2, Novembro 2024

Na Avenida Julio Rodríguez Soto entre o cruce de Astureses ata a Avenida do Parque e un perigo circular co coche. Hay moitas “pozas” que hay que esquivar si non queres estropear o coche. Agora por encima hay un vehículo de gran tonelaxe aparcada frente a tienda Don Dino que ocupa parte do carril. Xa non é moi ancha a calle como para esquivar agora tamén o “bicho”. 
O mais bonito é que o alcalde sigue sin facer  nada. 

1, Novembro 2024

Cáritas Parrroquial do Carballiño propónse canalizar as axudas que van achegarse directamente a Cáritas Parroquial de Paiporta, unha das localidades máis gravemente afectadas pola catástrofe humanitaria provocada pola "DANA" en terras valencianas.

Para elo, todas as persoas que desexen facer unha aportación económica, poderán facélo directamente na conta bancaria de Cáritas Parroquial do Carballiño:

O número de conta é o seguinte: ES6601820635510201538409

Ademáis, a parroquia de San Cibrán do Carballiño ven de comunicar que a colecta nas misas deste domingo 3 de novembro tamén se destinará a esta mesma iniciativa solidaria.

31, Outubro 2024

O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe dos seus viños coa arte e coa música na que vai ser a décima edición de “Cata a Arte”.

Esta iniciativa, altamente consolidada ao longo dos anos, desenvolverase os días 14, 21 e 28 de novembro. Cata a Arte consiste na cata de viños dunha adega acollida a denominación e orixe Ribeiro no entorno dunha exposición artística e complementada cun concerto musical de entre 30 e 40 minutos. O elemento artístico é aportado polo Centro Cultural Marcos Valcárcel e o apartado musical desta edición correrá a cargo de Los Camachuelos (14 de novembro), Perrito Piloto (21 de novembro) e En Mala Hora (28 de novembro).

A novidade desta edición está en que o acceso será con entrada, cun prezo de 5€ por sesión que se deberá adquirir a través do portal electrónico Entradium.com, sendo un ano máis un evento solidario que destinará todo o diñeiro recadado a Aixiña.

O vicepresidente da Deputación, César Fernández, salientou o aspecto de compromiso social corporativo tanto do ribeiro como da Deputación para apoiar esta iniciativa dende o seu nacemento e puxo de manifesto que “o éxito de Cata a Arte demostra que viño do ribeiro, arte e música maridan moi ben”.

A presidenta do Consello Regulador do Ribeiro, Concha Iglesias, tamén incidiu no compromiso das adegas con esta vertente social e na absoluta consolidación desta actividade ao longo dos anos. “Dende o seu nacemento, o Consello Regulador e o Centro Cultural Marcos Valcárcel fomos da man neste proxecto e estamos moi orgullosos de poder seguir xuntos”, dixo a presidenta.

Xan Jardón, director xerente de Aixiña, agradeceu o apoio e a visibilización que se da con esta actividade á organización que dirixe, onde salientou que hai 125 persoas traballando, nunha institución que ten como misión traballar por e para as persoas con discapacidade.

30, Outubro 2024

"Céntimos Solidarios" é unha campaña solidaria que Eroski-Vegalsa ven de promover nos dous supermercados que ten no Carballiño, nas rúas Calvo Sotelo e Evaristo Vahamonde.

Dúas asociacións carballiñesa serán as beneficiarias, ASPADISI e a Protectora de animais ARUME. Os clientes colaborarán votando a favor de calquera das dúas iniciatirvas solidarias, elexindo a gañadora, aínda que despóis tamén recibirá esta axuda a que menos votos consiga.

No audio de COPE O Carballiño podes escoitar, respectivamente, a directora de Eroski Calvo Sotelo Marta Sotelo, ao portavoz de Aspadisi Manolo Amil, e a Bea Míguez, da Protectora de Animais do Carballiño.

30, Outubro 2024

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a “pinza” política do PP e o BNG para discriminar aos mozos e mozas que estudan en primaria, secundaria, bacharelato e FP do concello e aos que lles negan axudas para material escolar. As e os socialistas critican a “falla de miras” de ambas formacións políticas, que votaron en contra de dúas emendas do PSOE para ampliar as axudas a estes niveis formativos e para que se preparase unha modificación de crédito, facendo uso do remanente, de tal forma que estas axudas fosen efectivas neste curso escolar.

Dende o grupo municipal socialista en Leiro sinalan que as emendas socialistas buscaban completar unha moción presentada polo BNG e na que solicitaban que nos orzamentos de 2025 se contemplase unha partida de axudas paras as crianzas de entre 3 e 5 anos do CEIP Emilia Pardo Bazán. As e os socialistas consideran que ditas axudas “son insuficientes” e reclaman que “se amplíen as axudas aos estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e FP do municipio, así como que non se agarde a 2025 para habilitar dita partida”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, afirma que este “bloqueo sistemático” do PP e o BNG deixa en evidencia “unha clara discriminación por parte de estas formacións políticas ao resto de rapaces e rapazas doutras idades, xa que na moción orixinal só se contemplarían axudas a 7 crianzas do concello, excluíndo ao resto”. Neste senso, o edil socialista pon de manifesto que “apoiamos iniciativas que supoñan unha mellora na escolarización do municipio, pero sen discriminación”.

Rodríguez Vázquez considera que “nun tema tan delicado como as axudas para material escolar, non podemos discriminar a ninguén” e sinala que “os dous concelleiros socialistas decidimos absternos ante un atropelo como o perpetrado por BNG e PP, xa que consideramos que se está discriminando de forma absoluta e total ao resto de rapaces e rapazas con idades por riba dos 5 anos”.

Por último, o PSdeG-PSOE de Leiro pídelle ao PP e BNG “altura de miras políticas” e lémbralle ao alcalde, Francisco José Fernández, que “municipios da mesma corda política como Boborás, amplía estas axudas municipais a tódalas idades, sendo dunha maior contía, cando o grao de estudos ou escolarización é maior”.

29, Outubro 2024

Deputadas e deputados do Grupo Provincial Socialista acudiron ao Carballiño para avaliar o impacto do novo mecanismo de reparto de fondos sobre a base de criterios obxectivos entre concellos posto en marcha pola Deputación de Ourense (CooperOu) grazas á iniciativa e esforzos do PSdeG-PSOE. “Quero agradecer ao Grupo Provincial Socialista na Deputación o traballo feito, xa que esta era unha demanda histórica do noso partido”, subliñou o alcalde carballiñés, Paco Fumega, quen exerceu de anfitrión durante a visita.

Segundo Fumega, “para o Carballiño representa un cambio substancial, xa que antes contabamos con subvencións anuais de 45.000 euros e agora esperamos inxeccións de fondos cada exercicio de arredor de 600.000 euros, ofrecéndonos unha autonomía aos concellos que antes era impensable”. O alcalde carballiñés amosou ás deputadas e deputados provinciais o estado de avance duns traballos para “separar as augas fluviais das fecais”, licitado por máis de 110.000 euros.

Fumega tamén mencionou as obras que se están a levar a cabo na Rúa Serra de Martiñá e evocou ou as que están a permitir aumentar a capacidade da depuradora municipal. “Amais dos traballos en curso na capital municipal, tamén estamos a operar moitas máis actuacións noutros núcleos do concello, nas zonas rurais, así como iniciativas deportivas e culturais que se poden sufragar grazas ao novo plan único de financiamento aprobado grazas aos socialistas na Deputación de Ourense”, afirmou o rexedor.

Cara unha meirande autonomía municipal

“Unha vez máis estamos a comprobar con satisfacción que este novo sistema de reparto de fondos sobre a base de criterios obxectivos, e non por afinidade política, permite aos concellos acometer obras realmente necesarias, así como planificar os traballos e prioridades para os vindeiros exercicios, que era algo imposible baixo o anterior sistema”, sostén Álvaro Vila, voceiro do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense.

“Non cabe dúbida que o CooperOu representa unha revolución para os concellos da nosa provincia que antes, por moito que petaran á porta da Deputación, non conseguían financiamento para aqueles proxectos que realmente eran necesarios para a veciñanza”, conclúe Vila, acompañado dos membros do Grupo Socialista na Deputación Elvira Lama, ex alcaldesa de Xinzo de Limia, Susana Rodríguez, tenente de alcalde de Amoeiro, Aurentino Alonso, tenente de alcalde no Barco de Valdeorras, e Emilio Díaz, alcalde de Melón.

“Os meus compañeiros na corporación provincial están a traballar para perfeccionar o plan único, para que se incrementen os fondos destinados aos concellos, sen os cales hoxe non sería posible ningunha destas obras que estamos a desenvolver no Carballiño”, sentenzou Fumega.

29, Outubro 2024

Concello e Deputación van poñer en marcha un tratamento selectivo do lixo coa instalación de dous composteiros comunitarios que a partir de 2025 poderán utilizar os veciños das zonas de Corzos e A Uceira que se sumen a este programa piloto, polo que se beneficiarán dunha bonificación do 30% no recibo da recollida do lixo.

A concelleira de Servizos Públicos do concello do Carballiño, Rosa Fuentes, explica nesta entrevista o funcionamento e normativa deste programa.

28, Outubro 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse ata o concello de Boborás para, da man da súa alcaldesa, Patricia Torres, supervisar o comezo dos novos traballos de consolidación e acondicionamento no Castro de Cameixa, co obxectivo de ampliar a súa investigación e revalorización.

A actuación enmárcanse no Plan de intervencións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que neste ano contempla un total de 32 accións en 30 concellos de todo o territorio.

Manuel Pardo explicou que, cun orzamento de 17.300€, estas tarefas veñen dar continuidade ás campañas anteriores, realizadas desde 2018, para favorecer a posta en valor deste sitio histórico de obrigada referencia na bibliografía especializada porque permitiu reformular os distintos períodos da cultura castrexa. Así, con esta nova actuación, o Goberno galego leva investido ata o momento no xacemento máis de 75.000€.

Os labores, cun período estimado de 15 días, concéntranse en limpezas e roza de vexetación da contorna, na diagnose do estado de conservación e na consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos. Ademais, tamén se fará un levantamento topográfico en tres dimensións da área de actuación e un debuxo das estruturas exhumadas. Todo isto complétase coa recollida de mostras e documentación gráfica.

28, Outubro 2024

Os alcaldes de Noventa Padovana e O Carballiño, Marcello Bano e Francisco Fumega, respectivamente, efectuaron unha sinatura simbólica do irmandamento entre ambos concellos durante o acto inaugural da Fiera del Folpo.

Ao acto, ao que tamén asistiu o presidente da provincia de Padua, Sergio Giordani, entre outras autoridades, evidenciou a importancia que se lle concede en Noventa a este irmandamento, polo que o agradecemento dos representantes institucionales ao alcalde do Carballiño e á delegación institucional que o acompañou foi moi significativo.

Pola súa parte, Francisco Fumega expresou a súa satisfacción polo acordo de amizade entre ambos concellos e brindou o seu apoio para seguir colaborando na proxección dos respectivos patrimonios gastronómicos, turísticos e culturais.

Na súa alocución en castellano, o alcalde carballiñés contou cun traductor. No día da inauguración estímase en ducias de miles de persoas as que asistiron á Fiera del Folpo, que se prologará ate este martes e que é unha das festas máis multitudinarias da provincia de Padua.

27, Outubro 2024

Un gran mural en recoñecemento do irmandamento entre Noventa Padovana e O Carballiño foi descuberto  fronte ao concello desta localidade da provincia italiana de Padua nun acto ao que asistiron os alcaldes de ambas localidades, Marcelo Bano e Francisco Fumega.

Este acto tamén contou coa asistencia de diversos concelleiros e concelleiras de Noventa Padovana, entre eles o de Turismo e a de Cultura, así como do concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, ademáis dos integrantes da comisión municipal creada para este irmandamento, a tesorería da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Mari Ángeles Lage, e o representante das asociacións culturais, Carlos Rodríguez.

Neste mural, no que figuran os escudos do Carballiño e Noventa Padovana, ademais do provincial de Padua e o da rexión de Véneto, ensálzase o feito histórico do irmandamento entre ambos concellos a propósito das súas respectivas festas do pulpo, e se destaca a oportunidade de intercambiar experiencias e colaborar en materia de gastronomía, turismo e cultura, co obxectivo de fortalecer a economía de ambos concellos. Tamén se lembra a importancia desta feira de Noventa Padovana, baseada nunha tradición de mediados do século XVIII.

A continuación, os alcaldes reuníronse na alcaldía, situada nun palacete do século XVIII, xunto cos concelleiros, onde intercambiaron posibles propostas de colaboración en materia de patrimonio gastronómico e cultural, e en turismo, abrindo incluso a posibilidade de colaborar en algún proxecto común europeo. Máis tarde, as autoridades percorreron ás instalacións da Fiera del Polpo, que serán inauguradas este sábado pola tarde nun acto oficial ao que están invitados o alcalde e o concelleiro carballiñeses, así como o resto da delegación.

La Fiera del Folpo conta con máis dun centenar de postos de degustación gastronómica, entre eles o pulpo, ducias de postos con outro tipo de productos, dous grandes espazos de atraccións para pequenos e mozos, e dous grandes escenarios con música de Djs de ámbito nacional e internacional.

A pesares da chuvia, varios milleiros de persoas abarrotaron a Feira, un anticipo da gran afluencia que se agarda este sábado e domingo, pois son ducias de miles de persoas as que acuden a esta celebración, que comparte amizade coa Festa do Pulpo do Carballiño e foi o argumento para irmandar ambos concellos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS