
O alcalde do Carballiño Francisco Fumega, acompañado do concelleiro de turismo Manolo Dacal e o titular de Cultura Diego Fernández, visitaron os traballos de rodaxe de "Malencolía", a nova película de Alfonso Zarauza que ven de rodarse íntegramente en escenarios e localizacións do Carballiño e O Irixo.
Non foi a única visita que recibíu o equipo de rodaxe, tamén se achegaba ata O Carballiño o presidente da Deputación , Manuel Baltar. O filme está producido por Maruxiña Film Company, realizado integramente en galego e que conta co apoio da Deputación de Ourense. Trátase da sexta longametraxe de Zarauza, quen remata esta semana a súa rodaxe na comarca do Carballiño, un filme para televisión no que o director compostelán se adentra por primeira vez no xénero do terror, aínda que repite con boa parte do equipo técnico e artístico que o acompañou na súa última película, Ons, estreada a finais do ano pasado.
A rodaxe de Malencolía realizouse en diversas localizacións do Irixo e O Carballiño. Manuel Baltar avanzou que a película "estrearase na 26ª edición do Festival de Cine de Ourense", remarcando "a aposta da Deputación de Ourense por facer do noso territorio provincial un excelente plató para a produción audiovisual, nun ano de recuperación económica pero tamén ano de Ourense, terra de cine, coa estrea de Cuñados, que se está a converter nun éxito no ámbito nacional e coa próxima estrea -o 16 de agosto- de Live is life, de Dani de la Torre, tamén rodada en Ourense".
O presidente do goberno provincial afirma que este apoio pola cultura audiovisual: longametraxes, curtas, documentais, series de televisión ou videoclips "ten na provincia de Ourense un territorio perfectamente apto para narrar historias; o cinema é un arte imprescindible e Ourense está chamada a ter un protagonismo especial. Por iso imos continuar nesta liña, e celebramos que cineastas do prestixio de Zarauza e actores, actrices, directores, produtores e técnicos relacionen a súa traxectoria con Ourense, pois neste territorio teñen unha "estación audiovisual" na que parar, crear e ofrecer cultura de moi alto nivel", comenta Baltar. En canto a Malencolía, entre os actores que volven traballar ás ordes de Zarauza destacan os protagonistas, Melania Cruz e Xúlio Abonjo, que interpretan a Sira e Pepe, unha parella que decide comezar unha nova vida nunha aldea abandonada de Ourense logo de botar moitos anos emigrados en Berlín.
Chegados á aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina, que interpreta Iolanda Muiños. Completan o reparto Diego Anido, Marta Lado, X. A. Touriñán, Ricardo de Barreiro, Ledicia Sola, Tito Asorey e Deborah Vukusic. En Malencolía, Alfonso Zarauza trata o xénero do terror dun xeito pouco convencional, partindo da rica tradición galega oral e literaria sobre o medo para engadir elementos do estilo americano slasher de asasinos en serie e gore. Para abordar esta mestura de xéneros botou man de novo de colaboradores habituais no equipo técnico, como Elia Robles na dirección de arte, Alberte Branco na de fotografía, Tamara Soto na dirección de produción ou Fernando Alfonsín na montaxe, todos eles premiados ou finalistas nos últimos premios Mestre Mateo pola longametraxe Ons, que tamén levou o premio á mellor longametraxe e acadou en total 9 destes galardóns.
Malencolía está producida por Maruxiña Film Company e é un filme para televisión rodado integramente en Galicia e en galego, e con equipo 100% galego. Conta coa participación da Televisión de Galicia, subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Ourense e o patrocinio de Deleite.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Lorenzo, os proxectos de maior interese para o concello, como o apoio ao rural ou actuacións de abastecemento e saneamento.
O presidente da Xunta recordoulle ao alcalde, en relación ao primeiro punto, que a 2ª fase do plan de pastizais, que se activará proximamente, permitirá poñer en valor un total de 30 montes veciñais pertencentes a concellos galegos, entre eles os do Irixo. Tamén lle trasladou a vontade de estudar unha posible colaboración co proxecto consistente nunha web de venta online de empresarios do concello para apoiar a “marca Irixo”.
En relación ás dúas solicitudes cursadas polo concello para executar actuacións en materia de saneamento e abastecemento, o presidente da Xunta confirmoulle ao alcalde que neste momento están a ser analizadas. Finalmente, Feijóo tamén sinalou que se estudará a posibilidade de construír vivendas modulares ou a rehabilitación de vivendas en estado de abandono ou semiabandono, ademais da posibilidade de levar a cabo unha instalación deportiva na antiga estación do tren, en colaboración coa deputación.

O Sector Ferroviario de CGT-Galiza protestou hoxe contra os recortes de servizos ferroviarios que a empresa pública RENFE está a facer aproveitando a crise da pandemia, concentrándose na estación de Compostela as 12hs. A dia de hoxe, RENFE aínda non restableceu ningún dos 3 trens diarios que antes da declaración do estado de alarma en Marzo de 2020 transitaban a diario entre as estacións do Carballiño e Ourense. Nin os restableceu nin anunciou a súa reposición.
Así dos 80 trens de media distancia que circulan diariamente polas vías ferroviarias, RENFE tan só restableceu a circulación de 43, a mayoría no eixo atlántico Coruña-Vigo, seguindo suprimidos 37 trens que circulan principalmente polo rural galego, nas liñas Vilagarcía-Padrón-Compostela, Vigo Guixar-Arcade-Pontevedra, Vigo Guixar-Porriño-Valença do Minho, Coruña-Ferrol, Ferrol-Ribadeo, Vigo Guixar-Ourense-Monforte-Ponterrada, A Coruña-Lugo-Monforte.
Mentres RENFE anunciou que a partir do vindeiro 14 de Xuño restablecerá o 100% dos trens de Longa Distancia Galiza-Madrid e programa o 100% dos trens turísticos galegos pra este verán, a partir de hoxe 7 de xuño restablece dous servizos mais de media distancia Vigo Urzaiz-Coruña-Vigo Urzaiz, co que aumenta a un 53% as circulacións de Media Distancia repostas tras a finalización do estado de alarma, seguindo suprimidos todos os servizos de proximidade Vigo Guixar-Pontevedra-Vigo Guixar, Vilagarcía-Santiago-Vilagarcía, Vigo Guixar-Valença do Minho-Vigo Guixar, O Carballiño-Ourense-O Carballiño.

O grupo municipal do Partido Popular no Carballiño ven de presentar ante o Rexistro do Concello do Carballiño unha iniciativa para que o I.E.S. nº 1 do Carballiño pase a denominarse “I.E.S. María Teresa Miras Portugal”.
O pasado 27 de maio faleceu "unha das nosas veciñas máis ilustres, Dona María Teresa Miras Portugal, cuxos méritos no eido científico son coñecidos para toda a veciñanza. Compre agora subliñar, unicamente, que sendo a primeira muller electa para presidir unha Real Academia na historia do noso país, a de Farmacia, conservou sempre a súa relación coa nosa vila.
Dona María Teresa Miras reúne méritos máis que sobrados para obter o recoñecemento da veciñanza que a viu nacer e que presume de contala entre eles, e por iso non vamos agora a enumeralos",subliña o grupo popular nun comunicado dando conta desta proposta.
E Engade "queremos destacar que a figura de Dona María Teresa Miras debe servir de exemplo a futuras xeracións de carballiñeses, e especialmente as mulleres e a todos aqueles que desexen dedicarse o campo científico".
Por elo, consideran axeitado que dende o Concello se promova que o I.E.S. nº 1 do Carballiño leve o nome de tan destacada veciña "e que para acadar este obxectivo se leven a cabo todas as xestións que sexan precisas, propoñendo o cambio de denominación ao Consello escolar de este Centro".
Unha proposta que agardan "contará co apoio tanto da veciñanza como do Consello Escolar e que ademais servirá para poñer en valor unha figura senlleira da nosa vila, como modelo para a seguir pola xuventude actual e futura do Carballiño".
Por isto, o grupo municipal do Partido Popular no Carballiño, solicita ao Concello que se fagan as xestións precisas para que o I.E.S. nº 1 do Carballiño leve o nome de Dona MARÍA TERESA MIRAS PORTUGAL, propoñendo este cambio de denominación ao Consello Escolar do Centro e informando a veciñanza e as asociacións relacionadas coa cultura na nosa vila para que se poidan adherir a esta iniciativa.

O Concello de Boborás, construirá neste 2021, un parque infantil no entorno do Pavillón e da futura piscina municipal, cun coste total de 50.000 euros. Trátase dunha obra, financiada nun 70 por centro pola Consellería da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e o propio concello que porá o 30 por centro restante.
Trátase dunha superficie de 210 m2, que constará dun conxunto de 3 torres, con pasarelas e redes de trepar e dous tobogáns. Tamén terá un columpio doble, cun asiento plano e outro de bebé, un balancín doble e 2 individuais, 4 bancos de cores, e dúas papeleiras, soleira de formigón cuberta de loseta de caucho de cor e unha valla para perimetrar o espazo .
Ademais, destes elementos, o ente local pretende dotar dun espazo de arboleda o entorno do parque infantil para xerar sombra, así como unha zona de recreo con mesas e bancos para que as familias e a veciñanza en xeral poidan facer uso das mesmas, e tamén colocorá un conxunto de biosausables para que os adultos tamén poidan facer uso deles, ben sexa de maneira individual ou cando acompaña os nenos.
Con esta intervención o grupo de Goberno, pretende ir incorporando novas insfraestuturas deportivas e de ocio nunha parcela que na actualidade xa conta cunha pista multideporte, un ximnasio o aire libre e logo coa piscina municipal. Ademais o Concello pretende en futuras actuación construir unha pista de padel, e unha zona de skate para xente moza do municipio.
En definitiva, trátase de darlle contido a unha parcela municipal, en desuso, pero ben comunicada pero nun entorno seguro, que está ben situada ao atoparse nas inmediacións do pavillón municipal, centro sociocultural Manuel Chamoso Lamas, Colexio Público, gardería e o futuro Centro de Saúde e Piscina municipal, ademais de novas instalacións que o goberno prevé construir, no futuro, na zona.

Os socialistas de Leiro temos inquezanda pola limpeza do que fora o primeiro cine en Leiro alo polo anos 20 a finais donde se proyectaban películas mudas e que se encontra nun estado de total abandono e con moita maleza. E que foi adquirido atraves de un convenio cos propietarios para aparcadoiro gratuito.
Os socialistas queremos reseñar que o sitio denominado CORRAL en pleno casco urban en Leiro, se encontra en un estado deplorable, xa que ten moita maleza, escombros ect.. Temos que indicar que este lugar, o Concello firmou en xaneiro do ano 2020 un Convenio cos propietarios do lugar para delicalo única e exclusivamente a aparcadoiro gratuito. E xe trouxo a Pleno Municipal en Febrero de ese mesmo ano.
No que o Concello se obriga a acondiciónalo e o seu mantemento, e que permita o seu uso como aparcamento publico sin risco algún para persoas e bens, incluindo a retirada de escombros, maleza e outros efectos e a preparación do solo a tal fin, sin afectar a finca contigua da mesma propiedad, e que por parte do Consistorio non se esta a cumplir despois de un ano e cinco meses que se firmou dito Convenio. Polo que os socialistas pedimos o seu acondicionamento e a sua limpeza xa.
Por eso desde o Grupo Municipal Socialista non podemos pasar por alto esto e sobre todo un lugar como CORRAL que foi o primeiro cine que existiu en Leiro alo polo anos 20 a finais, e que a sua estructura era de madeira con teito de cinc ondulado, no que se proyectaban películas mudas, o que non pode ser e que o Concello estea enviando requerimentos de limpeza de fincas os veciñ@s para a prevención de incendios forestais e o consistorio non cunda co o exemplo na limpeza do mesmo

A Corporación municipal do concello de Maside aprobou o rueiro para a zona de Corzos, na parte que corresponde ao municipio masidao. Trátase de 14 viais que pasan a levar o nome doutros tantos persoeiros e persoeiras vencelladas co concello de Maside, a relación é a seguinte:
Víctor Campio Pereira González (1928, Maside - 2018, Ourense)
(Rúa Víctor Campio Pereira) Escritor e poeta.
Emilia Pardo Bazán de la Rúa-Figueroa (1851, A Coruña - 1921, Madrid)
(Rúa Emilia Pardo Bazán)
Novelista, narradora, ensaísta, poeta, dramaturga e periodista e catedrática de Literaturas Neolatinas Contemporáneas na Universidade Central.
Manuel Nolaso Lois Vázquez (1868, Maside - 1899, Maside)
(Rúa Manuel Lois Vázquez)
Médico, xornalista, escritor e poeta.
Epifanio Ferreiro Monterrubio (1884, Benavente - 1964, Maside)
(Rúa "Frei Mostaza", "Xan de Maside" ou Epifanio F. Monterrubio) Escritor e poeta.
Inocencio Portabales Nogueira (1858, Maside - 1923, Lugo)
(Rúa Inocencio Portabales)
Arcipreste, vicario xeral e escritor.
Valentín Portabales Blanco (1829, Maside - 1921, Lugo)
(Rúa Valentín Portabales)
Académico das Tres nobles Artes de San Fernando e da Real de Ciencias e Letras de Cádiz.
Xefe Superior Honorario de Administración Civil.
Director do Instituto de 2ª Ensinanza de Lugo.
José López Rodríguez (1862, Maside - 1921, La Habana)
(Rúa José López Rodríguez "Pote") Empresario en Cuba.
Francisco Luis Bernárdez Martínez (1900, Buenos Aires - 1978, Buenos Aires)
(Rúa Paco Luis Bernárdez) Poeta e diplomático arxentino.
