
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse a Serantes, no concello de Leiro, e a Ponte Pedriña, para visitar o monumento da súa igrexa de Santo Tomé trala publicación da licitación das obras de rehabilitación que vai acometer a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que unha vez adxudicas, terán un prazo de execución de catro meses.
Gabriel Alén puxo en valor a aposta decida pola conservación do noso patrimonio histórico-cultural, por iso “dende a Xunta queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis singular”; e engadiu, “este tipo de actuacións constitúen un auténtico agasallo para todos os que estamos orgullosos da nosa riqueza etnográfica e da nosa historia e para todos os que cremos nas testemuñas do pasado como unha parte esencial do noso poder de transformación”.
A igrexa de Santo Tomé de Serantes, no concello de Leiro, conta cun orzamento de licitación de preto de 47.000 euros para a restauración do retablo maior e as súas imaxes. Este investimento suporá unha mellora estrutural deste ben catalogado que se enmarca na colaboración que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén coa Diocese de Ourense para a conservación de varios inmobles eclesiásticos. O retablo maior da igrexa de Santo Tomé de Serantes, está protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia segundo o que establece a disposición adicional segunda da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia.
As necesidades que se pretenden cubrir con esta restauración radican na necesidade de realizar a desmontaxe do ático do retablo por mor do inminente perigo de desplome. Así, faranse labores de desinsectación co fin de eliminar ataques por parte de insectos xilófaios así como previlos no futuro e consolidar o soporte nas zonas debilitadas. Ademais, recuperaranse os volumes reintegrando as fendas que supoñan un risco para estabilidade do conxunto. Tamén se fixará a policromía, realizarase unha limpeza físico-química da capa de protección fortemente escurecida por procesos de oxidación ao longo do tempo e que altera considerablemente a valoración do cromatismo orixinal do retablo.
Os traballos tamén inclúe o tratamento de metais, a eliminación de repintes, a restauración da carpintería, a retirada de elementos alleos ao retablo como as pezas do antigo cabreado eléctrico, a eliminación da instalación eléctrica, o estucado das zonas onde non exista preparación, a reintegración cromática e a aplicación dunha nova capa de protección. En total o proxecto permitirá a restauración das imaxes de: San Pedro, Santo Tomé (zona ático), San Cristovo, San Gregorio (zona ático), San Roque, Santa Bárbara e San Gregorio (predela).

O Concello do Carballiño repartirá os exemplares de El Cisne de Vilamorta entre o alumnado dos centros educativos da vila e anuncia a actuación da actriz María Galiana cun espectáculo cultural baseado en Emilia Pardo Bazán. Este ano O Carballiño pretende ser unha das vilas que lideren os recoñecementos á figura de Emilia Pardo Bazán. Tal como xa se anunciou, vanse celebrar unha serie de actividades e accións encamiñadas a destacar a vida e obra da escritora, pero tamén o seu gran vínculo co Carballiño.
Esta semana, o Concello do Carballiño xa recibiu os 1.000 exemplares da reedición en facsímil da primeira edición do libro El Cisne de Vilamorta de Emilia Pardo Bazán. O exemplar orixinal foi facilitado pola Real Academia Galega e é o mesmo que se atopaba na casa da polifacética escritora. O Concello distribuirá os exemplares a partires da semana que ven, entre o alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato dos centros educativos do Carballiño. Tamén se facilitarán durante o mes de abril varios exemplares para os usuarios da Biblioteca Municipal e tamén ás bibliotecas escolares da comarca.
Ademais, dende a área de Cultura do Concello do Carballiño, tamén se anuncia para o verán unha das actuacións que se levarán a cabo con motivo das actividades de recoñecemento da figura de Emilia Pardo Bazan. Será un recital musical no que a recoñecida actriz María Galiana recitará as cartas de amor que intercambiou a escritora con Benito Pérez Galdós, sendo acompañada polo recoñecido barítono Luís Santana e Victor Carbajo ao piano. O espectáculo, que se chama Mi Miquiño del Alma, está pensado para espazos sinalados e moi poucas datas, e agarda ser unha das grandes actividades culturais deste ano.
Asimesmo, dentro de programa previsto para dar realce a efeméride do centenario da morte da escritora, que terá lugar o 12 de maio, tamén se levarán a cabo outras iniciativas como un percorrido guiado polos lugares vencellados coas estadías de Emilia Pardo Bazán no Carballiño e Banga, así como polos lugares citados na novela El Cisne de Vilamorta, e que contarán coa colaboración do Centro de Estudios Chamoso Lamas. Tamén se contempla efectuar unha lectura pública de El Cisne de Vilamorta, en colaboración coa Biblioteca Municipal e os centros educativos da vila, así como unha ofrenda floral no monumento a Emilia Pardo Bazán.

