con vistas á súa apertura, que acumula 14 anos de retraso, xa que nunca chegou a inaugurarse despóis de que fose rematado e tras unha inversión de algo máis de 2 millóns de euros por parte da Xunta.

Agora, a Deputación atende unha petición da Entidade Local de Berán, que é a propietaria das instalacións, para realizar obras de mellora tanto no equipamento como no edificio deste novo balneario de Berán. Desta maneira facilitaráse a súa apertura, xa que dende a Entidade aseguran que hai empresas interesadas na xestión do balneario para a súa explotacíon.

18, Outubro 2021

A  Asamblea Comarcal da Cruz Vermella no Carballiño retoma as súas actividades prepandemia e, ademáis, organiza un curso de primeiros auxilios, asi o anunciou no trascurso dunha entrevista en COPE O Carballiño a coordenadora local desta ONG, Viki Rodríguez.

Este novo curso de primeiros auxilios comezará este próximo sábado dia 23 de Outubro, e desenvolveráse nos sábados sucesivos ata o dia 20 de Novembro, cun total de 40 horas lectivas, e será baremable para o Sergas. As persoas interesadas poden demandar unha información máis detallada no teléfono 988 273 042, ou persoalmente na Asemblea da Cruz Vermella no Carballiño, na rúa Rosalía de Castro-soportais da Praza Maior.

Ademáis, a Cruz Vermella ofrece outras actividades, entre as que están a xinmasia de mantemento, pilates, informática ou clases de reforzo escolar.

Para escoitar a entrevista íntegra á coordenadora carballiñesa da Cruz Vermella podes facélo no arquivo de audio que encontrarás en "Programas", no arquivo correspondente a este lúns dia 18 de Outubro. 

 

18, Outubro 2021

Quen anteriormente nesta sección se queixaba do que  está permitindo o concello de Maside dende fai anos, no poboado da Fontela,  expresa o sentir maioritario dos masidaos, que, sexa por "buenismo", ou por ser políticamente correcto, non se acostumbra a manifestar públicamente. Non vaia ser que incurramos en algún acto ou opinión contrarios a un colectivo disque "desfavorecido".

Uns por outros, foise mirando para outro lado e a día de hoxe, o que acontece no poboado é unha vergoña:

A todo o que denunciaba o copenauta anterior, poderíanse añadir varios despropósitos máis, como a cantidade de basura que se acumula polos arredores, os cans que campan ás súas anchas e invaden a carretera cando lles peta, sin que absolutamente ninguén se faga responsable dos danos que provocan,  as queimas de cable, a utilización de farolas para instalar ata tres receptores de internet, a inutilización da señalización  viaria vertical...

Algo que chama a atención cando se circula pola zona de noite, é a cantidade de chavolas que permanecen iluminadas, a pesar do elevado custe da luz.que parece non inquedar aos despreocupados habitantes.

En fin. Parece ser unha batalla perdida. Eso si, o resto dos masidaos debemos seguir pagando IBI, licencias, tasas, suministros e demáis puntualmente, porque non somos un colectivo desfavorecido.

18, Outubro 2021

   Cualquiera que entre o salga de Carballiño por la N-541 podrá comprobar un espectáculo denigrante. Tod@s sabemos a que me refiero.

   Como ciudadano respetuoso de las normas me pregunto cuanto duraría así si fuese yo el responsable?

   Como ciudadano que paga impuestos me pregunto porque se permite el tener en la cuneta carrocerias de coches, sofás abandonados y demás basura.

   Como ciudadano que paga por todo me pregunto porque se permite poner una piscina en la acera de todos y usar el quitamiedos como tendedero.

   Como ciudadano que tiene que sacar licencia hasta para pintar el comedor me pregunto porque hay un taller mecánico montado en la acera con aceites y demás líquidos vertidos sin control y un aserradero al lado para provisión de leña.

   Esto caerá en saco roto como todo lo demás, son votos y nadie quiere perderlos, pero sin duda alguien acabará pagando por ello tarde o temprano.

17, Outubro 2021

Unha charla informativa e interactiva, e actividades que promoven o movemento físico, son as propostas que fai o concello de Piñor para a súa veciñanza durante as próximas semanas.

O Día Mundial da Alimentación, celebrábase este ano 2021 baixo o lema“alimentos seguros agora para un futuro saudable”, unha frase que expresa con claridade o necesario que é que cambiemos a nosa forma de producir e consumir e comecemos a facelo dunha forma sostible e responsable, se queremos que haxa un futuro para as novas xeracións. Os países que forman a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) asumiron varios compromisos bastante ambiciosos coa finalidade de transformar a maneira na que se consumen os alimentos, facendo que os máis saudables resulten asequibles, informando claramente das desventaxas da comida “basura”, os azúcares, etc.

O día mundial da alimentación pretende ser un recordatorio do importante que é alimentarnos de forma correcta, mediante a inxesta dunha dieta sa e equilibrada. Como unha nutrición saudable é de suma importancia para a saúde, por este motivo, dende o Concello de Piñor organiza varias actividades durante as próximas semanas.

"Alimentación, movemento e saúde nas persoas de idade" ésta charla terá lugar o luns 18 de outubro ás 19:30 horas no Centro social (Albarona) e na que se destacará a importancia da nutrición e necesidades enerxéticas, cales son as características fundamentais dunha dieta saudable nas persoas de idade e a importancia do movemento para unha vida saudable.

Ademais, como o movemento é importante para unha vida saudable, tamén se vai iniciar Actividade física para maiores, que terá lugar un día á semana ó longo do mes de outubro e novembro en dous grupos; tódolos mércores de 19-20 h no Centro social da Albarona e de 20-21 h na antiga escola de Cotelas. Dende o Concello de Piñor informase ás persoas interesadas en participar de que deben inscribirse nos Servizos sociais do Concello de Piñor.

16, Outubro 2021

Vergonzoso, se pa eles eso é seguro, e pensan que non é peligroso deixalo asi, estan moi equivocados, pero vindo deles todo o que fan esta ben.  Ademais ós de viaqua deberianlle dar uns cursos de como todo o que se abre despois cerrase e deixase como estaba o principio PECHADO, e deberianlle decir que existe algo que se chama cemento pa pechar os buratos que eles abren.

16, Outubro 2021

Sinalización de registro aberto por parte de Viaqua.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS