
Encontro Musical na Praza Alcalde Manuel Penedo- Sábado 7 ás 19:30 horas
O concello do Irixo organiza unha gran velada musical na que actuarán a Banda de Gaitas e Danzas do Irixo, a Agrupación de Acordeonistas Terras de Celanova e o grupo de música folc "Leirabuxo".
Circo-Danza no campo da festa de Paredes (Albarellos)-Sábado 7 ás 19:30 horas
O concello de Boborás continúa coa súa programación de verán e desta vez ofrécenos un espectáculo de acrobacia aérea, xogo e voz cantada en directo con Sue Moreno e Maria Move, un espectáculo da productora Culturactiva.
Cine en Cea e Leiro-Sábado e Domingo
O concello de Cea converte a Praza Maior de Cea nun cine ao aire libre, ás 22:30 horas deste sábado, coa proxección da película Maria Soliña, coa presenza do seu director Ignacio Vilar, que ao rematar a proxección protagonizará unha charla-coloquio cos espectadores.
O Novocine de Leiro mantén en carteleira dúas películas esta fin de semana, que son "A todo tren, destino Asturias" e "Jungle Cruise"
Pulpo e folclore no Carballiño
20 pulpeiros e pulpeiras de Arcos instalan as súas caldeiras -sábado e domingo- no casco urbano do Carballiño, coincidindo coas Xornadas Gastronómicas do Pulpo, nas que 31 establecementos da hostalaría carballñesa ofrecen o menú típico da Festa do PUlpo.
Ás 20 horas do domingo, na Praza da Veracruz, actuación da agrupación folclórica galega "Cantigas e Agarimos".

Unha patrulla da Garda Civil de Beariz sorprendeu de madrugada, sobrea as 3:30 da madrugada, a unhas 50 persoas que participaban nunha festa ilegal nunha casa en obras en Beariz "equipada cun potente equipo de música e luces", según a información falicitada pola mesma Garda Civil.
Unha boa parte dos asistentes conseguiron fuxir cando advertiron a presenza policial, aínda asi a Garda Civil logrou identificar posteriormente a un total de 18 persoas, todas elas veciñas de Beariz, contra as que formulou denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia, por incumprimento das normas para a contención da pandemia da Covid.
Ademáis, tamén tomou declaración en calidade de investigado por un delito de danos a F.A.V.V., de 24 anos e veciño do concello de Avión, como presunto autor dun delito de danos en varios vehículos que estaban estacionados nas próximidades, cando trataba de burlar a presenza dos axentes da Garda Civil.

Hoxe sí que os contaxios activos experimentan un siñificativo descenso no Carballiño, pasado dos 102 casos de onte aos 82 de hoxe, asi que son 20 menos.
A tendencia descendente é xeralizada en todos os concellos, agás no de San Amaro que incrementa (+1) os casos activos e suma 6, o único concello que agora mesmo vai contracorrente.
Os datos actualizados a este xoves dia 5 de Agosto, concello a concello, presentan os seguintes contaxios activos: Avión (18) Boborás (15) Beariz (9) Maside (7) Cea (3) Piñor (3) O Irixo (3) Leiro (2) Punxín (1)
No final da avenida do 25 de xullo algúns veciños, sempre os mesmos, adoitan a resgardar os seus vehiculos tanto da choiva como do sol enriva da beirarúa sin que a policía local deste concello faga acto de presencia. E como si o concello de Maside xa empezase aquí en vez de 50 metros mais adiante. Non vai con eles...
Eso sí estes veciños ao igual que os cans que andan ceibes deixan-nos os seus regaliños para que unha vez pisados os levemos para as nosas casas tan ricamente. ¿A Policía Local ten algo que dicir, ou soamentes teñen competencias no centro do pobo..?
Debe ser cousa da pandemia tamén...

O Carballiño non da baixado dos 100 contaxios activos, tras baixar antonte aos 101 casos hoxe repite o dato de onte e Sanidade volve notificar 102 casos activos.
Mellor son os datos da incidencia acumulada, tanto a 7 como a 14 días, indicadores nos que sí se aprecia unha melloría. Nos últimos 7 dias diagnosticáronse no Carballiño 31 novos positivos, mentres que no transcurso dos últimimos 14 dias acumuláronse 90 novos positivos no municipio carballiñés.
No resto de concellos continúa a tendencia á baixa en casos activos: Boborás (16) Beariz (9) Maside (9) San Amaro 5) O Irixo (3) Cea (3) Piñor (3) Leiro (2) Avión (20) Punxín (1)

Un total de 31 locais da hostalaría carballiñesa ofrecen a próxima fin de semana o seu menú da Festa do Pulpo, dende o concello piden a todas as persoas, familias e grupos de amigos, que fagan a reserva con antelación para evitar aglomeracións e asi pode cumprir a normativa de seguridade ante a covid.
Esta mañá, os responsables municipais co alcalde Francisco Fumega á cabeza ofreceron unha recepción institucional no concello carballiñés ás entidades colaboradoras e patrocinadores, aos que o rexedor municipal agradeceu o apoio que cada ano prestan á Festa do Pulpo, este ano por culpa da pandemia -igual que xa acontecera en 2020- reconvertida en formato de xornadas gastrómicas na restauración local.
Pola sua parte, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén transmitíu os parabéns a todos os que fan posible a organización desta convocatoria gastronómica malia as dificultades existentes, ao tempo que facía un chamamento público para poder gozar desta celebración gardando todas as medidas precisas que fagan deste evento un exemplo a seguir no contexto actúal.
No arquivo adxunto podes acceder á relación completa dos 31 locais adheridos a estas xornadas gastronómicas desta próxima fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de Agosto:
Se a finca fora dun de nós, xa nos terían MULTADO teriamos salido na prensa, etc, pero como son dun sitio privado, son silvas que pertencen a alta clase social, son de alto prestigio, non se poden cortar ou vós que pensades, aqui nesta Galiza todo se fai según a quen pertenzan as cousas. Esas Silvas e maleza non vos podedes imaxinar o poder económico que teñen, mais dun beneficiase de que sigan ahí. Por eso non dan a orden de cortalas e limpar o sitio, se a nos ós traseuntes nos molestan temonos que aguantar. Nós a pagar impostos e a calar. Según quen sexas e o que teñas serás tratado dunha maneira ou de outra.
a mascota octavio...madre mía...quen tivo a idea de pasear unha mascota nun coche de cabalos? dende que teño uso de razón creo que é o máis patético que levo visto neste pobo....NUN COCHE DE CABALOS!! quen tivo esa idea? algúen neste pobo parécelle atractiva a idea? e mellor non saber os cartos que costou...non vaia ser que empreguen esos cartos en limpar as rúas que dan pena o sucias que están

O Carballiño quédase hoxe nos 101 contaxios activos, 4 menos en relación a onte domingo. Tamén restan 1 caso tanto Avión como Boborás, que siguen sendo os outros concellos máis afectados no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, Avión mantén 22 casos activos e Boborás 18.
No resto de municipios, os contaxios activos son os seguintes: Beariz (11) Maside (11) Piñor (4) O Irixo (3) San Amaro (3) Cea (3) Leiro (2) Punxín (2)
Union Fenosa ou como se chame, dando exemplo como todos os anos na Carreira, e o concello consentindo. ¿Cánto temos que esperar para que cumplan? ¿a qué esperan, a que non se poida pasar pola acera?
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 246
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- …
- seguinte ›
- última »