
O párroco do Carballiño, José Benito Sieiro González, leva vintesete anos á fronte da parroquia e por eso o concello quere promover unha homenaxe en recoñecemento do seu labor pastoral e social durante este tempo.
De feito, no concello téñense recibido algunhas propostas ao respecto e de aí que se emprenda esta iniciativa, á que se lle dará forma nas próximas semanas.
José Benito Sieiro neceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote sesenta anos, os últimos vintesete no Carballiño.
Foi párroco de As Caldas, no barrio ourensán de A Ponte, e en 1968 estivo destinado en Santa Comba de Bande, onde comezou a oficiar a misa en galego.

Clientes de Abanca en Boborás e O Irixo manifestaron a través desta emisora de radio as súas queixas polo que consideran é unha situación de desatención en ambas as dúas sucursais, que a dia de hoxe continúan -igual que dende que se declarou o estado de alarma- atendendo ao público en horario reducido tan so dous dias á semana.
"Parece que esto da desescalada non vai con Abanca", subliñaba un oínte en COPE O Carballiño.
Esta situación está provocando que se formen colas ás portas das entidades bancarias "en Boborás para pagar un recibo so atenden ata as 10 da mañá, hoxe tiven que volverme para a casa, despois de facer cola máis dunha hora", queixabase outra veciña.
A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, trasladou aos responsables da xestión institucional cos concellos de Abanca a súa preocupación por esta situación e agarda que se resolva pronto "a postura do concello é clara, imos defender os intereses dos veciños, xa lle trasladei a nosa preocupación, deben entender que o rural ten que ter un trato diferencial respecto ás cidades", declarou.

A Vicepresidencia da Xunta confirmou ao concello de Maside unha achega de 48.000 euros para a mellora da zona de ocio infantil da Alameda de Maside.
Desta maneira, o concello ultima o proxecto que dotará a este parque infantil de novos actrativos para os cativos, instalaráse unha tirolina, taboleiros para tenis de mesa, xadrez e outros elementos de xogo.
O concello de Maside conta con 250 nenos menores de 14 anos, según se desprende dos datos do padrón municipal de habitantes.

Un total de 800 persoas residentes nos nove concellos da comarca do Carballiño, seleccionadas aleatoriamente polo Instituto Galego de Estatística, están chamadas para participar nesta segunda quenda do estudo de Seroprevalencia que realiza o Sergas para coñecer a circulación do virus entre a poboación galega.
Os test comezaron a facerse dende este pasado lúns, e unha vez que remate esta segunda parte do estudo, o 5,8% do total da poboación comarcal terá participado voluntariamente neste estudo, xa que ás 800 persoas que o fan agora, hai que sumar as 755 que xa o fixeron anteriormente no pasado mes de Maio.
Nesta segunda quenda, do total das 800 persoas seleccionadas, 461 residen no municipio do Carballiño, 207 viven nos concellos de Punxín, San Amaro, Maside, O Irixo, Boborás e Beariz, e finalmente, 132 persoas son veciñas dos municipios de Piñor e San Cristovo de Cea.
Na primeira parte deste estudo epidemiolóxico 10 persoas das que participaron deron resultado positivo na comarca do Carballiño.

A localidade de Partovia xa conta cunha nova marquesiña, que se instalou na praza da fonte, no centro do pobo, ao pé da estrada OU 208.
Dita instalación "ven a cubrir a necesidade dun servizo que se viña solicitando por parte dos veciños dende hai tempo, pois os escolares e os propios veciños debían agardar polo transporte á intemperie", subliñan dende o concello.
Aclaran, ademáis que trátase "dunha colaboración entre a concellería de Medio Rural, que coordina Rosa Fuentes, e a Xunta de Galicia, e que suporá a instalación doutras dúas marquesiñas, unha en Godás do Río, na N 541, e outra en Costoia, ao pé da estrada OU 401 O Reino-O Carballiño".
Esta iniciativa -remarcan dende o concello- forma parte do plan de mellora de servizos nas aldeas e parroquias por parte da área municipal de Medio Rural.

O grupo municipal de Espazo Común recurre ao diccionario da RAG, según o que "o nepotismo consiste na práctica de quen abusa da influencia ou poder que ten, para dar cargos, prebendas etc., a familiares e amigos".
Afirman dende esta formación politica que se trata dunha definición que "encaixa á perfección co que está a acontecer no Concello do Carballiño, onde o grupo de goberno está a facer unha máis que dúbidosa utilización dos recursos públicos".
Tras recordar outras críticas ao alcalde Fumega "polo incompresible costume de convidar a empresas de fora para facer obras ou mercar productos que poderían comprarse no Carballiño en negocios doutras localidades" engaden agora que "cando acorda mercar no pobo faino con criterios máis ca sospeitosos".
Apuntan o caso "dunha tenda propiedade dunha persoa que concurriu na lista do PSOE ás pasadas municipais facturou case 1.500 € ao Concello, entre outros conceptos, pola compra dos caramelos da Cabalgata de Reis. Curiosamente, existen varios negocios máis do mesmo sector no pobo e non nos consta que tan sequera se lles pedira orzamento", aseguran.
O segundo exemplo ao que fan referencia dede ESCO é "o de membros da devandita lista que son empregados muncipais tamén se viron xenerosamente recompensados no reparto de cartos por produtividade e gratificiacións extraordinarias durante o ano 2019. Máis de 5.000 € recibiu nestes conceptos unha traballadora do Concello que concurriu na lista de Fumega no pasado mes de maio e arredor de 2.300 € o familiar directo dunha ex-concelleira que tamén formou parte da mesma candidatura. A media do resto de empregados municipais está moitísimo por baixo desas cifras", subliñan.
E rematan emplazando ao alcalde manifestando que "se quere premiar aos seus acólitos, que o faga con recursos propios ou do seu partido pero que non empregue cartos municipais para repartir agasallos".

O concello do Carballiño abre este mércores, 10 de xuño, o prazo para solicitar permiso de acceso ao barrio de Flores en vehículo.
As licenzas otorgaranse a aquelas persoas que sexan residentes, que posean algunha praza de garaxe, negocio ou finca, ou calquera outra circunstancia que acredite que teña que acceder en vehículo ao barrio.
A solicitude de licencia deberase tramitar na Policía Local, e irá acompañada dunha certificación ou documento que xustifique ao acceso en vehículo a Flores.
En canto se tramite un número suficiente de licencias comezarase a aplicar o novo sistema de acceso.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.
O contrato foi adxudicado á empresa Hordescón S.L. por un importe de preto de 100.000 euros.
Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.
A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.
Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.
Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.
Ademais, o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.

O concello de Avión ven de comunicar o acordo de suspender a edición 2020 da Festa Mexicana, que debería celebrarse o vindeiro dia 7 de Agosto.
Faino "ante a situación tan inusual que se está a vivir a nivel global, provocada pola pandemia de COVID-19". O Concello de Avión toma "a difícil e triste decisión de suspender oficialmente a Festa Mexicana 2020, que tradicionalmente se celebra no primeiro venres do mes de Agosto".
Manifestan ademáis que "toca tomar una posición de responsabilidade e sentido común, pola que esperamos a comprensión da cidadanía", tal como subliñou en COPE O Carballiño o alcalde de Avión, Antonio Montero
E engadíu "a nosa prioridade é en todo momento, velar pola seguridade e a saúde de todos e cada un dos nosos veciños, así como de todos aqueles visitantes que nos honran cada ano coa súa presenza na Festa Mexicana".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- 355
- 356
- 357
- …
- seguinte ›
- última »