
Los sábados cerrado. Y por la semana esto, consecuencia de tener una oficina de aldea.

O acordo era xa practicamente total entre o club e o futbolista brasileño e os últimos flecos resolveronse tras presenciar Renan Zanelli o amigable do Arenteiro e o Lugo B, que rematou sen goles. O contrastado centrocampista era dende fai semanas o obxetivo do club de Espiñedo para completar o plantel para esta tempada.
Renan foi un dos xogadores importantes das últimas tempadas do Ourense CF, e finalmente, decidíuse pola oferta do Arenteiro, asinando o seu contrato esta mesma tarde.
O xa novo xogador do Arenteiro estivo en Espiñedo vendo aos seus novos compañeiros, no terceiro amigable que xogan os verdes en apenas 7 dias, tras os partidos ante Compostela e Celta B, neste terceiro ante os lucenses o equipo xa acusou a carga de traballo que vai acumulando nesta pretempada, nun partido moi trabado e sen apenas ocasións por ambos bandos, tan so un remate de cabeza do local Adrián Presas que petou no longueiro.
O Mércores dia 7 novo partido ante o Arzúa
Será novamente no Estadio de Espiñedo, o próximo mércores dia 7 ás 19 horas, o Arenteiro xogará un novo partido de preparación ante o equipo revelación a pasada tempada na terceira división, o Arzúa.

Son locais que están afectados de distinta maneira, nunhos casos tras declararse un positivo de Covid-19 entre os seus empregados ou propietarios e noutros por ser un contacto estreito cunha persoa infectada, aínda sendo allea ao establecemento.
Trátase, pois, de peches temporais e de duración indeterminada. Asi, no transcurso dos últimos días decidiron suspender a actividade cinco establecementos da hostalaría carballiñesa, dous deles ubicados na rúa Perfectino Viéitez, e os otros tres nas rúas Aldara,Rosalía de Castro e Avenida 25 de Xullo, respectivamente.
Aínda que agora sucede no Carballiño, o certo é que é bastante frecuente nos últimos meses o peche de locais de hostelaría en vilas e cidades debido a esta mesma circustancia.

Os dous centros educativos figuran na última actualización de datos entre os colexios que rexistran contaxios activos en Covid-19, relación na que se mantén o CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
No CPI Virxen da Saleta de San Cristovo de Cea son dous positivos os confirmados, e no CEIP Virxen Guadalupe de Avión infórmase dun caso positivo. Xa están actividos en ambos centros os correspondentes protocolos.

Non chega con ter que aturar a xestión desastrosa do Covid dos socialistas e dos comunistas. Non chega con aturar o covid, agora Fumega pensa que é pouco e sube impostos. Logo virá nas vísperas de eleccións pra anunciar que os baixará. Non esqueceremos

O PSdeG-PSOE de Leiro congratúlase co anuncio de obras no concello, contando para iso coa dispoñibilidade do Remanente de Tesourería "pero nestes momentos os socialistas cremos prioritario e moi necesario que o goberno municipal e a oposición debemos focalizar todos os nosos esforzos en axudar a combater aos nosos veciños as consecuencias económicas e sociais derivadas do Covid 19", manifestan.
Consideran que "aínda que tarde, é o momento de potenciar e desenvolver as políticas sociais contando para iso co Remanente de Tesourería, tanto do Concello como da Mancomunidade do Ribeiro e complementar así aos veciños as axudas por políticas sociais tanto da Xunta como da Administración Central".
Os socialistas de Leiro entenden que debe ser éste o momento de potenciar plans de conciliación familiar, axudas para material escolar e libros, plans preventivos de desinfección, plans de axuda aos nosos autónomos, pequeno comercio e hostalería.
"Desde o PS de G-PSOE cremos que é o momento de redobrar esforzos, en base aos recursos públicos de todos, en axudar e tranquilizar a incerteza e inseguridade que invade aos nosos veciños e isto está en mans do Goberno Municipal para o que poderá contar co apoio deste grupo municipal", subliñan no seu comunicado os socialistas.

A cervexa utiliza malta de cebada e malta de trigo, ademais da variedade de lúpulo checo Sladek e fermento de tipo Ale. Durante a elaboración incorporáronse patacas e polbo galego certificado, previamente asustado, como manda a tradición. No período de maduración engadiuse unha mestura de pemento doce e picante, ademais de auga de cocción do polbo.
Para a súa elaboración contouse coa colaboración de Peixes e Mariscos do Noroeste e da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, que achegaron o polbo e a auga de cocción, respectivamente. O resultado de todo ese proceso é unha "Experimental Seasonal Beer" de tipo Ale, de corpo medio, carbonatación moderada e un 5,8 de volume de alcol.
O aroma lembra ao tradicional prato galego e en boca mestúranse o doce e o picante. Esta cervexa chegará ao mercado o próximo 6 de outubro. Estará en establecementos de hostalería e alimentación, ademais de en a tenda online de Estrela Galicia. Trátase da creación número 12 de Fábrica de Cervexas Estrela Galicia.

O xurado do Premio ""Rodolfo Prada" á xestión cultural 2020 reuniuse hoxe para avaliar as candidaturas presentadas a este certame instaurado pola Deputación de Ourense para destacar a figura deste insigne intelectual ourensán e elixir os proxectos galardoados nas tres modalidades do certame. Na reunión, o xurado salientou a elevada calidade dos traballos presentados ao certame, que reparte un total de 6.000 euros en premios.
O premio para profesionais culturais recaeu en Ernesto Romero, de Novocine de Leiro, polo valor que supón para o rural manter unha actividade cultural como a que desenvolve. Romero mantén aberta a única sala de cine comercial que continúa activa e ofrecendo unha programación estable de cine no ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño,ofertando unha carteleira que renova cada semana, con numerosos títulos que son estrea simultánea en cines.
O premio para persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para "Platea Lúa", pola creatividade e o labor que desenvolve nas súas visitas turísticas guiadas teatralizadas. E finalmente, o premio para proxectos culturais foi para o Náutico de San Vicente, polo seu traballo a prol da difusión cultural e musical coa organización de actividades e concertos ao longo de todo o ano.
O xurado, presidido polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, estivo integrado, ademais, por Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Manuel Araújo e Patricia Torres, actuando como secretario Aurelio Gómez Villar

Sanidade notificou este xoves dia 1 de Outubro un novo brote de coronavirus no municipio do Carballiño, de tipo familiar, e que afecta a tres persoas, un home de 53 anos, unha muller de 46 e unha menor de idade.
Trátase do segundo brote declarado esta semana na comarca, despois de informarse o pasado martes dia 29 de Setembro dun brote activo no concello do Irixo, formado por tres persoas.

Comeza este sábado o Circuito Galego de Teatro Amador 2020, que se desenvolverá neste mes de outubro no auditorio municipal, e que abrirá o grupo de teatro Tiruleque coa obra A Farsa do Maitre Pathelín. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do concello do Carballiño. Este ciclo antecede á XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que comeza o 12 de outubro e que contará con sete actuacións ata o mes de novembro.
Ambos eventos están promovidos por Tiruleque, e foron presentados hoxe, da man do seu director, Xosé Prada, e tres integrantes máis do grupo, así como o concelleiro de Cultura, Diego Fernández. A Farsa de Maitrre Pathelín representarase este sábado, 3 de outubro, ás 20,30 h., no auditorio, contando con todas as medidas preventivas, de separación e seguridade pola Covid 19. Esta obra estrenouse o pasado ano e tivo un gran éxito por toda Galicia, e ainda que estaba previsto que se representase o 8 de novembro, pechando o Circuíto Galego Teatro Amador 2020, cambiose para este sábado ante a imposibilidade de que poidera actuar a compañía Chumpá Teatro coa obra “Intocables”.
O 10 de outubro estará en escea a compañía Max Teatro coa obra “Os líos do taxista”, e o 18 de outubro a quenda será para a compañía Atrezo Teatro coa obra “Chicago Killers”. A compañía que peche o ciclo o 8 de novembro ainda está por decidir. Xosé Prada adiantou na rolda de prensa algunhas das novidades da XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Así, dixo que haberá sete actuacións, unha delas a estra da nova obra de Tiruleque “Soutelo Enterprise”, unha comedia ácida sobre un texto de Sergio Macías, profesor de interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Escola Municipal de Teatro de Vigo. A estrea desta obra será o 14 de novembro, e haberá unha reestrea o 15 de novembro.
Finalmente, Xosé Prada anunciou a cesión a tiruleque dun local para ensaios e incluso pequenas representacións no Torrón, que lle permitirá ao grupo de teatro montar un escenario e os seus equipos para poder ensaiar e realizar certo tipo de representacións teatrais. Trátase dunha deferencia das irmás González Morales. Diego Fernández felicitou ao grupo pola valentía para organizar estes eventos nun tempo de tantas dificultades para todos e, neste caso, para o mundo da cultura. Agradeceu o seu traballo a prol do teatro afeccionado no Carballiño e animou aos veciños a asistir a estas representacións, que terán lugar con todas as medidas preventivas que se esixen polo coronavirus.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- …
- seguinte ›
- última »