
O Sergas convoca un cribado poboacional na Comarca Carballiño e o concello de Avión para persoas entre 16 e 40 anos, que terá lugar o martes dia 20 de Xullo no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Pídeselle as persoas que estean nesta franxa de idade, ente os 16 e os 40 anos, que se inscriban a través do seguinte enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx
Posteriormente, unha vez realizada a inscrición, as persoas anotadas recibirán citación individualizada a través dun SMS A convocatoria diríxese a persoas con médico no Centro de Saúde dalgún dos seguientes concellos: Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristobo de Cea. Son criterios excluíntes: persoas que teñan superado a Covid-19 con anterioridade ou persoas que estean actualmente en illamento ou cuarentena.
Actualización de datos do sábado 17 de Xullo:
O Carballiño notifica hoxe 84 contaxios activos, 3 máis que onte. Tamén soben os contaxios en Boborás, que chega aos 10 casos, Maside que se sitúa con 7, Cea que ten 4 contaxios activos e Avión, que alcanza os 24 contaxios activos. Non hai variacións no resto dos concellos.

A Unión Musical da Limia en Cea
Esta agrupación musical ofrece un concerto ofrece un concerto versionando temas pop-rock da historia da música ás 20 horas deste sábado na Praza Maior de Cea, unha actuación que forma parte do progrma da Rede de Auditorios da Deputacion de Ourense. Gratuíto.
Autocine en Boborás
O campo de fútbol de Boborás acollerá a proxección en pantalla grande da película "Padre No Hay Más que Uno", de Santiago Segura. Gratuíto, sábado ás 22:30 horas.
Cine en Leiro
O novo Cine de Leiro proxecta durantes estes dias dúas películas: "Spirit Indomable" en sesión ás 16 horas, e "Operación Camarón" ás 18,15 e 20:30 horas.
Literatura e Música no Carballiño
A escritora Raquel Piñeiro presenta a súa novela "Albania" acompañada coa música en vivo do grupo Guezos e do gaiteiro Isidro Vidal. Gratuíto, o sábado ás 20 horas no auditorio da Praza da Veracruz.
Percusionistas ODAIKO
Concerto dos percusionistas ODAIKO familiar, un espectáculo para todos os públicos. Gratúito, o domingo 18 ás 20 horas na Praza da Veracruz.

Record de novos positivos nun dia no Carballiño nesta quinta onda da pandemia, pasando dos 61 casos de onte aos 81 contaxios activos que o Sergas notifica hoxe venres para o concello do Carballiño.
Tamén continúan incrementandose os contaxios no concello de Avión, que chega hoxe aos 23 casos activos, que son 7 máis que o dia anterior. Tamén se incrementan as persoas enfermas de covid en Beariz (+3) (8) Boborás (+2) (8) Leiro (+1) (6) Cea (+1) (2) Repiten os datos de onte, co mesmo número de contaxios activos O Irixo (6) Maside (5) Piñor (4) e San Amaro (2) Resiste sen contaxios o concello de Punxín.

A quinta onda da pandemia sigue sen freo nos nosos concellos, e continúa avanzando máis preocupantemente no Carballiño e Avión, que rexistran hoxe datos moi preocupantes.
No Carballiño xa son 64 os contaxios activos, deles 61 son novos positivos diagnosticados nos últimos 14 dias, o que sitúa xa a incidencia acumulada en 432 casos por cada 100.000 habitantes, un indicador que se dispara no concello de Avión ata os 882 casos por cada 100.000 habitantes, neste municipio notificanse hoxe 16 contaxios activos, 6 máis que onte.
No resto de municipios, os contaxios activos nesta última actualización de datos son os seguintes: Boborás (6) O Irixo (6) Beariz (5) Leiro (5) Maside (5) Piñor (4) San Amaro (2) Cea (1) Punxín (0)

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Ourense onde se integra o Sector Ferroviario, mantivo unha xuntanza co Alcalde do Carballiño para abordar os problemas máis importantes que hai actualmente no ferrocarril na provincia.
Na reunión falouse das deficiencias e abandono do servizo e das circulacións ferroviarias por escaseza e mala frecuencia, o cal impide ós veciños e veciñas da Comarca do Carballiño ter un servizo público sostible e social para a súa mobilidade dentro das vilas e núcleos rurais cas diferentes capitais Galegas, o que contribúe ao despoboamento da zona rural.
Sindicato e alcalde acordaron reclamar conxuntamente a reapertura da estación do Carballiño con servizo de venta presencial, xa que as máquinas auto-venda instaladas por Renfe só permiten a venda do tren Rexional e o pago con tarxeta o que aumenta a dificultade de acceso e compra aos veciños, ademais da falta de información que precisan para adquisicións de billetes, cambios, anulacións e programacións de viaxes en tren.
Tamén se acordou que o goberno municipal reclame e xestione coas administracións a reposición do 100 % das frecuencias existentes antes da pandemia, xa que actualmente só circulan 2 das 7 frecuencias que prestaban servizo na liña do Carballiño, deixándoa nunha situación de abandono absoluto.
Por último, tamén se falou da necesidade de máis frecuencias e modificacións horarias que repercutan nunha maior utilidade e aproveitamento do Servicio Público para os veciños e veciñas do Carballiño e demais núcleos rurais dos arredores. Adecuando as frecuencias ferroviarias ás entradas e saídas dos centros de traballo e educativos,e tamén para enlaces con outros trens ou medios de transporte, aproveitando que a Comisión Europea declarou o 2021 como o “Ano do ferrocarril”, o que vai supoñer mais inversións neste medio de transporte e a Galicia rural non pode quedar ao marxe.

Continúa a escalada de coronavirus na comarca, co concello do Carballiño á cabeza, con 6 casos máis que onte, polo que alcanza hoxe os 53 contaxios activos.
Boborás tamen experimenta un salto, ao pasar de un único caso que tiña onte aos 5 que xa notifica hoxe mércores. O Irixo tamén suma 5 contaxios, tras 3 novos positivos nas últimas horas. Beariz rexistra 5 casos, Piñor e Maside con 3, San Amaro 2 (un máis que onte). Continúan resistindo limpos de covid Punxín e Cea.
A Xunta anunciou hoxe que o concello do Carballiño pasa dende este próxmo sábado ao nivel medio de restriccións, o que repercutirá fundamentalmente na hostelería, que verá reducidos os seus aforos, que pasarán a ter unha ocupación máxima do 30% en interior e do 50% en terraza ao aire libre.

O concello carballiñés comunicou hoxe que "haberá pulpeiros por toda a vila pero non se organizará a comida do recinto no parque municipal", será "unha festa do pulpo restrinxida" e tamén este ano reducida ao ámbito urbano.
Recomendaráse a reserva para poder degustar o polbo á feira nos locais da hostelería carballiñesa non so o domingo 8 de agosto, senón durante toda a semana previa, igual que xa acontecera o ano pasado.
Dende o concello do Carballiño manifestan que "apóstase todos os anos por potenciar a programación cultural e as actividades para todos os públicos e tamén se contará novamnte con propostas para animar e dinamizar o O Carballiño nas xornadas pre-pulpo", agardando que para o próximo ano 2022 poida recuperarse o programa tradicional da festa e os acontecementos que cada ano fan do Carballiño a referencia festiva e gastronómica de toda Galicia.
HOXE dixéronme de varios positivos en rapaces de 14/15 anos, penso que é urxente que se faga un cribado no Carballiño entre a poboación de 12 a 18 anos, a cousa ponse fea.
Hoxe día 13 de Xullo temos 47 casos positivos na vila do Carballiño e 62 no total da comarca.
Hoxe fai 12 días que se abriu o ocio nocturno pouco tempo despois da relaxación das medidas propias desta pandemia, véxase a mascarilla, o toque de queda ou as limitación das reunións en grupos numerosos.
Hoxe, todo parece indicar que máis cedo ca tarde volveran a pechar o pobo.
E se ben é certo que todos e cada un dos que residimos na vila temos algo de responsabilidade, é unha obviedade que algúns a teñen máis ca outros. Non quero caer ca criminalización da xente nova, porque igual que vexo os rapaces xuntos bebendo, vexo a xente adulta facendo o propio. Supoño que despois dun ano tan duro, todo o mundo precisa disfrutar o máximo para non rematar de volverse tolo.
Pero se hai algo que me resulta radical e absolutamente intolerable é que as autoridades pertinentes miren cara outro lado para que unhos poucos gañen cartos durante unhos días e os outros teñamos que sufrilas consecuencias duante o nos verán, durante as nosas vacacións. Négome a creer que a policía local situada a escasos 50 ou 100 emtros dalguns dos locales de maior actividade nocturna do pobo non sexan capaces de controlar a situación. Négome a crer que haxa lugares sen lei onde se poden xuntar decenas de personas sen mascarilla a beber e cantar sen ningún pudor ou vergoña.
Coma sempre, pagaremos xustos por pecadores. E coma sempre ninguén asumirá ningún tipo de responsabilidade. Porque se algo caracteriza ó Carballiño é a desresponsabilización a todolos niveles. E así nos vai, a segunda vila en importancia da provincia sen servizos públicos de ningún tipo, sen un nivel minimamente adecuado de limpeza ou orde e sumidos nunha mediocridade terrible na que únicamente se pensa nos bares e nas festas en lugar de xerar un lugar para vivir, asentar poboación e non ter que ser noticia única e exclusivamente por ter o dudoso honor de dar nome ó modelo máis restrictivo de medidas anti covid.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- …
- seguinte ›
- última »