19, Agosto 2025

O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro no concello de Beade, parroquia de As Regadas.

Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Polo tanto, son xa seis os municipios afectadados.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 62 axentes, 97 brigadas, 63 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.

Mención especial para as numerosas persoas voluntarias tanto da contorna afectada polo lume como chegadas desde outros concellos do Ribeiro e O Carballiño que colaboran nos traballos para lograr o control do incendio.

19, Agosto 2025

O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

No pleno extraordinario celebrado recentemente, o presidente quedou mudo ante as preguntas formuladas polos socialistas, sendo o alcalde de Leiro quen respondeu por el. Esta situación demostra a súa falta de independencia, de valentía e de capacidade para exercer as responsabilidades que lle corresponden como máximo representante da Entidade Local Menor. Poucos días despois confirmouse o que xa se intuía: a concesión do balneario quedou deserta, ningunha empresa se interesou polo proxecto, certificando así un rotundo fracaso político e de xestión.

 Para o PSdeG-PSOE, este episodio é especialmente grave porque: As instalacións permanecen pechadas e en estado de abandono, pese aos cuantiosos fondos públicos investidos. Perdeuse unha oportunidade para xerar emprego, turismo e riqueza local en Berán e en todo o concello de Leiro.

A veciñanza ve como se gastaron cartos en proxectos que nin se abren nin serven para nada, mentres se desatenden necesidades urxentes. Os concelleiros socialistas lembran que a súa posición foi de abstención responsable, porque non se pode apoiar un proxecto desta envergadura sen contar previamente cos veciños e veciñas de Berán. A nosa prioridade segue a ser poñer o foco na cidadanía, defendendo os seus intereses fronte ao desleixo e o conformismo de quen debería liderar con seriedade a entidade.

Por todo isto, o PSdeG-PSOE de Leiro considera que Avelino Carballal debe asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión como presidente da Entidade Local Menor de Berán, pois a súa inacción e dependencia do alcalde deixan claro que non está en condicións de seguir representando á veciñanza O grupo municipal socialista de Leiro esixe a dimisión inmediata de Avelino Carballal, presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras o fracaso absoluto da xestión do balneario de Berán, que supuxo un gasto de centos de miles de euros en fondos públicos sen resultado ningún para a veciñanza.

 

19, Agosto 2025

NO PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar este chamamento do alcalde en funcións do concello carballiñés, Pepe Castro-Gil.

 

18, Agosto 2025

Está claro que para o Concello do Carballiño existen diferentes categorías de trato segundo o deporte. Neste caso, como usuario das pistas de tenis do Pavillón Paco Chao, quero denunciar que á xa impracticable segunda pista de tenis (onde a práctica deste deporte resulta imposible debido á existencia de socalcos) hai que sumarlle que a pista supostamente en bo estado ten as liñas case borradas e, nos fondos, as silvas xa os están invadindo. 

Non creo que sexa excesivamente complicado realizar un repintado e unha limpeza axeitada.

 

18, Agosto 2025

A extensión queimada polo lume que continúa activo no incendio que afecta aos concellos de Beade e Carballeda de Avia xa supera as 3.000 hectáreas, según a última actualización feita por Medio Rural.

O 112 ven de informar que 56 persoas maiores de dous centros residenciais no concello de Carballeda de Avia foron confinadas, e para preservar a súa saúde ante a moi mala calidade do aire na contorna.

A parroquia de Viete, en Leiro, suspendeu as celebracións da festividade de Santa Elena, programadas para este lúns 18 de agosto. 

Na foto, o impresionante aspécto do incendio que podía verse que na noite deste domingo desde a capitalidade municipal do concello de Beade.

17, Agosto 2025

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas

O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade de Beade, parroquia de As Regadas.

Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 2.500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 35 axentes, 56 brigadas, 35 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 11 avións.

17, Agosto 2025

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes

Está activo desde as 16:38 horas de venres o incendio no concello ribeirán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas.

Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.

Activo Beade-As Regadas Activo

Desde as 18:16 horas do venres o incendio no concello de Beade, parroquia das Regadas, anteriormente situado na localidade de Carballeda de Avia. Este lume entrou no bosque de Ridimoas,que xestiona a Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas para a defensa e estudo dos bosques autóctonos.

Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas e está pendente dunha nova estimación. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 9 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Esta información está actualizada ás 9:00 horas do domingo 17 de agosto pola Consellería de Medio Rural.

16, Agosto 2025

A Deputación de Ourense informou a primeira hora da tarde deste sábado da cancelación das Xornadas de Folclore ata o lúns dia 18.

A medida tómase para preservar a seguridade da poboacion ante a critica siruación por culpa dos incendios forestais na privincia 

 

 

16, Agosto 2025

Señora concelleira de espazos públicos dona Rosa Fuentes, parécelle ben permitir o uso particular e absoluto da praciña situada na rúa Aldara por parte do bar Copetín? Toda a praciña está ateigada de mesas e cadeiras, impedindo totalmente tanto o paso ás persoas coma o disfrute dese fermoso ESPAZO PÚBLICO,  mesmo os xardíns están totalmente invadidos e totalmente degradados...Vostede ten a responsabilidade de regular o uso e de coidar ese espazo público polo tanto estaría ben que cumplise simplemente coas súas obligacións. Grazas 

15, Agosto 2025

A cita das Xornadas de Folclore no Carballiño incluirá ás actuacións dos seis agrupacións participantes nesta edición.

Deste xeito, aos espectáculos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, súmanse os dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína.

O público do Carballiño e comarca poderá desfrutar da oferta completa das XL Xornadas de Folclore mañá, a partir das 22,30 horas. O escenario escollido polo Concello é a Praza da Veracruz.

O público coñecerá a tradición, música e cultura dos seis países a través das actuacións de Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore “TSMU” (Xeorxia). As seis agrupacións contan cunha longa traxectoria enriba dos escenarios, da que darán boa conta no festival deste sábado dia 16 de agosto.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS