A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, volta denunciar a situación de precariedade do actual contrato do servizo de conciliación, dito contrato atópase prorrogado e sen atender ás necesidades que demandan as familias.
O BNG do Carballiño trasladaba en abril a necesidade urxente de actualizar o servizo “Bo día familia” e atender as queixas e demandas que as familias puxeron de manifesto e que o propio BNG trasladou ao concello. Porén pasados xa cinco meses aínda non hai constancia de que exista nin un borrador.
Comeza o novo curso escolar e o concello do Carballiño segue sen dar sinais de solucionar a situación, cando a voceira do BNG advertía no mes de abril da urxencia de sacar un novo prego cunhas novas condicións, porque o servizo estábase dando exclusivamente nas horas previas á entrada das nenas e nenos nas aulas e era preciso un servizo de conciliación integral que permitise unha verdadeira conciliación.
A voceira nacionalista considera que o actual desleixo da administración local do Carballiño para presentar un proxecto reflicte unicamente o desinterese que suscita esta problemática para o actual grupo de goberno.
Para o BNG é imprescindible que este servizo se amplíe para que inclúa o servizo de comedor ao medio día e que se preste tamén pola tarde, para que sexa posible unha verdadeira conciliación entre o ámbito familiar e laboral de nais e pais.

A evidente mellora da situación epidemiolóxica leva ao concello do Carballiño a organización de diversas actividades que terán lugar durante a semana que ven, coincidindo cos dias de tradición festiva no Setembro carballiñés, cando se celebran cada ano as festas patronais de San Cibrán.
Precisamente para o que será o dia festivo de carácter local no municipio, o venres dia 17, terémos no Carballiño en sesión de tarde o espectáculo "Camiñantes e cantantes", da orquestra La Oca Band, un espectúculo pensado para o ano xacobeo, e no que a formación conta coa colaboración de Manuel Manquiña, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pili Pampín ou Lucía Pérez, entre outros artístas invitados que participan do repertorio que ofrece a orquestra.
Non será a única actividade para un San Cibrao aínda en tempos de pandemia, xa que o concello do Carballiño traballa contra reloxio para programar outros enventos compatibles coa seguridade ante o coronavirus. Asi, terémos outras actuacións musicais e outras máis espefícas para o público infantil, que se desenvolverán tamén nestes dias nos que O Carballiño recupera este ano o ambiente festivo das celebracións na honra do patrón.

O Festival, que este ano chega a súa sexta edición, xuntará a tres agrupacións polifónicas este sábado dia 11 de Setembro, a partir das 20:30 horas no Templo da Veracruz.
Ademáis dos anfitrións e organizadores, o Coro de Cámara Müsica Viva do Carballiño, actuarán as agrupacións "Coral Allegro de Vigo" e a "Schola Gregoriana Lucensis de Lugo". Cada agrupación ofrecerá un repertorio composto por seis pezas musicais, entre as que escoitarémos temas moi coñecidos representativos de diversos países do mundo.
O Festival conta co patrocinio de FECOGA, Deputación de Ourense, Concello do Carballiño e Consellería de Cultura. O presidente do Coro de Cámara de Música Viva, Antonio Rei, e o concelleiro carballiñés de cultura, Diego Fernández, invitaron a todos os afeccionados á música a non perderse esta xornada musical.
Desde 2017 os socialistas do Ribeiro vimos denunciando as dificultades que os nosos concellos teñen para atender as necesidades dos nosos veciños por falta de recursos económicos, cando estes saen da caixa do Concello e van parar á Mancomunidade, co único fin de mantela aberta e non por facilitar máis servizos, mellores e máis económicos .
Nas súas declaracións o Alcalde de Piñor recoñecía, que do mesmo xeito que no Ribeiro, as liquidacións a finais de cada ano, sempre eran maiores que as previstas a principio e que o custo dos servizos prestados pola Mancomunidade do Carballiño “resultaba máis caro que cando os prestaba o Concello de forma directa”, exactamente igual que ocorre na Mancomunidade do Ribeiro, a pesar das manipulacións e mentiras nas súas declaracións por parte do seu Presidente Fco José Fernández Pérez.
Consideran os socialistas que a Xunta de Galicia debería tomar boa nota para fiscalizar, como di o alcalde de Piñor, a xestión dos recursos económicos na Mancomunidade, pois tanto nunha mancomunidade como na outra máis do 50% do orzamento das mesmas finánciao a Xunta de Galicia.
Desde o Ribeiro lembrar á Xunta a opacidade da información e documentación por parte da Mancomunidade non só para a oposición senón tamén a gran dificultade que supoñen esas contas para o traballo dos interventores dos Concellos, ninguneados desde o primeiro día.
A pesar de todo iso lembrarlle á Xunta, ao Presidente da Mancomunidade e aos alcaldes, o trato de favor que se dá a un Concello na repartición dos custos do servizo de lixo e desde hai anos, a recadación en taxas de lixos por encima do custo do servizo nalgúns concellos, o traspaso de custos de gastos xerais a custos do servizo de recadación, o baixo número de horas de servizo que prestan as maquinas da mancomunidade fronte ao custo de mantemento das mesmas.
Despois de todo isto só queda esperar que os concellos sigan incrementando as súas achegas á Mancomunidade e esperar que en épocas de eleccións a Xunta incremente considerablemente as súas subvencións ao capítulo “Servizos Varios Cultura”.
A Mancomunidade do Ribeiro, neste momento, mantense aberta por interese político e persoais, que con gran probabilidade fosen a causa de que cinco dos máis importantes concellos fundadores da mesma abandonárana.

Apenas catro anos vai durar a pemanencia do concello de Piñor na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, nesta segunda etapa que se iniciaba co seu ingreso en 2017, agora o pleno do concello ven de acordar a súa saída da entidade supramunicipal, que se fará efectiva a final de ano.
Asi o confirmou o alcalde piñorense José Luis González en COPE O Carballiño "a nosa decisión que xa é firme é apartarnos da Mancomunidade, levamos tempo tratando este asunto co presidente da Mancomunidade pero o non poder solucionar os problemas económicos que representa permanecer para o concello de Piñor, decidimos marcharnos", subliñou.
O rexedor municipal explicou que "o que sucede é que a final de ano á hora de facer fornte á liquidación coa Mancomunidade, descádranos sempre as contas anuais do concello" e engadíu "foi unha decisión difícil, todos somos compañeiros, e o presidente é unha gran persona, pero nos temos que defender os intereses do concello e os veciños de Piñor", dixo.

O PSdeG-PSOE de Ourense presentará unha candidatura unitaria de delegados e delegadas para o próximo 40 Congreso Federal do PSOE que se celebrará en Valencia para respaldar o procecto encabezado por Pedro Sánchez.
Esta lista de delegados e delegadas estará encabeza por Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e contará con representantes municipais e parlamentarios así coma con militantes de base, e nela integrarase tamén á exdeputada, Noela Blanco, quen finalmente acepta a invitacion feita pola dirección do partido e polo propio Fumega. A candidatura provincial representará ao conxunto do partido na provincia ourensá en base ao chamamento á integración e unidade feito polo secretario xeral, Gonzalo Caballero.
Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Ourense destacan que esta candidatura de integración representará a vontade de todo o partido na provincia, co fin primordial de fortalecer un proxecto unánime en torno ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, construído desde os distintos concellos da provincia. No actual contexto, o PSdeG-PSOE de Ourense considera imprescindible acadar a máxima unidade para arroupar ao secretario xeral do PSOE, impulsando así a importante e necesaria axenda de progreso que Sánchez está desenvolver desde o Goberno central e que tanto precisa a provincia. "Un socialismo forte, unido e comprometido é a única alternativa para facer fronte á artificial confrontación e aos despropósitos sociais e económicos da dereita, a ultradereita e o caciquismo", conclúen.
Non obstante, dende o sector crítico coa dirección provincial do partido, e mesmo Noela Blanco, negan que o acordo estea pechado.

O episodio que investiga a Garda Civil sucedeu na mañá deste sábado dia 4 de Setembro nun establecemento comercial ubicado na rúa Principal de Dacón, cando un home coa cara semioculta por unha capucha entrou no interior do local e sen saber moi ben o móvil da súa acción -especúlase que o roubo- sacou un coitelo de grandes dimensións co que amenazou ao propietario do establecemento, Roberto C., éste abalanzouse contra o agresor que, tras verse desarmado, conseguíu fuxir.
Como consecuencia da pelexa, o comeciante sufríu feridas que motivaron o seu traslado ao Complexo Hospitalario de Ourense, aínda que a última hora da mañá xa recibíu a alta médica.
Os feitos foron presenciados por unha terceira persoa que a esa hora estaba no interior do local comerial. A Garda Civil abriu unha investigación para esclararecer os motivos deste incidente violento e identificar ao seu autor.
A que se debe?
Quen son os responsables de que esto sexa así?
Co transporte Metropolitano teriamos mais frecuencias e prezos mais baixos (os mozos ata 20 anos viaxarian de balde).
Hai que revertir como sexa esta situacion e non perder o autobus. Ou teremos que ir andando ata Punxin a collelo.
Teño que decirlle a ese deputado pepero que insulta a intelixencia de todos os veciños da comarca cando reclama tarde, mal, e de xeito vil a restauración dos servizos de cercanías.
Nos tempos que era deputado2004, 2008, 2011, 2015, 2016 y 2019 , e gobernaba o partido podre, e se estaba a desmantelar os servizos -xa dende o ano 2015- este señor e a súa compañeira Ana Vázquez estaban caladiños con este asunto a alardeaban aos catro ventos da impecable xestión do PoPó.
E agora ven con isto??
Aquí non decías nin pío http://copecarballino.es/denunciacidada/outra-vez-sen-servizos-ferroviarios
Ten vostede a cara de cemento armado "señor"
¿Cómo podemos pasar de ter 12 trens diarios antes da apertura da liña de alta velocidade Santiago-Ourense a ter agora soamente 2 trens? Sí,sí, 12 trens había antes: os 6 rexionais entre Ourense e Santiago, os 2 talgo e os 2 tren hotel con Madrid, e os 2 arco ao Pais Vasco. Todos eles ben espaciados que nos comunicaban moi ben con Ourense e Santiago a distintas horas do día. Agora só 1 tren por sentido dándose o absurdo de que o que vai a Santiago da media volta cara ao Carballiño nada mais chegar a capital galega. E o que vai cara Ourense xa non volve a Carballiño no mesmo día. O resultado na práctica é que non sirven para facer xestións. E ademáis na estación xa non hai persoal algún dando información. Todo substituido por unha máquina que parece que non funciona.
A única solución parecen os autobuses. Ou non. Porque a escasas semanas de que arranque o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na provincia de Ourense, o concello do Carballiño segue fora de dito plan. E non parece que importe demasiado aos políticos da vila.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- …
- seguinte ›
- última »