Pero van facer plenos presenciais no Carballiño?
De ser así, son unh@s irresponsables.

O enterro tivo lugar a primeira hora da tarde deste sábado no cemiterio da parroquia de San Xoán de Seone, no concello do Carballiño, no medio de fortes medidas de seguridade, tan so coa presenza dos profesionais da funeraria. Non asistíu ningún dos familiares directos, xa que se encontran en cuarentena en Madrid.
O cadáver foi trasladado directamente ata cemiterio de Seone dende Madrid, onde faleceu como consecuencia do COVID-19.
Trátase dun home, que supera os 70 anos, e que alternaba domicilio por tempadas entre a parroquia de Seoane e Madrid, a principios deste mes de Marzo foise para Madrid, onde resultou contaxiado. Atópase, polo tanto, entre as 1.326 vitimas mortais que segundo os datos oficiais publicados nesta xornada de sábado faleceron xa en España polos efectos do virus.

Desde Espazo Común do Carballiño consideran "que agora mesmo, o máis importante é garantir a saúde e o maior benestar posible para a veciñanza, deixando de lado confrontamentos políticos e críticas partidistas. Cando todo esto remate, chegará o momento de facer balance e xulgar a xestión realizada por uns e outros, hoxe por hoxe, toca arrimar o ombreiro e remar todos na mesma dirección".
Unha situación -remarcan- totalmente insólita e que, por tanto, demanda á sua vez, medidas excepcionais e actuacións rápidas e dilixentes.
"É importante ter presente que estamos ante un escenario no que os erros, a improvisación ou o efectismo populista poden chegar a custar vidas. Polo de agora no noso pobo non temos un gran problema de contaxios pero vendo o que acontece moi preto de nós, toda precaución é pouca para que siga sendo así".
Espazo Común destaca o papel que poden facer os concellos "como institución máis cercana á veciñanza, os concellos teñen a enorme responsabilidade de protexer máis ca nunca aos moitos que están a padecer maiores dificultades por causa desta epidemia do COVID19.
Por todo o antedito e co máximo afán de colaborar nesta tarefa, dende Espazo Común imos dar traslado ao alcalde Fumega dunha serie de propostas que se deben acometer dende o Concello do Carballiño para por en marcha tódolos mecanismos muncipais dispoñibles".
En primeiro termo, consideran imprescindible que os teléfonos postos a disposición dos cidadáns para atender necesidades sobrevidas por causa do illamento, estean operativos 24 horas ao día, os sete días da semana e non só en horario de oficiña de 09:00 a 14:00 como está a acontecer ata o de agora. A demanda de alimentos ou mediciñas pode xurdir polas tardes, en fin de semana ou festivos. Neste eido tamén sería aconsellable habilitar un único número que concentrase tódalas chamadas recibidas, aconsellan.
"É importantísimo habilitar mecanismos para o control sanitario de todo aquel persoal municipal que faga tarefas de reparto por domicilios de persoas que o precisen e que está laboura só sexa realizada por persoal preparado para tal función",subliñan.
Consideran tamén imprescindible garantir un suministro suficiente de material sanitario a todo o persoal municipal, especialmente ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, dado que este servizo, competencia do Concello aínda que estea externalizado, debe velar pola seguridade e a saúde das auxiliares e dos usuarios, colectivo excepcionalmente sensible ao coronavirus e que debe ser protexido a calquer custo.
Demandan tamén que os departamentos xurídico e económico do Concello retomen o seu horario habitual, "eso sí, sen atenciónn ao público para previr posibles contaxios".
Tamén entende desde ESCO que "no caso destas áreas, débese traballar con celeridade para axilizar o pagamento de facturas a proveedores que serviría para dar algo de osíxeno ás empresas locais e que traballen para o organismo municipal. Tamén se deben procurar con urxencia fórmulas para eliminar o cobro de impostos e taxas a comercios, hostaleiros e cidadáns que estean vendo perxudicada a súa actividade profesiónal durante este período de alarma. A nosa proposta é que o tempo que estean sen ingresos, os pagamentos ao Concello sexan suprimidos definitivamente".
Débese elaborar - propoñen- un plan para que o Remanente de Tesourería de 4.000.000 de € anunciado polo alcalde Fumega repercuta o antes posible de xeito directo no apoio aos colectivos máis perxudicados na súa actividade : comerciantes, hostaleiros, autónomos..., así coma nas familias que queden nunha situación máis delicada que non van ser poucas.
Por último, dende Espazo Común agradecen publicamente o enorme esforzo que están a facer moitos traballadores municipais e colaboradores. Policía, Grupo de Emerxencias, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, traballadoras de Axuda no Fogar e moitos máis que seguen tentando que O Carballiño se manteña libre de coronavirus e a veciñanza protexida.
E brindan toda a colaboración que poidar achegar dende Espazo Común para que O Carballiño poida superar esta situación sen precedentes.

O Partido Popular recorda que o orzamento do concello do Carballiño para este ano 2020 aprobado inicialmente fai unhas semanas atrás encóntrase en fase de exposición e presentación de alegacións, e co prazo interrompido polo decreto do estado de alarma, polo que estaríase a tempo de adaptálo a esta nova e inesperada situación.
Por elo, os populares piden "deixar a un lado as diferenzas entre os diversos grupos políticos municipais e facer un esforzo conxunto para que o orzamento poida adaptarse para protexer aos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, facéndoos máis sociais e solidarios".
Parécelles ben prolongar o periodo de prazo par o pagamento de impostos e taxas, tal como prevé o goberno municipal, pero entende o Partido Popular que esto non é suficiente, e propón que se estudie suprimir algunhas taxas ou de non ser posible, que os afectados poidan acceder a axudas municipais polo mesmo importe.
Desde o Partido Popular manifesan que debería reaxustarse o orzamento de diversas actividades, que poderían rebaixarse "e deixalas para mellores momentos" e con ese diñeiro axudar a sectores como o comercio, autónomos e pequenas empresas e "axudando a que se manteñan os empregos".
De igual maneira, consideran que "a través da utilización do superavit de 2019 poderíase e deberíase incidir máis na atención a finalidades de carácter social, e tal como xa autorizou o goberno central".
O Partido Popular agarda unha resposta favorable a esta proposta, tanto por parte do grupo de goberno como do resto dos grupos políticos do concello do Carballiño.

"Continúa habendo moita xente polas rúas, moita máis da que debera", dixo en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega.
O rexedor advirtíu a toda a veciñanza que "non haberá máis remedio que comezar a multar, e imos comezar a facélo a todas aquelas persoas que non cumplan coa obriga do confinamento".
O concello agradece á veciñanza o cumprimento estricto das medidas impostas para evitar a transmisión do coronavirus, e cuxa principal norma é “QUEDAR NA CASA”, evitando as saídas dos domicilios ao mínimo indispensable para mercar alimentos, buscar medicinas na farmacia ou por traballo.
E lembra unha vez máis que "a loita contra o coronavirus é unha responsabilidade de todos e todas, e canto menos salgamos á rúa, e adoitemos todas as medidas preventivas anunciadas polas autoridades, menos posibilidades de contaxio haberá, ata que se consiga parar por completo a transmisión".
500 controis durante a mañá
Éste é o cálculo de Francisco Valeiras, o Xefe da Policia Local do Carballiño "paramos a 500 automobilistas e peóns e esto só dende primeira hora da mañá ata primeira hora da tarde, paramos a 500 persoas e escoitamos 500 boas excusas".
A Policia Local avisa que van cmezar a facer algunhas comprobacións sobre aquelas persoas que poidan estar vulnerando a orde de restricción de mobilidade, e fixo un chamamento á responsabilidade á toda a poboación para cumplir as normas do estado de alerta.

A treboada na noite deste pasado xoves acentuou os problemas de filtracións a través do tellado nesta vivenda na Avenida de Compostela do Carballiño, na que residían unha nai e tres fillos menores de idade.
Tras avaliar o estado da contrucción, anegada pola auga, os bombeiros do Carballiño determinaron que o inmoble podía presentar perigo de derrubo e procederon á evacución desta familia, que pasou a noite nas dependencias de Protección Civil.
A primeira hora da mañá, o concello do Carballiño fíxose cargo da situtación, e habilitou a palloza grande do camping municipal para realoxar provisionalmente a esta familia, e ata concretar unha mellor solución, según confirmou nesta emisora de radio o alcalde Francisco Fumega.

Clasificación de la lluvia según la intensidad media en una hora. Agencia Estatal de Meteorología.
Intensidad Acumulación en una hora
DÉBIL entre 0,1 y 2 mm
MODERADO entre 2,1 y 15 mm
FUERTE entre 15,1 y 30 mm
MUY FUERTE entre 30,1 y 60 mm
TORRENCIAL más de 60 mm
El nivel de precipitación en O Carballiño el día 19/03/2020, entre las 18 y las 24h, fue de 15,2 mm. Prácticamente el l más bajo posible, dentro de la catalogación de intensidad de lluvia por hora de la AEMET
Quien quiera entender, que entienda.
Un día máis, e como ven sendo costume no Carballiño, volveu a mexar o gato, mexou en forma de tromba pre-primaveral de 20 minutos. E qué pasou? Rúas anegadas, baixos anegados e total desprotección.
O meu pai ten 74 anos, persoa de especial desprotección ante o COVID-19, reside na Avenida Compostela 59, a nosa casa de toda a vida, xa fora dos meus avós, e agora é do meu pai, e eu pídolle o ceo para que algún día sexa dos meus fillos. Nunca tiveramos ningún problema, pero coma sempre, dende que D. Carlos Montes fora alcalde do Carballiño, e autorizara unha obra, a da mellora do saneamento da rúa Compostela do Carballiño (iso de mellora habería que velo), o noso baixo e a nosa cociña anegouse. O certo é que a obra foi executada pola Xunta de Galicia, na que un técnico titulado, elevou as rasantes dos sumidoiros e puxo unha sección de tubo ridícula, para unha rúa en plena expansión e unha edificabilidade de cinco alturas máis baixo cuberta.
Se buscaramos aos responsables; da Xunta de Galicia, ninguén soubo, devolveron a garantía a Construcións Alea a total satisfacción, a pesares das queixas constantes dos veciños; D. Carlos Montes, coma sempre, de perfil, -así lle foi-; D. Argimiro Marnotes, “eu non sei nada, é culpa do anterior goberno”; D. Francisco Fumega, dará boas palabras e unha palmada no lombo. En resumen, unha xestión dos servizo primarios pésima, á altura do que xa todos coñecemos.
Pero o que eu me pregunto é: se estamos en estado de alarma, e por eses sumidoiros discorren augas pluviais e fecais, e entran nas casas. Eu me pregunto, que non o sei, se o COVID-19 se transmite pola merda, con perdón, será que se poderá denunciar ao Concello do Carballiño por un delito contra a saúde pública? E se meu pai se infectara mentres limpa o seu garaxe do COVID-19, ou de calquera outra enfermidade, que facemos? Recibirei unha palmadiña no lombo, tipo compadre?
O difícil, coma sempre, vai ser buscar aos responsables, que seguramente cobren dedicacións exclusivas e parciais, asistencias a xuntas e comisións, pero de resolver os problemas dos veciños, NADA de NADA.
Para concluír, citarei que este mesmo problema se reproduce, ata onde chega o meu coñecemento, nas rúas Evaristo Vaamonde, na rúa Ourense, na rúa 25 de Xullo (á altura do Fuchela), na rúa Martínez Avellanosa (á altura do Mercadona), e seguro que nalgunha zona máis do Carballiño, que non chega ao meu coñecemento.
En definitiva, volverá a mexar o gato, e persistirá o mesmo problema.
Jesús González González

Tras anegárselle parte da vivenda e producirse importantes danos na construción, para evitar o risco que presentaba o inmoble de derrube, os moradores da vivenda- unha nai e tres fillos menores- tiveron que abandonar a casa e pasar a noite nas dependencias dos efectivos de Protección Civil da localidade.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:00 horas deste xoves. Foi a esa hora cando a mesma persoa, inquilina da vivenda situada na Avenida de Compostela do Carballiño, chamou para pedir axuda.
Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron da situación á Policía Local, aos bombeiros do Carballiño e aos efectivos de Protección Civil.
Dende fai anos, veciños tanto da Avda. de Compostela como da rúa Serra Martiñá veñen denunciando o probema de anegacións de baixos e sotos de edificios nesta zona do Carballiño cando se producen fortes trombas de auga como a rexistrada na noite deste pasado xoves.

A Asociación de Veciños de Partovia pon en marcha este servizo solidario e de atención aos seus conveciños en caso de necesidade e durante o tempo que permaneza esta situación absolutamente excepcional que estamos vivindo.
A través dun comunicado, o colectivo veciñal manifesta que "a situación de emerxencia sanitaria que estamos a pasar e como consecuencia de esta, e o confinamento o que estamos obrigados a facer, os membros da directiva da asociación poñémonos a disposición da veciñanza da parroquia e de todo aquel que o precise".
Aclaran dende a asociación veciñal que esta iniciativa "vai orientado a xente que por calquera motivo non pode facer acopio de medicamentos ou alimentos por o seu propio pé. Estamos nun momento delicado onde a sociedade en xeral debemos de estar unidos e apoiarnos entre nòs, non nos queda outra".
E subliñan que "a un lado hai que deixar temas políticos e de outra índole que non levan a nada, so facer o burato mais grande".
Os teléfonos de contacto son: Ernesto 685469572 e Laura 646472334
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- …
- seguinte ›
- última »