
Espazo Común asevera que "coas cifras de paro en vertixinoso aumento e a tremenda crise que padece o pobo, faise gravísima a perda destas dúas iniciativas por valor duns 600.000 € para o apoio aos desempregados".
O Carballiño non contará para o curso 2020/2021 nin con Obradoiro nin con Plan Integrado de Emprego, asi o avanzou o alcalde Francisco Fumega no pleno da corporación municipal celebrado a pasada semana, contestanto a preguntas do concelleiro de ESCO, Adolfo Nogueira.
Dende esta formación politica manifestan que "no contexto da peor crise económica que se lembra e cos datos do paro en alarmante ascenso, que o noso Concello perda arredor de 600.000 € en fondos para a promoción do emprego e a formación dos cidadáns para facilitar a súa inserción no mercado laboral é dunha gravidade incalculable".
Asemade, recordan que "será o segundo ano consecutivo sen obradoiro despois de que o ano pasado, a pesares dos burdos intentos de Fumega de enganar aos cidadáns, quedou demostrado sen atisbo de dúbida que se perdeu pola nefasta xestión da solicitude remitida á Xunta, ignorando sinxelos requerimentos e deixando pasar prazos. Será, tristemente, tamén o primeiro ano sen PIE (Plan Integrado de Emprego) ou Carbaemprega como se denomina no Carballiño dende 2016 en que se fixo por primeira vez, continuando con gran éxito nos anos 2017, 2018 e 2019 e polos que pasaron uns 450 alumnos, moitos deles acadando traballos grazas á súa participación nesta iniciativa".
Tras pedir tamén responsabilidades directas ao concelleiro de industria e promoción económica, José Manuel Dacal, Espazo Común anuncia que van demandar "o acceso urxente a tódolos expedientes destas solicitudes para tentar determinar as causas desta circunstancia catastrófica para O Carballiño".

O concello de Boborás vai repartir entre a veciñanza 2.000 unidades, paraugas e bolsas para a compra co lema "Se nos educas por igual, vivirémos en igualdade".
A campaña, que está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, acompáñase coa entrega dun díptico informativo no que se incide na importancia dunha educación cos valores da igualdade entre mulleres e homes.

Pulpo Paixón Madrid 2020 celebra este ano a súa quinta edición, do 11 ao 20 de decembro. É unha cita xa consolidada entre os eventos gastronómicos da capital de España, organizada pola empresa especializada en comunicación e eventos gastronómicos Nacho Sandoval, con gran repercusión en medios de comunicación e páxinas web de gastronomía e restauración.
Por iso o Concello do Carballiño, a través da concellería de Turismo, colabora achegando un lote de pratos de madeira promocionando a Festa do Pulpo, que se sortearán, xunto a botellas de viño, entre as persoas participantes no roteiro gastronómico, compartindo as súas fotos nas redes sociais, e os gañadores do concurso o Mellor Pulpo de Madrid en categoría tradicional, vangarda, e a mellor maridaxe en Madrid.
Máis información do evento en www.pulpopasión.com
Non é a primeira vez que o concello colabora con esta iniciativa, pois hai tres anos xa o fixo facilitando o prato co que se elaborou a primeira tapa xigante de pulpo no Carballiño, de 2,20 m de diámetro, para elaborar a tapa de pulpo máis grande de Madrid.
Así mesmo, Nacho Sandoval ten acudido en diversas ocasións á Festa do Pulpo do Carballiño, e promociona cada ano a través das súas redes sociais este evento.
O Delegado Territorial da Xunta, Gabriel Alén e o alcalde masidao José Manuel Iglesias supervisaron as actuacións que veñen de levarse a cabo no municipio, financiadas por medio de distintas achegas económicas da adiministración autonómica, que completou con fondos propios o concello de Maside.
Dunha parte, a sinalización da Ruta do Románico "Terras de Maside", que ofrece aos amantes do románico a oportunidade de achegarse as xoias románicas que ten o municipio, como son as igrexas de Santo Tomé Vello (tamén o cemiterio merece unha visita), asi como Santa Comba do Trevoedo, Louredo, Garabás ou a capela de San Mamede de Rañestres. Tamén forman parte desta ruta do románico masidao os restos das torres do Pazo de Santa Comba de Trevoedo e Mundiín, ésta última foi no seu tempo celeiro do Mosteiro de Oseira. Ademáis da sinalización, tamén se editou un díptico, e na páxina Web do concello poden encontrarse as coordenadas de cada monumento.
Doutra parte, delegado e alcalde visitaron as melloras efectuadas na zona da Alameda, na propia vila de Maside, incluida a reforma do parque infantil, que agora ofrece novos elementos de xogo para os cativos, entre eles unha tirolina.

