6, Setembro 2021

O PSdeG-PSOE de Ourense presentará unha candidatura unitaria de delegados e delegadas para o próximo 40 Congreso Federal do PSOE que se celebrará en Valencia para respaldar o procecto encabezado por Pedro Sánchez.

Esta lista de delegados e delegadas estará encabeza por Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e contará con representantes municipais e parlamentarios así coma con militantes de base, e nela integrarase tamén á exdeputada, Noela Blanco, quen finalmente acepta a invitacion feita pola dirección do partido e polo propio Fumega. A candidatura provincial representará ao conxunto do partido na provincia ourensá en base ao chamamento á integración e unidade feito polo secretario xeral, Gonzalo Caballero.

Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Ourense destacan que esta candidatura de integración representará a vontade de todo o partido na provincia, co fin primordial de fortalecer un proxecto unánime en torno ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, construído desde os distintos concellos da provincia. No actual contexto, o PSdeG-PSOE de Ourense considera imprescindible acadar a máxima unidade para arroupar ao secretario xeral do PSOE, impulsando así a importante e necesaria axenda de progreso que Sánchez está desenvolver desde o Goberno central e que tanto precisa a provincia. "Un socialismo forte, unido e comprometido é a única alternativa para facer fronte á artificial confrontación e aos despropósitos sociais e económicos da dereita, a ultradereita e o caciquismo", conclúen.

Non obstante, dende o sector crítico coa dirección provincial do partido, e mesmo Noela Blanco, negan que o acordo estea pechado.

4, Setembro 2021

O episodio que investiga a Garda Civil sucedeu na mañá deste sábado dia 4 de Setembro nun establecemento comercial ubicado na rúa Principal de Dacón, cando un home coa cara semioculta por unha capucha entrou no interior do local e sen saber moi ben o móvil da súa acción -especúlase que o roubo- sacou un coitelo de grandes dimensións co que amenazou ao propietario do establecemento, Roberto C., éste abalanzouse contra o agresor que, tras verse desarmado, conseguíu fuxir.

Como consecuencia da pelexa, o comeciante sufríu feridas que motivaron o seu traslado ao Complexo Hospitalario de Ourense, aínda que a última hora da mañá xa recibíu a alta médica.

Os feitos foron presenciados por unha terceira persoa que a esa hora estaba no interior do local comerial. A Garda Civil abriu unha investigación para esclararecer os motivos deste incidente violento e identificar ao seu autor.

3, Setembro 2021

A que se debe?

Quen son os responsables de que esto sexa así?

Co transporte Metropolitano teriamos mais frecuencias e prezos mais baixos (os mozos ata 20 anos viaxarian de balde).

Hai que revertir como sexa esta situacion e non perder o autobus. Ou teremos que ir andando ata Punxin a collelo.

3, Setembro 2021

Teño que decirlle a ese deputado pepero que insulta a intelixencia de todos os veciños da comarca cando reclama tarde, mal, e de xeito vil a restauración dos servizos de cercanías.

Nos tempos que era deputado2004, 2008, 2011, 2015, 2016 y 2019​ , e gobernaba o partido podre, e se estaba a desmantelar os servizos -xa dende o ano 2015- este señor e a súa compañeira Ana Vázquez estaban caladiños con este asunto a alardeaban aos catro ventos da impecable xestión do PoPó.

E agora ven con isto??

Aquí non decías nin pío http://copecarballino.es/denunciacidada/outra-vez-sen-servizos-ferroviarios

Ten vostede a cara de cemento armado "señor"

3, Setembro 2021

¿Cómo podemos pasar de ter 12 trens diarios antes da apertura da liña de alta velocidade Santiago-Ourense a ter agora soamente 2 trens? Sí,sí, 12 trens había antes: os 6 rexionais entre Ourense e Santiago, os 2 talgo e os 2 tren hotel con Madrid, e os 2 arco ao Pais Vasco. Todos eles ben espaciados que nos comunicaban moi ben con Ourense e Santiago a distintas horas do día. Agora só 1 tren por sentido dándose o absurdo de que o que vai a Santiago da media volta cara ao Carballiño nada mais chegar a capital galega. E o que vai cara Ourense xa non volve a Carballiño no mesmo día. O resultado na práctica é que non sirven para facer xestións. E ademáis na estación xa non hai persoal algún dando información. Todo substituido por unha máquina que parece que non funciona.

 A única solución parecen os autobuses. Ou non. Porque a escasas semanas de que arranque o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na provincia de Ourense, o concello do Carballiño segue fora de dito plan. E non parece que importe demasiado aos políticos da vila.

3, Setembro 2021

Chega a primeira fin de semana de Setembro e faino cargada de teatro e cine, con boas propostas para non perderse.

O Carballiño

A Banda Sinfónica Xuvenil Galega ofrece un concerto o sábado dia 4 ás 19 horas na Praza da Veracruz.

O FETEGA presenta dende o domingo a súa programación, para ese dia no auditorio ás 22 horas está programada a estrea da obra do CDG Serva me, servabo te.

Antes, tamén o domingo día 5 na Casa da Cultura ás 19 horas o monólogo de Patty Diphusa-Malala Ricoy, que presenta o seu traballo Sexo seguro, seguro?

Leiro

O Novocine de Leiro continúa proxectando durante toda a fin de semana a película de animación "Bebé Jefazo negocios de famila" en sesión ás 16 horas" e ademáis estrea a película "Descarrilados", en sesións ás 18:15 e 20:30 horas.

Cameixa (Boborás)

O concello de Boborás continúa coa súa programación estival, para este sábado dia 4 de Setembro nova sesión de autocine no campo da festa de Cameixa, cine de comedia  con Silvia Abril e Jordi sanchez en "Bajo el mismo techo". 

2, Setembro 2021

O concello de Piñor informa das actividades que se van realizar nos vindeiros dias e que foron propostas na mesa intersectorial no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención (EPSP) no Sistema Nacional de Saúde á que o Concello de Piñor está adherido.

- Charla sobre o dano cerebral adquirido que será impartida pola Asociación de dano cerebral adquirido de Ourense e que terá lugar o luns 6 de setembro ás 19 horas no Centro social de Piñor.

- Charla sobre prantas medicinais que será impartida por Dna. Marina Diéguez Marín ( Farmacéutica en Piñor) e que terá lugar o xoves 9 de setembro ás 19 horas no Centro social de Piñor.

Outra actividade que se está realizando tamén no marco da Estratexia de Promoción da saúde e que foi proposta na mesa intersectorial de Piñor, consiste en facilitar un almorzo diario saudable nas actividades de Diververán: con esta actividade que se estivo realizando durante todo o verán dende o Concello de Piñor, tratouse de fomentar unha alimentación saudable entre os máis novos. Ademais, tamén se pretendeu que os nenos e nenas adquiran o hábito de tomar un almorzo saudable para que despois o apliquen á súa vida diaria.

Proximamente o concello de Piñor dará conta das novas actividades que se realizaran financiadas pola Rede Española de Cidades Saudables, á que tamén está adherido o Concello de Piñor.

2, Setembro 2021

Vas sacar un billete e da erro. Por falta de tinta ou de papel ou quen sabe que. Leva así un tempo. Eso se queres mercar un billete a Ourense ou Santiago. Para outros trayectos, por exemplo Ourense-Madrid, directamente non saen os horarios. 

Sen persoal e agora tamen cunha máquina inservible.

1, Setembro 2021

Os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, rexistraron hoxe unha proposición non de lei no Congreso na que instan ao Goberno a repoñer e planificar novos servizos ferroviarios de calidade nas conexións co Carballiño, incluíndo a mellora do material móbil e atención presencial na estación, "para poñer fin á inaceptable diminución do dereito á mobilidade que sofren os habitantes desta comarca e que xa non se xustifica coa actual situación sanitaria".

Na súa iniciativa, os representantes populares destacan que O Carballiño, ademais de capital dunha importante comarca, é o segundo municipio da provincia de Ourense en poboación, con 14.089 habitantes. "Unha vila de gran tradición termal que experimentou grandes cambios e un deles derivouse da inauguración, en 1957, dunha estación de ferrocarril", lembra Celso Delgado.

Non obstante, e trala posta en servizo en decembro de 2011 da liña de alta velocidade entre Ourense-Santiago-A Coruña, operada por trens Avant e que por ser de novo trazado xa non pasa polo Carballiño, "Renfe iniciou unha paulatina redución de frecuencias dos servizos ferroviarios para os carballiñeses, tanto con Ourense como con Santiago de Compostela, agravada o pasado ano polas restricións de mobilidade impostas por motivo da pandemia da Covid-19".

"A situación a día de hoxe non pode ser máis deplorable", afirmou Delgado, explicando que Renfe só ofrece dous servizos con parada nesta vila: o tren rexional 12960 que sae de Ourense ás 15:30 e chega ao Carballiño ás 16:01 e a Santiago de Compostela ás 17:10. En sentido inverso, o mesmo tren sae de Santiago ás 17:25, chega ao Carballiño ás 18:41 e finalmente a Ourense ás 19:06.

Estes horarios, lamentou, "carecen de atractivo para a inmensa maioría dos potenciais usuarios, posto que un viaxeiro do Carballiño que salga ás 15:56 desa estación chega á capital de Galicia ás 17:10, o que imposibilita acudir a actividades laborais, asistenciais, educativas ou citas sanitarias". Ademais, "para acudir á capital da provincia, saír da vila ás 18:41 e chegar vinte e cinco minutos despois fai inviable calquera xestión similar".

Os deputados recollen na súa proposición non de lei o sentir da sociedade carballiñesa e da comarca, "onde as súas forzas políticas, organizacións sindicais, empresariais e a activa plataforma pola defensa do transporte público veñen expresando de forma reiterada o seu malestar e fastío por este abandono".

Para facer fronte a esta situación, reclaman como mínimo "a plena reposición de todos os servizos ferroviarios suprimidos con ocasión da pandemia, que se dispoñan trens de calidade e con capacidade suficiente para as persoas e as súas equipaxes, así como horarios racionais con trens á primeira hora en ambos os sentidos que permitan acudir ás cidades e aproveitar a xornada, facilitando o enlace con outras conexións que parten desde Ourense a diferentes destinos e cos futuros trens de alta velocidade, ademais de servizos especiais as fins de semana para facilitar a mobilidade dos estudantes".

"A segunda poboación en importancia de Ourense -abondou Celso Delgado- con atractivos turísticos de relevo, riqueza termal, patrimonio e co atractivo gastronómico do mellor polbo do mundo- ben merece ter na estación un servizo presencial de atención ao público que ofreza información aos viaxeiros, cando hoxe só hai a posibilidade de comprar billetes para o tren rexional nunha máquina de autovenda".

A proposición non de lei rexistrada polos deputados ourensáns inclúe os seguintes cinco puntos:

1.- Repoñer de inmediato todos os servizos ferroviarios de RENFE que tiñan parada na estación do Carballiño antes da pandemia da covid-19.

2.- Realizar unha nova planificación por parte de RENFE das frecuencias e dos horarios dos trens, de modo que haxa servizos que permitan viaxar á primeira hora en ambos os sentidos para acudir ás cidades e aproveitar a xornada, ademais de enlazar con outros que parten agora desde Ourense a diferentes destinos e cos futuros trens de alta velocidade.

3.- Establecer servizos especiais as fins de semana para posibilitar a mobilidade dos moitos estudantes de Carballiño e a súa comarca que retornan ou van ás universidades ou centros educativos das capitais.

4.- Mellorar o material móbil que opera nesta liña garantindo aos usuarios a calidade de servizos que merecen.

5.- Dotar á estación do Carballiño dun servizo de atención ao público presencial, acorde coa importancia desta poboación e os seus grandes atractivos turísticos.

1, Setembro 2021

Quero a través desta denuncia advertir aos veciños do Carballiño que nesta vila se está a facer o timo da auga. 

Hoxe a primeiras horas da tarde presentouse no meu edificio unha rapaza que visitou tódolos pisos dicindo que viña a facer unha análise de auga voluntaria. A pesar de que esta rapaza levaba unha acreditación dunha empresa, supoño que falsa, desconfiei das súas intencións, xa que me pareceu raro que unha empresa que non sexa a adxudicataria do servizo da auga do Carballiño fixera estas análises.

Tras facer unha consulta pola internet descubrín que esta análise se trata dun timo. ¿En que consiste dito timo?. Pois, que un comercial dunha empresa se presenta na túa casa decindo que ven a facer unha análise de auga. Tras facer unha serie de pobras a empresa do comercial ponse en contacto cos habitantes da casa para decirlles que a análise da auga  revelou que a nosa auga da traída é perxucial para a nosa súde e que se apreciamos esta a empresa que fixo a análise se ofrece a instalarnos, pagando claro está, un filtro que mellorara, sustancialmente, a calidade da nosa auga.

Rogo, pois aos habitantes de Carballiño e a súa comarca que estean alerta por si un ou unha comercial vai pola súa casa para facer unha análise de auga para que non sexan víctimas desta estafa.

Para máis información:

https://www.huffingtonpost.es/2017/04/03/la-guardia-civil-avisa-del-timo-del-grifo-de-agua_a_22023464/

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS