
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o “arboricidio” levado a cabo polo Concello nas obras de reforma da Praza de San Clodio, a carón do mosteiro co mesmo nome. Os socialistas din “non dar creto” a tala indiscriminada de árbores que o rexedor decidiu cometer nesta emblemática praza do municipio. Dende o Grupo Municipal Socialista avogaban porque estas árbores se transplantasen a outro lugar, xa que segundo apuntan estaban “totalmente sans, cheas de vida e podían reempregarse en calquera outro punto do municipio, en lugar de botalas ao lixo como finalmente decidiu o rexedor.
O voceiro socialista en Leiro, Manuel Rodríguez afirma que “este é un novo exemplo da ausencia total de planificación por parte dun rexedor ao que non lle importa nin o futuro nin o presente do municipio”. O voceiro municipal tamén critica que se “gastasen cartos públicos en cortar e trocear as devanditas árbores, cando o máis sinxelo era volver a plantalas ou levalas a outros puntos do municipio”. Dende o PSdeG de Leiro tampouco comprenden que finalmente se plantaran outras árbores no lugar das “liquidadas” e afirman que “trátase de árbores novas, que tardarán en medrar e coller tamaño e que nestas datas co inverno achegándose, corren o risco de non ir arriba por mor das xeadas”. Para os socialistas este é un exemplo máis de “despilfarro dos cartos públicos”, por parte dun alcalde do que din “fai e desfai a súa maneira sen consultar con ninguén e sen ter en conta a opinión da oposición e da veciñanza”.
A obra de reforma da Praza de San Clodio está subvencionada pola Xunta de Galicia e conta cun investimento de 8.000 euros por parte do Concello de Leiro. Os socialistas din estar de acordo coas melloras de acondicionamento e pavimentación da praza, pero critican “este ataque contra o medio ambiente perpetrado polo rexedor de Leiro”.
Despois de mes e dez días de restriccións, que dende o comezo nos impediron xuntarnos con aqueles cos que non convivíamos necesitamos un pouco de alegría, estase facendo moi duro e costa arriba xa non poder máis que ir traballar ou pasear, sentirte un criminal por querer ver a un amigo ou un familiar.
Creo que xa cumplimos, 41 días de restriccións, temos boas cifras, mellores cas de outros concellos sen restriccións, xa vai sendo hora de darnos un pouco de aire, inda que non cambiemos moito os hábitos mentalmente sería un alivio, e é algo que nos cumpre moito.
Tamén aproveito para reclamarlle as autoridades que sexan máis activos no rastrexo e prevención dos contaxios e que deixen únicamente de culpar a poboación, porque cada un é responsable de si mesmo pero eles teñen tamén unha responsabilidade e por suposto os medios. Focalizar soamente na hostelería é escurrir moito o bulto dos seus deberes.
Por eso, cando evalúen a situación dun concello que non miren só as cifras senón se a poboación pode aturalo máis.

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo hoxe que as medidas restrictivas na maior parte dos concellos manteránse moi probablemente ata o dia 4 de Decembro, pero podería haber unha excepción, a do Carballiño.
O conselleiro recoñeceu "o esforzo" que estaba facendo O Carballiño, onde os indicadores da pandemia -subliñou- igual que nos concellos da contorna son bos, pola redución de casos que se foi rexistrando nas últimas semanas. Por eso, avanzou García Comesaña, o bo comportamento do Carballiño levará a que se revisen as restriciós antes que no resto dos concellos. Podería ser na reunión que manterá o Comité Clinico este próximo venres, e sempre e cando non haxa unha involución na situación epidemiolóxica do Carballiño. Se as previsións do conselleiro se confiman finalmente, sería inminente o levantamento das restriciós que afectan a hostelería e a mobilidade.

O BNG vén de presentar unha serie de iniciativas en forma de preguntas e demanda de documentación en relación coa primeira fase do proxecto mineiro Alberta I, que lle afecta aos concellos de Beariz, A Lama, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, xa que non hai ningunha confirmación oficial da nova publicado nos medios de comunicación dunha suposta denegación do permiso á empresa promotora.
Nestas referencias xornalísticas faise referencia a que o motivo da denegación foi o informe contrario da confederación hidrográfica Miño-Sil, cando este informe é de novembro de 2019, ou sexa, de hai un ano. “Este feito fainos sospeitar que este non é o motivo real da suspensión, senón que esta tería que ver coas advertencias de irregularidades no procedemento pola falta de trámite de avaliación de impacto ambiental e tamén pola fragmentación do proxecto en outros máis pequenos para evitar as garantías e os controis ambientais, así como, e sobre todo, pola amenaza de xudicialización do proceso e as posíbeis responsabilidades penais dos funcionarios que avalaron esta tramitación”, afirmou Luís Bará.
O deputado nacionalista cre que este é o verdadeiro motivo polo que a Xunta lle deu carpetazo e vai abrir de novo o procedimento. Por este motivo, o BNG fixo unha petición de toda a documentación e do estado de tramitación do proxecto, e ao mesmo tempo rexistrou unha serie de preguntas nas que se inciden en:
• O estado de tramitación do proxecto.
• As causas da súa denegación.
• Saber se hai algunha nova tramitación do proxecto por parte da empresa para empezar desde cero.
• Saber que outras solicitudes de proxectos de explotación mineira se están tramitando neste ámbito, xa que o BNG ten coñecemento que hai outros proxectos que lle afectan ás comarcas de O Carballiño, O Ribeiro, de Terra de Montes e do Suído As persoas e colectivos que presentaron alegacións non recibiron a día de hoxe ningunha confirmación da suposta denegación do permiso ao Proxecto Alberta I.
O BNG esixe que haxa transparencia, que a Xunta de Galiza dea unha información fiel e rigurosa sobre este tema, que informe á veciñanza e que non oculte máis a tramitación deste proxecto que ten moitas zonas de sombra.
Pídovos un pouco de prudencia a hora de falar da situación do carballiño... recórdovos que non fai moitas semanas, na tertulia dun venes dicíades que a situación do carballiño era envexable....
Esa mesma tarde había 80 personas facéndose PCR... e sabemos o que pasou despois... case 20 infectados por día durante máis dunha semana.
Pois onte houbo mínimo 3 contaxios no carballiño, e seguramente máis xa que subimos de nivel de alerta e hai dous activos menos...
Así que moita prudencia, e sobre todo non andar mandando mensaxes a poboación de que esto está superado porque todo o contrario, e xa se empezan a ver actitudes nas rúas moi preocupantes. Recórdovos que segue prohibidas as reunións con non convivientes, que non se pode estar de charla diante dos bares e cada día estanse vendo máis esas imáxenes pola mensaxe que está chegando a poboación de que esto está superdo e moi lonxe da realidade
E se volve a haber un brote olvidádevos todos das navidades e eso si que sería una catástrofe, e estamos moi cerca de que eso poida pasar.
É unha aberración que cos números actuais manteña unhas restriccións que xa non están baseadas nos criterios médicos -é imposible se aos números nos remitimos- senon nun delirio propagandístico de Feijóo. "O Carballiño como modelo de látigo".
É un agravio comparativo que se condene ao sector servizos do Carballinño á ruina, mentras que outros concellos con peores números na actualidade que O Carballiño, gocen de patente de corso.
Non hai ningún palmeiro do partido, nin ningún alcalde ou alcaldesa chismoso/a que poda convencer á xente que este agravio é xusto.
Coñecen as actuacións de Ayuso? Non? Pois hoxe en día é modelo, e todo o mundo está a falar ben das súas actuacións. E NON CONDEOU A HOSTALERÍA Á RUINA, PORQUE SEGUIU FUNCIONANDO.

Dúas seccións de 160 toneladas e 48 metros, cada unha, das tres que conforman o arco da Ponte de Valdebebas, van camiño de Madrid para completar o viaducto cuxa componente metálica a constrúe o grupo Dizmar na súa pranta do Carballiño.
Trátase dun dos transportes especiais por estrada máis importantes dos realizados dende o polígono industrial do Carballiño por esta empresa, xa que cada transporte ten unha lonxitude de 65 metros e precisa unha semana para chegar ao destino, pois, polas súas características, hai tramos nos que non se superan os 10 km/hora.
O grupo Dizmar, que rematou recentemente, nun tempo récord de 25 dias, a construcción da estrutura metálica do novo Hospital de Pandemias de Madrid, está a piques de concluir outra das grandes obras que realiza na capital de España, como é a “Ponte singular sobre a M12”, un proxecto de inxeñería de Ideam, de 205 metros de lonxitude e 25 metros de ancho.
É un viaducto que conecta o parque de Valdebebas coa nova terminal T4 do aeroporto de Baraxas, A obra está promovido pola Xunta de Compensación do Parque de Valdebebas, e que executa Ferrovial Agromán.
O peso total desta ponte é de 2.000 toneladas, e Dizmar suministra as pezas metálicas distribuídas en 36 seccións, que estiveron saíndo da pranta carballiñesa en transportes especiais por estrada.
Con esta dùas pezas, a cuxa operación de saída asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, tan so resta unha máis para completar este viaducto.
Xunto con esta obra, o grupo Dizmar desenvolve actualmente outros proxectos importantes internacionais, como un viaducto en Ghana (África) e outro en Montevideo (Uruguay), así como unha plataforma de prospección petrolífera en Estados Unidos e o remate dun viaducto en Montreal (Canadá).
Trátase da nova Ponte St. Laurence (Montreal-Canadá), de 3,4 km de lonxitude que inclúe unha ponte atirantada sobre un canal con dous pilonos de 170 m de altura e un tramo central de 240 m.
Asimesmo, entre outros proxectos desenvolvidos nos últimos anos por Dizmar na pranta do polígono industrial do Carballiño, atópanse o viaducto para o tren de alta velocidade sobre o río Ulla e as pezas metálicas do desdobramento da Ponte de Rande, na ría de Vigo.
A pranta de Dizmar do Carballiño conta actualmente cunha plantilla de 200 persoas, e outras 100 máis traballan na montaxe das obras.
Esiximos respecto, igualdade e non discriminación para o trato co Carballiño. Non nos afoguen máis, que xa bastante estamos. Restricciós fora xa !!
No me parece ni medio lógico el ensañamiento que estamos sufriendo en Carballiño, creo que es un daño innecesario el que consciente ó incoscientente están cometindo con las restricciones, absolutamente desproporcionadas e innecesarias en la situación actúal.
Mal la Xunta y mal este concello por ni siquiera levantar la voz y esixir un trato igualitario con el resto de concellos. Y por favor, que la Policia Local deje de tocar las narices a los vecinos que necesitan hacer sus compras en Carballiño y se dediquen a lo que tienen que dedicarse.

Desta maneira, Espazo Común faise eco do que é un clamor nas últimas horas no Carballiño, e tras confirmarse que a Xunta non levantou as restricións de mobilidade e peche das actividades non esenciais, algo que se agardaba poidese acordarse no Comité Clínico celebrado este pasado martes.
"Hai arredor dun mes e ante as escalofríantes cifras de contaxios que presentaba o concello do Carballiño, a Xunta de Galicia optou por intervir o municipio e adoptar as medidas coercitivas máis severas de toda España.O dato de 188 positivos activos a un tempo, que arroxaba un índice de contaxio por habitante de 1.340 x 100.000 e a inoperancia do goberno local, fixo que se nos impuxeran antes ca a ninguén situacións coma o peche case total da hostalaría ou o peche perimetral para tentar rebaixar eses datos", rcordan dende Espazo Común.
E engaden "se naquel momento sí semellaba necesaria a toma de decisións deste tipo, tamén consideramos que agora, despois dun mes padecendo as consecuencias das mesmas e ante o positivo dos resultados, toca que a Xunta levante un pouco o pé do pescozo dos pequenos negocios carballiñeses co relaxamento do castigo. Non pode ser que a Xunta nos tome por cobaias humanas e experimente tódalas súas teorías no Carballiño".
Espazo Común fai referencia aos últimos datos coñecidos na situación epidemiolóxica actúal no municipio carballiñes "a día de hoxe, a cifra reduciuse a 29 positivos e no semáforo que a propia Xunta de Galicia emprega coma termometro para medir a evolución dos concellos, estamos no nivel verde. O máis baixo de todos".
E mesmo apuntan ao que entenden é un agravio comparativo co Carballiño "asistimos con estupor ao feito de que outros lugares nun estadío bastante peor ca o noso actual, non sofren estas limitacións nas actividades diarias do seus cidadáns, especialmente na mobilidade ou no sector hostaleiro".
Dende Espazo Común, preganlle ao alcalde Fumega que "deixe de ser un mero espectador en todo esto e comece a defender os intereses dos cidadáns aos que supostamente representa, hai que demandarlle á Xunta con urxencia unha reducción das medidas impostas para dar osíxeno a comerciantes, hostaleiros e outros moitos sectores que están a sufrir as consecuencias da situación actual",remarcan.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 306
- 307
- 308
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- …
- seguinte ›
- última »