Desde hoxe, 27 de novembro, dá comezo no Carballiño a campaña “Os seus dereitos en xogo”, unha iniciativa de Cruz Vermella cuxos principais obxectivos son; en primeiro lugar, promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de transmisión de valores no contexto escolar e familiar; ademais de dotar ás familias en dificultade social con nenos e nenas ao seu cargo, de xogos e xoguetes, enmarcado nun sistema de traballo real con estas persoas para que se cumpran os obxectivos de transmisión de valores e xogo saudable.
Este ano, a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto súmase a esta marabillosa campaña asinando un acordo de colaboración con Cruz Vermella, onde se detalla que vinte e dous establecementos asociados actuarán como punto de recollida de todos os xoguetes doados para esta iniciativa solidaria; desde hoxe 27 ata o 15 de decembro.
A campaña enmárcase dentro do proxecto “O Xoguete Educativo” que desenvolve a súa acción durante todo o ano, e que teñen como obxectivo asegurar o dereito ao xogo de nenos e nenas entre 0 e 18 anos, así como sensibilizar sobre a importancia do xogo e o xoguete, e a súa incidencia no desenvolvemento evolutivo.
Que tipo de xoguetes?
· Novos: por equidade e non discriminación, para que todos os nenos e nenas teñan un xoguete novo. De acordo co principio de Imparcialidade, resúltanos imposible ter que discriminar a algunhas persoas dándolles xoguetes de segunda man, non cremos que haxa infancia de primeira e infancia de segunda categoría. Ademais, non podemos garantir que un xoguete sexa 100% seguro unha vez sacouse do seu envoltorio orixinal.
· Non bélicos e non sexistas e preferiblemente educativos: para favorecer actitudes de respecto e cooperación. Os xoguetes son elementos transmisores de valores sociais. A través do xogo os nenos e nenas adquiren coñecementos e comportamentos. Se fomentamos que a infancia utilice xoguetes educativos estaremos a favorecer valores como a tolerancia, diversidade, respecto, igualdade…
· Medioambientalmente sostibles: fabricados a partir de materiais con menor impacto ambiental.

O Concello do Carballiño retomará o próximo luns, 30 de novembro, a celebración da feira, que quedou interrumpida desde as restricións impostas no municipio do Carballiño o pasado mes de outubro. Co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade e separación pola Covid-19, ampliaranse os espazos reservados para ubicar os postos de venda ambulante, co que se cumprirá estritamente a normativa establecida para o nivel 2. Así mesmo, pídese á veciñanza o mantemento da distancia de seguridade, o uso da mascarilla e o lavado frecuente de mans con xabón ou xel hidroalcólico.

Este luns 30 de Novembro, o gaiteiro Isidro Vidal participará en “O gaiteiro da Catedral” de Ourense, o acto diario que se leva a cabo ás 11.30h dende o alto da torre da Catedral de Ourense coma homenaxe ás vítimas da Covid 19 no que se interpreta o Himno de Ourense. Esta xa é a segunda vez que Isidro participa, pero coa peculiaridade de que esta vez o fará cunha gaita construída coas súas mans durante o curso de construción de instrumentos tradicionais que desenvolve a Deputación de Ourense no Obradoiro de construción de instrumentos musicais baixo a batuta do mestre Manuel Brañas.
Proseguindo coa actividade artística case reducida por mor da Covid, Isidro Vidal foi convidado a participar no Festival Celta de México, que este ano ten a peculiaridade de realizarse de forma online por mor das restricións sanitarias en ambos países, pospoñendo así a visita a México para o futuro. Este festival complétase cun elenco de artistas internacionais e coa colaboración do Festival da Terra Celta.
Deste xeito, Isidro Vidal profundiza na internacionalización da súa música, que o pasado verán o levou a realizar unha pequena xira por Portugal, actuando en diversos eventos como o verán cultural da vila de Chaves ou no Festival Identidades de Loivos entre outros. Aproveitando esta pequena incursión no país veciño, participou como asesor de música tradicional na residencia artística para o establecemento do currículo dos estudos regrados de música tradicional portuguesa, que se levou a cabo na Academía das Artes de Chaves.
Un ano cheo de cancelacións e adiamentos, pero no que a música estivo presente no día a día deste músico galego, que tamén participou noutros eventos como o Festival Intercéltico del Sur Celtasur organizado dende Cúllar Vega, o festival solidario Quedo, que teño que quedar para recaudar fondos para Médicos Sin Fronteras para a loita contra a Covid, ou na semana cultural da Festa do Pulpo do Carballiño, compartindo carteis con artistas como Susana Seivane, Hevia, Flook, Bagad Cap Caval, Alasdair Fraser e Natalie Hass, Sharon Shannon ou Duncan Chisholm (Wolfstone).

O Carballiño baixa hoxe en 4 casos os contaxios activos en relación a onte, e sitúa a cifra actualizada en 12 persoas. Tamén descenden as persoas enfermas de Covid-19 en Cea, que onte tiña 3 positivos activos e hoxe quédase cun único caso.
Non hai variacións no resto dos concellos, no que destaca negativamente o concello de Beariz, que continúa con 30 contaxios activos. Maside, Piñor e Boborás mantéñense en 3 casos. No Irixo, 2 e con cero contaxios activos, libre de virus, estan outro dia máis San Amaro e Punxín.
Es imposible que la policía controle el cumplimiento de las normas contra el covid cuando los que mandan y ordenan ( o no) se las pasan por el arco de triunfo fumando y bebiendo en una terraza de la carreteras general y sin mascarilla. Señores del gobierno hay que dar ejemplo y hacer cumplir las normas o este pueblo estará acabado.
Son moitas as veces o longo do día, nas que varios comerciantes do Carballiño se preguntar para que vale (entre outras) a concelleria de comercio .
Queda estupendísimo, posar co eslogan "merca comercio local". Nos medios comunicación, mais do mesmo, pero eu e moitos preguntamonos, ¿e vostedes, onde mercan?, porque fales con fales, sexa do sector que sexa, - exceptuase hosteleria-, NIN SE LLES VIU, SIN SE LLES VE, NIN SE LLES ESPERA.
Sres. políticos, TODO, absolutamente todo nesta vida se paga, e as veces tarda en pagarse, pero o seu, xunto con algún presidente dunha coñecida asociación, é mais que VERGOÑENTO.
Voulle dicir unha cousiña, a todos vostedes, por se non o saben, o comercio do Carballiño, sostense dos veciños de a pé do pobo (non todos), que non queren ver morrer o pobo e cren nel, sostense dos veciños dos pobos da comarca, sostense de veciños incluso de Ourense e outras cidades que lle gusta o que lle ofrecemos, sostense dos emigrantes que o valoran notablemente e sostense porque algús comerciantes nos mercamos entre sí.
Os impostos que nos cobran, para os que nos costa moito xuntar os cartiños, saen desa clientela, ABSOLUTAMENTE DESA, e son os que permiten que relixiosamente cobren os seus megasoldos, polo que vostedes, só vostedes, sabrán se merecen.
O do tema das subvencions, tratareino cando o meu médico me recete algún tranquilizante.
VOSTEDES MESMOS
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- …
- seguinte ›
- última »