Telefónica pon en marcha a tecnoloxía 5G, no ámbito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro, de momento son dous unicamente os municipios onde poderá utilizarse a nova tecnoloxía, que irá chegando progresivamente a maioria dos concellos no transcurso deste mesmo ano, según as previsións. Os concellos do Carballiño e Avión son os primeiros en contar coa 5G, a rede móbil de quinta xeración.
A tecnoloxía 5G permitirá aos usuarios descargarse na súa casa unha película en segundos. Aqueles que sexan afeccionados ao " gaming" contarán cunha experiencia en mobilidade similar á que lles achega a fibra no fogar, sen interrupcións ou latencia. Así, o 5G permitirá xogar no teléfono móbil coma se estivésese na pantalla do computador da casa ou nunha vídeo consola.
Para as empresas, destacan os servizos de Multiaccess Edge Computing, que ofrecen ultra baixa latencia e unha maior capacidade de cómputo ao bordo da rede, ademais de servizos como as redes privadas 5G, o IoT masivo e as comunicacións críticas, xunto á virtualización da rede, que facilita utilizar os recursos de redes de forma máis eficaz en función das necesidades dos clientes. O 5G será fundamental tamén para o desenvolvemento da chamada Industria 4.0 e para todos os servizos relacionados coa Saúde ou a Educación.
O balcón da casa do concello do Carballiño acolleu este mediodia o acto institucional con motivo do 8-M, Día Internacional da Muller, a concelleira carballiñesa de Igualdade Guadalupe Sobrado foi a encargada da lectura dun manifesto, que foi seguido por un grupo de persoas concentradas na Praza Maior, ás que o concello agasallou cunha máscara de protección de tea morada coa inscripción "O Carballiño pola Igualdade".
O concello de Maside difundíu o manifesto co lema das Nacións Unidas "Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19", e o alcalde José Manuel Iglesias anunciou que levará o seguinte pleno da corporación masidá a aprobación do "2º Plan de Igualdade de Oportunidade entre Mulleres e Homes do Concello de Maside". O concello de Punxín, que celebrou un pleno extraordinario esta mañá, aprobou por unanimidade unha moción das concelleiras socialistas de apoio ás reivindicacíons feministas do 8-M.
San Cristovo de Cea invita neste 8-M a toda a veciñanza a convertir as redes sociais en altofalantes en favoer da igualdade. Mentres, os concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, San Amaro e Piñor participan das actividades organizadas por iniciativa do Programa de Eduación Familiar da Mancomunidade, orientadas a nenos e nenas entes os 3 e os 12 anos, que reciben un kit educativo -creativo para realizar actividades en familia baixo o leman "8M Somos diferentes, somos iguais".
Os socialistas de Leiro demandamos, unha vez máis, tanto o Concello de Leiro e así expresamos no pasado Pleno Municipal, e desto xa pasaron 15 dias, como tamen a Diputación de Ourense o arranxo inmediato e definitivo das estradas provinciais tanto a OU-307 (Leiro-Beran) e por suposto a OU-0306 (Leiro – Pena Corneira) a cal onte fixemos un percorrido integro tanto o noso portavoz e secretario local e membros da Agrupación por dita infraestructura, e comprobamos unha desidea total e absoluta por parte das autoridades locais, neste caso o Grupo de Goberno, que son os que teñen que exixir a Deputación Provincial, ou seu arranxo inmediato e definitivo da estrada e non utilizar a mesma como un reclamo electoral, nas eleccions municipais, lexisltatura tras lexislatura,que e o que fai o Alcalde Fco José Fernandez, pero nunca se arranxa na sua totalidade, por eso os socialistas apodamos esta estrada como a estrada das promesas”, que a pesar dos constantes anuncios propagandísticos e visitas grandilocuentes do PP, tanto o Alcalde desde o Concello, como a Diputación, sobre investimentos no noso termo municipal, cando realmente no se preocupan por ter en condición óptimas unha das súas principais estradas, como e a OU-0306 xa que moi tan transitada polos noso veciñ@s, como tamen por vecinos de Concellos limítrofes, como por exemplo Avion.
O PSOE de Leiro ten que recordarlle os mandatarios tanto da Diputación como o Concello que hai case un lustro que andan coa a política de cada “lexislatura se arranxa un pequeno trozo” e despois na seguinte se vende, que se arranxa na sua totalidade, “o nunca xamais” dita estrada presenta fochancas, grandes irregularidades nas súas beiras e muros caidos cunha señalización de dito perigo tercermundista, o que supon un relevante risco para a circulación e para a integridade das persoas que transitan pola via. O goberno local debe preocuparse pola correcta conservación de todas as vías do seu territorio, incluso das que non son da súa titularidade e non o esta a facer. Cabe destacar que desde o noso Grupo Municipal vimos de presentar escrito ante o Goberno Municipal, pedindolle explicaciones por esta situación, co fin de que aclaren porque non proceden o remate da obras, que lexislatura tras lexislatura, quedan sen rematar, como tamen a corrección das evidentes deficiencias dunha vez por todas.
Manuel Rodriguez. Portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Leiro.

A falta de 9 puntos en xogo para completar a primeira fase do campionato de liga en terceira división, o Arenteiro consigue a clasificación matemática para o grupo de equipos que na segunda fase loitarán polo ascenso de categoria á Segunda-b, un fito na historia do club que non se vive dende fai 28 anos.
No partido desta en Calabagueiros, os verdes tiveron que xogar ante o Barco en inferioridade de xogadores no campo a última media hora de partido pola expusión de Naveira, que víu doble cartón amarelo. O Arenteiro entrou mellor no partido que os locais, aínda que ata o minuto 30 non logrou adiantarse no marcador. Foi nun fallo defensivo do equipo de Valdeorras cometido sobre Rubén Arce que encargouse de transformar Renan Zanelli.
Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro volveu levar perigo ante a portería local e controlou ben o partido ata que no minuto 62 chegou a xogada clave coa expulsión de Naveira. O Barco foise con toda a súa artillería ofensiva sobre a portería de Diego García, pero so foi capaz de marcar nunha xogada a balón parado, nun corner que non acertou a defender o Arenteiro.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

No conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño rexistráronse un total de 20 falecementos por coronavirus dende que se declarou a pandemia e ata o pasado dia 28 de Febreiro, según os datos oficiais notificados por Sanidade.
Beariz é o concello onde máis mortes por coronavirus houbo, foron 7, vinculadas ao foco que afectou á residencia de maiores da localicade. O Carballiño suma 5 decesos e Boborás acumula 4. O Irixo tivo 2 mortes como consecuencia da Covid, e Cea e Piñor rexistraron un falecemento, respectivamente. Tres municipios, Maside, San Amaro e Punxín non tiveron ningún falecido por coronavirus.
Leiro notifica 5 decesos, unha cifra que se explica polo foco declarado na residencia de maiores deste municipio ribeirán, e finalmente, Avión ten un caso de falecemento por coronavirus.

O cribado realizado polo Sergas este pasado venres a 523 persoas do concello de Boborás detectou un positivo por coranavirus, mentres que 522 deron resultado negativo nas probas PCR.
A participación neste cribado selectivo foi do 65,3%, xa que das 800 persoas que foron citadas participaron 523. O concello de Boborás ten hoxe 13 contaxios activos, dous menos que o pasado xoves cando rexistraba 15 persoas con infección activa. O Próximo lúns Boborás pasa a nivel 1 de restricións.

O dato máis preocupante desta xornada de sábado é para o concello de Leiro, que rexistra 6 contaxios activos e unha incidencia acumulada aos últimos 7 dias por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes, mentres que se mantén lixeiramente por debaixo da barreira dos 500 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada a 14 dias. Unha situación que sitúa a Leiro a un paso de retroceder ao nivel 2 de restricións na proxima revisión do comité clínico.
No resto dos concellos non temos variacións, O Carballiño manténse con 8 contaxios activos, e Maside con 1. O resto de municipios continúan libres de virus, sen contaxios activos.

A participación no cribado de Boborás ao que estaban convocadas 800 persoas tivo unha participación do 65,3%, xa que finalmente foron 523 as persoas que acudiron a esta cita no pavillón de deportes da localidade.
A participación é semellante ao primeiro cribado que se realizara a finais de xaneiro no Carballiño, daquela fora en domingo e unha participación do 65,2%, e case catro puntos superior ao segundo cribado de principios de febreiro, no que igual que hoxe en dia laborable, foran convocadas persoas dos concellos do Carballiño, Punxín e Maside, e obtivera unha participación do 61,4%.
Os resultados negativos das PCR que se realizaron hoxe en Boborás serán comunicados mediante SMS, e no caso dos positivos serán chamados dende o centro de saúde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 272
- 273
- 274
- 275
- 276
- 277
- 278
- 279
- 280
- …
- seguinte ›
- última »