1, Febreiro 2021

Ten que haber algún malentendido cando se fala de pechar bares e terrazas. Non creo que se refira a realizar un cerramento con tellado enriba das beirarrúas, por onde, ademais, teñen que pasar os viandantes, que se ven, incrédulos, metidos nun espazo hosteleiro ao que nin xiquera pensaban entrar. Penso que así non se combate a pandemia... Xa falarán os que saben.

1, Febreiro 2021

Quero mandar unha mensaxe para que a xente reflexione na gravísima situación que estamos vivindo no Carballiño tralo cribado de onte e os terribles datos que arroxou.

Quédome estupefacto o escoitar que moi ben, que moi poucos casos, que con estos datos non e entendible que nos cerren.

A realidade e que estos datos son terroríficos, implican que hay o redor de
110 personas no concello do carballiño asintomáticas sen sabelo a maiores dos case 100 que temos detectados e aislados.

Pero estos 110 son asintomáticos e andan libres polas rúas e os traballos, contaxiando a quen poidan encontrarse, e todo con uns incumplimentos continuos que se ven todos os días na rúa e a policía ausente permitido (cousa que levan facento toda a pandemia, empezan a rozar a prevaricación).

Logo hai xente que non se explica como non poden deixar de subir os datos, pois a situación en moi sinxela. Se vostedes sae a rúa e se cruzan con 100 personas, teñen que saber que se cruzaron posiblemente con un infectado.
Cada vez que falen con alguén sepan que hay case un 1% de posibilidades de que esté enfermo.

Os datos de onte son malísimos, implica que hay máis xente no carballiño con virus e paseándoo que os que sabemos oficialmene, a maiores de estos.

Por eso pídovos que como o medio informativo do pobo non lle quitedes a importancia o asunto que ten, para que a xente non o tome a lixeira, porque ó mellor, en vez de saír a rúa o 17 de febreiro, se a cousa non se contén imos ter os bares cerrados ata o 17 de marzo... e logo da igual que choremos, que seguirán cerrados por moito que nos queixemos, esa e a única realidade.

Se nos facemos trampas ó solitario neste caso, os que as imos pagar somos nos.

31, Xaneiro 2021

Estaban citadas un total de 2.000 persoas na xornada deste domingo para acudir ao Pavillón de Deportes Paco Chao, para participar no cribado masivo organizado polo Sergas no Carballliño, con doble finalidade, detectar asintomáticos e recoller datos para avaliar a evolución epidemiolóxica actúal no municipio, que veu incrementando os casos de coronavirus no transcurso do último mes ata acadar este 31 de Xaneiro os 95 contaxios activos.

A esta convocatoria acudiron 1.304 veciños e veciñas do Carballiño, o que representa un 65,2 do total de persoas que foran citadas aleatoriamente polo Sergas mediante mensaxes SMS.

Nos test de antíxenos realizados pola mañá (633 en total) detectáronse cinco positivos asintomáticos. O resultados das PCR feitas pola tarde (666 en total)  seránlle comunicados via SMS nos dous próximos dias no caso dos negativos, os que dean positivo recibirán a confirmación dende o Centro de Saúde do Carballiño.

31, Xaneiro 2021

Foi na xornada 15 e con dous partidos pendientes de xogar (xornadas 12 e 13) cando o Arenteiro perdeu a súa condición de invicto no campionato de liga de terceira división, e foi na súa visita ao campo do UD Atios nun partido soporífero no que gañou o equipo que tivo a fortuna de marcar un gol. O Arenteiro non tivo a súa mellor tarde, levou a iniciativa na maior parte do partido pero non foi capaz de superar ao conxunto do Porriño, que continúa sen perder como local.

Con esta primeira derrota da tempada o equipo carballiñés perdeu unha gran ocasión de distanciarse dos seus perseguidores na clasificacion, aínda que non impide ao Arenteiro seguir outra semana máis como líder da clasificación no subgrupo B do grupo 1 da terceira división.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Por diante, unha semana de 3 partidos

O Arenteiro ten agora por diante unha semana na que xogará tres partidos. O Club solicitou ao Estradense adiantar o partido da xornada 16 ao sábado dia 6 de Febreiro, xa que a RFGF fixou para o mércores dia 10 ás 17 horas o partido adiado ante o Arousa. Completaráse a semana o domingo 14 visitando o campo do Morrazo para enfrontarse ao Alondras. Unha semana moi esixente e que pode resultar trascendental para o futuro inmediato do Arenteiro nesta liga.

31, Xaneiro 2021

O Carballiño rexistra hoxe domingo 95 contaxios activos de coronavirus, dos que 90 son contaxios diagnosticados no últimos 14 dias. Maside sobe o seu número de veciños con infección activa ata os 23.

Non varian en relación a onte os datos no resto de municipios, que notifican os seguintes contaxios activos: San Cristovo de Cea (12) Boborás (13) Beariz (3) San Amaro (3) Piñor (2) O Irixo (1) Punxín (1)

Durante a xornada de hoxe domingo o Sergas está realizando o cribado selectivo e aleatorio entre 2.000 persoas do Carballliño, que están convocadas a acudir a esta cita no Pavillón de Deportes Paco Chao, e coa finalidade primordial de localizar asintomáticos entre a poboación carballiñesa.

31, Xaneiro 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquesz visitou a localidade de Alvite, no ooncello de Beariz para comprobar o resultado das obras de humanización acometidas grazas a un convenio de colaboración asinado entre o seu departamento e o Goberno local. Concretamente, a responsable autonómica explicou que a zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico.

Coa recuperación da que é a súa vía principal, actuando sobre o pavimento coa colocación de adoquíns de granito moreno e mellorando e renovando as instalacións para a recollida das augas pluviais e outros servizos, a conselleira salientou que se crea un entorno “adaptado, seguro e accesible para todos” e se reverte á vez a situación de deterioro na que se atopaba anteriormente esta rúa. Cun investimento superior aos 130.000 euros, a responsable autonómica enmarcou a actuación en Alvite dentro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai unha década para apoiar ás entidades locais en accións que contribúan a humanizar e incrementar os seus espazos de uso público, promovendo á vez o reequilibrio territorial.

Beariz foi un dos municipios beneficiados e grazas aos distintos convenios de colaboración subscritos coa Xunta nos últimos anos puido levar a cabo varias actuacións de acondicionamento e mellora en prazas e rúas do termo municipal así como na contorna da Casa Consistorial cun investimento de case 400.000 euros.

30, Xaneiro 2021

   Solo faltaba por ver al inepto de Caballero chufando a nuestro querido alcalde, el cual si brilla por algo es por su inutilidad e ineptitud galopante. Es normal que vengan a hacerse la foto, pero vamos, pretender que nos lo traguemos ya me parece hasta ridiculo. En fin, leña verde todo es fume.

30, Xaneiro 2021

Parece que inevitablemente O Carballiño vai superar a barreira do centenar de contaxios activos, de momento neste sábado 30 de Xaneiro son 94, ao incrementarse en 5 nas últimas horas.

Tamén sobe San Cristovo de Cea, que pasa dos 8 casos de onte aos 12 que notifica hoxe, e tamén incrementa ata os 3 os contaxios San Amaro, un máis que onte. 

Boborás ten hoxe 13 casos activos, 1 menos que onte, ao rexistrarse un falecemento dunha muller de 94 anos que estaba ingresada no CHUO, que procedía do Fogar Residencial de Brués. 

No resto dos concellos non se producen alteracións, polo que permanecen os seguintes casos activos: Maside (20) Beariz (3) Piñor (2) O Irixo (1) Punxín (1)

30, Xaneiro 2021

Outra vaca no millo, agora ben o sobrinisimo a vendernos a milonga de que a pésima xestion da pandemia por parte do concello debe servir de exemplo. Este trinca quentiño cada mes por vender fume pero non ten nin idea do que e sobrevivir cando pechan o teu medio de vida, e un concello despilfarra cartos e tempo en axudas miseras absurdas e que deixan fora a meirande parte de afectados. Menuda lacra de incompetentes, e hai que roelos...

29, Xaneiro 2021

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero achegouse ata O Carballiño para "respaldar o traballo que se levou a cabo dende o Concello do Carballiño, co seu alcalde, Francisco Fumega, á cabeza, porque defende á súa veciñanza e porque estivo á altura das circunstancias nun momento moi complexo".

“A xestión da covid feita polo Concello do Carballiño é un exemplo para toda Galicia”, destacou o máximo dirixente dos socialistas galegos, quen recordou que dedicaron “máis dun millón de euros” para afrontar esta crise sanitaria. A modo de exemplo, citou que se investiron “600.000 euros para axudar a autónomos, hostalería e comercio; 200.000 euros para fomentar o comercio local ou 60.000 euros para incentivar, a través das redes sociais, a actividade económica” do municipio.

Por último, Gonzalo Caballero comprometeuse a defender as demandas do Carballiño ante as distintas administracións, como a cuestión prioritaria da modernización do centro de saúde, que foi aprobada no Parlamento de Galicia a iniciativa da deputada socialista do Carballiño, Marina Ortega. “A Xunta debe cumprir coa sanidade pública na comarca de Carballiño”, remarcou.

Finalmente, Caballero e o alcalde Fumega abordaron outras cuestións en materia de seguridade vial e infraestruturas no concello, como a N-541.

“CORRESPONSABILIDADE” DAS ADMINISTRACIÓNS

Pola súa banda, o rexedor socialista Francisco Fumega instou a todas as administracións públicas a “ter corresponsabilidade” ante a situación que estamos a vivir. Así, recordou que “dende o municipalismo levamos anos amosando madurez” e, agora, no caso do seu municipio, dedica máis dun millón de euros “para mover a economía local”.

Neste senso, urxiu a “apostar por un modelo” que permita extender as axudas máis alá do sector da hostalería, xa que “hai xente que ten outros negocios” que “tamén se viron afectados polo peche e pola realidade da crise”. Fumega concluíu que o goberno municipal seguirá traballando ao servizo dos veciños e negocios do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS