
Dúas seccións de 160 toneladas e 48 metros, cada unha, das tres que conforman o arco da Ponte de Valdebebas, van camiño de Madrid para completar o viaducto cuxa componente metálica a constrúe o grupo Dizmar na súa pranta do Carballiño.
Trátase dun dos transportes especiais por estrada máis importantes dos realizados dende o polígono industrial do Carballiño por esta empresa, xa que cada transporte ten unha lonxitude de 65 metros e precisa unha semana para chegar ao destino, pois, polas súas características, hai tramos nos que non se superan os 10 km/hora.
O grupo Dizmar, que rematou recentemente, nun tempo récord de 25 dias, a construcción da estrutura metálica do novo Hospital de Pandemias de Madrid, está a piques de concluir outra das grandes obras que realiza na capital de España, como é a “Ponte singular sobre a M12”, un proxecto de inxeñería de Ideam, de 205 metros de lonxitude e 25 metros de ancho.
É un viaducto que conecta o parque de Valdebebas coa nova terminal T4 do aeroporto de Baraxas, A obra está promovido pola Xunta de Compensación do Parque de Valdebebas, e que executa Ferrovial Agromán.
O peso total desta ponte é de 2.000 toneladas, e Dizmar suministra as pezas metálicas distribuídas en 36 seccións, que estiveron saíndo da pranta carballiñesa en transportes especiais por estrada.
Con esta dùas pezas, a cuxa operación de saída asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, tan so resta unha máis para completar este viaducto.
Xunto con esta obra, o grupo Dizmar desenvolve actualmente outros proxectos importantes internacionais, como un viaducto en Ghana (África) e outro en Montevideo (Uruguay), así como unha plataforma de prospección petrolífera en Estados Unidos e o remate dun viaducto en Montreal (Canadá).
Trátase da nova Ponte St. Laurence (Montreal-Canadá), de 3,4 km de lonxitude que inclúe unha ponte atirantada sobre un canal con dous pilonos de 170 m de altura e un tramo central de 240 m.
Asimesmo, entre outros proxectos desenvolvidos nos últimos anos por Dizmar na pranta do polígono industrial do Carballiño, atópanse o viaducto para o tren de alta velocidade sobre o río Ulla e as pezas metálicas do desdobramento da Ponte de Rande, na ría de Vigo.
A pranta de Dizmar do Carballiño conta actualmente cunha plantilla de 200 persoas, e outras 100 máis traballan na montaxe das obras.
Esiximos respecto, igualdade e non discriminación para o trato co Carballiño. Non nos afoguen máis, que xa bastante estamos. Restricciós fora xa !!
No me parece ni medio lógico el ensañamiento que estamos sufriendo en Carballiño, creo que es un daño innecesario el que consciente ó incoscientente están cometindo con las restricciones, absolutamente desproporcionadas e innecesarias en la situación actúal.
Mal la Xunta y mal este concello por ni siquiera levantar la voz y esixir un trato igualitario con el resto de concellos. Y por favor, que la Policia Local deje de tocar las narices a los vecinos que necesitan hacer sus compras en Carballiño y se dediquen a lo que tienen que dedicarse.

Desta maneira, Espazo Común faise eco do que é un clamor nas últimas horas no Carballiño, e tras confirmarse que a Xunta non levantou as restricións de mobilidade e peche das actividades non esenciais, algo que se agardaba poidese acordarse no Comité Clínico celebrado este pasado martes.
"Hai arredor dun mes e ante as escalofríantes cifras de contaxios que presentaba o concello do Carballiño, a Xunta de Galicia optou por intervir o municipio e adoptar as medidas coercitivas máis severas de toda España.O dato de 188 positivos activos a un tempo, que arroxaba un índice de contaxio por habitante de 1.340 x 100.000 e a inoperancia do goberno local, fixo que se nos impuxeran antes ca a ninguén situacións coma o peche case total da hostalaría ou o peche perimetral para tentar rebaixar eses datos", rcordan dende Espazo Común.
E engaden "se naquel momento sí semellaba necesaria a toma de decisións deste tipo, tamén consideramos que agora, despois dun mes padecendo as consecuencias das mesmas e ante o positivo dos resultados, toca que a Xunta levante un pouco o pé do pescozo dos pequenos negocios carballiñeses co relaxamento do castigo. Non pode ser que a Xunta nos tome por cobaias humanas e experimente tódalas súas teorías no Carballiño".
Espazo Común fai referencia aos últimos datos coñecidos na situación epidemiolóxica actúal no municipio carballiñes "a día de hoxe, a cifra reduciuse a 29 positivos e no semáforo que a propia Xunta de Galicia emprega coma termometro para medir a evolución dos concellos, estamos no nivel verde. O máis baixo de todos".
E mesmo apuntan ao que entenden é un agravio comparativo co Carballiño "asistimos con estupor ao feito de que outros lugares nun estadío bastante peor ca o noso actual, non sofren estas limitacións nas actividades diarias do seus cidadáns, especialmente na mobilidade ou no sector hostaleiro".
Dende Espazo Común, preganlle ao alcalde Fumega que "deixe de ser un mero espectador en todo esto e comece a defender os intereses dos cidadáns aos que supostamente representa, hai que demandarlle á Xunta con urxencia unha reducción das medidas impostas para dar osíxeno a comerciantes, hostaleiros e outros moitos sectores que están a sufrir as consecuencias da situación actual",remarcan.
E xa leva días.
Hai outro detalliño que resume moi ben o proxecto de Paco fumega e o seu equipo de goberno que é o pegote de cemento que hai nun paso de cebra en Martínez Avellanosa. Unha cousa esperpéntica que nin se fai Unha chapuza como esa nunha corte de marraos de calquera aldea. Agardemos que haxa savia fresca no Concello màis pronto que tarde.

Constantino Vidal, do Partido Poular, que exercía como presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras gañar as eleccións celebradas en Maio de 2019, ven de presentar formalmente a súa demisión do seu cargo como máximo responsable da Entidade. Xustifica esta decisión "por motivos personais", cando leva apenas ano e medio de mandato.
Nada máis coñecerse esta nova, o BNG emitíu un comunicado no que manifesta que "ésta é unha mostra máis do escaso interese que ten o Partido Popular por un funcionamento correcto da ELM. O actual presidente nunca mostrou capacidade e iniciativa para defender os intereses de Berán. A súa marcha na metade da lexislatura móstranos a escasa vontade deste señor para solucionar os problemas atopados na súa labor como máximo responsábel da entidade", subliñan.
O BNG, que é a outra formación política representada na Entidade, considera que "con esta dimisión nun momento clave para a aprobación de proxectos estratéxicos na nosa parroquia. A oficialización e recoñecemento do paso por Berán do Camiño da Geira Ribeiro Arrieiro, así como o arranxo e licitación das vellas instalacións balnearias son motores económicos que exixían da acción urxente por parte dun presidente, que dimite por falta de criterio e por incapacidade".
Agora, deberá elexirse un novo Presidente por parte do pleno da Entidade Local Menor de Berán, todo indica que podería ser Avelino Carballal, tamén do Partido Popular e actúal vocal da Entidade.

Si señor, se o concello non o fai, sempre está a colaboración cidadán, ademáis con material respetuoso co entorno desta zona do Muiño das Lousas.

Os responsables dos catro ximnasios do Carballiño, Luciano Cendón, do ximnasio Kórpore; Claudio Mateo, do ximnasio Madokoan; Fidel Gómez, do ximnasio Funfit, e José Manuel Soto, do ximnasio Olimpia, reuníronse coa concelleira de Deportes, Silvia Baranda, co obxectivo de acadar o apoio do concello para a próxima reapertura dos establecementos, prevista para o próximo luns, 23 de novembro.
Trátase dunha actividade que resultou moi perxudicada pola pandemia, xa que estes establecementos permaneceron pechados a maior parte do tempo, polo que é necesario dar todo o apoio, según dixo a concelleira.
Silvia Baranda, ao igual que os responsables dos ximnasios, aseguran que son instalacións que gardan escrupulosamente as medidas sanitarias de prevención polo coronavirus, que teñen un índice moi baixo de contaxio e que favorecen que se faga exercicio físico, que é moi necesario para poder manterse en forma e combatir mellor o virus.
Como apoio desta campaña, editouse un video anunciando a reapertura dos catro ximnasios o 23 de novembro, e animando á veciñanza a acudir ás instalacións sen ningún medo, xa que contan con todas as medidas de seguridade.

O indicador que mide a incidencia acumulada a 7 dias nos concellos galegos, sitúa hoxe a O Carballiño con luz verde, nivel cero de alerta, o que siñifica que na última semana rexistrarónse no municipio entre cero e sete novos contaxios confirmados por PCR. O Carballiño entra asi na relación de concellos con mellor situación epidemiolóxica.
En canto aos contaxios activos, según esta última actualización, O Carballiño rexistra hoxe 31 casos, Boborás 7, Piñor 4, San Cristovo de Cea e O Irixo manteñen 3 persoas enfermas de Covid-19, Beariz ten 2, Maside e Punxín un único caso e finalmente, San Amaro confirma que está libre de virus, con cero casos.

A petición de Espazo Común, que levará o pleno da Corporación Municipal, chega nun momento no que "a crise do COVID-19 está a cebarse de xeito salvaxe co Carballiño que leva xa máis tempo con restriccións de extrema dureza ca ningún outro sitio de Galicia".
Fan referencia á situación concreta que vieven a hostalaría case pechada por completo e os comercios sufrindo a baixada de clientes de xeito angustioso. O resto de sectores, desgraciadamente, tamén se ven afectados polo freazo en seco que todo esto supón para a actividade económica.
Neste complicado contexto, o grupo municipal de Espazo Común entende que "semellaría lóxico que o Concello fíxera tódolos gastos que fose posible en empresas locais para tentar paliar ese desfondamento. Nun mundo normal, con xestores normais, sería fácil apreciar o valor desta medida como factor de apoio real aos negocios do pobo".
Espazo Común manifesta a súa contrariedade cun "goberno caótico e alonxado da realidade social, o alcalde Fumega e o seu grupo, seguen mercando e contratando maioritariamente con empresas de fóra do Carballiño servizos e produtos dos que dispoñen negocios locais".
Asemade, recordan qu xa non é primeira vez que fan esta advertencia "o ano pasado co exemplo do dato de que das 54 empresas convidadas polo rexedor a presentar proxectos, só 17 eran do Carballiño, a tendencia semella que non só non mellora, se non que tende a agravarse".
Finalmenente, dende Espazo Común anuncian que levará a pleno unha moción "para tentar facer obrigado, na medida do posible, que o Concello faga os seus gastos con empresas do Carballiño".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- …
- seguinte ›
- última »