Juan Sieiro González (1835, Maside - 1893, Ourense)
(Rúa Xan Sieiro González)
Filósofo, catedrático e escritor.
María Teresa Miras Portugal (1948, O Carballiño - Madrid, 2021)
(Rúa Mª Teresa Miras Portugal)
Científica, catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Complutense.
José Ángel González Nóvoa (1948, Maside - 2010, Maside)
(Rúa Xosé Anxo González Nóvoa) Músico e historiador.
Antonio Fraguas Fraguas (1905, Cotobade - 1999, Santiago de Compostela)
(Rúa Antón Fraguas Fraguas)
Escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo.
Publicou na revista NÓS "O Folclore de Listanco, e lendas".
José Francisco González González (1767, Maside - 1811, San Amaro)
(Rúa Xosé F. González "Labrador")
Guerrilleiro que combateu ás tropas do mariscal Soult que, procedentes de Vigo, dirixíanse a Castela.
Lugartenente de "Cachamuíña" como xefe da guerrilla da xurisdición de Maside contra o exercito de Napoleón, na Guerra da Independencia.
Francisco Ángel Botana Blanco (1932, Maside - 2014, Ourense)
(Rúa Francisco Botana Blanco)
Licenciado en Teoloxía e Doutor en Filosofía e Letras, catedrático, escritor e investigador de textos clásicos.
Para ver no plano o rueiro pode facélo abrindo o arquivo adxunto:
Preguntan si es legal poner una terraza obstruyendo el paso en Carballiño? Aquí si, y lo que haga falta, sobre todo si son amigos de nuestro amado líder o de su concejal. Hace poco un bar del centro invadía la fachada de su vecino y no pasaba nada, hace más tiempo pasar por la calle del ayuntamiento es imposible por las terrazas de cierto bar y ahora tampoco en coche. No pasa nada, nuestro amado líder va a convertir a Carballiño en un Magaluf solo que cutre. Las piscinas ya las va a poner en el balneario interiores y exteriores junto con su colega Baltar, (me imagino que le pondrán una suite por aquí también). Ala, a disfrutar lo votado, aunque los de PP no se si serán peores, y Patxi parece que está de vacaciones.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acordaron hoxe estudar o encaixe da reforma integral do balneario nos fondos europeos Next Generation. Un proxecto que cun investimento de 4 millóns de euros “suporá un paso máis na estratexia de apoio a un sector fundamental para a provincia como é o termal, neste caso ademais cunha longa tradición na comarca carballiñesa”, declarou Baltar trala reunión co rexedor na que tamén estivo presente o xerente do balneario, José Figuera.
O acordo entre a Deputación e o Concello do Carballiño, que inclúe a convocatoria de reunións técnicas a próxima semana, “inscríbese no ámbito da colaboración pública y privada -dixo o presidente provincial- pois nesta iniciativa tamén terá cabida a empresa que xestiona as instalacións”. Baltar situou este proxecto de relanzamento do balneario “non só no sector termal e na promoción turística, senón tamén nas iniciativas que desde o goberno provincial estamos a adoptar fronte ao reto demográfico, ofrecendo ao conxunto da comarca novas oportunidades de desenvolvemento, tan necesarias neste tempos”.
Un campo de actuación que, lembrou, “tamén estamos a impulsar na propia capital ourensá coa captación termal protexida que se realiza no Pazo provincial, coa intención de converter a este edificio no futuro gran balneario da cidade”. Por estas razóns é tan importante, engadiu, “que exploremos a posibilidade de presentar o plan de reforma integral do balneario do Carballiño aos fondos Next Generation, para os que a Deputación ten posto en marcha unha estratexia de planificación e cooperación que permita achegar a Ourense o diñeiro procedente de Europa para reactivar canto antes a economía provincial".
Dos 4 millóns de euros orzamentados para o proxecto, preto de 1,6 millóns estarán destinados á unha piscina cuberta climatizada no soto do edificio, cos seus respectivos servizos e instalacións, destacando tamén outras actuacións, entre elas na urbanización e peche exterior do recinto, nas tres piscinas descubertas e nos seus respectivos vestiarios, e no edificio que acolle a cafetería e o restaurante.
Estamos acostumbrados a que las terrazas de los bares invadan las aceras por las que transitan los peatones. Que ocupen plazas de aparcamiento de los arcenes. Pero que vayan más allá y ocupen e inhabiliten todo un carril de circulación en una carretera de doble sentido no lo habíamos visto nunca. Porque en la calle vicente risco hay una terraza de un bar que ocupa un carril de la circulación y la calle en ese punto es de doble sentido. ¿Por qué se consiente esto?
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- …
- seguinte ›
- última »